Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo e análise da escenografía, vestiario e ambientación, de acordo con un guión ou coa idea dun produto audiovisual. Estudo das composicións visuais e estéticas dos produtos audiovisuais. Achegas da linguaxe da comunicación audiovisual e das tecnoloxías á obra audiovisual. Estudo e análise de interiorismo, escenografía e decoración en cine, TV e publicidade, nos diferentes formatos e instalación artísticas. Aplicacóns prácticas dos conceptos teóricos.
Estudo dos elementos de deseño cinematográfico, vestiario e ambientación que configuran o universo estético dunha obra audiovisual
CONTIDOS TEÓRICOS:
TEMA 1. A dirección de arte na produción audiovisual.
1.1. Concepto e funcións da dirección artística
1.2. Xerarquía de organización e áreas de traballo
1.3. Os profesionais da dirección artística
TEMA 2. O espazo fílmico. Escritura significante e construción
2.1. A posta en escena. Organización e tratamento espacial
2.2. Espazo fílmico vs. espazo teatral
2.3. A mobilidade da imaxe cinematográfica e o deseño escenográfico
TEMA 3. Composición e plasticidade na construción escenográfica
3.1. Elementos conformantes dunha composición armónica
3.2. Cores e texturas no deseño de espazos
3.3. A percepción das cores en relación cos decorados e o vestiario
TEMA 4. Escenografía cinematográfica
4.1. Tipoloxía espacial construtiva
4.2- Arquitecturas efémeras. Adaptación e reutilización
4.3. O traballo de localización. Aspectos prácticos
TEMA 5. Ferramentas de deseño escenográfico
5.1. Definición conceptual e adecuación ao proxecto visual e escénico
5.2. A construción de decorados. Tipoloxía e funcións
5.3.- Elementos auxiliares: maquetas, forillos, cicloramas, espazos virtuais
TEMA 6. Deseño de vestiario e maquillaxe
6.1. A contribución de vestiario e maquillaxe á acción dramática
6.2. O departamento de vestiario na produción audiovisal
6.3. Maquillaxe: funcións e tipoloxía
TEMA 7. Escenografía cinematográfica. Un percorrido histórico (I)
7.1. As orixes. Primeiras concepcións espaciais no cinema
7.2. David W. Griffith. Verosimilitude escénica e articulación narrativa
7.3. Da dramatización da paisaxe ao simbolismo nos decorados no cinema de entreguerras
TEMA 8. Escenografía cinematográfica. Un percorrido histórico (II)
8.1. A arquitectura escénica na época dourada de Hollywood
8.2. O apego ao real nos Novos Cinemas
8.3. Recreacións hiper-realistas e escenografías virtuais
CONTIDOS PRÁCTICOS:
-Visionado e análise de filmes na súa vertente de localización, uso dramático dos espazos e recreación de ambientes e atmósferas a través do deseño escenográfico e os decorados.
-Memoria de proxecto de dirección artística para unha peza audiovisual. Realización en grupo dun proxecto de localización e escenografía para unha curtametraxe de época. Incluirá traballo previo de documentación, desglose de secuencias segundo localizacións e tratamento escenográfico, atrezzo, mobiliario, deseño de vestiario e maquillaxe.
Para a realización das sesións prácticas vaise empregar a aula de docencia que lle sexa asignada á materia e unha aula de informática para o caso concreto da realización da memoria de proxecto.
Bibliografía básica:
Balló, J., Bergala, A. (Coords.) (2016). Motivos visuales del cine. Barcelona: Galaxia Gutenberg.
Barnwell, (2018). Diseño de producción para pantalla. Storytelling visual en el cine y la televisión. Barcelona: Parramón
Ettedgui, P. (2001). Diseño de producción y dirección artística. Barcelon: Océano.
Gentile, M., Díaz, R., Ferrar, P. (2007). Escenografía cinematográfica. Buenos Aires: La Crujía.
López de Guereñu, J. (2008). Decorado y Tramoya. Ciudad Real: Ñaque, 1999
Murcia, F. (2002). La escenografía en el cine. El arte de la apariencia. Madrid: Fundación Autor.
Bibliografía complementaria:
Bordwell, D., Thompson, K. (1995). El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona: Paidós.
Camarero, G. (2018). Las ciudades americanas en el cine. Madrid: AKAL.
Cánovas Belchí, J.T, Camarero, G. (2018). La realidad imaginada. La dirección artística de Félix Murcia en el cine español. Madrid: Akal.
Catalá, J.M. (2001). La puesta en imágenes, conceptos de dirección cinematográfica. Barcelona: Paidós.
Fernández, M. A. (2007). Rodado en Galicia: Consorcio Audiovisual de Galicia.
Fernández Mañas, I. (1997). Gil Parrondo. Pasión y rigor. Almería: II Festival de Cine de Cortometraje.
Hernández Ruiz, J. (1990). Escenarios de la fantasía : el legado de la arquitectura y de las artes plásticas en el cine. Zaragoza : Secretariado de Actividades Culturales de la Universidad de Zaragoza.
Hernández Serrano, G. (2017). Dirección de arte para producciones audiovisuales. Madrid: Ministerio de Educación.
Hormigón, J. A. (2002). Trabajo dramatúrgico y puesta en escena. Madrid: Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España.
Kehoe, V. (2002). La técnica del maquillaje profesional para cine, la televisión y el teatro. Madrid: RTVE
Matellano, V. (2008). Decorados, Gil Parrondo. Madrid: Ayuntamiento de Talamanca de Jarama
Mazzucato, T. (2010). El arte de la puesta en escena. Vigo, Academia de la puesta en
escena,2010.
Nogueira, C. (2001). La representación como puesta en escena: para una teoría de la mirada. Valencia: Institució Alfonso el Magnànim.
Ortiz, A. (Coord.) (2008). La arquitectura en el cine. Construyendo una ilusión. Valencia: MuVIM.
Païni, D. (Edt.) (2001). As ruínas. Lisboa: Cinemateca Portuguesa- Museu do Cinema.
Pinteau, P. (2004). Special effects. New York: Abrams.
Ramírez, J.A. (1993). La arquitectura en el cine de Hollywood. La Edad de Oro. Madrid: Alianza.
Rodrigues, A. (1999). Cinema e arquitectura. Lisboa : Cinemateca Portuguesa-Museu do Cinema.
Sanderson, J., Gorostiza, J. (Coords.) (2010). Constructores de ilusiones. La dirección artística cinematográfica en España. Valencia: Ediciones de la Filmoteca.
Tranche, Rafael (2015). Del papel al plano. El proceso de la creación cinematográfica. Madrid: Alianza.
Villa, S. (1997). La Escenografía: Cine y Arquitectura. Madrid: Cátedra.
Wilkie, B. (1992). Efectos Especiales Para Televisión: IORTV.
BÁSICAS E XERAIS (CB y CG)
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu trallo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores c un alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 – Creatividade
CT06 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT07 - Conocimientos básicos da profesión
ESPECÍFICAS (CE)
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha producción audiovisual
CE02 - Coñecer as técnicas de escritura para os guións de produtos audiovisuis
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais
Os contidos que figuran neste temario serán abordados polo profesor nas clases expositivas previstas na distribución da carga lectiva deseñada para esta materia. Vaise procurar aquí a adquisición dos conceptos fundamentais e da terminoloxía específica da materia. Nas clases de seminario levarase a cabo, por un lado, a posta e común e o debate arredor de casos prácticos de posta en escena. Ademais, realizaranse visionados comentados daqueles filmes considerados dunha maior utilidade para capacitar ao alumnado no recoñemento e interpretación do traballo da dirección de arte. O alumnado realizará un comentario crítico dun filme a escoller entre os incluídos nunha listaxe proposta polo docente.
Nas clases de laboratorio farase un exercicio en grupo de localización e deseño escenográfico dunha curtametraxe de época, para a que se esixirá, por tanto, un labor de documentación e de traballo en fontes históricas. Nestas sesións vaise empregar unha aula de informática, con equipos conectados en rede, necesarios para o desenvolvemento dos traballos propostos, así como para fomentar a creatividade e as aptitudes do alumnado no ámbito da dirección de arte. Ambas as dúas tarefas terán prazos de entrega diferenciados no tempo e serán fixados no comezo do curso.
Asímesmo, caberá a posibilidade de realizar prácticas de campo
A asistencia ás clases é obrigatoria. A acumulación de máis de tres faltas sen xustificar suporá o suspenso para a convocatoria en curso.
Empregarase o campus virtual para pór a disposición do alumnado aquel material que consideramos que pode reforzar os seu coñecementos e aptitudes.
A avaliación do alumnado resultará da seguinte ponderación:
Teoría. Exame final: 50 %
Prácticas laboratorio:
- Proxecto de grupo: 40 %
- Análise de filme entre os propostos polo docente: 10 %
Para a realización do exame final será necesaria ter realizadas e aprobadas ambas as dúas prácticas. De cara á segunda oportunidade de exame, manteranse as notas acadadas nos traballos prácticos.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación
do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
48 horas de traballo presencial do alumno
102 horas traballo persoal do alumno.
Total 150 horas
Recomendase, xa non só a asistencia, senón a participación activa tanto nas sesión expositivas coma naquelas outras de carácter práctico ou nas de seminario, dedicadas á análise e ao debate crítico. Asimesmo, deben complementarse os contidos abordados en clase coa bibliografía, que o alumno deberá tener moi en conta para afondar naqueles aspectos da materia que teñan despertado especialmente o seu interese. A elaboración e presentación dos traballos deben responder aos criterios de rigor, claridade e coidada redacción.
Fernando Redondo Neira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816563
- Correo electrónico
- fernando.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
18.01.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
18.01.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
23.06.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |