Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer o contexto no que se desenvolve a industria audiovisual na actualidade dentro das industrias culturais.
Coñecer o contexto social, económico e político no que desenvolve a industria audiovisual.
As institucións e os actores políticos das sociedades actuais. Os enfoques na Ciencia Política. Introdución ao estudo do Estado e dos seus principais compoñentes, dos sistemas políticos e as principais ideoloxías contemporáneas. A acción colectiva e os movementos sociais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O ESTADO
1.1 Definición de Estado e elementos constitutivos do Estado
1.2 A distribución territorial e funcional do poder
1.3 A estrutura do Estado español
TEMA 2. ACCIÓN COLECTIVA
2.1 Os modelos de comportamento colectivo
2.2 Grupos de interese e movementos sociais
2.3 Os partidos políticos
TEMA 3. OUTROS ASPECTOS BÁSICOS DA CIENCIA POLÍTICA
3.1 Enfoques
3.2 Ideoloxías
3.3 Participación e cultura política
TEMA 4. AS DEMOCRACIAS E A COMUNICACIÓN POLÍTICA
4.1 Definición e características
4.2 Modelos
4.3 Comunicación política, mediocracia e sociedade dixital
TEMA 5. A RELACIÓN ENTRE O SISTEMA POLÍTICO E O SISTEMA MEDIÁTICO
5.1 O rol do Estado
5.2 O paralelismo político
5.3 A estructura dos mercados de comunicación e o profesionalismo
5.4 Modelos de relación
CONTIDOS PRÁCTICOS
Existirán contidos prácticos a través de seminarios, talleres, visionados de material audiovisual ou debates co obxectivo de seguir as explicacións teóricas e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.). Nas mesmas existirá espazo para o “Traballo con textos”, orientado á adquisición de habilidades.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Almond, G. A., & Batlle, A. (2014). Diez textos básicos de Ciencia Política. Ariel.
Pasquino, G. (1988). Manual de Ciencia Política. Alianza.
Vallés, J. M. (2006). Manual de Ciencia Política. Ariel.
Hallin, D; & Mancini, P (2004). Sistemas mediáticos Comparados, Hacer Editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Anduiza, E., Crespo, I. & Méndez, M (2009). Metodología de la Ciencia Política. CIS.
Barreda, M. & L. Ruiz (2016). Análisis de la política. Enfoques y herramientas de la ciencia política. Huygens Editorial.
Barredo Ibáñez, D. , López-López, P. C., Lagares Díez, N., & Puentes-Rivera, I. (2021). Comunicación política y democracia en el marco de la sociedad digital: retos, oportunidades y avances. Revista Ibérica de Sistemas e Tecnologias de Informação, (E40), XI-XV.
Benedicto, J. & Morán, M. L.(1995). Sociedad y Política. Temas de sociología Política. Alianza.
Caminal, M. (1999). Manual de ciencia política, Tecnos.
Canales Aliende, J.M & Sanmartín Pardo, J (2014). Introducción a la Ciencia Politica. Universitas.
Cazorla Martín, A., Montabes Pereira, J., & López López, P. C. L. (2022). Medios de comunicación, información política y emociones hacia partidos políticos en España. Revista española de ciencia política, (58), 83-109.
Cric, B. (2001). En defensa de la política, Tusquets.
Del Águila, R. (1997). Manual de Ciencia Política Trotta.
Duverger, M. (1990). Introducción a la política. Ariel.
Diz I., Lois M. & Novo A. (2004). Elementos fundamentales de ciencia política. Tórculo.
Ellul, J. (1965). L'illusion politique. Laffont.
Farr, J., Dryzek, J. S. & Leonard, S. T. (1999). La ciencia política en la historia. Istmo.
Goodin, R. & Klingemann, H.D. (2001). Nuevo Manual de Ciencia Política (Tomos I y II). Istmo.
Letamendia, F. (2002). Ciencia política alternativa. Fundamentos.
López-López, P. C., Lagares Díez, N., & Castro Martínez, P. (2021). Agenda y temas: medios, políticos y ciudadanía. In Debates electorales en televisión y redes sociales en España (pp. 69-79). Comunicación Social.
López-López, P. C., Castro Martínez, P., & Oñate, P. (2020). Agenda melding y teorías de la comunicación: la construcción de la imagen de los actores políticos en las redes sociales. Cuadernos del Centro de Estudios de Diseño y Comunicación, 21-34, 112.
Marsh, D. & Stoker, G. (1999). Teoría y métodos de Ciencia Política. Alianza.
Rivera Otero, J. M., Lagares Díez, N., Pereira López, M., & López-López, P. C. (2021). Transparency Policies in European Public Broadcasters: Sustainability, Digitalisation and Fact-Checking. Social Sciences, 10(6), 217.
Runciman, W. (1966). Ensayos: sociología y política, FCE.
Sodaro, M. J. (2006). Política y Ciencia Política. Mc Graw Hill.
Uriarte, E. (2002). Introducción a la Ciencia Política. Tecnos.
Voegelin, E. (2006). La nueva ciencia de la política. Katz.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que normalmente se demostran mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (xeralmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, cunha perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2 - Recoller e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CX3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e abstracción, tanto na definición e abordaxe de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
COMPETENCIAS TRANSVERAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade para xestionar a información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e emprendemento
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE11 - Coñecer o contexto no que se desenvolve actualmente a industria audiovisual dentro das industrias culturais.
CE12 - Coñecer o contexto social, económico e político no que se desenvolve a industria audiovisual.
O seu desenvolvemento combina exposicións maxistrais por parte do profesorado, traballo con textos (estudo de casos) e titorías onde desenvolver o resto de compoñentes da aprendizaxe orientadas á realización de proxectos. Parte da docencia utilizará como ferramenta de traballo a USC virtual. Fomentarase a asistencia a clase, a participación e a diversificación dos ambientes de aprendizaxe, na medida do posible. As clases expositivas servirán para que o profesor explique o marco teórico xeral da materia. As titorías e clases prácticas servirán para ordenar a confección dos traballos e facilitar a súa exposición e avaliación, así como para resolver as cuestións persoais que a alumnado precise. A asistencia ás clases é obrigatoria, salvo nos casos de dispensa establecidos na normativa da USC, e formará parte da cualificación na forma en que se explica no apartado correspondente. O profesor fará controis de asistencia, diarios ou aleatorios, e aplicará os seus resultados á cualificación.
O traballo para os tipos de clases será o seguinte:
• Clases expositivas e clases prácticas (“traballo con textos” e “planificación de seminarios”): desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.). Nas mesmas existirá espazo para o “Traballo con textos”, orientado á adquisición de habilidades; tamén para a preparación de seminarios.
• Estudio autónomo, individual ou en grupo, lecturas recomendadas e preparación de presentacións a realizar por conta propia ou en titorías, axudados polo Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA): recomendarase a lectura de artigos, libros ou monografías que complementen ás clases expositivas. Igualmente, empregarase a aula virtual. O profesor porá a disposición do alumnado todo o material utilizado nas clases así como aquel outro que considera relevante para a materia.
O sistema de avaliación constará de dúas partes. En primeiro lugar, a avaliación continua (50% da nota), que se corresponde coa asistencia ás clases e a entrega de traballos derivados das mesmas. En segundo lugar, un exame final (50%) da materia que consistirá en responder correctamente ás preguntas seleccionadas do temario. Para aprobar a materia, é condición necesaria aprobar o exame final. O profesorado ampliará a información sobre as especificidades da avaliación ao comezo do curso.
Na segunda oportunidade o peso das avaliacións será a mesma. Gardaranse as notas da avaliación continua que así se estableza de mutuo acordo entre alumnado e profesorado e realizaranse outras novas. Realizarase, de igual forma, un exame final na data sinalada.
•No caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia.
•No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
O alumnado terá as siguientes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 30 horas
• Traballos con textos: 15 horas
• Exame final: 3 horas
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas.
• Lecturas recomendadas: 25 horas.
• Preparación de presentacións orais: 5 horas.
• Planificación de seminario: 12 horas.
Ler a bibliografía básica.
Jose Manuel Rivera Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815159
- Correo electrónico
- josemanuel.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paulo Carlos Lopez Lopez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paulocarlos.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
26.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
26.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
21.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |