Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia TEORIA POLITICA son:
1.- Fornecer unha introducción as principais correntes e ós principais debates e argumentos da teoría política normativa contemporanea nunha perspectiva contextualista, esto é, orientada polos problemas fundamentais das democracias contemporaneas.
2.- Completar a perspectiva empírica da Ciencia política cunha normativa e pluralista do horizonte de valores, argumentos e asuncions normativas desde os que se realizan as preguntas e deseños de investigación, se implementan e avalían as políticas públicas.
3.- Desenvolver unha perspectiva crítica de analise dos presupostos subxacentes aos arranxos institucionais e políticas públicas das democracias contemporaneas así como ós programas de investigacion da ciencia política actual.
4.- Requintar argumentos, ideas e conceptos políticos e arrequecer os vocabularios que permitan unha mellora da capacidade de reflexión personal, argumentación, exposición e expresión oral e escrita en ciencia política.
5.- Relacionar os debates teórico-políticos contemporaneos con outras dimensions da vida cultural contemporanea: cinema, pintura, música, literatura.
1.-Introducción.Teoría política normativa e ciencia política. Crítica do positivismo e retorno da teoría política. O xiro contextualista na teoría política contemporánea. As correntes principais da Teoría Política actual.
2.- A liberdade dos modernos e as raíces históricas do debate contemporáneo: Ilustración e Romanticismo. O Romanticismo como conciencia crítica da modernidade.
3.- O liberalismo contemporáneo (I) A crise do Utilitarismo como punto de partida.
RAWLS: constructivismo kantiano, constructivismo político. Sociedade ben ordenada. Posición orixinal. Principios de xustiza. Consenso superposto e prioridade da xustiza sobre o ben. A idea da razón pública.
4.- O Liberalismo contemporáneo (II) NOZICK: pluralismo, utopía e cooperación voluntaria. Autonomía e self-ownership. Do estado de natureza ó estado mínimo.
5.- O comunitarismo (I) As principais críticas do comunitarismo ó liberalismo: o "eu" contextualizado, a prioridade do Ben, rexeitamento do procedimentalismo.
MacINTYRE: crítica da Ilustración e aristotelismo político. Práctica, unidade narrativa e tradición. Comunidade e obxectivismo moral.
6.- O Comunitarismo (II) WALZER: teoría pluralista dos ben sociais e congruencia nas esferas distributivas. A noción de autonomía como procedimiento metodolóxico. Ciudadanía, autorrespeto e o modelo de conversación real talk. Comunidade e tolerencia. Thick and Thin.
TAYLOR: identidade, moralidade e comunidade. A prioridade do Ben. A autenticidade vs. autonomia. Cristianismo, romanticismo e nacionalismo. Comunidade homoxénea vs. Sociedade complexa.
7.- O Nacionalismo(I). Etnia e política: a producción das identidades colectivas. ¿Nacionalismo “cívico” vs. Nacionalismo “étnico”? Crítica do concepto prepolítico de nación.
8.- O Nacionalismo (II). O debate sobre o "nacionalismo liberal" . ¿Hai un lugar para a nación na teoría da democracia? KYMLICKA: dereitos individuais e colectivos. Dereitos poliétnicos e dereitos de autogoberno. Proteccións externas e restriccións internas. Dereitos das minorías e os límites do concepto de tolerancia (negativa e positiva).
9.- O Nacionalismo (III). TAMIR: nacionalismo e liberalismo. Concepción da persoa e identidade colectiva. Elección e dereito á cultura. MILLER: identidade nacional e autodeterminación. Nacionalismo e pluralismo. Nacionalismo, patriotismo e universalismo. As lóxicas da secesión e da acomodación plurinacional. Federalismo e multinacionalismo.
9.- O multiculturalismo(I). PAREKH, CARENS. O concepto de "cultura". Multiculturalismo e multicomunitarsmo. Políticas do multiculturalismo.
10.- O multiculturalismo (II).O problema da Inmigración. Nacionalidade e cidadanía Políticas de inmigración.
11. -O republicanismo (I) Democracia participativa, deliberación e republicanismo As catro dimensións da democracia: representación, participación, deliberación e inclusión. Democracia participativa, formación das preferencias e self transformation. HABERMAS: pragmática universal e situación ideal de diálogo. Discurso, publicidade e procedementos democráticos. Autonomía e autotransformación. Política e dereito en Facticidade e Validez.
12.- O Republicanismo (II):poder e non dominación: Ph. PETTIT. Democracia e desacordo: GUTMANN & THOMPSON. Democracia, confianza e deliberación: WARREN: novas áreas para a democracia participativa
13.- O Posmodernismo. Posmodernidade e posmodernismo. Crítica das nocións de suxeito, historia, teoría e política. Decontrucción e Diferencia (LYOTARD, DERRIDA, LACLAU). Biopolítica e poder: FOUCAULT, NEGRI.
14.O ecoloxismo. Os termos cambiantes da Política medioambiental: "Survivalism", Racionalismo administrativo e económico. Desenvolvemento sostido. Romanticismo verde, Democracia ecolóxica. As diversas concepcións de sustentabilidade medioambiental. Política medioambiental, cidadanía ecolóxica: A. DOBSON. Globalización, sociedade de risco e modernización reflexiva. Medio ambiente, sustentabilidade e deliberación política.
MANUAIS:
Will Kymlicka Contemporary Political Philosophy Oxford U. Press
Ramón Máiz (ed.) Teorias políticas contemporaneas Ed. Tirant Lo Blanch 2009
Dryzek, J. Honig, B Phillips, A. (eds) Handbook of Political Theory Oxford U. Press
A. Arteta, El Guitián, R. Máiz (eds.)Teoria Política Alianza Editorial
Para cada unidade temática fornecerase bibliografía específica.
Esta materia está destinada a enxergar competencias tanto 1) no que se refire ó coñecimento dos principais problemas e argumentos da teoría política contemporanea, as suas principais correntes e conceptos,como disciplina integrada na cfiuencia política e e n dialogo permanente con ela; así como 2) potenciar as capacidades de lectura, mellora dos vocabularios, reflexion personal, e argumentación oral e escrita.
Escenario 1 A ensinanza desenvolverase mediante:
1.- clases teóricas
2.- comentarios de textos breves
3.- traballos tutelados e exposicions en clase
4.- comentarios breves de novelas sobre temas relacionados co programa
5.- comentarios breves de cinema sobre filmes relacionados co programa
6.- ensaio optativo sobre un tema do programa
7.- comentario e debate de dossiers de opinión sobre un tema (multiculturalismo, inmigración).
Escenario 1 (“normalidade adaptada”)
Os contidos impartiranse en sesións maxistrais, clases interactivas e traballos individuais titorados voluntarios.
Escenario 2 (“distanciamento”)
As docencia expositiva realizarase en réxime de docencia virtual asíncrona.
Escenario 3 (“peche das instalacións”)
Toda a docencia realizarase a través de docencia virtual ben síncrona ou asíncrona. Programaranse actividades complementarias a través das ferramentas do campus virtual para facilitar a formación do alumnado.
Escenario 1 Avaliarase mediante un exame final e mais a participacion activa e informada nas diferentes actividades docentes programadas.
Escenario 2: exame e traballo final
Escenario 3: traballo final
75 horas.
Tratase dunha materia destinada a proporcionar un panorama xeral dos principais debates contemporaneos en teoría política e a potenciar as capacidades de analise crítica, reflexion personal e argumentacion oral e escrita, asi como a debatir en público empregando argumentacions sólidas e non meras opinions ad hoc, polo ademais de ser obligatia a assitencia as actividads docentes, debe disporse de tempo suficiente non para memorizar senón para leer, pensar e escribir de vagar, quer individualmente, quer en grupo.
No caso da Metodoloxía da ensinanza, deberase ter en conta o seguinte:a)No caso de desenvolver actividades “en remoto”, sempre que se empreguen datos persoais, debe indicarse a plataforma ou o medio que se vai usar dentro dos definidos a nivel institucional, así como se a docencia se vai impartir de xeito síncrono ou asíncrono. É recomendable que estas actividades sexan variadas. Así mesmo, é preciso indicar como se vai realizar o seguimento das actividades (programación de entregas, listaxes de participación etc.).b)O volume de información e tempo dedicado ás tarefas “en remoto” ten que ser proporcionado á carga en créditos da materia. Así mesmo, os materiais empregados deben cumprir coas normativas relativas á propiedade intelectual e protección de datos. No relativo ao Sistema de avaliación da aprendizaxe, é necesario ter en conta o seguinte:a)A programación de cada materia debe recoller o sistema de avaliación aplicable aos escenarios 2 e 3 para cada unha das dúas oportunidades da convocatoria, incluíndo as Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/35BA-D2A3-44B3-82CBVer detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: 35BA-D2A3-44B3-82CB5 / 7
5VICERREITORÍA DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICAPazo de MontenegroPraciña da Universidade, s/n. 27001 LUGOTfno.: 982 821 509. Fax: 982 821 506Correo electrónico: vr.organizacion [at] usc.galactividades (vr[dot]organizacion[at]usc[dot]galactividades) presenciais e “en remoto” e ponderándoas de xeito proporcionado segundo a intensidade de cada unha delas.b)De existir proba final, débese indicar a súa relación coa avaliación continua (complementaria á avaliación continua, alternativa á avaliación continua, obrigatoria para estudantado non apto na avaliación continua etc.).
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ramon Maiz Suarez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815153
- Correo electrónico
- ramon.maiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Roi Perez Boquete
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- roi.perezboquete [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1.3 |
Martes | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | 1.3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | 1.3 |
07.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 0.1 |
07.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
07.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |
05.07.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |
05.07.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 0.1 |
05.07.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |