Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Lonxe de reducirse a unha mera transferencia de saberes, a formación universitaria implica unha actividade intelectual do propio alumnado, que inclúe o uso normal de libros ou obras fundamentais, a familiaridade con certos autores, a capacidade de programar o tempo de estudo e de salientar e sistematizar os contidos relevantes, así como a habilidade para expresar os coñecementos e relacionalos con feitos e circunstancias do propio entorno social.
Obxectivos da materia:
• Coñecer a historia das institucións, e estar familiarizado co concepto de institución, actores e co seu uso e función na estrutura da democracia e nos procesos de participación.
• Comprender a concepto de acción social e a conformación dos movementos sociais e políticos contemporáneos.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
1. A teoría institucional na Ciencia Política.
1.1 Os enfoques na Ciencia Política
1.2 Vello e novo institucionalísimo. A teoría institucional
1.3 A revolución condutista e a elección racional
2. Acción colectiva
2.1 Os modelos de comportamento colectivo
2.2 Grupos de interese e movementos sociais
2.3 O enfoque dos novos movementos sociais
2.4 Os partidos políticos
3. O Estado.
3.1 Definición de Estado e elementos constitutivos do Estado.
3.2 A distribución territorial e funcional do poder
3.3 A estrutura do Estado español
4. Os novos marcos teóricos da política
4.1 Poder político e lexitimidade
4.2 Ideoloxías políticas
4.3 A participación política e a cultura política
5. As democracias
5.1 Definición e características
5.2 Modelos
5.3 Comunicación política, mediocracia e sociedade dixital
Básica
Almond, G. e outros, Diez textos básicos de Ciencia Política, Barcelona: Ariel, 1992.
Pasquino, G. (ed.), Manual de Ciencia Política, Alianza, 1988.
Vallés, J. M., Manual de Ciencia Política, Ariel, 2006.
Complementaria
Anduiza, E.; Crespo, I e Méndez, M., Metodología de la Ciencia Política, Madrid: CIS, 2009.
Barreda, M. y L. Ruiz, Análisis de la política. Enfoques y herramientas de la ciencia política. Barcelona, Huygens Editorial, 2016.
Benedicto, J. e Morán, M. L.(comps.), Sociedad y Política. Temas de sociología Política, Alianza, Madrid, 1995.
Caminal, M. (ed.), Manual de ciencia politica, Tecnos, 1999.
Canales Aliende, JM e Sanmartín Pardo, J (eds), Introducción a la Ciencia Politica, Universitas, 2014.
Cric, B., En defensa de la política, Tusquets, 2001.
Del Águila, R. (ed.), Manual de Ciencia Política, Trotta, 1997.
Duverger, M., Introducción a la política, Ariel, 1990.
Diz I., Lois M. e Novo A., Elementos fundamentales de ciencia política, Tórculo, 2004.
Ellul, J., L'illusion politique, Laffont, 1965.
Goodin, R. e Klingemann, H.-D., Nuevo Manual de Ciencia Política (Tomos I y II), Istmo, 2001.
Letamendia, F., Ciencia política alternativa, Fundamentos, 2002.
Runciman, W., Ensayos: sociología y política, FCE, 1966.
Savater, F., Política para Amador, Ariel, 1992.
Sodaro, M. J. (ed.), Política y Ciencia Política, Mc Graw Hill, 2006.
Uriarte, E., Introducción a la Ciencia Política, Tecnos, 2002.
Voegelin, E., La nueva ciencia de la política, Katz, 2006.
BÁSICAS E XERAIS.
1) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional, e que posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
2) Que os estudantes teñan a capacidade de xunguir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
3) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
4) Que lo estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
5) Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
6) Competencia contextual para situar a comuniación audiovisual na sociedade da información.
7) Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
1) Capacidade de organización e planificación.
2) Capacidade de xestión da información.
3) Traballo en equipo.
4) Aprendizaxe autónomo.
5) Creatividade.
6) Iniciativa e espíritu emprendedor.
7) coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
1) Coñecer o contexto no que se desenvolve a industria audiovisual na actualidade dentro das industrias culturais.
2) Coñecer o contexto social, económico e político no que se se desenvolve a industria audiovisual.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
O alumno precisará 100 horas de traballo persoal.
Lectura da bibliografía básica.
Paulo Carlos Lopez Lopez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paulocarlos.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
26.05.2023 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
21.06.2023 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 6 |