Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia pretende o estudo das principais directoras/directores-autores europeos de cine xunto coa a comprensión das características e contexto do/a autor/a cinematográfico e das propostas intelectuais, concepcións estéticas, crítica de arte e debate social.
O principal obxectivo da materia é facer pensar no filme como responsabilidade dun/dunha cineasta, na evolución desta notación, a de “autoría” e nos usos da linguaxe cinematográfica. Un segundo obxectivo céntrase na análise do cinema en relación coa creación cultural de cada época e coas políticas cinematográficas contemporáneas. Fillmes de diferentes correntes asociadas ao concepto de “autoría” serán obxecto de análise coa finalidade de reflectir sobre a evolución do pensamento cinematográfico e o seu correlato en determinadas producións.
1. A Política de autores, evolución e actualidade. O cinema como peza dun proceso industrial e como operador cultural. Da “posta en escena”.
2. Linguaxe, atmosfera, realidade e clase. A anticipación no pensamento de Jean Epstein no contexto da vangarda.
3. O cinema clásico e as súas fendas. O cinema como arte moderna: o inacabado.
4. A xeración Cahiers: da ‘caméra-stylo’ á desaparición do autor no colectivo. Subxectividade, compromiso e relación coa verdade.
5. De Europa a América: os manifestos e o papel dos novos cinemas.
6. O dispositivo cinematográfico como forma ideolóxica: a procura dos límites da linguaxe cinematográfica.
7. "Filmes menos perfectos e máis libres": cine experimental,cine de mulleres, pequenos cinemas, cine e clase.
Os contidos da materia estarán artellados nun dobre eixo teórico-práctico, de xeito que cada sesión expositiva teña unha clase interactiva na que se exemplifiquen os contidos.
3.- Bibliografía
3.1.- Bibliografía básica
AA.VV.- Para unha historia do cinema en lingua galega 1.Marcas na Paisaxe, Galaxia, Vigo, 2018
AA.VV.- Para unha historia do cinema en lingua galega 2. A Foresta e as Árbores, Galaxia, Vigo, 2019
Aumont, Jacques.- Las Teorías de los Cineastas, Paidós, Barcelona, 2002
Baecque, Antoine de (comp.).- La política de los autores, Paidós, Barcelona, 2003
Balázs, Bela.- El Film. Evolución y esencia de un arte nuevo, GG, Barcelona, 1978
Balázs, Bela.- El hombre visible o la cultura del cine, Cuenco de Plata, Buenos Aires, 2013
Elsaessser, Thomas & Hageber, Malte.- Film Theory, Routledge, London/NY, 2010/ Trad. esp: Introducción a la Teoría del Cine, UAM, Madrid, 2015
Grilo, Joao Mário.- As liçoes do cinema, Universidade Nova, Lisboa, 2007
Ledo Andión, Margarita.- Cine de fotógrafos, GG, Barcelona, 2005
Ledo Andión, Margarita.- El cuerpo y la cámara, Cátedra, Madrid, 2020
Magny, Joël.- Vocabularios del Cine, Paidós, barcelona, 2005
Quintana, Àngel .- Fábulas de lo Visible, Acantilado, Barcelona, 2003
3.2.- Bibliografía complementaria
AA.VV.- La Nouvelle Vague, Paidós, Barcelona, 2004
Arnheim, Rudolf.- A arte do cinema, Ediçoes 70, Lisboa, 1989
El cine como arte, Paidós, Barcelona, 1992
Baecque, A. y Tesón, Ch.- Una cinefilia a contracorriente, Paidós, Barcelona, 2003
Barreiro, M.S .-La revuelta en la mirada: las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años 20. Prensas de Universidad de Zaragoza, Zaragoza, 2022.
Belloir, Raymond.- L’Entre-Images, La Différence, París, 2002
Bresson, Robert.- Notas sobre o Cinematógrafo, Positivas, Santiago, 1993
Bresson, Robert et alt.- La política de los autores, Paidós, Barcelona, 2003
Bordwell, David.- El significado del Filme, Paidós, Barcelona, 1005
Bordwell et alt.- El cine clásico de Hollywood, Paidós, Barcelona, 1997
Comolli et alt.- Les années pop, Centre Georges Pompidou, París, 2001
Chion, Michel.- Technique et création au cinéma, ESEC, París, 2002
Collas, Gérald.- Le défi de la réalité, Festival Tous Courts, 1997
El desafio de la realidad, Festival Internacional de Cine de Valladolid,
1997
Deleuze, Gilles.- La imagen-tiempo, Paidós, Barcelona, 1994
La imagen-movimiento, Paidós, Barcelona, 1994
Epstein, Jean.- Écrits sur le cinéma, 1 et 2, Seghers, parís, 1975
Gil, Inês.- A Atmosfera como figura fílmica, Fundaçao Calouste Gulbenkian, Lisboa, 2008
Hjort & Mackenzie (eds.).- Cinema & Nation, Routledge, London, 2000
Ledo Andión, Margarita.- Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidós, Barcelona, 2004
Magny, Joël.- Le Point de vue, Cahiers de Cinéma, París, 2001
Mulvey, Laura.- Placer visual y cine narrativo, Centro de Semiótica y Teoría del Espectáculo, Valencia, 1988
Pagan, Alberto.- Introdución aos clásicos do cinema experimental (1945-1990), CGAI, Compostela, 1999
Rancière, Jacques.- La Fábula Cinematográfica, Paidós, Barcelona, 2005
Rees, A.L.- A History of experimental Film and Video, BFI, Londres, 1986
Ropars-Wuilleumier, M-C.- Le texte divisé, PUF, París, 1981
Stam, Robert, et alt.- Nuevos conceptos de la teoría del cine, Paidós, Barcelona, 1999
Stevenson, Jack.- Lars von Trier, Paidós, Barcelona, 2005
Tudor, Andrew.- Teorías do Cinema, Ediçoes 70, Lisboa, 1985
Zunzunegui, Santos.- Robert Bresson, Cátedra, Madrid, 201
Básicas e xerais:
Coñecemento xeral da noción de “autoría” na obra cinematográfica e a súa relación coa creación cultural en cada época e coas políticas cinematográficas contemporáneas.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información
Traballo en equipo
Aprendizaxe autónoma
Creatividade
Iniciativa e espírito emprendedor
Coñecementos básicos da profesión
Específicas
Coñecer as técnicas de análise de produtos televisivos e cinematográficos
Capacitar para a dirección de documentais audiovisuais
Coñecer o marco histórico no que se teñen desenvolvido os medios audiovisuais
Empregaranse a lección maxistral, a resolución de exercicios e problemas e a aprendizaxe orientada a proxectos aplicadas a tres tipos de actividades: construción discursiva na aula, actividades individuais e actividades en grupo.
A metodoloxía docente baséase na construción colectiva do discurso analítico e crítico sobre o cine de autor, a súa relación coa sociedade, o pensamento e a cultura. A intervención do estudantado nas aulas favorecerá a aprendizaxe crítica e o debate, amais do desenvolvemento dunha cultura audiovisual sólida que permitirá a aplicación práctica e creativa.
As clases expositivas compleméntanse coas sesións interactivas de xeito que a teoría fica ilustrada cun exemplo cinematográfico. A escolla dos filmes para analizar vai consonte con textos significativos das marcas da autoría e dos conceptos que se abordan en cada tema. Ao tempo, como parte do método de aprendizaxe, o alumnado terá que traballar con textos seminais da teoría cinematográfica e aplicar os seus contidos a visionados e exercicios.
Tanto nas clases teóricas coma nas experimentais o traballo do alumnado na aula é fundamental, na medida en que se esixirá unha actividade crítica e analítica con respecto do material presentado. A implicación do alumnado como espectadores activos suporá parte da cualificación final.
Para superar a materia haberá que aprobar a parte teórica e a práctica, cada unha delas conta un 50% de cualificación final.
Na avaliación da materia terase en conta a asistencia, participación e a entrega puntual dos traballos encargados ao alumnado que, xunto cunha proba final, formarán parte da cualificación. Neste sentido, o profesorado da materia fará asignacións semanais, correspondentes a cada tema impartido, xunto cun traballo final que consistirá no estudo dun autor/a ou aspecto determinado do cine de autor que se materializará nunha exposición acompañada dun videoensaio e nun texto escrito de tipo académico.
Para os casos de avaliación fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A USC no artigo 16 da normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Consello de Goberno 15-06-2011 BOE 21-07-2011) establece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Horas presenciais: 48
Horas destinadas á realización de traballos asignados na aula, lecturas e preparación do exame final: 102
Asistencia sistemática ás sesións expositivas, interactivas e titorías da materia. Así mesmo, desenvolver unha actividade constante e activa como espectadores, tanto nas salas de cinema coma en ciclos organizados por distintas institucións culturais, así como a participación nas sesión do Cineclube Compostela. Recoméndase estar ao tanto de festivais de cine, especialmente vencellados á autoría, como o D’A, Márgenes, Festival de Cinema Independent, Donosti, Seminci, Locarno, Cannes, etc. Recoméndase tamén o seguimento e lectura de publicacións especializadas.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
01.06.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
01.06.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
27.06.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |