Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Resultados de aprendizaxe.
Capacitación do alumnado na análise do discurso cinematográfico.
Coñecemento dos elementos técnicos esenciais necesarios para a concrecióndo produto fílmico. En particular, da evolución ao longo da Historia do Cinema dos diferentes sistemas de iluminación. Comprensión e análise formal do resultado. A creación de significado.
Prospección dos factores ideolóxicos presentes na narración fílmica. Análise dos tres elementos básicos anteriores que converxen na realización do produto cinematográfico. Análise da relación indisoluble entre os elementos técnicos,
formais e ideolóxicos e a repercusión de diferentes eleccións.
Análise da conexión existente entre autor, obra e espectador, así como da interpretación e da súa relación coa subxectividade.
Estudo dos aspectos técnicos relacionados coa dirección de fotografía e o control da luz, así como a súa repercusión na construción dun discurso visual capaz de configurar unha determinada estética.
Contidos teóricos:
Tema 1
1.- A dirección de fotografía na produción e a creación audiovisual
1.1.- Funcións e tarefas do director de fotografía.
1.2.- O equipo de dirección de fotografía.
1.3.- Movementos de Cámara. O Foquista.
Tema 2
2.- Fundamentos da cámara e linguaxe das ópticas
2.1.- A Cámara cinematográfica, de video e DSRL.
2.2.- Tipos de obxectivos. A distancia focal e hiperfocal. Aplicacións.
2.3.- A exposición: diafragma, obturación, ISO e relación de contraste. Profundidade de campo. Movemento.
2.4.- Encadre. Formatos de fotografía, cine e televisión. Principios básicos de composición. Distintos tipos de planos.
Tema3
3.- Teoría da luz e a cor
3.1- Fundamentos físicos da luz.
3.2-Comportamento do fenómeno luminoso. Tipos de luces. Magnitudes
3.3.- Percepción humana da luz e a cor
3.4.- Calidade, dirección e ubicación de luz.
3.5.- Propagación e comportamento da luz. Sombras e reflexos.
3.6.- A cor. Natureza da cor. Balance de Brancos. Filtros.
Tema 4
4.- Equipos de iluminación para a produción audiovisual
4.1.- Fontes de luz para cine e televisión. Características e usos
4.2.- Elementos de control da iluminación.
4.3.- Fotometría. Intensidade, fluxo, eficacia e luminancia
4.4.- Temperatura de cor. Termocalorimetría
Tema 5
5.- Técnicas de iluminación
5.1.- Fundamentos da iluminación en exteriores. Técnicas
5.2.- Fundamentos da iluminación en interiores. Técnicas
5.3.- Iluminar a noite
Tema 6
6.- Revisión da dirección de fotografía na historia do cine.
6.1.- Mestres da luz. Stanley Cortez, Arthur Miller, Charles B. Néstor Almendros Lang , Ray Rennahan, Ted MacCord, Owen Roizman, Bill Bluter, Michael Chapman. Gordon Willis ….
6.2.- Directores de fotografía contemporáneos: Larry Fong , Hoyte Van Hoytema, Emmanuel Lubezki, Robert Richardson, Newton Thomas Sigel, Robert D. Yeoman, Javier Aguirresarobe…..
Contidos prácticos:
Os traballos prácticos que leve a cabo o alumnado estarán dirixidos a familiarizarse coas tarefas básicas do director de fotografía. Concretamente, realizarán os seguintes exercicios:
-Técnicas de foto. O traballo coas ópticas. Dominio do número F, velocidade de obturación, sensibilidade , distancia focal e hiperfocal.
-Técnicas de foto: traballo coa profundidade de campo e o movemento.
-A distribución do espazo no plano
-O traballo coa sombra. Exercicios sobre distancia e altura en relación coas fontes de luz e os obxectos iluminados.
-A iluminación de tres puntos. Exercicios sobre a relación de contrastes, a luz rebotada, a ubicación das fontes e o uso de filtros CTB e CTO.
-A Iluminación en interiores e exteriores. Prácticas co fotómetro, reflectores e difusores .Exercicios da clave baixa e a clave alta.
As prácticas realizaranse en exteriores, plató de fotografía e plató de cine.
Utilizaranse os equipos de iluminación e de cámaras dos que dispón a facultade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Bordwell, B., Kristin Thompson, K. (1995). El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona: Paidós.
Brown, B. (2008). Cinematografía, teoría y práctica. Barcelona: Omega.
Ettedgui, P. (1999). Directores de fotografía. Barcelona: Océano.
Loiseleux, J. (2005). La luz en el cine. Cómo se ilumina con palabras, cómo se escribe con la luz, Barcelona: Paidós.
Nobel, P. S., Gloman, C., & LeTourneau, T. (2005). Placing shadows: lighting techniques for video production. New York, London:Focal Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Almendros, N (1982). Días de una cámara. Barcelona: Seix Barral.
Aumont, J. (1997). El ojo interminable. Cine y pintura. Barcelona: Paidós.
Alton, J. (1995). Painting with light. Berkeley, Los Angeles: University of California Press.
Ballinger, A. (2004). Nuevos directores de fotografía. Madrid: Ocho y Medio.
Brown, B. (1996). Motion picture and video lighting. New York, London: Focal Press.
Clerc, L. P. (1975). Fotografía. Teoría y práctica. Barcelona, Omega.
Fouz-Hernández, S. (2009). Mysterious skin: male bodies in contemporary cinema. London: IB Tauris & Company Limited.
Hedgecoe, J. (1999). Nuevo manual de fotografía. Barcelona: Ceac.
Hicks, R., & Nisperos, C. (2000). Hollywood Portraits: Classic Shots and how to Take Them. Collins & Brown.
Llinás, F. (Coord.) (1989). Directores de fotografia dela cine español. Madrid: Filmoteca Española.
Martínez Abadía, J. e Serra Fores, J. (2000). Manual básico de técnica cinematográfica y dirección de fotografía. Barcelona: Paidós.
Millerson, G. (1994). Iluminación para televisión y cine. Madrid: Instituto Oficial de RadioTelevisión Española.
Nikvist, S. (1997). Culto a la luz. Madrid: Ediciones del Imán.
Revault D’Allonnes, F (2003). La luz en el cine. Madrid: Cátedra.
Sanchez Biosca, V. (1990). Sombras de Weimar. Contribucion a la historia de cine aleman 1918-1933, Madrid: Verdoux.
VV.AA. (2005). La imagen. Análisis y representación de la realidad. Barcelona: Gedisa.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva
histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas produción audiovisuais
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Lección maxistral. Resolución de exercicios e problemas. Aprendizaxe orientada a proxectos
Os contidos que figuran neste temario serán abordados polo profesor nas clases expositivas previstas na distribución da carga lectiva deseñada para esta materia. Procederase aquí, tamén, ao visionado e análise daquelas pezas audiovisuales consideradas dunha maior utilidade para capacitar ao alumnado no recoñecemento e interpretación do traballo de fotografía e iluminación levado a cabo.
Os contidos prácticos realizaranse ben en grupo ou ben de forma individual, segundo considere o docente en función de cada un dos exercicios previstos. Igualmente, quedará á súa elección a posibilidade de agrupar as prácticas aquí descritas ou ben desagregarlas en exercicios diferenciados en virtude das necesidades de formación que se detecten.
Para acadar unha metoloxía adecuada á calidade da docencia terase en conta:
a) Ter operativa unha aula virtual da materia.
b) Manter abertas canles de comunicación directa co alumnado (por exemplo, titorías, foros, sesións virtuais etc.)
c) Diferenciar de forma clara os dous tipos de bibliografía considerados na programación (básica e complementaria) para unha mellor xestión da información por parte do alumnado.
d) Asegurar a accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía (libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos etc.).
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Examen final. PONDERACIÓN MÍNIMA 50.0 PONDERACIÓN MÁXIMA 50.0
Prácticas de laboratorio. PONDERACIÓN MÍNIMA50.0 PONDERACIÓN MÁXIMA 50.0
Hai que ter as dúas partes aprobadas para facer media na ponderación final.
En canto ás prácticas de laboratorio , cada unha das prácticas será evaluada polo profesor/a, de modo que se obterá unha cualificación media, que, á súa vez, suporá o cincuenta por cen da nota final.
Dado que a asignatura consta dunha parte teórica e outra práctica, cada unha delas equivale ao 50% da nota final e para aprobar a materia deberán estar superadas ambas partes. Suspender unha das partes supoñerá suspender a asignatura.Puntuarase sobre 10 puntos: 5 teoría e 5 práctica.
Son de abrigado cumprimentos para acadar un apto na parte práctica a entrega de todas as actividades.
Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar o alumno para a superación desta materia é:
ACTIVIDAD FORMATIVA:
Clases expositivas. Presentación explicación dos temas. Horas 20 Presencialidade 100
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: Horas 04
Prácticas: Horas 20
Tutorías de traballos de curso: Horas 1,5
Actividades de evaluación: Horas 1,5
Examen final: Horas 2
Estudio autónomo individual ou en grupo: Horas 40
Lecturas recomendadas: Horas 12
Planificación do seminario.Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio,etc.).Horas 50
O alumnado deberá levar a cabo un seguimiento regular e un estudo cotián da asignatura a medida que vaia sendo abordada en cada unha das sesións. Recoméndase tamén a participación activa no desenvolvemento das clases, así como a asistencia continuada e a lectura de, polo menos, algúns dos textos recomendados na bibliografía para facilitar así o proceso de aprendizaxe.
Roberto Rodríguez Carballada
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roberto.carballada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Marta Rodríguez Castro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositiva 1 | Galego | Aula 8 |
17:00-18:00 | Expositiva 1 | Galego | Aula 8 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Expositiva 1 | Aula 5 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Expositiva 1 | Aula 6 |
19.06.2024 10:00-14:00 | Expositiva 1 | Aula 7 |