Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as rutinas de traballo para a elaboración de produtos audiovisuais para calquera ventá de emisión. Adestrar para usar de aplicacións informáticas para a xestión técnica e humana, así como a loxística e operacións dunha produción audiovisual. facer produtos servizos audiovisuais atendendo a todas as fases polas que atravesa unha obra audiovisual: desenvolvemento, preprodución, produción e distribución. Estudar os roles, habilidades e funcións dos recursos humanos e técnicos implicados nunha produción audiovisual. Analizar o perfil do produtor executivo como responsable inicial e final dun produto audiovisual. Adestrar para levar a cabo o desenvolvemento, produción e colocación no mercado de calquera produto audiovisual, tendo en conta a súa propia tipoloxía así como a xanela de difusión pola que se presentará á audiencia.
A materia Fundamentos da produción audiovisual (G3042124) impártese dentro do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e o Dobre Grao de Comunicación Audiovisual e Xornalismo. Capacita para coñecer as rutinas de traballo para a elaboración de productos audiovisuais destinados a calquera ventana de difusión. Introduce ao alumnado nas ferramentas e aplicacións destinadas á xestión técnica e humana, na loxística e operativa das producións audiovisuais e no coñecemento dos roles dos profesionais que os realizan. E inicia ao alumnado na creación de produtos audiovisuais atendendo ás fases de traballo do sector.
Consta de 6 créditos ECTS.
Titulacións: Grao en Comunicación Audiovisual e Dobre Grao de Comunicación Audiovisual e Xornalismo
Curso: 1º
Carácter: Obrigatorio
Organización temporal: 2ºSG
Idiomas: Galego e Castelán
Modalidade: Presencial
Estudo das rutinas de traballo necesarias para levar a cabo a xestión das fases de: desenvolvemento, produción, posprodución e distribución na realización de obras, programas ou pezas audiovisuais, destinadas á exposición a través de calquera ventá de emisión. Análise da produción executiva e coñecemento dos axentes implicados no proceso de produción audiovisual. Formación no uso de recursos específicos: operativos, gráficos e informáticos, para o control e xestión da produción. Técnicas e estratexias para a explotación de produtos audiovisuais desde a perspectiva da produción.
Os contidos teóricos desta materia están fundamentalmente orientados á práctica profesional. Para iso é necesario coñecer os procesos, as estratexias e os recursos que os produtores dispoñen na posta en marcha e produción dunha obra audiovisual.
A partir destas premisas, o temario articúlase nun permanente diálogo entre conceptos e produción, sempre tendo en conta a configuración da materia segundo os créditos ECTS.
TEMARIO
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL
- Que é produción audiovisual?
- Estrutura económica do sector audiovisual
- Fases da produción audiovisual
- Modelos de produción
- Equipos humanos e material técnico nunha produción audiovisual
TEMA 2. DESENVOLVEMENTO
- Da idea á realidade
- O guión e a súa relación coa produción
- O desglose
- A presentación de proxectos (venda, subvencións, procura de financiación bancaria e coprodución)
TEMA 3. PREPRODUCIÓN
- Elaboración do plan de traballo: calendario
- O orzamento e a financiación
- A preparación do rodaxe/gravación: decorados, localizacións, permisos, cásting
- Contratación: equipos humanos (técnicos e artísticos), dereitos, servizos, seguros...
- Necesidades técnicas (camara/as, son...)
TEMA 4. PRODUCIÓN / RODAXE-GRAVACIÓN
- Os roles no equipo de produción na rodaxe-gravación
- Estudo ou exteriores; directo ou diferido
- Xestión do persoal técnico e humano durante o rodaxe: citacións, permisos...
- Supervisión do plan de rodaxe e control do orzamento
TEMA 5. POST-PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN
- O traballo da produción durante a etapa de edición e posprodución de audio e vídeo (edición, posprodución, grafismos, subitulado, masters, promos...)
- O peche da produción
- Os medios e canais de distribución: televisións, festivais, mercados, novos medios e soportes
- Márketing e promoción
PARTE PRÁCTICA: Produción de pezas audiovisuais
1. Idea, decisións dramáticas previas e documentación (guión, dossier...)
2. Análise da viabilidade do proxecto
3. Preprodución (orzamento, financiación, desgloses, etc)
4. Produción (realización)
5. Posprodución (edición)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cancho, N. & García, M. A. (2018). Planificación de proyectos audiovisuales. Barcelona: Altaria
Pardo, A. (2016). Producción ejecutiva de proyectos cinematográficos. Pamplona: Eunsa
Sainz, M. (1995). Manual básico de Producción en Televisión. Madrid: IORTV
Zettl, H. (2000). Manual de producción de televisión. Mardrid: Thomson Paraninfo
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Blumenthal, H. J. (2006). This business of television. The standard guide to the television industry. New York: Billboard Books
Bordwell, D. & Thompson, K. (1996). El Arte Cinematográfico. Barcelona: Paidós
Bustamante, E. (2001). La televisión económica: financiación, estrategias y mercados. Barcelona: Gedisa
Cabezón, L. & Gómez-Urdá, F. (1999). La producción cinematográfica. Madrid: Cátedra
Fernández, F. & Barco, C. (2009). Producción cinematográfica. Del proyecto al producto. Madrid: Editorial Díaz de Santos
Kindem, G. & Musburger, R. B. (2007). Manual de producción audiovisual digital. Barcelona: Omega
Kellison, C. Producing for TV and video: a real-world approach. Massachusetts: Focal Press
Martínez, J. & Fernández, F. (1994). La dirección de producción para cine y televisión. Barcelona: Paidós
Marzal, J. & López, F. (coord) (2008). Teoría y técnica de la producción audiovisual. Valencia: Tirant lo Blanch
Millerson, G. (2001). Técnicas de realización y producción en televisión. Madrid: IORT
Sainz, M. (2002). El productor audiovisual. Madrid: Síntesis
COMPETENCIAS BASICAS E XERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razonados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e planteamiento de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posean las competencias que suelen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de a súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñen a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveron habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónomo
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización en las producións audiovisuais
CE06 – Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Clases Teóricas:
Exposición dos contidos teóricos da materia e directrices dos proxectos a realizar polos alumnos.
Análise e exposición de modelos paradigmáticos de produción:
A partir da análise de exemplos paradigmáticos de producións, comprender as súas estruturas.
Aprendizaxe orientada a proxectos:
Realización de dossieres e plans de produción para poñer en práctica os coñecementos teóricos, desenvolver a creatividade e afrontar a materia desde unha perspectiva profesional. Exposición final.
A metodoloxía docente fomentará que o/a estudante dispoña de ferramentas que lle permitan construír por si mesmo/a os procesos de aprendizaxe e adquisición de competencias. Para iso combinaranse diferentes técnicas (lección maxistral, resolución de exercicios e casos prácticos, aprendizaxe orientado a proxectos) que propicien en todo momento situacións dinámicas, participativas e interactivas para o/a alumno/a.
Recuros técnicos:
A parte práctica da materia desenvólvese nos platós de televisión e en localizacións naturais. Para o traballo en plató usaránse todos os recursos técnicos disponibles en plató (sala de control de realización, cámaras e iluminación, son, etc.). Para a rodaxe en localizacións o alumnado terá á súa disposición o servizo de préstamo cámaras, iluminación e son.
Prácticas de campo:
Ao longo do curso, sempre que as circunstancias o permitan, organizaránse unha ou dúas visitas a centros de produción audiovisual que serán de asistencia voluntaria.
O alumno deberá aprobar as dúas partes da materia por separado (teórica e práctica), contribuíndo a cualificación final coas seguintes porcentaxes: Teoría 50%, e Práctica 50%.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Parte teórica: examen teórico (50%)
Parte práctica: elaboración de traballos prácticos grupais, presentación de memoria escrita e defensa dos proxectos en pitching. (50%)
OUTROS COMENTARIOS PARA A AVALIACIÓN
- Materia de carácter presencial con control de asistencia (só está permitido o 20% das clases prácticas). Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
- É necesario aprobar todas as partes para superar a materia, así como o control de asistencia.
- De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
- Aprobar unha das partes en Xuño supón ter esa parte aprobada para a convocatoria de Xullo.
- De non superar a parte práctica o alumando deberá realizar unha serie de traballos e e/ou proxectos acordados co docente.
- De non superar o control de asistencia os alumnos deberán presentar un traballo pactado co profesor.
- Se o alumno non aproba a materia na segunda convocatoria terá que cursala de novo noutro curso académico (neste caso, recoméndase concertar unha titoría co profesor ao inicio das clases teóricas para buscar a vía axeitada para a superación da materia).
- A actitude proactiva e a participación do estudante serán tidas en conta así como a súa integración e colaboración no grupo de traballo asignado.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
20 h. Clases expositivas e debates. Presentación e explicación de los temas, análises e debates.
4 h. Traballos con textos: análise, síntese e discusión
20 h. Prácticas.
1,5 h. Titorías de traballos do curso
1,5 h. Actividades de avaliación
2 h. Exame final
40 h. Estudo autónomo individual ou en grupo
12 h. Lecturas recomendadas
50 h. Planificación do seminario.
É moi importante que o alumnado aprenda a consumir os produtos audiovisuais (películas, programas de televisión, series, documentais...) desde a perspectiva dun/dunha profesional do sector, sendo capaces de ver o que hai tras cada produción, observando con sentido crítico e non como un mero espectador/a.
Recoméndase que o alumno realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atopa en cada tema de xeito que non se deixen para o final este proceso acumulativo que adoitan obrar de forma negativa na fixación dos coñecementos.
A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables, así mesmo, tódolos procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que poderán seren avaliados.
1. Usarase a Aula Virtual da materia como ferramenta habitual de traballo, acceso ao tempario, estudo e avaliación, foros, etc.
2. Usarase a Plataforma Teams, ou outra similar, cando as circunstancias o requiran e como unha canle máis de comunicación entre o profesor e o alumnado.
Jose Soengas Perez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
César Fieiras Ceide
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cesar.fieiras.ceide [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Raul Garcia Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- raul.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
22.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
22.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
26.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |