Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento das características específicas da narrativa audiovisual.
Coñecemento e análise das modalidades de narrativa propias da comunicación audiovisual en distintos niveis de interactividade.
Capacitación do alumnado nas modalidades de narrativas audiovisuais para diferentes formatos informativos, persuasivos e de ficción.
Capacitación na análise da narrativa audiovisual, en base ás características morfolóxicas e taxonómicas dos seus elementos constituíntes, as súas posibilidades combinatorias, expresivas e comunicativas, e a súa codificación e interpretación.
TEMA 1: ABORDAXE CONCEPTUAL DA NARRATIVA AUDIOVISUAL
Antecedentes e definicións de partida. Da historia e o mito á historia e o discurso. Panorama disciplinar: a Morfoloxía, a Analítica, a Taxonomía, a Poética e a Pragmática.
TEMA 2: A CREATIVIDADE NA NARRATIVA AUDIOVISUAL
Normas da poética e a súa trasgresión. Uso da retórica na elaboración e análise da narrativa audiovisual. Matrices ficcionales e elementos integrantes da historia.
TEMA 3: DA IDEA AO GUION
A materialización da creatividade narrativa: ferramentas prediscursivas e discursivas. Fases do guion: idea, tema, motivo, tese, argumento, sinopse, escaleta, guion literario e técnico, biblia, informe…
TEMA 4: O PERSONAXE NA NARRATIVA AUDIOVISUAL
Antecedentes e definicións. Construción e taxonomías do personaxe na narrativa audiovisual informativa, persuasiva e de ficción. Hábito, trazo e dianoia. O arco de transformación do personaxe.
TEMA 5: A ACCIÓN NA NARRATIVA AUDIOVISUAL
A estrutura da acción na linguaxe audiovisual (núcleos e satélites). A acción como función en Vladimir Propp. A acción como factor unitario do relato en Claude Bremond.
TEMA 6: ESTRATEXIA NARRATIVA AUDIOVISUAL E TRANSFER NARRATIVO:
Estratexia narrativa, cooperación interpretativa, lector modelo e descodificación aberrante. A casuística do transfert narrativo: literario, teatral, cinematográfico, televisivo, radiofónico e multimedia.
TEMA 7: NARRATIVAS AUDIOVISUAIS CLÁSICAS E HMTC EMERXENTES
Relatos unidireccionales e interactivos. Narrativas seriadas. A atomización do relato. Hiper/ Multi/Trans/Cros Media.
NOTA: Os contidos son idénticos nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
Bibliografía básica:
CASTELLÓ, E., LÓPEZ, A. M. & ROCA, S. (2018). La (di) solución de las identidades culturales europeas en el espacio digital: una reflexión crítica en torno a las pequeñas cinematografías. Comunicación y Sociedad, 31(1), 39-56.
CASTELLÓ, Enrique (2004): La producción mediática de la realidad, Madrid: Laberinto.
— (2004): "El relato publicitario en televisión: análisis morfológico, taxonómico y pragmático", en EGUIZÁBAL, Raúl: La comunicación publicitaria, Sevilla, Comunicación Social.
— (2006): "La involución de la ficción televisiva generalista: de la atomización del relato al gag", en CARCELÉN, Sonia (et. alt.): Propuestas para una comunicación de Calidad, Madrid, Edipo, pp. 125-133.
— (2006): "Perspectivas de aproximación al hecho narrativo audiovisual contemporáneo: los discursos creador, cinéfilo, crítico y analítico", en LÓPEZ, Xosé (et. alt.): Comunicación e Cultura en Galicia e Portugal, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
DÍEZ PUERTAS, Emeterio (2003): Narrativa Audiovisual: la escritura radiofónica y televisiva. Madrid: Universidad Camilo José Cela.
GAUDREAULT, André; JOST, François (1995): El Relato cinematográfico: cine y narratología. Barcelona: Paidós [e.o.(1990): Le récit cinématographique, París, Éditions Nathan].
LEDO-ANDIÓN, M., LÓPEZ-GÓMEZ, A. & CASTELLÓ-MAYO, E. (2017): El rol del cine en versión original en el espacio digital europeo. Comunicar, 25(51), 73-82.
LEDO ANDIÓN, Margarita; LÓPEZ GÓMEZ, Antía; CASTELLÓ MAYO, Enrique (2014): “Creative Destruction as Economic Pattern of Europe’s Small-Scale Audiovisual Media Markets and Minority-Language Film Industries”. In China-USA Business Review, Vol. 13, No. 1, pp. 12-19.
RODRÍGUEZ TRANCHE, Rafael (2019): La máscara sobre la realidad. La información en la era digital. Madrid: Alianza Ensayo.
Bibliografía complementaria:
ARISTÓTELES (1999): Retórica, Madrid, Gredos.
ASTON, Judith; GAUDENZI, Sandra; ROSE, Mandy (2017): i-docs: the evolving practices of interactive documentary. Londres; Nova York: Wallflower Press.
CASTELLÓ, Enrique (2003): El Espéctaculo de lo Real en el Texto Televisivo. La vida en directo o la decadencia de la narratividad en televisión. Madrid: Secretariado de Publicaciones del Ministerio de Educación Cultura y Deporte (Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa).
— (2005): “Los relatos persuasivos destinados a los medios y soportes multimedia: de la retroalimentación a la interactividad”, en SALAS NESTARES, Isabel De; FERNÁNDEZ SOUTO, Ana Belén; MARTÍNEZ VALLVEY, Fernando (eds.): La Universidad en la Comunicación. La Comunicación en la Universidad, Madrid, Edipo, pp. 237-244.
COMPARATO, Doc (1996): El guión. Arte y técnica de escribir para cine y televisión. Madrid: IORTV.
CHATMAN, Seymour (1990): Historia y discurso: estructura narrativa en la novela y en el cine. Madrid: Taurus Ediciones (Humanidades, 303) [e.o. (1978): Story and Discourse. Narrative Structure in Fiction and Film. Ithaca–Londres: Cornell University Press].
CUEVAS, Efrén; MUGUIRO, Carlos (eds.) (2002): El hombre sin la cámara: el cine de Alan Berliner. Madrid: Ediciones Internacionales Universitarias.
DOMÍNGUEZ, Vicente (ed.) (2007): Pantallas depredadoras: el cine ante la cultura visual digital. Ensayos de cine, filosofía y literatura. Gijón: Festival Internacional de Cine de Gijón.
FELDMAN, Simon (2000): Guión ar
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CG4 - Fortalecer as capacidades comunicativas, tanto a nivel escrito como oral, orientadas a públicos especializados e non especializados.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual
CE02 - Coñecer as técnicas de escritura para os guións de produtos audiovisuais
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais
PARTICULARES DA MATERIA
Estudo e análise das modalidades da narrativa audiovisual. A narrativa audiovisual formatos de ficción e non ficción. Os condicionantes impostos polos distintos medios e soportes.
NOTA: As competencias a conseguir son as mesmas nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
1. Bloque cognoscitivo ou conceptual: serve para a capacitación do alumnado no manexo da terminoloxía propia da materia, vista xa a nivel teórico, recoñecendo a nivel pragmático determinadas nocións no devir narrativo audiovisual.
2. Bloque analítico: serve para a capacitación do alumnado na exploración, disección, recoñecemento e taxonomización das diversas morfoloxías (clásicas e emerxentes) do relato audiovisual, a nivel icónico-verbal, a través da dotación dunha serie de ferramentas de análises que faculte ao alumnado para avaliar con soltura as liñas directrices (superficiais e profundas) dos textos narrativos audiovisuais, en tanto materialización de certa estratexia comunicativa.
3. Bloque procedimental ou de aplicación práctica: consecuencia dos anteriores, trátase de aplicar a unha ampla casuística técnicas e recursos expresivos narrativos canónicos como fundamento para potenciar a creatividade daquelas técnicas e recursos expresivos narrativos propios. Este terceiro bloque faise cargo dun campo creativo atravesado por procesos en principio alleos á creación artística (produción financiada, sincronizada e optimizada con funcionalidade industrial) e, con todo, intrínsecos á produción audiovisual. Trátase, en suma, de propiciar no exercicio profesional unha visión máis ampla, capaz de trascender a eficaz e necesaria rutina da produción dos relatos audiovisuais, o que redundará no rigor do exercicio profesional.
NOTA: Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual. Neste caso, a docencia impartirase de xeito síncrono. Para o seguimento das mesmas levarase a cabo unha programación de entregas.
- O 50 % da materia valorarase nun exame final, que inclúe teoría e lectura de textos, e o outro 50 % avalíase coas prácticas de laboratorio.
- En todo caso, será conditio sine qua non para que a ponderación anterior leve a cabo o feito de que o alumnado supere ambas as partes (teórica e práctica) da materia.
- A vixencia da nota de prácticas quedará limitada ás convocatorias do ano académico en curso.
- No caso da segunda oportunidade, avaliarase da mesma forma que na primeira. O alumnado que teña superada unha parte (expositiva ou interactiva) da materia, manterá a súa cualificación na segunda oportunidade.
- De non ser posible o exame presencial, levarase a cabo en remoto.
- En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO (48 HORAS)
20 h. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas
04 h. Traballos con textos: análise, síntese e discusión
20 h. Prácticas
1,5 h. Titorías de traballos de curso
1,5 h. Actividades de avaliación
02 h. Exame final
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (102 HORAS)
40 h. Estudo autónomo individual ou en grupo
12 h. Lecturas recomendadas
50 h. Preparación de presentacións orais, debates, etc. Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da práctica.
A materia aborda con rigor teórico e metodolóxico fenómenos audiovisuais que forman parte da nosa cotidianidade. Daquela recoméndase un estudo igualmente cotián dos contidos da materia, aos efectos de anclar os conceptos e procesos de forma progresiva, salvando a sima que de xeito inxustificado soe establecerse entre a aprendizaxe teórica e a práctica mediática.
Polas propias características da materia, parte dos seus contidos impartiránse de xeito virtual. De cara á comprensión do papel da narrativa audiovisual nos procesos de produción profesionais, o bloque práctico incluirá a realización de produtos finais e non só a parte referente aos guións, polo que será precisa a utilización de equipos básicos de captación de imaxe e son.
Enrique Castello Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sara Calvete Lorenzo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- sara.calvete.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Manuel Barreiro Rozados
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- manuelbarreiro.rozados [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
24.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
24.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
23.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |