Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer as regras e instrumentos da lingua para o seu bo uso nos medios.
Capacitar aos alumnos e alumnas na análise crítica do uso da lingua castelá nos medios de comunicación.
Estudo da lingua castelá e dos seus estándares, ortografía, léxico e fraseología específicas, con especial énfase para o seu uso na produción da información audiovisual, tanto na súa forma falada como escrita; tanto na súa terminoloxía para a expresión das ideas e contidos, como para o estudo da lingua nas prácticas. Contextos e técnicas do audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Conceptos lingüísticos básicos: comunicación, lingua, fala. Signos e símbolos. Linguaxe verbal e linguaxe audiovisual
Tema 2. Estudo da variación na comunicación audiovisual. O español no mundo. Variedades diatópicas, diafásicas, diacrónicas e diastráticas. Os prexuízos lingüísticos. Español latino versus español de España. Estereotipos lingüísticos e linguaxe inclusiva en cinema, televisión, publicidade, videoxogos etc.
Tema 3. A mensaxe audiovisual. Compoñentes lingüísticos:
3.1 Fónico. Os sons do español. Novidades da última edición da Ortografía da lingua española
3.2 Gramatical. Estrutura e formación das palabras en español. Clases de palabras
3.3 Léxico. Préstamos e neoloxismos no ámbito audiovisual. Os anglicismos
Tema 4. A norma lingüística e a normatividade
4.1 Norma exemplar e norma prescritiva. Lingua estándar e ideal de lingua. O concepto de “prestixio”
4.2 A norma feita código. Dicionarios do español. Gramáticas. Manuais de estilo
Tema 5. Linguaxe e contexto. Trazos pragmáticos da mensaxe audiovisual
CONTIDOS PRÁCTICOS
- Desenvolvemento da creatividade verbal-lingüística na aula a través de actividades de gamificación e de relación entre as artes (literatura, fotografía, cinema, música etc.)/ etc.)
- Produción de textos orais e escritos en español para os medios. Coherencia, cohesión e adecuación textuais
- Detección das manifestacións excluíntes da linguaxe (edadismo, sexismo, racismo etc.)/ etc.) e produción de formas non excluíntes
- Manexo de diferentes ferramentas de corrección lingüística: gramáticas, dicionarios, ortografías e corpus lingüísticos
- Utilización e comparación de contornas e ferramentas de axuda á escritura de noticias, guións etc.: FARTA, intelixencia artificial
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aleza izquierdo, M. (2006). Lengua española para los medios de comunicación: usos y normas actuales. Tirant lo Blanch.
Gómez Torrego, L. (2002). Nuevo manual de español correcto. Arco Libros.
RAE (2010). Ortografía de la lengua española. Espasa Calpe.
Robles Ávila, S. y Moreno Ortiz, A. (ed. Lit.) (2019). Comunicación mediada por ordenador: la lengua, el discurso y la imagen. Cátedra.
Romero Gualda, Mª V. (2008). El español en los medios de comunicación. Arco Libros.
Sarmiento, R. y Vilches, F. (coord.) (2007). Neologismos y sociedad del conocimiento: funciones de la lengua en la era de la globalización. Ariel.
Serrano Serrano, J. (2002). Guía práctica de redacción. Colección Taller de Lenguaje, Anaya Ediciones.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bosque, I. (2004). REDES. Diccionario combinatorio del español contemporáneo. SM.
Cassany, D. (1999). La cocina de la escritura, (8.ª ed.). Ariel.
Cassany, D. (2007). Afilar el lapicero. Guía de redacción para profesionales. Anagrama.
Escandell Vidal, V. (2005). La comunicación. Gredos.
Fuentes, C. y Alcaide Lara, E. (2002). Mecanismos lingüísticos de la persuasión: cómo convencer con palabras. Arco Libros.
Garrido Medina, J. (ed.) (1999). La lengua y los medios de comunicación. Universidad Complutense.
Grijelmo, Á. (2004). La punta de la lengua: críticas con humor sobre el idioma y el diccionario. Aguilar.
Martínez de Sousa, J. (2008). Ortografía y ortotipografía del español actual. Trea.
Portolés, J. (2001). Marcadores del discurso (2.ª ed.). Ariel.
Ramoneda, A. (1999). Manual de estilo: guía práctica para escribir mejor. Alianza Editorial.
RAE (2001). Diccionario de la lengua española (22.ª ed.). Espasa Calpe.
RAE (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Santillana.
Romero Gualda, Mª V. (coord.) (2002). Lengua española y comunicación. Ariel.
Sánchez Lobato, J. (2006). Saber escribir. Instituto Cervantes.
Sarmiento, R. y Vilches, F. (coord.) (2009). Calidad del español en la Red: nuevos usos de la lengua en los medios digitales. Ariel.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Que os/as estudantes adquiran e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Que os/as estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Que os/as estudantes sexan capaces de aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como de adquirir a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS ( CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE15 - Coñecemento correcto da lingua española
Utilizarase unha metodoloxía activa e participativa, tendo en conta os intereses do grupo. As exposicións teóricas (leccións maxistrais), da profesora completaranse coas lecturas de carácter obrigatorio indicadas no programa e con outras achegadas ben polos estudantes ben pola docente nas sesións que así o requiran.
Para as prácticas, os alumnos e alumnas traballarán con materiais audiovisuais auténticos. Fomentarase o traballo en grupo para a realización de pequenos proxectos de aprendizaxe especializada e o estudo de casos.
Os distintos materiais elaborados ou seleccionados pola docente (textos, vídeos, presentacións, etc.), e as tarefas propostas, serán subidos ao campus virtual. Algunhas delas tamén se xestionarán a través desta plataforma.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación será continua. Ao longo do cuadrimestre, o alumnado realizará diferentes tarefas (escritas e orais) para a avaliación da aprendizaxe, que se anunciarán na aula, no campus virtual e lle serán recordadas ao longo do curso con suficiente antelación.
A avaliación levarase a cabo mediante:
Comentarios de texto: Os/as estudantes presentarán diferentes actividades prácticas (comentarios de texto, produción de textos escritos en contextos creativos), realizadas ao longo do curso e cuxo valor máximo será de 5 puntos.
Presentación oral dun proxecto: Consistirá no deseño, elaboración e presentación oral dun proxecto audiovisual realizado en grupo sobre un aspecto práctico da materia e que se avaliará cun máximo de 5 puntos.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os alumnos e alumnas que se presenten á segunda oportunidade serán avaliados/as cun único exame, que constará dunha parte teórica (proba obxectiva sobre todos os contidos do programa, valorada con 5 puntos), e outra práctica (ensaio sobre un dos puntos do tema 2, valorada con 5 puntos).
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Establecerase un plan de traballo personalizado coa profesora e presentarán os traballos escritos, os mesmos que as súas compañeiras e compañeiros de curso (5 puntos), e o proxecto audiovisual, neste caso individual (5 puntos), na data oficial marcada pola Facultade.
Nota importante: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final de calquera estudante que as cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 24 h
Traballos con textos: produción, análise, síntese e discusión: 24 h
Exame final: 2 h
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h
Lecturas recomendadas: 25 h
Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 5 h
Planificación do seminario. Procura, rexistro e preparación de material de apoio: 12 h
• Clases expositivas: 24 horas
• Clases interactivas, traballos con textos: 24 horas
• Exame final: 2 horas
• Traballo autónomo do alumnado: 100 horas aproximadamente
6 créditos ECTS: 150 h
Para o alumnado non nativo recoméndase, como mínimo, un nivel de español B1.
Idioma no que se imparte a materia: español. Poderán utilizarse outras linguas puntualmente, con fins didácticos, en función das tarefas programadas, relacionadas coa dobraxe, subtitulado, tradución, etc.
Maria Teresa Diaz Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811767
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 0 |
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 0 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 0 |
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 0 |
15.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
17.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |