Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tratamento dos elementos que integran a mensaxe sonora. Aplicación aos medios audiovisuais. Posprodución sonora. Análise da música e dos estilos musicais con vistas ao seu tratamento e aplicación nos medios audiovisuais
Contidos teóricos:
TEMA 1 - Espazo conceptual. Son e escoita. Acústica e psicoacústica.
TEMA 2 - Deseño e arte sonora. Voces. Tratamento dos diálogos. ADR e dobraxe. Sons concretos e efectos. Ambientes. A música.
TEMA 3 - Fluxos de traballo e rutinas. Procesos de traballo na produción sonora audiovisual.
TEMA 4 - Captación e rexistro. Microfonía: deseño e aplicación.Técnicas de microfonía. O audio dixital.
TEMA 5 - Procesado do son. Ecualización. Procesadores de rango dinámico. Efectos baseados no tempo. Redución de ruido.
TEMA 6 - Mestura e masterización. Recreación do espazo sonoro no proceso da mestura. O proceso de masterización.
TEMA 7 - Produción musical. O produtor artístico, o produtor técnico e o produtor executivo. O estudio de gravación. Eventos en vivo.
TEMA 8 - Estilos musicais. Música culta. Música popular.
Contidos prácticos:
Impartiranse nas sesións de laboratorio que terán lugar, nas salas de dobraxe, nos estudos de radio e de xeito autónomo.
Conformaranse diferentes grupos de traballo para acometer a realización das actividades prácticas atendendo os seguintes procesos:
-Uso das aplicacións informáticas específicas utilizadas na produción sonora.
-Elaboración de rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa produción sonora.
-Uso de equipos tecnolóxicos para a produción sonora.
-Rexistro, produción e masterización de produtos sonoros.
-Conformación dos proxectos dende a fase de creación ata a presentación final do produto masterizado.
Os alumnos elaborarán diferentes produtos relacionados cos contidos atendendo á seguinte planificación:
-Na sala de drobraxe:
Aproximación a D.A.W. Hardware (conexións, tarxeta de son. controladores D.A.W.) e software (creación de sesións, gravación, importación e edición, sincronización de vídeo e audio, efectos DSP, mestura, exportar o resultado final). Elaboración de todas as rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas cos procesos de ADR e dobraxe.
Aproximación ás técnicas de foley.
-No estudio de radio:
Manexo do Mak4Win e fluxo de traballo da sala. Realización dun programa de radio no que se exploren as distintas posibilidades técnicas do medio.
Gravación dunha ficción radiofónica e elaboración da súa banda sonora.
Bibliografía básica:
Alten, Stanley R. El sonido en los medios audiovisuales. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo, 2008.
Bennett, Roy. Investigando los estilos musicales. Madrid: Akal, 1998.
Huber, David Miles y Runstein, Robert E. Técnicas de grabación modernas. Barcelona: Omega, 2007.
Theme Ament, Vanessa. The foley grail: The art of performing sound for film, games, and animation. Oxford: Focal Press, 2009.
Wyatt, Hilary y Amyes, Tim. Postprodución de audio para TV. y cine. Andoain:Escuela de cine y vídeo,2006.
Yewdall, David Lewis. Uso práctico del sonido en el cine. Andoain: Escuela de cine y vídeo,2008.
Zafra, Julián. Ingeniería de sonido. Conceptos, fundamentos y casos prácticos. Madrid: RA-MA Editorial, 2018.
Zafra, Julián. Mezcla en el audio profesional. Principios, técnicas y recursos. Madrid: RA-MA Editorial, 2019.
Bibliografía complementaria:
Attali, Jacques. Ruidos: Ensayo sobre la economía política de la música. Madrid: Siglo XXI, 1995.
Bartlett, Bruce y Bartlett, Jenny. Grabando música en vivo. Andoain: Escuela de cine y vídeo, 2008.
Beltrán Moner, Rafael. La ambientación musical en radio y televisión: selección, montaje y sonorización. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión, 2006.
Blánquez, Javier y Morera, Omar (Coord.). Loops: Una historia de la música electrónica.Barcelona: Mondadori, 2009.
Burkholder, J. Peter; Grout, Donald J. y Palisca, Claude V. Historia de la música occidental. Madrid: Alianza, 2011.
Chion, Michel. La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y del sonido. Barcelona: Paidós, 1993.
Chion, Michel. La música en el cine. Barcelona: Paidós, 1997.
Cleveland, Barry. Joe Meek’s Bold Techniques. 2nd Edition. ElevenEleven Publishing, 2013.
Couto Lorenzo, Xerardo. Arredor da dobraxe: algunhas cuestións básicas. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2009.
Dearing, James. Making money making music. Ohio: Mark Garvey, 1990.
Fernández-García, Nuria; Martín Pascual, Miguel Ángel; Pérez Tornero, José Manuel. #MOJO Manual de periodismo móvil. Madrid: Instituto RTVE, 2017.
Fraile, Teresa y Viñuela, Eduardo (Eds.). La música en el lenguaje audiovisual: Aproximaciones multidisciplinares a una comunicación mediática. Sevilla: ArCiBel, 2012.
Frith, Simon ; Straw, Will y Street, John. La otra historia del rock. Aspectos clave del desarrollo de la música popular: desde las nuevas tecnologías hasta la política y la globalización. Barcelona: Ma non troppo, 2006.
Gómez, Alejandro; Morales, Francesc y Molero, José Luis. Grabación en estudio. Preparación y técnicas. Tarragona: Altaria, 2015.
Katz, Bob. La masterización de audio: El arte y la ciencia. Andoain: Escuela de cine y vídeo, 2004.
Labrada, Jerónimo. El sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual.Barcelona: Alba, 2009.
Martínez Ruiz, Jesús. Límites jurídicos de las grabaciones de la imagen y el sonido.Barcelona: Bosch, 2004.
Purcell, John. Dialogue editing for motion pictures: A guide to the invisible art. Oxford: Focal Press, 2007.
Rodríguez Bravo, Ángel. La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós, 1998.
Román, Alejandro. El lenguaje musivisual: Semiótica y estética de la música cinematográfica.Madrid: Visión Libros, 2008.
Rose, Jay. Producing great sound for film and video. Oxford: Focal Press, 2008.
Rumsey, Francis y McCormick, Tim. Sonido y Grabación: Introducción a las técnicas sonoras. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión, 2007.
Básicas e xerais:
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais:
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información.
Traballo en equipo.
Aprendizase autónoma.
Creatividade.
Iniciativa e espíritu emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión.
Específicas:
Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais.
Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuai.
Na primeira parte da materia farase unha achega aos conceptos e principios básicos relativos ao son. Unha vez asimilados trataranse os principais procesos e técnicas utilizados na industria audiovisual co uso de materiais TIC onde se inclúen: presentacións multimedia, visionados, traballos con elementos específicos da produción audiovisual e a utilización de aplicacións informáticas con relación específica coa loxística da produción sonora.
Conformaranse grupos de traballo para o desenvolvemento teórico-práctico dos traballos.
A segunda parte afondará na materia dende un punto de vista práctico plantexando exercicios e traballos a partir dos conceptos teóricos explicados previamente.
Fomentarase a discusión crítica e conformación dos puntos de vista respecto aos temas a tratar.
A plataforma virtual da USC, ou a plataforma que mais se axuste ás necesidades específicas dos alumnos, será instrumento central de soporte textual para os alumnos (textos, vídeos, gráficos, podcast...), dos contidos teóricos e prácticos da materia, así como para a presentación dos traballos e proxectos propostos. Seguemento constante do alumno mediante titorías personalizadas durante as vintecatro horas por medio da plataforma virtual ou correo electrónico, ademais das tutorías físicas e presenciais no despacho do profesor.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
Á hora de avaliar a materia teranse en conta tanto os coñecementos teóricos como os prácticos e a actitude. Os coñecementos teóricos hanse ter que demostrar en tres probas realizadas ao fin de cada un dos tres primeiros meses. A última proba consistirá nun traballo en grupo que fará unha achega os distintos estilos musicais. O contido teórico suporá o corenta por cento da nota final. A avaliación realizarase de forma continuada, e farase en función dos resultados parciais obtidos.
Os contidos prácticos hanse avaliar a través de dous traballos. Estes traballos consistirán nunha ficción radiofónica, realizada en distintos grupos, que conteña tódolos elementos sonoros que poidan ser parte dunha peza audiovisual, e unha análise individual dunha extensión de dúas páxinas, da ficción realizada. Nesta análise amosaráse a capacidade de recoñecer os distintos elementos sonoros que conforman a peza, como inflúen no discurso, valoración das técnicas empregadas e procesos alternativos. Cada un deles será avaliado cunha nota e xuntos suporán o cincuenta por cento da cualificación final da materia.
É necesario ter aprobadas as partes teórica e práctica de xeito independente para poder superar a totalidade da materia.
A avaliación final terá en conta de forma positiva ou negativa, ademáis dos resultados das probas, a actitude e o compromiso manifestados por cada alumno. A actitude suporá o dez por cento da nota final.
As avaliacións están en función da media das cualificacións resultantes da teoría, práctica e actitude, mediante as seguintes porcentaxes:
40% Teoría, 50% Práctica, 10% Actitude.
A cualificación de aprobado para a materia é de 5 sobre 10.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase presencial ou telemática,, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
TRABALLO CO PROFESOR
Asistencia a clases teóricas (todos): 24 horas.
Asistencia a clases prácticas (2 grupos):24 horas.
Asistencias a titorías, seminarios (4 grupos): 3 horas.
TOTAL TRABALLO PRESENCIAL/VIRTUAL CO PROFESOR: 51 HORAS
TRABALLO DO ALUMNO
Estudio de preparación de clases de teoría: 20 horas.
Estudio de preparación de clases prácticas: 30 horas.
Estudio de preparación de probas parciais: 30 horas.
Realización de probas parciais: 10 horas.
Saídas de campo e outras actividades: 9 horas
TOTAL TRABALLO DO ALUMNO: 99 HORAS
TOTAL TRABALLO CO PROFESOR + TRABALLO DO ALUMNO:150 HORAS
Dado que a avaliación de coñecementos da materia vaise efectuar de forma progresiva, os alumnos precisan levar unha preparación sistemática para abordar con éxito cada unha destas probas.
Este nivel progresivo permitirá que o alumno vaia comprendendo a materia á vez que recibe a formación teórica e práctica, non tendo que deixar para un único exame final a fixación de todos os coñecementos adquiridos durante o cuadrimestre. Neste sentido recoméndase que o alumno realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atope en cada tema, de forma que non se deixen para o final, a modo dun proceso acumulativo que adoita obrar de forma negativa na fixación dos coñecementos.
A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto aos materiais proporcionados na aula, ou plataformas virtuais, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Hector Rivero Telleria
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- hector.rivero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
25.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
25.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
21.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |