Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Estudar a lingua galega en uso na información xornalística e na produción audiovisual.
2. Coñecer os condicionantes contextuais do uso do galego
3. Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
4. Explorar a lingua galega como ferramenta comunicativa na prensa e como recurso creativo na produción audiovisual.
5. Coñecer as variedades do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre as súas posibilidades expresivas e creativas e a súa pertinencia do seu uso nos medios de comunicación.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
1. A linguaxe e as linguas. A diversidade lingüística. Contacto de linguas e bilingüismo.
2. A situación sociolingüística de Galicia e a súa evolución: lingua inicial, lingua habitual, competencia lingüística e actitudes.
3. A variación lingüística no tempo, no espazo, na sociedade. Dialecto, sociolecto e rexistro. Falares e variedades da lingua galega. O contacto lingüístico galego-castelán e as súas consecuencias. Lingua e comunicación: xéneros do discurso e tipos de texto.
4. A estandarización da lingua: O galego estándar e os falares vernáculos. Corrección, adecuación, discriminación. Lingua escrita e lingua oral. A linguaxe dos medios de comunicación.
5. A normalización da lingua galega. Políticas lingüísticas, ideoloxías e discursos sociais sobre as linguas. A diversidade lingüística española nos medios de comunicación e os discursos mediáticos sobre as linguas galega e castelá. A lingua galega na produción audiovisual e na rede.
6. A lingua galega na produción audiovisual. Aspectos de adecuación. O idioma como recurso creativo na produción audiovisual.
7. O galego nos medios de comunicación. As actitudes da poboación e da mocidade ante o galego, a súa normalización e o seu emprego nos medios de comunicación.
Bibliografía básica
Fernández Fernández, Miguel A. (2010): “O cine e o audiovisual”, en Victor F. Freixanes / Alberto Meixide (eds), O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais en Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 391-429.
Giral Latorre, Javier / Nagore Laín, Francho (eds.) (2019): La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza.
Kremnitz, Georg (2012): “Convergencias / divergencias de comunidades lingüísticas en el marco español”, en H. Monteagudo (ed.), 43-73.
Ledo Andión, Margarita (2001): “15 anos de televisión”, Estudios de Comunicación 0, 67-78.
López García, Xosé (coord.) (2005): Tres décadas de televisión en Galicia. Cronoloxía e posicións perante o desafío dun novo modelo de audiovisual, Santiago: Consello da Cultura Galega.
Ledo, Margarita (coord.) (2018): Para unha historia do cinema en lingua galega. [1] Marcas na paisaxe. Vigo: Galaxia.
Ledo, Margarita (coord.) (2019): Para unha historia do cinema en lingua galega. [2] A foresta e as árbores. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique (2009): As razóns do galego. Apelo á cidadanía. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique (2013): “Horizontes para o idioma galego. Entre involución e globalización”, Grial. Revista Galega de Cultura 200, 50-59.
Monteagudo, Henrique (2016): “Linguas, globalización e interculturalidade. Unha reflexión desde o Galego”, Grial 209, 70-79.
Monteagudo, Henrique (2019): “Política lingüística en Galicia: De la normalización sin conflicto al conflicto desnormalizador”, en J. Giral Latorre / F. Nagore Laín (eds.), 17- 55.
Monteagudo, H. / Loredo, X. / Vázquez, M. (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega, 2016.
Varios Autores (2002): A normalización lingüística a debate, Vigo, Edicións Xerais.
Veiga, R. (2004): “A lingua do noso audiovisual”, en Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia. Santiago: Consello da Cultura Galega, 311-330.
Bibliografía complementaria
Casares, Håkan et alii (2003): “Actitudes lingüísticas en Galicia”, Grial 160, 52-59.
Consello da Cultura Galega - Observatorio da Cultura Galega (2017): Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia, Santiago: Consello da Cultura Galega.
González Montañés, A. (1992): “Algunhas cuestións con respecto ó idioma nos medios de comunicación en galego”, en Cadernos de Lingua, 5 (1992), 5-26.
Hermida Gulías, Carme (2004): “A lingua da publicidade”, en R. Álvarez / F. Fernández Rei / A. Santamarina, (eds.): A lingua galega: historia e actualidade. Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega, vol. II, 361-378.
Iglesias Álvarez, Ana: “«Eu falo castrapo». Actitudes dos adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia (estudo piloto)”, en E. Gugenberger / H. Monteagudo / G. Rei-Doval, Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 2013, 169-189.
Kabatek, J. (1991): “Interferencias entre galego e castelán: problemas do galego estándar”, en Cadernos de Lingua 4 (1991), 39-48.
Monteagudo, H. (ed.) (2013): Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, Henrique (2017a): “Lingua e Sociedade en Galicia”, LaborHistórico 3.1 (2017)
As competencias específicas da materia son:
• Coñocemento das regras e os instrumentos da lingua galega para o seu bo uso nos medios e na produción audiovisual
• Capacitar os alumnos na análise crítica do uso da lingua galega nos medios de comunicación e na produción audiovisual.
• Capacitar os alumnos na análise crítica dos condicionantes contextuais do uso da lingua galega na sociedade, nos medios de comunicación e na produción audivisual.
Como competencias xerais podemos indicar algunhas de tipo instrumental (pois terán que utilizar ordenadores, exercitar a súa comunicación verbal e a escrita na redacción do traballo), sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais) e interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos).
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Xose Henrique Monteagudo Romero
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
19.12.2022 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
13.06.2023 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 8 |