Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Capacidade profesional para a produción dun filme cinematográfico. Análise e valoración razoada do traballo do produtor e do labor de produción en xeral nun filme.
Adquirir unha visión global da compexidade e as fases de desenvolvemento da produción dun filme cinematográfico. Comprender a importancia e a incidencia do produtor desde un punto de vista técnico e creativo, na realización dunha película de curtametraxe ou longametraxe. Coñecer e afondar na análise das fases de produción dun proxecto (financiamento do mesmo, orzamento, recursos humanos, preprodución, rodaxe, montaxe e posprodución). Aproximación teorica e práctica as particularidades da produción du filme de non ficción. Propostas de reflexión teórica e práctica sobre a necesaria e fluida conexión das decisións da posta en escena e planeamento empregados polo cineasta e as posibilidades de produción.
BLOQUE I. A INDUSTRIA CINEMATOGRÁFICA E O TRABALLO DE PRODUCIÓN
Tema 1. A industria cinematográfica
1. O sistema económico cinematográfico. Produción e mercado
2. Funcións básicas da produción executiva
4. As fases da produción executiva: desenvolvemento, produción e difusión
5. A dirección de produción
6. Novos mercados e soportes do cine
Tema 2. As fases do proxecto cinematográfico
1. A preprodución
2. A rodaxe
3. A posproducción
BLOQUE II. A PREPRODUCIÓN
Tema 3. Valoración de proxectos e captación de recursos
1. O guión e a produción
2. O pitching
3. O produtor como xestor de dereitos
3. A captacion do talento
4. A captación de financiamento
Tema 4. O Financiamento
1. Orzamento estimativo
2. O financiamento. Fondos públicos, televisión, coprodución e outras fontes
3. A explotación
Tema 5. Recursos para a produción cinematográfica
1. Os desagregamentos e as listaxes
2. O plan de traballo
3. Localizacións e casting
4. Recursos humanos e empresas de servizos
5. O plan de rodaxe
BLOQUE III. A RODAXE, A POSPRODUCIÓN E A COMERCIALIZACIÓN
Tema 6. A rodaxe e a posprodución. Equipos humanos e tarefas especializadas
1. Relacións laborais, relacións de equipo
2. Produción
3. Dirección
4. Dirección de Fotografía
5. Dirección de arte
6. Deseño Sonoro
7. Montaxe e posprodución
Tema 7. A Comercialización da obra cinematográfica
1. A Distribución e a exhibición
2. Márketing e Comunicación
3. Os festivais de cinema
3. O Video on Demand e o futuro da comercialización do cinema
• Básica
Cancho García, Nuria E. ; García Torres, Marco A. (2018). Planificación de proyectos audiovisuales. Barcelona: Altaria.
Fernández Díez, Federico (2014). Producción cinematográfica. Madrid: Ed. Díaz de Santos
Light Honthaner, Eve (2010). The Complete Film Production. Boston: Focal Press
Rea, Peter (2002). Producción y dirección de cortometrajes y vídeos. Madrid: IORTV
Subirós, Pau. (2015) El productor accidental. Barcelona: Anagrama.
Fernández Jiménez, César (2014). Profesións de cine. A Coruña: Escola de Imaxe e Son
• Complementaria
Chabrol, Claude e François Guérif (2004). Cómo se hace una película. Madrid: Alianza Editorial
Chion, Michel (2009). El cine y sus oficios. Madrid: Cátedra
Corman, Roger (1992). Como hice cien films en Hollywood y nunca perdí ni un céntimo. Barcelona: Ed. Laertes
Herzog, Werner (2018). Conquista de lo inútil. Barcelona: Blackie Books
Herrera, Joan; Linares, Rafael; Neira, Helena (coord.) (2016). Márketing cinematográfico. Barcelona: UOC
Jacoste, José (1996). El productor cinematográfico. Madrid: Editorial Sintesis
Linde, Enrique y Vidal, José María (2003). Derecho audiovisual. Madrid: Ed. Constitución y Leyes
Lumet, Sidney (1999). Así se hacen las películas. Madrid: Rialp
Monteagudo, Ana (2016). Un día de rodaxe. A Coruña: Escola de Imaxe e Son
Pons Alorda, Jaume C. (2015). Apocalipsis uuuuuuuaaaaaaa. Diario de rodaje de Historia de mi muerte. Barcelona: Alpha Decay.
Poveda, Miguel Angel (2016). Producción de ficción. Madrid: Ed. Fragua
Sánchez-Escalonilla, Antonio (2016). Del guión a la pantalla. Barcelona: Ariel
Yager, Fred; Yagger, Jan (2009). Career opportunities in the film industry. NY: Ferguson
Básicas e xerais:
Que os estudante saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que deban demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos, e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de natureza social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Competencias transversais:
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información.
Traballo en equipo.
Aprendizaxe autónoma.
Creatividade.
Iniciativa e espírito emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión.
Competencias específicas:
Capacitar para as competencias profesionais das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuais
Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Clases teóricas para a adquisición dos conceptos fundamentais e da terminoloxía específica. Estas aulas poderán realizarse de xeito presencial ou remoto. Neste segundo escenario, faranse de xeito síncrono a través da plataforma Teams.
Clases de laboratorio con unidades informáticas conectadas en rede para a aplicación dos coñecementos adquiridos, o desenvolvemento dos traballos propostos, así como para fomentar a creatividade e as aptitudes do alumno/a no ámbito da produción cinematográfica. As prácticas poderán realizarse asemade de xeito remoto, con encarga puntual dos traballos a través do Campus Virtual, onde se subirán ademais os materiais necesarios para a súa realización.
As prácticas consistirán na elaboración dun proxecto de produción no que se realizarán/entregarán as seguintes prácticas: pitching, desagregamento e listaxes, plan de rodaxe, orzamento e dossier de produción.
Ademais, os/as alumnos/as terán unha lectura obrigatoria: Subirós, Pau. (2015) El productor accidental. Barcelona: Anagrama.
A materia podría propor unha práctica de campo fóra da facultade para asistir a algún evento ou formación relacionada co cinema ou incorporar actividades con profesionais do sector realizadas de xeito presencial ou telemático.
A avaliación será continua e consistirá nunha serie de exercicios prácticos dos que se indica porcentaxe da nota: pitching (5%), desagregamento, listaxes e plan de rodaxe (15%), orzamento e dossier de produción (30%)
De non ser posible o exame presencial para avaliar a parte teórica da materia, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre xunto cunha proba asíncrona a través do Campus Virtual.
A materia non se considerará superada se algunha das partes -teórica ou práctica- está suspensa.
Valorarase positivamente a participación dos/as alumnos/as nas clases, tanto teóricas como prácticas.
O plaxio ou uso indebido de tecnoloxías para a realización das probas implicará unha cualificación de suspenso inmediata.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase a materia nunha proba específica segundo a parte suspensa ou se non está superada a materia completa. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O traballo presencial do alumno/a ocupará un total de 48 horas, máis 102 de traballo persoal para o estudio autónomo; lecturas recomendadas; busca, rexistro e preparación de material de apoyo, planificación e execución de la práctica dos traballos programados.
Asistir ás clases teóricas e prácticas.
Resolver co docente nas titorías todas as dúbidas que poidan xurdir sobre os conceptos tratados ou as dificultades que aparezan á hora de realizar os traballos prácticos.
Consultar a bibliografía recomendada e ler publicacións especializadas.
Realizar os traballos propostos con iniciativa e creatividade.
Participar activamente nas aulas, debatindo ideas co resto de colegas.
Ir ao cinema con frecuencia, asistir a festivais, estar ao tanto das novidades de produción audiovisual e asistir aos distintos eventos formativos sobre o cinema e a súa industria que se organicen na universidade e en distintas organizacións e institucións en Galicia.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As aulas impartiranse en lingua galega.
Marta Perez Pereiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816532
- Correo electrónico
- marta.perez.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
17.01.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
17.01.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
27.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |