Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Capacitar os alumnos no uso creativo e na análise crítica do uso da lingua galega na produción audiovisual e nos medios de comunicación.
Estudo da lingua galega en uso na información xornalística e na produción audiovisual.
Análise dos condicionantes contextuais do uso do galego
Mellora do uso da variante estándar (ortografía, fonética, léxico, morfosintaxe), e conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
Exploración da lingua galega como ferramenta comunicativa na prensa e como recurso creativo na produción audiovisual.
Estes contidos estruturanse da seguinte maneira:
BLOQUE I (Teóricos). A lingua galega en contexto.
TEMA 1. A linguaxe e as linguas. A diversidade lingüística. Contacto de linguas e bilingüismo. Situación sociolingüística de Galicia.
TEMA 2. A normalización da lingua galega. Políticas lingüísticas, ideoloxías e discursos sociais sobre as linguas.
TEMA 3. A variación lingüística no tempo, no espazo, na sociedade. Corrección e adecuación. Lingua escrita e lingua oral.
TEMA 4. A estandarización da lingua: criterios. O galego estándar e as variedades dialectais. Corrección e adecuación. Lingua escrita e lingua oral.
TEMA 5. A lingua galega na produción audiovisual.
BLOQUE II (Prácticos). A descrición da lingua.
-Fonética e fonoloxía do idioma galego.
-O léxico. As interferencias lingüísticas. Fraseoloxía.
-A onomástica nos medios de comunicación e na paisaxe lingüística. Toponimia. Nomes propios. Apelidos. Os nomes das rúas.
-Morfosintaxe.
Bibliografía básica
Álvarez, R. / Xove, X. (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.Lorenzo Suárez, Anxo M / Fernando Ramallo / Hakan Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica. Morfoloxía. Santiago: Sotelo Blanco.
Casares Berg (2008): Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Méndez, Luz (2008): “O modelo de galego na televisión”, en Xosé Ramón Freixeiro Mato, Marisol Ríos Noya e Lucía Filloy López (eds.): Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre lingua e usos (2008. A Coruña). A Coruña: Universidade, 119-134.
Monteagudo, H. / Loredo, X. / Vázquez, M. (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega.
Ramallo, Fernando / Gabriel Rei-Doval, / Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (eds.) (2000): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais.
Romero Suárez, Brais (2018): “Un debate arredor da lingua”, en Margarita Ledo Andión [coord.] Para unha historia do cinema en lingua galega. 1. Marcas na paisaxe. Vigo: Galaxia, 143-157.
Bibliografía complementaria
Fernández Salgado, Benigno (2004): “O uso das linguas na publicidade da Televisión de Galicia”, en / Rosario Álvarez / Antón Santamarina, (eds.). (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 183-235.
Iglesia Besteiro, Luís (2008): “O modelo de galego na dobraxe”, en Xosé Ramón Freixeiro Mato, Marisol Ríos Noya e Lucía Filloy López (eds.): Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre lingua e usos (2008. A Coruña). A Coruña: Universidade. 109-117.
Iglesias Álvarez, Ana (2013): “«Eu falo castrapo». Actitudes dos adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia (estudo piloto)”, en E. Gugenberger / H. Monteagudo / G. Rei-Doval, Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 169-189.
Noya / Lucía Filloy López (eds.): Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre lingua e usos (2008. A Coruña). A Coruña: Universidade, 197-204.
O’Rourke, Bernadette / Ramallo, Fernando (2013): “A miña variedade é defectuosa”: a lexitimidade social das neofalas”, Estudos de Lingüística Galega 5, 89-103.
Regueira Fernández, Xosé Luís (2019): “Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística e a política”, Revista Galega de Filoloxía 20, 119-147.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 -Capacitar os estudantes para aplicaren os seus coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuíren as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 -Capacitar os estudantes para teren a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 -Capacitar os estudantes para transmitiren información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 -Capacitar os estudantes para desenvolveren as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE15 - Coñecemento correcto da lingua galega
Haberá os seguintes tipos de actividades:
-Sesións expositivas, onde se exporán os conceptos fundamentais da materia.
-Sesións de seminario, onde se proporán diversas actividades consistentes en visionado, discusión e comentario de produtos audiovisuais en galego de todo tipo, incluíndo os que circulan nas redes sociais. Cada estudante fará ao longo do curso tres comentarios que serán entregados á profesora.
-Traballos e exposición en grupo, segundo as instrucións que se ofrecen. Estes traballos e exposicións versarán sobre temas relacionados co uso da lingua galega nos medios de comunicación e na produción audiovisual e darán lugar á realización de traballos individuais sobre o tema da exposición.
É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións da profesora. Parte do traballo dos estudantes será localizar e explotar eses recursos. Por exemplo, existen moitos repositorios on line de produción audiovisual en galego, entre outros:
.TVG (series): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/mareas-vivas
.https://engalecine.jimdofree.com/
.https://engalecine6.webnode.eres/
.Alberte Pagán (toda su producción): http://albertepagan.eu/
1. Avaliación continua
A avaliación continua consta dos seguintes elementos:
a) Participación nas aulas: ata un 10%.
b) Realización de comentarios escritos sobre temas propostos ao longo do curso: 20%
c) Realización dunha exposición na aula: 20%.
d) Exame final: 50%
Quen non supere a primeira oportunidade, terá que realizar o exame de segunda oportunidade.Para poder acollerse a este tipo de avaliación, non poderá haber máis do 20% de ausencias inxustificadas, entre as sesións teóricas e as interactivas.
2. Avaliación para estudantes con dispensa oficial de asistencia ás aulas
A) Traballo(s) acordado(s) previamente coa profesora: 50% da nota final. Deberá entregarse na data do exame final.
B) Exame: 50% da nota final.
3. Avaliación en segunda oportunidade
Na avaliación continua, manteranse as notas de a), b) e c) e poderase repetir o exame final.
Na avaliación con dispensa, poderase repetir o exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para estudantes de grao e mestrado (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que realice algo do referido en ningún caso será de "Non Presentado".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: «Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba eaixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes».
Horas
Sesións expositivas: Presentación e explicación dos temas 30
Traballos con textos: análise, síntese e discusión 15
Examen final 3
Estudo autónomo individual ou en grupo 60
Lecturas recomendadas 25
Preparación de presentacións orais, debates, etc 5
Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.) 12
Os estudantes terán material ó seu dispor no Campus Virtual. A exploración e manexo dos recursos en liña é fundamental.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as actividades que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/exposicións de aula e o traballo de campo serán dadas oportunamente. Tanto un como o outro deben facerse baixo a orientación da profesora.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
15.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
17.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |