Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Estudar a lingua galega en uso na información xornalística e na produción audiovisual.
2. Coñecer os condicionantes contextuais do uso do galego
3. Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
4. Explorar a lingua galega como ferramenta comunicativa na prensa e como recurso creativo na produción audiovisual.
5. Coñecer as variedades do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre as súas posibilidades expresivas e creativas e a súa pertinencia do seu uso nos medios de comunicación.
1. A linguaxe e as linguas. A diversidade lingüística. Contacto de linguas e bilingüismo.
2. A situación sociolingüística de Galicia e a súa evolución: lingua inicial, lingua habitual, competencia lingüística e actitudes.
3. A variación lingüística no tempo, no espazo, na sociedade. Dialecto, sociolecto e rexistro. Falares e variedades da lingua galega. O contacto lingüístico galego-castelán e as súas consecuencias. Lingua e comunicación: xéneros do discurso e tipos de texto.
4. A estandarización da lingua: O galego estándar e os falares vernáculos. Corrección, adecuación, discriminación. Lingua escrita e lingua oral. A linguaxe dos medios de comunicación.
5. A normalización da lingua galega. Políticas lingüísticas, ideoloxías e discursos sociais sobre as linguas. A diversidade lingüística española nos medios de comunicación e os discursos mediáticos sobre as linguas galega e castelá. A lingua galega na produción audiovisual e na rede.
6. A lingua galega na produción audiovisual. Aspectos de adecuación. O idioma como recurso creativo na produción audiovisual.
7. O galego nos medios de comunicación. As actitudes da poboación e da mocidade ante o galego, a súa normalización e o seu emprego nos medios de comunicación.
Bibliografía básica
Fernández Fernández, Miguel A. (2010): “O cine e o audiovisual”, en Victor F. Freixanes / Alberto Meixide (eds), O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais en Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 391-429.
Giral Latorre, Javier / Nagore Laín, Francho (eds.) (2019): La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza.
Kremnitz, Georg (2012): “Convergencias / divergencias de comunidades lingüísticas en el marco español”, en H. Monteagudo (ed.), 43-73.
Ledo Andión, Margarita (2001): “15 anos de televisión”, Estudios de Comunicación 0, 67-78.
López García, Xosé (coord.) (2005): Tres décadas de televisión en Galicia. Cronoloxía e posicións perante o desafío dun novo modelo de audiovisual, Santiago: Consello da Cultura Galega.
Ledo, Margarita (coord.) (2018): Para unha historia do cinema en lingua galega. [1] Marcas na paisaxe. Vigo: Galaxia.
Ledo, Margarita (coord.) (2019): Para unha historia do cinema en lingua galega. [2] A foresta e as árbores. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique (2009): As razóns do galego. Apelo á cidadanía. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique (2013): “Horizontes para o idioma galego. Entre involución e globalización”, Grial. Revista Galega de Cultura 200, 50-59.
Monteagudo, Henrique (2016): “Linguas, globalización e interculturalidade. Unha reflexión desde o Galego”, Grial 209, 70-79.
Monteagudo, Henrique (2019): “Política lingüística en Galicia: De la normalización sin conflicto al conflicto desnormalizador”, en J. Giral Latorre / F. Nagore Laín (eds.), 17- 55.
Monteagudo, H. / Loredo, X. / Vázquez, M. (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega, 2016.
Varios Autores (2002): A normalización lingüística a debate, Vigo, Edicións Xerais.
Veiga, R. (2004): “A lingua do noso audiovisual”, en Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia. Santiago: Consello da Cultura Galega, 311-330.
Bibliografía complementaria
Casares, Håkan et alii (2003): “Actitudes lingüísticas en Galicia”, Grial 160, 52-59.
Consello da Cultura Galega - Observatorio da Cultura Galega (2017): Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia, Santiago: Consello da Cultura Galega.
González Montañés, A. (1992): “Algunhas cuestións con respecto ó idioma nos medios de comunicación en galego”, en Cadernos de Lingua, 5 (1992), 5-26.
Hermida Gulías, Carme (2004): “A lingua da publicidade”, en R. Álvarez / F. Fernández Rei / A. Santamarina, (eds.): A lingua galega: historia e actualidade. Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega, vol. II, 361-378.
Iglesias Álvarez, Ana: “«Eu falo castrapo». Actitudes dos adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia (estudo piloto)”, en E. Gugenberger / H. Monteagudo / G. Rei-Doval, Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 2013, 169-189.
Kabatek, J. (1991): “Interferencias entre galego e castelán: problemas do galego estándar”, en Cadernos de Lingua 4 (1991), 39-48.
Monteagudo, H. (ed.) (2013): Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, Henrique (2017a): “Lingua e Sociedade en Galicia”, LaborHistórico 3.1 (2017)
As competencias específicas da materia son:
• Coñocemento das regras e os instrumentos da lingua galega para o seu bo uso nos medios e na produción audiovisual
• Capacitar os alumnos na análise crítica do uso da lingua galega nos medios de comunicación e na produción audiovisual.
• Capacitar os alumnos na análise crítica dos condicionantes contextuais do uso da lingua galega na sociedade, nos medios de comunicación e na produción audivisual.
Como competencias xerais podemos indicar algunhas de tipo instrumental (pois terán que utilizar ordenadores, exercitar a súa comunicación verbal e a escrita na redacción do traballo), sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais) e interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos).
Haberá os seguintes tipos de actividades:
Sesións expositivas, onde se exporán os conceptos fundamentais da materia.
Sesións de seminario, onde se proporán diversas actividades consistentes en visionado, discusión e comentario de produtos audiovisuais en galego de todo tipo, incluíndo os que circulan nas redes sociais. Cada estudante fará ao longo do curso tres comentarios que serán entregados ao profesor.
Traballo e exposición en grupo, segundo as instrucións que se ofrecen. Estes traballos e exposicións versarán sobre temas relacionados co uso da lingua galega nos medios de comunicación e na produción audiovisual e darán lugar á realización de traballos individuais sobre o tema da exposición.
É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións do profesor. Parte do traballo dos estudantes será localizar e explotar eses recursos. Por exemplo, existen moitos repositorios en liña de produción audivisual en galego, entre outros:
Na TVG teñen boa parte da súa produción de series dispoñible: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/mareas-vivas
https://engalecine.jimdofree.com/
https://engalecine6.webnode.es/
Tamén hai cineastas como Alberte Pagán que teñen toda a súa produción na web: http://albertepagan.eu/
No caso de termos que desenvolver actividades “en remoto”, utilizarase a aplicación Teams da plataforma institucional da USC, con sesións de docencia síncronas e atención personalizada asíncrona. As sesións síncronas procuraranse facer coincidir co horario establecido para a materia, as sesións de titoría serán acordadas no seu momento co/as estudantes.
A. Avaliación continua
A avaliación continua consta de tres elementos:
A) A asistencia é obrigatoria. Os estudantes que teñan máis do 20% de faltas sen xustificar perderán o dereito á avliación da materia.
B) Participación nas aulas: ata un 10%.
C) Realización de comentarios escritos sobre temas propostos ao longo do curso: 20%
D) Realización dunha exposición na aula, 20%.
E) Realización dun traballo escrito correspondente á presentación na aula: 50% da nota final. Será imprescindible aprobar este traballo para superar a materia.
Quen non supere a primeira oportunidade, terá que realizar o exame de segunda oportunidade.
B. Avaliación para estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
A) Traballo sobre un tema acordado co profesor. 50% da nota final.
B) Exame. 50% da nota final.
Os/as estudantes que non poidan asistir precisarán unha dispensa da Xunta de Facultade. Terán que presentar unha serie de traballos que valerán o 50% da nota final; os exames (sexan da primeira ou da segunda oportunidade) valerán o 50% da nota.
C. Avaliación en segunda oportunidade
1. Deberá repetirse o traballo (E), caso de que non fose aprobado, gardarase a nota deste, en caso de que fose aprobado. A maiores realizarase un exame, que valerá polo 50% da nota total.
2. Os/as estudantes con dispensa de asistencia (B), conservarán a nota do traballo (50% da nota final) no caso de que estes sexan avaliados positivamente, e realizarán un exame que contará por un 50% da nota.
C. Avaliación de estudantes ERASMUS e estranxeiros/as
Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros/as en situación especial, poderán ser avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo caso implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: «Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes».
Actividades presenciais Actividades non presenciais
Sesións expositivas:
Sesións de seminario:
Sesións de titoría:
Sesións de avaliación:
Total: 32 horas Estudo e preparación de actividades programadas na aula 30
16 horas Traballo obrigatorio 20
3 Lecturas 26
3 Preparación de exames 20
54 96
O groso do material de apoio para estudar a materia (presentacións en PWP, apuntamentos de apoio do profesor, reprodución de lecturas...) está a dispor dos/as estudantes no Campus Virtual. A exploración e manexo dos recursos en liña é fundamental.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as actividades que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/ exposicións de aula e o traballo serán dadas oportunamente. Tanto un como o outro deben facerse baixo a orientación do profesor.
Na realización dos traballos escritos recoméndaselle ó alumnado o emprego dun corrector ortográfico que limpe os textos deste tipo de erros e o libro Gramática Práctica.
Tendo en conta as indicacións das autoridades universitarias, prevense os seguintes escenarios, coas adaptacións e medidas especiais que corresponderían aos escenarios 2 e 3.
Escenario 1: normalidade adaptada
As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son: o A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual. Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.
Escenario 2: distanciamento
A docencia presencial convivirá coa virtual (a través da aplicación Teams, na plataforma virtual da USC), segundo a fórmula establecida pola Facultade. Reforzarase o material ofrecido no Campus Virtual, con vídeos e presentacións en PWP gravadas con explicacións do profesor. As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia será completamente de carácter virtual, a través da aplicación Teams, na plataforma virtual da USC, ben con mecanismos síncronos (clases expositivas e interactivas), ben con asíncronos (titorías personalizadas). Reforzarase o material ofrecido no Campus Virtual, con vídeos e presentacións en PWP gravadas con explicacións do profesor. As probas finais serán de carácter telemático.
Xose Henrique Monteagudo Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Clara Lago Caamaño
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- claralago.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
20.12.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
21.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |