Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as tecnoloxías para a produción de produtos audiovisuais.
Analizar a utilización do equipamento técnico nas rutinas que se levan a cabo nas producións audiovisuais.
Realizar produtos audiovisuais utilizando as tecnoloxías da comunicación.
Estudar o uso das tecnoloxías da produción, edición e distribución de produtos audiovisuais.
Analizar o uso das tecnoloxías en función das rutinas produtivas.
Capacitar para desenvolver proxectos para calquera tipo de xanela de difusión de produtos audiovisuais.
Estudo e capacitación para a utilización das tecnoloxías da produción, edición e distribución de produtos audiovisuais en todas as xanelas de difusión. Análise do uso das distintas tecnoloxías audiovisuais en función da especificidade xenérica e das rutinas produtivas.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A CÁMARA
1.1 O ollo humano e a cámara
1.2 Compoñentes da cámara e historia do cinema
1.3 Tipos de cámara
1.4 Elementos da cámara
1.5 Soportes de cámara
1.6 Corpo e transdutores. Codificación. Sinal de vídeo. Conexionado de vídeo.
TEMA 2. O SON
2.1 Fisioloxía e historia do rexistro sonoro.
2.2 Micrófonos.
2.3 Conexionado de audio.
2.4 Altofalantes e amplificadores.
2.5 Procesadores de son.
2.6 Mesas de mesturas de audio.
TEMA 3. A ILUMINACIÓN
3.1 As propiedades da luz
3.2 Fontes de iluminación
3.3 Principais tipos de proxectores
3.4 Pantógrafos e elementos de suxeición
3.5 Filtros e accesorios de difusión, reflectores, bandeiras e gobos
3.6 Mesas de iluminación e dimmers.
TEMA 4. A EMISORA DE TELEVISIÓN
4.1 Estudos de televisión
4.2 Control de realización
4.3 Control de imaxe/iluminación
4.4 Control de son
4.5 Intercomunicación
4.6 Control de continuidade/Control Central
4.8 Tecnoloxías de transmisión: emisora, exteriores.
TEMA 5. TECNOLOXÍA INFORMÁTICA APLICADA Á POSTPRODUCCIÓN AUDIOVISUAL
5.1 O computador persoal: historia, arquitectura hardware e software.
5.2 Software de Edición de vídeo
5.3 Formatos e códecs de gravación de audio e vídeo
5.4 Gráficos e animación 2D
5.5 Gráficos e animación 3D
5.6 Estudios virtuais de televisión.
CONTIDOS PRÁCTICOS
PRÁCTICA 1: INICIO DE PRÁCTICAS CUNHA SOA CÁMARA.
AULA: Estudio de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Descrición de materiais: Trípode, cabezal, batería, cámara, cables.
- Manexo básico de trípode e cámara: Balance do trípode. Formatos e operación da cámara.
- Fluxo de traballo: Ordes antes, durante e logo da gravación.
PRÁCTICA 2. ADQUISICIÓN E POSTA EN MARCHA DE CONCEPTOS INTERMEDIOS NAS PRÁCTICAS CUNHA SOA CÁMARA.
AULA: Prato de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Os Menús principais da cámara
- Óptica e tecnoloxía electrónica: foco en manual; iris en manual. Uso do iris. Balance de brancos. Código de tempos.
- Comprobación do gravado e procesos previos para seguir gravando.
PRÁCTICA 3. USO AVANZADO DE CÁMARAS E CONCEPTOS BÁSICOS DE ILUMINACIÓN NAS PRÁCTICAS CUNHA SOA CÁMARA.
AULA: Estudio de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Repaso de Menús non dados. Uso avanzado das características técnicas da cámara.
- Iluminación con reflectores portátiles.
- Ensaio xeral da futura práctica de gravación cunha soa cámara.
- Alteración e comprobación de Menús.
- Visionado con monitor de forma de onda e Vúmetro.
PRÁCTICA 4. PRÁCTICA AVALIABLE. FIN DE PRÁCTICAS CUNHA SOA CÁMARA.
AULA: Estudio de TV. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
- Gravación cunha soa cámara. Sen supervisión. Gravación dunha secuencia de ficción con dous personaxes en dialogo.
PRÁCTICA 5. GRAVACIÓN MULTICÁMARA: INTRODUCIÓN.
AULA: Estudio de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reprodución de vídeo en Disco Duro.
- Descrición superficial das funcións de cada posto
- Operacións técnicas básicas de cada máquina.
- Xiro de alumnos por cada posto.
PRÁCTICA 6. GRAVACIÓN MULTICÁMARA: EXECUCIÓN INTERMEDIA. PRÁCTICA SUPERVISADA E DIRIXIDA POLO PROFESOR.
AULA: Estudio de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reprodución de vídeo en Disco Duro.- Repaso de conceptos e postos de traballo.
- Gravación dun programa de TV en modo falso directo.
- Masterización de conceptos nos postos técnicos de sonidista, mesturador de vídeo, operador de vídeos, control de teleprompter e control de cámaras.
PRÁCTICA 7. GRAVACIÓN MULTICÁMARA. EXECUCIÓN AVANZADA. PRÁCTICA DIRIXIDA POLO ALUMNADO.
AULA: Estudio de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mesturas de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reprodución de vídeo en Disco Duro.
- Repaso de conceptos e postos de traballo.
- Gravación dun programa de TV en modo falso directo.
- Ensaio xeral para antes de practícaa avaliable.
- Rotación última en postos técnicos, especialmente sonidista, mesturador de vídeo, operador de vídeos e control cámaras.
PRÁCTICA 8. PRÁCTICA AVALIABLE. GRAVACIÓN MULTICÁMARA.
AULA: Estudio de TV / Modo multicámara. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reprodución de vídeo en Disco Duro.
- Gravación dun mini programa de TV en falso directo. Sen supervisión.
PRÁCTICA 9. AVID. INTRODUCIÓN.
Aula: Aula R1: 8 equipos equipados con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
- Conceptos básicos: Captura on the fly; importación básica, edición básica; explicación interface; splice-in / overwrite; envorcado básico.
- Montaxe da secuencia de ficción rodada durante as prácticas cunha soa cámara.
PRÁCTICA 10. AVID. EDICIÓN INTERMEDIA.
Aula: Aula R1: 8 equipos equipados con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
- Fluxo de traballo profesional: Minutado previo de clips (log); batch capture; edición intermedia; envorcado mediante dixital cut; gravación dos proxectos para backups; gravación dos media.
- Continuación da Montaxe da secuencia de ficción rodada cunha cámara.
PRÁCTICA 11. AVID. POSTPRODUCCIÓN.
Aula: Aula R1: 8 equipos equipados con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
- Reforma de audios; picarañas e subidas e baixadas de audio; efectos básicos de vídeo (Transicións).
- Rotulación; etalonaje; efectos complexos. Trim. Creación de DVD'S; Importacións e exportacións.
- Continuación da montaxe da secuencia de ficción rodada cunha cámara.
PRÁCTICA 12. AVID. PRÁCTICA FINAL.
Aula: Aula R1: 8 equipos equipados con pc con software AVID MEDIA COMPOSER.
Montaxe FINAL da secuencia de ficción rodada cunha cámara. Sen supervisión.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Balseiro, M. (2016) La cabeza caliente: un gran paso adelante en el movimiento de cámara. UOC.
Barroso, J. (2018) Realización televisiva: de la TDT a la IPTV. Fragua.
Castillo, J. M. (2013) Televisión, realización y lenguaje audiovisual . Madrid : Instituto Radio Televisión Española.
Digón, A., Suárez, N. e Martín, D. (2016) Control de sonido en directo. Altaria.
Gómez, A., Morales, F. e Molero, J. L. (2015) Grabación en estudio: preparación y técnicas. Altaria,
Jago, M. (2020) Adobe Premiere Pro CC Classroom in a Book. Pearson Education.
León, B. (2014) Detrás de las cámaras. Comunicación social.
Medina, E., Moreno, J. (2020) La producción en televisión. Ommpress comunicación.
Millerson, G. / Owens, J. (2011) Vídeo: manual de producción. Andoaín. Escuela de Cine y Vídeo de Andoain.
Molero, E. (2006) Sistemas de radio y tv. Macgraw Hill. 2006
Moreno, F. (2013) Avid Media Composer: manual imprescindible. Anaya Multimedia.
Roso, F. (2017) Luminotecnia: iluminación, captación y tratamiento de la imagen. Altaria.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alten, S. (2008) El sonido en los medios audiovisuales. Escuela de Cine y Vídeo de Andoain.
Aparici, R. (2009) La imagen : análisis y representación de la realidad. Gedisa.
Kaufmann, S. (2010) Edición De Video Con Avid Media Composer. Anaya Multimedia.
Moreno, R. (2008) Avid: edición de vídeo. Anaya Multimedia.
Samuelson, D. (2006) El Manual técnico del cine. Escuela de Cine y vídeo de Andoain.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CX1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CX3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE13 - Coñecer a incidencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento dos produtos audiovisuais
CE14 - Capacitar o manexo das tecnoloxías vinculadas á produción e á documentación audiovisual
A principal metodoloxía para a parte teórica será a lección maxistral e a resolución de problemas. Para a parte práctica utilizarase a aprendizaxe orientada a proxectos. Por tanto, estableceranse estas metodoloxías do seguinte modo:
CLASES EXPOSITIVAS- Serán impartidas a través da metodoloxía de lección maxistral en aula con uso de TIC e visionado audiovisual. Incluiranse sesións de resolución de problemas a partir dos coñecementos teóricos presentados na aula.
CLASES INTERACTIVAS. Inmersión pedagóxica en laboratorios audiovisuais. O alumnado verase inmerso nunha contorna pedagóxica no que deberá empezar a traballar en grupo con e sen supervisión, seguindo o aprendido nas clases teóricas e prácticas. Nesa contorna o profesor resolverá as dúbidas xurdidas nos exercicios propostos e reconducirá os fallos a partir dos intentos do alumnado. Estas sesións terán lugar no Estudio 2 durante as 8 primeiras sesións e na aula R1 para as 4 sesións finais. Durante estas sesións poñerase ao dispor do alumnado todo o material técnico necesario para a correcta superación da materia. O material utilizado será o seguinte:
Práctica 1 – Gravación con 1 cámara: AULA: Estudio de TV 2. Material: 4 Cámaras SD-HD / 4 Trípodes / 4 micrófonos de canón / 4 pértegas de micrófono.
Práctica 2 – Gravación e realización en directo con 3 cámaras: AULA: Estudio de TV 2. Material: 3 Cámaras SD / mesa de mestura de vídeo / Mesa de mestura de audio / Control de cámaras / Control de Teleprompter / Sistemas de gravación e reprodución de vídeo en Disco Duro.
Práctica 3 – Edición e montaxe de vídeo: AULA: R1. Material: 8 computadores co software AVID Media Composer.
Tanto para as clases expositivas como para as clases interactivas empregarase o Campus Virtual para poñer ao dispor do alumnado o material necesario tanto para a compresión dos contidos teóricos como para a realización e entrega de traballos e a comunicación fora da aula entre o profesor e o alumnado.
Pola natureza da propia materia fomentarase o traballo en grupo e a cooperación entre pares, así como o traballo autónomo do alumnado e a vivencia da experiencia de traballo en diferentes contornas de produción audiovisual, simulando unhas circunstancias de traballo reais.
-A avaliación da parte teórica da materia consistirá nunha proba escrita ao final do curso que terá un valor global do 50% da nota da materia.
-A avaliación da parte práctica da materia será a media das notas obtidas en cada unha das tres prácticas. A media da cualificación obtida nestes tres exercicios contará o 50% da nota final da materia. Así o peso das tres prácticas será o seguinte:
Práctica 1- Gravación con 1 cámara. 1/3 da nota de prácticas.
Práctica 2- Gravación en falso directo multicámara. 1/3 da nota de prácticas.
Práctica 3- Montaxe e edición de vídeo. 1/3 da nota de prácticas.
Por tanto, o peso de teoría e práctica na avaliación será o seguinte:
-50% Exame teórico
-50% Traballos nas clases interactivas
Será necesario superar (nota igual ou superior a un 5.0) ambas as partes (exame teórico e traballos prácticos) para poder superar a materia. En caso de ter unicamente una das dúas partes (teórica ou práctica) aprobadas, a nota desa parte gardarase para a segunda oportunidade e só será necesario superar a parte suspensa na primeira oportunidade.
A segunda oportunidade, avaliarase ponderando un exercicio práctico que aúne os coñecementos adquiridos ao longo da materia cun exame teórico nunha porcentaxe igual ao da primeira oportunidade (50% proba escrita e 50% exercicio práctico).
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
En caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de traballos ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non presentado”.
O alumnado terá las seguintes actividades formativas programadas:
Traballo presencial del alumnado: 48 horas
• Clases expositivas: 20 horas
• Clases interactivas: 20 horas
• Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 4 horas
• Titorías y traballos de curso: 1.5 horas
• Actividades de avaliación: 1.5 horas
• Exame final: 1 hora
Traballo non presencial del alumnado: 102 horas
• Traballo autónomo del alumnado: 40 horas
• Lecturas recomendadas: 12 horas
• Planificación de seminario: 50 horas.
É fundamental a actitude de interese e participación do alumnado en clase. Por tanto, é primordial tamén que o alumnado se esforce por manter e continuar con esta actitude proactiva cara a materia, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. É fundamental o seguimento, lectura e comprensión dos materiais, libros e manuais técnicos propostos ao longo do curso nas clases expositivas para ter un bo aproveitamento destas e das clases interactivas.
É importante que o alumno comprenda que non só se domina esta materia asistindo ás clases, senón tamén tendo unha actitude crítica e observadora no visionado de programas televisivos, uso da internet, videoxogos e a asistencia ao cinema e a espectáculos audiovisuais.
Favorecerase o diálogo e a atención pormenorizada ao alumnado. Así mesmo, favorecerase a recondución de hábitos de estudos erróneos que o profesor observe no alumnado cunha titoría personalizada.
Insistirase na importancia da asistencia continua e participativa á aula e os laboratorios ao longo do curso.
Roi Mendez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roi.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
19.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
19.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
21.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |