Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as tecnoloxías para a produción de produtos audiovisuais.
Analizar a utilización do equipamento técnico nas rutinas que levan a cabo nas producións audiovisuais.
Realizar produtos audiovisuais utilizando as tecnoloxías da comunicación.
Estudar o uso das tecnoloxías da produción, edición e distribución de produtos audiovisuais.
Analizar o uso das tecnoloxías en función das rutinas produtivas.
Capacitar para desenvolver proxectos para calquera tipo de xanela de difusión de produtos audiovisuais.
Estudio e capacitación para a utilización das tecnoloxías da produción, edición e distribución de produtos audiovisuais en todas las ventás de difusión. Análise do uso das distintas tecnoloxías audiovisuais en función da especificidade xenérica e das rutinas produtivas.
CLASES EXPOSITIVAS
Tema 1. A cámara
Introdución. Alimentación. Conexionado de vídeo
Soportes de cámara
Óptica, Foco, Iris, Servos
Corpo
Filtros
Transdutores: Fotoquímico. Cinematografía ; Electrónico. CCD - CMOS
Rexistro
Tipos de cámaras
Codificación e parámetros técnicos do sinal de televisión
Tema 2. O son
Micrófonos
Mesa de mesturas de audio
Amplificadores
Monitorización
Picómetro
Vúmetro
Caixas acústicas
Procesadores de son
Sistemas de rexistro sonoro
Conexionado de Audio
Tema 3. A Iluminación
Luz natural versus luz artificial
Intensidade. Medidas. Relacións
Conversión de fontes luminosas
Dirección da luz. Incidente. Reflectida
Fontes de iluminación. Luz natural. Luz artificial
Luz tungsteno. Luz HMI. Luz fría. Luz directa (Fresnel). Luz difusa (soft)
Proxectores especiais. Móbiles. Canón de seguimento. Cambios de cor
Pantógrafos e elementos de suxeición
Filtros e accesorios de difusión. Reflectores. Bandeiras. Gobos
Mesas de iluminación
Tema 4. A Emisora de Televisión
Control de realización
Control de imaxe / iluminación
Control de son
Intercomunicación
Posprodución
Control de continuidade
Control central
Produción do sinal de televisión
Tecnoloxías da transmisión: Emisora; Exteriores
Tema 5. Tecnoloxía Informática Aplicada á Posprodución audiovisual
Tecnoloxía Informática Aplicada á Posprodución
O computador persoal: Unidade central; Periféricos
Hardware/ Software
Formatos de Gravación Audio/Vídeo
Imaxe fixa; Imaxe en movemento; Son
Aplicacións gráficas
Vectorial / Rasterizado
Aplicacións de Edición
Animación e efectos especiais
CLASES INTERACTIVAS
Práctica 1: Inicio de prácticas cunha soa cámara.
AULA: Plató de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Descrición de materiais: Trípode, cabezal, batería, cámara, cables.
- Manexo básico de trípode e cámara: Balance do trípode. Formatos e operación da cámara.
- Fluxo de traballo: Ordes antes, durante e logo da gravación.
Práctica 2. Adquisición e posta en marcha de conceptos intermedios nas prácticas cunha soa cámara.
AULA: Plató de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Os Menús principais da cámara
- Óptica e tecnoloxía electrónica: foco en manual; iris en manual. Uso do iris. Balance de brancos. Código de tempos.
- Comprobación do gravado e procesos previos para seguir gravando.
Práctica 3. Uso avanzado de cámaras e conceptos básicos de iluminación nas prácticas cunha soa cámara. AULA: Plató de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Repaso de Menús non dados. Uso avanzado das características técnicas da cámara.
- Iluminación con reflectores portátiles.
- Ensaio xeral da futura práctica de gravación cunha soa cámara.
- Alteración e comprobación de Menús.
- Visionado con monitor de forma de onda e Vúmetro.
Práctica 4. Práctica avaliable. Fin de prácticas cunha soa cámara.
AULA: Plató de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Gravación cunha soa cámara. Sen supervisión. Gravación dunha secuencia de ficción con dous personaxes en dialogo.
Práctica 5. Gravación multicámara: Introducción. Adquisición e posta en marcha de conceptos nas prácticas cunha soa cámara.
AULA: Plató de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reproducción de vídeo en Disco Duro.
- Descrición somera das funcións de cada posto
- Operacións técnicas básicas de cada máquina.
- Rotación de alumnos por cada posto.
Práctica 6. Gravación multicámara: Execución intermedia. Práctica supervisada e dirixida polo profesor.
AULA: Plató de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reproducción de vídeo en Disco Duro.- Repaso de conceptos e postos de traballo.
- Gravación dun programa de TV en modo falso directo.
- Masterización de conceptos nos postos técnicos de sonidista, mesturador de vídeo, operador de vídeos, control de teleprompter e control de cámaras.
Práctica 7. Gravación multicámara. Execución avanzada. Práctica dirixida polos alumnos.
AULA: Plató de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reproducción de vídeo en Disco Duro.
- Repaso de conceptos e postos de traballo.
- Gravación dun programa de TV en modo falso directo.
- Ensaio xeral para antes da practica avaliable.
- Rotación última en postos técnicos, especialmente sonidista, mesturador de vídeo, operador de vídeos e control cámaras.
Práctica 8. Práctica avaliable. Gravación multicámara.
AULA: Plató de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reproducción de vídeo en Disco Duro.
- Gravación dun mini programa de TV en falso directo. Sen supervisión.
Práctica 9. AVID. Introducción.
Aulas: LABORATORIOS DE EDICIÓN DE VÍDEO: 4 cabinas equipadas con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
- Conceptos básicos: Captura on the fly; importación básica, edición básica; explicación interface; splice-in / overwrite; envorcado básico.
- Montaxe da secuencia de ficción rodada durante as prácticas cunha soa cámara.
Práctica 10. AVID. Edición Intermedia.
Aulas: LABORATORIOS DE EDICIÓN DE VÍDEO: 4 cabinas equipadas con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
- Flujo de trabajo profesional: Minutado previo de clips (log); batch capture; edición intermedia; envorcado mediante dixital cut; gravación dos proxectos para backups; gravación dos media.
- Continuación da Montaxe da secuencia de ficción rodada cunha cámara.
Práctica 11. AVID. Posprodución.
Aulas: LABORATORIOS DE EDICIÓN DE VÍDEO: 4 cabinas equipadas con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
- Reforma de audios; picarañas e subidas e baixadas de audio; efectos básicos de vídeo (Transicións).
- Rotulación; etalonaxe; efectos complexos. Trim. Creación de DVD'S; Importacións e exportacións.
- Continuación da montaxe da secuencia de ficción rodada cunha cámara.
Práctica 12. AVID. Práctica avaliable.
Aulas: LABORATORIOS DE EDICIÓN DE VÍDEO: 4 cabinas equipadas con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
Montaxe FINAL da secuencia de ficción rodada cunha cámara. Sen supervisión.
Bibliografía básica
Medina, E., Moreno, J. (2020) La producción en televisión. Ommpress comunicación.
Barroso, J. (2018) Realización televisiva: de la TDT a la IPTV. Fragua.
Balseiro, M. (2016) La cabeza caliente: un gran paso adelante en el movimiento de cámara. UOC.
Gomez, A., Morales, F. e Molero, J. L. (2015) Grabación en estudio: preparación y técnicas. Altaria.
Digón, A., Suárez, N. e Martín, D. (2016) Control de sonido en directo. Altaria.
León, B. (2014) Detrás de las cámaras. Comunicación social.
Roso, F. (2017) Luminotecnia: iluminación, captación y tratamiento de la imagen. Altaria.
Merino, F. (2013) Avid Media Composer: manual imprescindible. Anaya Multimedia.
Jago, M. (2020) Adobe Premiere Pro CC Classroom in a Book. Pearson Education.
Millerson, G., Owens, J. (2011) Vídeo : manual de producción. Andoaín. Escuela de Cine y Vídeo de Andoaín.
Molero, E. (2006) Sistemas de radio y tv. MACGRAW HILL. 2006
Castillo, J. M. (2013). Televisión, realización y lenguaje audiovisual . Madrid : Instituto Radio Televisión Española.
Bibliografía complementaria
Samuelson, D. (2006) El Manual técnico del cine. Escola de Cine y vídeo. Andoain.
Alten, S. (2008) El sonido en los medios audiovisuales. Andoain. Escola de Cine y Vídeo.
Aparici, R. (2009) La imagen : análisis y representación de la realidad. Barcelona. Gedisa.
Kaufmann, S. (2010) Edicion De Video Con Avid Media Composer. Madrid. Anaya Multimedia.
Moreno, R. (2008) Avid: edición de vídeo. Madrid: Anaya Multimedia.
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 – Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 – Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados
CG3 – Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e presentación de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE13 - Coñecer a incidencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento dos produtos audiovisuais
CE14 - Capacitar o manexo das tecnoloxías vinculadas á produción e á documentación audiovisual.
A principal metodoloxía para a parte teórica será a lección maxistral e resolución de problemas, mentres que para a parte práctica será a aprendizaxe orientada a proxectos.
- Ferramentas de aprendizaxe:
Descrición e uso directo, supervisado polo profesor, dos diferentes aparellos que interveñen nunha produción audiovisual
- Será prioritario nesta materia fomentar que o propio alumno sexa independente na resolución de problemas cos distintos membros do seu grupo e na toma de decisións, do mesmo xeito que ocorre na produción profesional de formatos audiovisuais.
Fomentarase a capacidade crítica e o respecto as opinións diferenciadas.
Promoverase o traballo en grupo.
Facilitarase unha actitude positiva e proactiva como marco xeral para unha boa dinámica tanto do traballo en clase como fóra dela.
* CLASES EXPOSITIVAS. Clase maxistral en aula con uso de TIC e visionado audiovisual.
* CLASES INTERACTIVAS. Inmersión pedagóxica en laboratorios audiovisuais. O alumnado verase inmerso nunha contorna pedagóxica nova na que debe comezar a operar en grupo e sen supervisión, seguindo o aprendido nas clases teóricas e prácticas. Nesa contorna o profesor resolverá as dúbidas xurdidas nos exercicios propostos e reconducirá os fallos a partir dos intentos do alumnado.
-Contidos das clases expositivas
A avaliación da parte teórica consistirá nunha proba escrita ao final do curso.
- Contidos das clases interactivas
A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria e a actitude e participación do alumnado nelas será tida en conta na avaliación da materia. Será obrigatorio xustificar as faltas de asistencia. Os exercicios avaliaranse ao final de cada un dos 3 bloques temáticos co traballo e aptitudes mostrados en clase polo alumnado e pola súa capacidade para a preparación previa de devanditos exercicios.
- VALOR DE CADA UNHA DAS PARTES A avaliación final farase partir das notas obtidas en cada exercicio (teórico e práctico) con respecto as porcentaxes que a continuación se detallan:
* 50% Exame teórico
* 50% Traballos nas clases interactivas
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira.
En caso de ter unha das dúas partes (teórica ou práctica) aprobadas, a nota desta gardarase para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Traballo presencial do alumnado: 48 horas
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas 20 horas
Traballos con textos: análise, síntese e discusión 4 horas
Prácticas 20 horas
Titorías de traballos do curso 1.5 horas
Actividades de avaliación 1.5 horas
Exame final 1 hora
Traballo persoal do alumnado: 102 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 40 horas
Lecturas recomendadas 12 horas
Planificación do seminario. Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.), preparación dos exercicios prácticos 50 horas
É fundamental a actitude de interese e participación do alumnado na aula. Xa que logo, é primordial tamén que o alumno se esforce por manter e continuar con esta actitude proactiva cara a materia, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. É fundamental o seguimento, lectura e comprensión dos materias, libros e manuais técnicos propostos ó longo do curso nas clases expositivas para ter un bo aproveitamento destas e das clases interactivas.
É importante que o alumnado comprenda que non só se domina esta materia asistindo ás clases, senón tamén tendo unha actitude crítica e observadora no visionado de programas televisivos, uso de internet, videoxogos e a asistencia ao cine e a espectáculos audiovisuais.
Favorecerase o diálogo e a atención pormenorizada ao alumnado. Así mesmo favorecerase a recondución de hábitos de estudos erróneos que o profesor observe no alumno cunha titoría personalizada.
Insistirase na importancia da asistencia continua e participativa durante curso á clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Roi Mendez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roi.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
13.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
13.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
14.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |