Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Capacitar os alumnos no uso creativo e na análise crítica do uso da lingua galega na produción audiovisual e nos medios de comunicación.
1. Estudar a lingua galega en uso na información xornalística e na produción audiovisual.
2. Coñecer os condicionantes contextuais do uso do galego
3. Mellorar o uso do estándar (ortografía, fonética, léxico, morfosintaxe), e conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
4. Explorar a lingua galega como ferramenta comunicativa na prensa e como recurso creativo na produción audiovisual.
Estes contidos estruturanse da seguinte maneira:
BLOQUE I. A lingua galega en contexto.
1. A linguaxe e as linguas. A diversidade lingüística. Contacto de linguas e bilingüismo. Situación sociolingüística de Galicia.
2. A variación lingüístico no tempo, no espazo, na sociedade.
3. A estandarización da lingua: o galego estándar e as variedades dialectais. Corrección y adecuación. Lingua escrita e lingua oral. Variación diafásica e diastrática.
4. A normalización da lingua galega. Políticas lingüísticas, ideoloxías e discursos sociais sobre as linguas.
5. A lingua galega na produción audiovisual. Aspectos de adecuación. O idioma como recurso creativo na produción audiovisual.
BLOQUE II. A descrición da lingua.
6. O léxico: coñecemento, corrección e ampliación. As unidades léxicas. As interferencias lingüísticas. Fraseoloxía.
7. A onomástica nos medios de comunicación e na paisaxe lingüística. Toponimia. Nomes propios. Apelidos. Os nomes das rúas.
8. Morfosintaxe.
Bibliografía básica
Romero Suárez, Brais (2018): “Un debate arredor da lingua”, en Margarita Ledo Andión [coord.] Para unha historia do cinema en lingua galega. 1. Marcas na paisaxe. Vigo: Galaxia, 143-157.
Veiga, Raúl (2008): “A lingua da ficción audiovisual”, en Xosé Ramón Freixeiro, Marisol Ríos e Lucía Filloy (eds.): Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña,: Universidade da Coruña, 75-93.
Roca Baamonde, Silvia / Ana Isabel Rodríguez Vázquez / Marta Pérez Pereiro (2015): “Versión orixinal galega: produción e distribución do cinema en linguas minorizadas”, en Margarita Ledo Andión (coord.): eDCINEMA : Cara o espazo dixital europeo : o papel das cinematografías pequenas en versión orixinal. Santiago de Compostela: GEA, 77-111.
Lorenzo Suárez, Anxo M / Fernando Ramallo / Hakan Casares Berg (2008): Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, H. / Loredo, X. / Vázquez, M. (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique (2019): “Política lingüística en Galicia: de la normalización sin conflicto al conflicto desnormalizador”, en Giralt Latorre, Javier / Nagore Laín, Francho (eds.) (2019): La normalización social de las lenguas minoritarias. Experiencias y procedimientos para la salvaguarda de un patrimonio inmaterial. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza, 17- 55.
Ramallo, Fernando / Martín Vázquez Fernández (2020): “Condiciones del bilingüismo en la Galicia actual”, El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes 2020. Madrid: Instituto Cervantes, 211-236.rnando (2013): "A miña variedade é defectuosa": a lexitimidade social das neofalas”, Estudos de Lingüística Galega 5, 89-103.
Veiga, Raúl (2008): “A lingua da ficción audiovisual”, en Xosé Ramón Freixeiro, Marisol Ríos e Lucía Filloy (eds.): Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña, 75-93.
Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica. Morfoloxía. Santiago: Sotelo Blanco.
Álvarez, R. / Xove, X. (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Bibliografía complementaria
Carballeira Anllo, X. M. (coord.) (2010): Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
Castro Macías, L. (2007): Dicionario Xerais de sinónimos e antónimos. Vigo: Xerais.
Fernández Salgado, B. (dir.) (2004): Dicionario Galaxia de uso e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (2013): Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais.
González Rei, B. (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
López Taboada, M. C. / M. R. Soto Arias (1997): Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica. A Coruña: Galinova.
Martínez Seixo, R. A. (2000): Dicionario fraseolóxico galego. Vigo: A Nosa López
Taboada, M. C. / M. R. Soto Arias (2008): Dicionario de fraseoloxía galega. Vigo: Xerais (cun apéndice final de equivalencias galego-castelán).
Navaza Blanco, G. (coord.) (2007): Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos. Vigo: Xerais, 1990.
Pena, X. A. (2001): Diccionario Cumio de expresións e frases feitas: castelán-galego. Vigo: Edicións do Cumio.
Pena, X. A. (2011): Dicionario fraseolóxico bilingüe castelán-galego. Santiago de Compostela: Meubook (libro electrónico).
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Edicións Xerais.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 -Capacitar os estudantes para aplicaren os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e adquiriren as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 -Capacitar os estudantes para teren a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 -Capacitar os estudantes para transmitiren información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 -Capacitar os estudantes para desenvolveren aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE15 - Coñecemento correcto da lingua galega
Haberá os seguintes tipos de actividades:
-Sesións expositivas, onde se exporán os conceptos fundamentais da materia.
-Sesións de seminario, onde se proporán diversas actividades consistentes en visionado, discusión e comentario de produtos audiovisuais en galego de todo tipo, incluíndo os que circulan nas redes sociais. Cada estudante fará ao longo do curso tres comentarios que serán entregados á profesora.
-Traballos e exposición en grupo, segundo as instrucións que se ofrecen. Estes traballos e exposicións versarán sobre temas relacionados co uso da lingua galega nos medios de comunicación e na produción audiovisual e darán lugar á realización de traballos individuais sobre o tema da exposición.
É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións da profesora. Parte do traballo dos estudantes será localizar e explotar eses recursos. Por exemplo, existen moitos repositorios on line de produción audivisual en galego, entre outros:
.TVG (series): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/mareas-vivas
.https://engalecine.jimdofree.com/
.https://engalecine6.webnode.eres/
.Alberte Pagán (toda su producción): http://albertepagan.eu/
1. Avaliación continua
A avaliación continua consta dos seguintes elementos:
a) Participación nas aulas: ata un 10%.
b) Realización de comentarios escritos sobre temas propostos ao longo do curso: 20%
c) Realización dunha exposición na aula: 20%.
d) Exame final: 50%
Quen non supere a primeira oportunidade, terá que realizar o exame de segunda oportunidade.
2. Avaliación para estudantes con dispensa oficial de asistencia ás aulas
A) Traballo(s) acordado(s) previamente coa profesora: 50% da nota final.
B) Exame: 50% da nota final.
3. Avaliación en segunda oportunidade
Na avaliación continua, manteranse as notas de a), b) e c) e poderase repetir o exame final.
Na avaliación con dispensa, poderase repetir o exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: «Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba eaixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes».
Horas Presencialidade
Sesións expositivas: Presentación e explicación dos temas 30 100
Traballos con textos: análise, síntese e discusión 16 100
Estudo autónomo individual ou en grupo 60
Lecturas recomendadas 25
Preparación de presentacións orais, debates, etc 5
Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación
de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.) 12
Os estudantes terán material ó seu dispor no Campus Virtual. A exploración e manexo dos recursos en liña é fundamental.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as actividades que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/exposicións de aula e o traballo de campo serán dadas oportunamente. Tanto un como o outro deben facerse baixo a orientación da profesora.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
13:00-14:00 | Seminario 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
11:00-12:00 | Seminario 1 | Galego | Aula 6 |
19.12.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
13.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |