Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo fundamental da materia é comprender a incidencia da documentación no proxecto audiovisual e desenvolver as habilidades que permitan eficacia na análise documental, selección, almacenamento e recuperación da información para a correcta documentación de proxectos mediante:
- O coñecemento e manexo das formas e ferramentas de acceso e uso das principais bases e fondos documentais.
- O estudo e análise dos sistemas de documentación utilizados para a elaboración do guión e a construción de personaxes
- O deseño e posta en práctica de mecanismos que permitan xestionar documentos útiles para a elaboración do proxecto audiovisual.
- O establecemento de fórmulas de contraste e valoración das fontes a través da recuperación de documentos.
- O manexo de internet como instrumento para acceder ás bases de datos documentais.
Ao rematar o curso, os estudantes deben saber e comprender o significado da documentación audiovisual tanto en soportes analóxicos como dixitais; identificar unha correcta xestión e uso das fontes documentais, e o contraste das mesmas; así como sintetizar e estruturar a información resultante para a súa ulterior utilización
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
1. Introdución: documentación e comunicación audiovisual
1.1. Documentación audiovisual: definición, funcións, utilidade.
1.2. O perfil de documentalista nos medios audiovisuais.
2. A sociedade de información e a explosión informativa na era de Internet
2.1. Sociedade da información, sociedade do coñecemento
2.2. Internet e o fluxo informativo global
2.3. Big data, visualización e novas narrativas
2.4. O exceso, o efémero e o banal
2.5. Do analóxico ao dixital: conservación, difusión e público
3. A ciencia da Documentación
3.1. Orixe e desenvolvemento
3.2. O documento: orixe, evolución, tipoloxía e soportes.
3.3. A fonte: concepto, clasificación, avaliación.
3.4. A documentación audiovisual : principios, sistemas e función.
3.5. A cadea documental: sistemas de organización, identificación, tratamento, análise, difusión e recuperación.
4. A procura da información
4.1. Arquivos, museos, bibliotecas, bases de datos, repositorios
4.2. Estratexias de busca
4.3. Operadores, filtros, índices de materias
4.4. Dos tesauros e a ontoloxía documental á web semántica.
4.5. Sistemas de xestión de documentos multimedia: CMS, DMS,MDMS.
5. Documentación para a investigación científica
5.1. A investigación científica: principios, métodos, tipoloxías e procesos.
5.2. Fases do traballo de investigación
5.3. As fontes científicas, selección, citación e bibliografía.
5.4. Localización e avaliación de fontes científicas.
6. Documentación gráfica, sonora e fotográfica
6.1. Tipos e linguaxes
6.2. Catalogación e indexación
6.3. A imaxe fixa: principais bases de datos e arquivos
6.4. O documento sonoro: principais bases de datos e arquivos
7. A documentación para televisión e cine
7.1. Función do documentalista para cine e televisión
7.2. Fases do traballo
7.3. Áreas de documentación e necesidades adscritas
7.4. Localización e avaliación de fontes e documentos especializados
7.5. As imaxes sobreviventes como materia fílmica
8. Os proxectos multimedia: documentación ou documental?
8.1. O documental interactivo: arquivo e narración
8.2. As exposicións virtuais de arquivo: Europeana
8.3. Os libros interactivos e os proxectos de difusión pedagóxicos: BnElab
Contidos prácticos
A parte práctica da materia combina dous obxectivos básicos. Por unha banda, procura familiarizar ao alumnado con algúns dos recursos e técnicas fundamentais da documentación, como o traballo con bases de datos, arquivos ou bibliotecas para a procura de información; a organización e clasificación de documentos ou a realización de entrevistas. Pola outra, busca formalo en varias das aplicacións básicas da documentación no ámbito da comunicación, incluíndo as orientadas á investigación científica e aquelas relacionadas coa realización de pezas audiovisuais.
Deste xeito, as sesións interactivas organizaranse arredor dunha serie de proxectos (tanto individuais como en grupo) a realizar ao longo do cuadrimestre para superar a materia. A sesión de presentación de cada un destes proxectos incluirá a explicación dos recursos e o visionado ou lectura de exemplos de cara á titorización do proxecto nas semanas seguintes.
No caso de ser posible, as prácticas poderían incluír visitas a bibliotecas, arquivos ou centros documentais. Nalgún caso, poderá ser preciso o uso de material técnico da facultade como gravadoras de son ou cámaras de vídeo para a realización de entrevistas.
Recursos
Para o desenvolvemento das propostas de traballo desta materia, é preciso o emprego de ordenadores conectados a rede, o acceso a recursos e bases de datos incluídos na suscrición da biblioteca, e o emprego de diversos softwares para o tratamento, a xestión e a busca documental: dende todo tipo buscadores (xeralistas, especializados, metabuscadores), a bases de datos e catálogos ata aplicacións de xestión de contidos.
Bibliografía básica
AGIRREAZALDEGI BERRIOZABAL, Teresa. Documentación audiovisual: nuevas tendencias en el entorno digital. Madrid: Síntesis, 2011.
BUCKLAND, Michael. Information and Society. Cambridge (Massachusetts): The MIT Press, 2017.
CARIDAD SEBASTIÁN, Mercedes; Tony HERNÁNDEZ PÉREZ, David RODRÍGUEZ MATEOS e Belén PÉREZ LORENZO. Documentación audiovisual: nuevas tendencias en el entorno digital. Madrid: Síntesis, 2011
CID LEAL, Pilar; Remei PERPINYÀ MORERA. Cómo y dónde buscar fuentes de información. Barcelona: Servei de Publicacións Universitat Autònoma, 2013.
CORDÓN GARCÍA, José Antonio, e outros. Las nuevas fuentes de información: Información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0. Barcelona: Pirámide, 2010.
CUADRA, Elena de la. Documentación cinematográfica. Roles y fuentes del documentalista en el cine. Barcelona: UOC, 2013.
LORENZO, Belén. Documentación audiovisual. Nuevas tendencias en el entorno digital. Madrid: Síntesis, 2011.
MASES BLANCH, Noemí e Duran i De Haro, Pau (2016) Documentación audiovisual: documentación en la creación, producción y difusión de contenidos multimedia. 2ª ed. Barcelona: UOC, 2016
NUÑO MORAL, María Victoria. Documentación en el medio radiofónico: hacia un entorno digital. Madrid: Síntesis, 2007.
Bibliografía complementaria
ABAD GARCÍA, María Francisca. Evaluación de la calidad de los sistemas de información. Madrid: Síntesis, 2005.
ABADAL FALGUERAS, Ernest. Sistemas y servicios de información digital. Gijon: Trea, 2010.
CARRIZO SAINERO, Gloria; Pilar IRURETA-GOYENA SÁNCHEZ e Eugenio LÓPEZ DE QUINTANA SÁENZ. Manual de fuentes de información. Madrid: Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, 2000.
GIMÉNEZ RAYO, Mabel. Documentación audiovisual de televisión: la selección del material. Gijón: Trea, 2007.
IGLESIAS FRANCH, David. La fotografía digital en los archivos: qué es y cómo se trata. Gijón: Trea, 2008.
LÓPEZ HERNÁNDEZ, Ángeles. Introducción a la documentación audiovisual. Sevilla (Tocina): S&C Ediciones, 2003.
LÓPEZ YEPES, José. La sociedad de la documentación: seis calas en el ámbito de la Teoría de la Documentación, del documento y de las fuentes de información. Madrid: Fragua, 2011.
Algúns arquivos e coleccións para explorar
BNE-Biblioteca Digital Hispánica: http://www.bne.es/es/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Colecciones/
EUROPEANA: https://classic.europeana.eu/portal/en
GALLICA: https://gallica.bnf.fr/accueil/fr/content/accueil-fr?mode=desktop
GALICIANA: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do
DUKE UNIVERSITY Archive and collections https://repository.duke.edu/dc/eaa
FILMOTECA ESPAÑOLA: https://www.rtve.es/filmoteca/
INTERNET ARCHIVE https://archive.org/
Básicas e xerais
• Que o estudiantado saiba aplicar os seus coñecementos ao traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• Que o estudiantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Que o estudiantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• Que o estudiantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
• Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
• Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais
• Capacidade de organización e planificación
• Capacidade de xestión da información
• Traballo en equipo
• Aprendizaxe autónomo
• Creatividade
• Iniciativa e espírito emprendedor
• Coñecementos básicos da profesión
Específicas
• Coñecer a la incidencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento dos produtos audiovisuais
• Capacitar o manexo das tecnoloxías vinculadas á produción e á documentación audiovisual
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
O tempo tempo de estudos presencial do alumno é de 48 ou 51 horas, e de traballo persoal é de 102 ou 99, segundo se incorporen no resultado final as 3 horas titorizadas.
A Documentación audiovisual é unha área moi dinámica, en especial na súa vertente dixital, polo que, amais da lectura crítica dos textos, recoméndase a exploración sistemática dos arquivos, museos, bibliotecas, repositorios e proxectos online propostos e a procura de novos recursos en centros de documentais diversos.
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
a) Metodoloxía da ensinanza: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021. En caso de non ser posible realizar a proba final de forma presencial, realizarase de modo telemático.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Escenario 3. Peche das instalacións
a) Metodoloxía da ensinanza: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021. A proba final realizarase de xeito telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
25.05.2022 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
07.07.2022 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 7 |