Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 30 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo das relacións entre a sociedade da información e as culturas propias. Análise da preservación, da diferenza, influencia e contacto entre culturas por medio da xeración, almacenamento e procesamento da información, nomeadamente das Técnicas de Información e comunicación e, concretamente, no campo audiovisual. Deseño de estratexias para a colocación de produtos culturais nas redes da información.
1ª parte.
1. O concepto de sociedade da información.
Sociedadade da información. Sociedade rede. Sociedade postindustrial.
Cultura, medio e entorno técnico.
2. A identidade cultural no proceso de globalización.
Cultura e estrutura social. Cultura, comunidade e sociedade. Culturas territoriais e
non territoriais. Cultura nacional e cosmopolitismo.
Os conceptos de cultura de masas e industria cultural. Cultura de masas, consumo, compulsión e habitus. Cultura, estrutura e superestrutura.Cultura promocional. Clase, hexemonía e cultura transnacional.
2ª parte.
3. Identidade cultural e fluxos informativos.
As nocións de centro e periferia. Crítica da nocións de centro e periferia na sociedade da información. As ideas de fluxo e policentrismo. Os espazos de fluxo e os espazos de lugares.
A análise cultural segundo o modelo de fluxos. Homoxeneidade e heteroxeneidade cultural. Crítica dos modelos de fluxos na análise cultural.
4. Industria cultural e dominio político.
Cultura, poder e emprazamento. Connectividade e actualidade. Memoria, acción e identidade. Temporalidade, reflexividade e identidade. Estrutura, comunidade e identidade.
5. Información, actualidade e memoria
As economías de signos e espazos. Emprazamento e cultura promocional.
Campo social, dominación e violencia simbólica. Postmodernidade e tecnocultura.
A noción de “artefactualidade” segundo Jacques Derrida. A tiranía do momento e os tempos sociais.
6. A sociedade da información e os contactos culturais.
Sincretismo cultural, hibridación e creoulización. Fomulariedade, serialidade e dominación compulsiva. Fluxos de comunicación unidireccionais e bidireccionais.
Bibliografía básica
Tema 1. Adorno, T. W. "Resumo sobre a industria cultural", A trabe de ouro, nº 34.
Baudrillard, J. "La cultural mediática" en J. Baudrillard, La sociedad de consumo. Madrid, S. XXI, 2007.
Hesmondhalgh, D., The Culture Industries. Londres, Sage, 2013.
Mirrlees, T., Global Entertainment. Between Cultural Imperialism and Globalization. Londres, Routledge, 2013.
Tema 2. Berland, J. "Baile de anxos: as técnicas culturais e a produción de espazos", A trabe de oro, nº 44.
Negt, O. e Kluge, A. Public Opinion and Experience. Londres, Verso, 2016.
Bauman, Z. "As seen in TV" en Society under Siege. Cambridge, Polity, 2002.
Tema 3. Baudrillard, J. Critique de la economie politique du signe. Paris, Gallimard, 1972.
Jameson,F. Postmodernism, or the Cultural Logic of Late Capitalism. Londres, Verso, 1991.
El postmodernismo revisitado. Madrid, Abada, 2012.
Lash, S. e Urry, J. Ecomomies of Signs and Space. Londres, Sage, 1994.
Tema 4. Hannerz, U., Cultura Complexity. N. York, Columbia University Press, 1992.
Thompson, J. B. (1990) Ideology and Modern Culture. Cambridge, Polity, 1995.
Tema 5. Derrida, J. e Stiegler, B. Échographies de la télévision. Paris, Galilée/I.N.A., 1996
Huyssen, A. En busca del futuro perdido. Cultura y memoria en tiempos de globalización. México, F. C. E., 2002.
Lash, S. "La comunidad y sus dobles" en Giddens, A., Beck, U. e Lash. S. Modernización reflexiva. Madrid, Alianza, 1997.
Osten, M. La memoria robada. Los sistemas digitales y la destrucción de la cultura del recuerdo, Madrid, Siruela, 2008.
Sartre, J.-P., Critique de la raison dialectique. Tome II (inachevé). L´intelligibilité de l´Histoire. Paris, Gallimard, 1985.
Sloterdijk, P. (2003) Experimentos con uno mismo. Valencia, Pre-Textos, 2003.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bauman, Z., Culture in a Liquid, Modern World. Cambridge, Polity, 2011.
Deery, J. e Press, A. (eds.) Media and Class. N. York, Routledge, 2017.
Freedman, D. e Goblot. V. (eds.) A Future for Public Service Television. Londres, Goldsmiths Press, 2018.
Giddens, A. e Sutton, Ph. W., Sociology. Cambridge, Polity Press, 2013.
Han, Byung-Chul, Infocracia. La digitalización y la crisis de la democracia. Madrid, Taurus, 2022.
Hockney, D. e Gayford, M. Una historia de las imágenes. De la cueva a la pantalla del ordenador. Madrid, Siruela, 2020.
Outeiriño, M. (comp.) Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia, 2011.
BÁSICAS E XERAIS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar o seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2- Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Cg3- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1-Capacidade de organización e planificación.
CT2- Capacidade de xestión da información.
CT3- Traballo en equipo.
CT4- Aprendizaxe autónoma.
CT5- Creatividade.
CT6- Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7- Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE11- Coñecer o contexto no que se desenvolve a industria audiovisual na actualidade dentro das industrias culturais.
CE12- Coñecer o contexto social, económico e político no que se desenvolve a a industria audiovisual.
A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeria fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais sobre a sociedade da informaqción e a identidade cultural, con especial atención a algúns textos da bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas expositivas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Haberá dúas notas: unha correspondente ós comentarios e ensaio e outra polo exame. A cualificación final obterase por media aritmética das dúas notas.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
Convén ler canto antes a bibliografía básica dos dous temas primeiros, que constitúen o primeiro bloque, e consultar dúbidas e dificultades a tempo. Na fase de aulas de debate, é imprescidnidble a lectura regular dos artigos da bibliografía básica. Un bo recurso para optimizar a participación nos debates é elaborar resumos e esquemas dos contidos que se queiran cuestionar ou discutir na aula.
O contraste de interpretacións teóricas sobre as funcións dos medios de comunicación nas sociedades contemporáneas é un dos obxectivos principais da materia.
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
20.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
23.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |