Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Prioritariamente, perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de:
- describir as bases histórico-dogmáticas e constitucionais do Dereito Administrativo.
- describir os ordenamentos xurídico-administrativos e as súas relacións.
- identificar a tipoloxía de entes e suxeitos do Dereito Administrativo.
- describir o concepto e fases do procedemento administrativo.
- describir o concepto, elementos, eficacia, execución e invalidez dos actos administrativos.
- describir as principais características dos procedementos de revisión dos actos administrativos na vía administrativa
- describir os elementos e tipos de contratos do sector público
- Os fundamentos do dereito administrativo: concepto, evolución histórica e ámbito de aplicación.
- Cláusulas constitucionais e dereito administrativo.
- Bases xurídicas: as fontes do dereito administrativo e a interconexión dos ordenamentos xurídicos.
- Os suxeitos do Dereito Administrativo: Administración pública e tipo de entidades. Potestades e autotutela.
- A organización administrativa: principios organizadores. Administración territorial e distribución de competencias Órganos administrativos. Relacións interorganicas.
- Acto administrativo: concepto e clases. Silencio administrativo. Eficacia e executividade.
- O procedemento administrativo: principios e fases que o regulan. Terminación
- A nulidade do acto administrativo. En particular, os recursos administrativos
- Contratación do sector público: tipoloxía dos contratos e normas comúns de contratación
GAMERO CASADO, Eduardo e FERNÁNDEZ RAMOS, Severiano, Manual básico de Derecho Administrativo, Tecnos, Madrid, última edición.
TRAYTER JIMÉNEZ, Joan Manuel, Derecho Administrativo, parte general, Atelier, Barcelona, última edición.
PARADA VÁZQUEZ, Ramón, Derecho Administrativo, volumes I e II, Marcial Pons, Madrid, última edición.
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel, Derecho Administrativo. Parte xeral, Tecnos, Madrid, última edición.
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso, Principios de Derecho Administrativo, volumes I e II, Iustel, Madrid, última edición.
Perséguese que o alumno:
- manexe, correcta e productivamente, as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doutrinais, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- poida resolver problemas cuxa solución non deriva da aplicación de procesos estandarizados.
- estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe, e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a gran velocidade.
No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- As clases prácticas presenciais na aula.
- Asistencia e visitas a diversas institucións públicas representativas dos distintos poderes do Estado e dos órganos estatutarios.
- A participación de profesores e expertos invitados as aulas.
- A realización dun exame teórico-práctico suporá un 80% da cualificación final.
- As clases interactivas así como a participación e asistencia regular as aulas se avaliaranse con un 20% da nota final.
- Nos casos do alumnado con dereito de exención de docencia deberán achegar unha memoria de prácticas que poderá supoñer ata un 20% da cualificación final, sempre que se superase o exame.
- Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Así mesmo, aos estudantes que non realicen o exame non se lles valorarán as prácticas ou actividades interactivas que realicen ao longo do curso ou semestre.
Horas presenciais: 60 (nas que se inclúen as clases teóricas e interactivas)
Horas de traballo do alumno: 90
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Maria Teresa Carballeira Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814690
- Correo electrónico
- teresa.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Villanueva Turnes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alejandro.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0.1 |
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.1 |
17:30-18:30 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | 0.1 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | 0.1 |
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
17:30-18:30 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_05 | Galego | 0.1 |
02.06.2023 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
02.06.2023 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
02.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
02.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
02.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
02.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | 2.1 |
02.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | 2.1 |
02.06.2023 17:00-19:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
02.06.2023 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
02.06.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
02.06.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
02.06.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
02.06.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | 2.1 |
02.06.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | 2.1 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | 2.1 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | 2.1 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | 2.1 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | 2.1 |
03.07.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | 2.1 |