Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Formarse na análise e tratamento de produtos sonoros no contexto da linguaxe audiovisual e nos diferentes soportes e formatos. O
importancia da linguaxe musical nos medios de comunicación e nos produtos audiovisuais. As bandas sonoras. Creación musical. A influencia das novas tecnoloxías na expresión sonora.
Tratamento dos elementos que compoñen a mensaxe sonora. Aplicación aos medios audiovisuais. Postprodución de son. análise musical e dos estilos musicais con vistas ao seu tratamento e aplicación nos medios audiovisuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1 - Espazo conceptual.
1.1 Son e escoita.
1.2 Acústica e psicoacústica
TEMA 2 - Deseño e arte sonora.
2.1 Voces. Tratamento dos diálogos. ADR e dobraxe.
2.2 Sons concretos e efectos. Ambientes.
2.3 A música
TEMA 3 - Fluxos de traballo e rutinas.
3.1 Procesos de traballo na produción sonora audiovisual
TEMA 4 - Captación e rexistro.
4.1 Microfonía: deseño e aplicación.
4.2 Técnicas de microfonía.
4.3 O audio dixital
TEMA 5 - Procesado do son.
5.1 Ecualización.
5.2 Procesadores de rango dinámico.
5.3 Efectos baseados no tempo.
5.4 Redución de ruido
TEMA 6 - Mestura e masterización.
6.1 Recreación do espazo sonoro no proceso da mestura.
6.2 O proceso de masterización
TEMA 7 - Produción musical.
7.1 O produtor artístico, o produtor técnico e o produtor executivo.
7.2 O estudio de gravación.
7.3 Eventos en vivo
TEMA 8 - Estilos musicais.
8.1 Música culta.
8.2 Música popular
CONTIDOS PRÁCTICOS
Impartiranse nas sesións de laboratorio que terán lugar, nas salas de dobraxe, nos estudos de radio e de xeito autónomo.
Conformaranse diferentes grupos de traballo para acometer a realización das actividades prácticas atendendo os seguintes procesos:
-Uso das aplicacións informáticas específicas utilizadas na produción sonora
-Elaboración de rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa produción sonora
-Uso de equipos tecnolóxicos para a produción sonora
-Rexistro, produción e masterización de produtos sonoros
-Conformación dos proxectos dende a fase de creación ata a presentación final do produto masterizado
Os alumnos elaborarán diferentes produtos relacionados cos contidos teóricos atendendo á seguinte planificación:
- Na sala de drobraxe:
Aproximación a D.A.W. Hardware (conexións, tarxeta de son. controladores D.A.W.) e software (creación de sesións, gravación, importación e edición, sincronización de vídeo e audio, efectos DSP, mestura, exportar o resultado final). Elaboración de todas as rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas cos procesos de ADR e dobraxe.
Aproximación ás técnicas de foley.
- No estudio de radio:
Manexo dos equipos e fluxo de traballo da sala. Realización dun programa de radio no que se exploren as distintas posibilidades técnicas do medio.
Gravación dunha ficción radiofónica e elaboración da súa banda sonora.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alten, Stanley R. (2008) El sonido en los medios audiovisuales. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo.
Bartlett, B. y Bartlett, J. (2008) Grabando música en vivo. Andoain: Escuela de cine y vídeo.
Beltrán Moner, R. (2006) La ambientación musical en radio y televisión: selección, montaje y sonorización. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión.
Bennett, R. (1998) Investigando los estilos musicales. Madrid: Akal.
Couto Lorenzo, X. (2009) Arredor da dobraxe: algunhas cuestións básicas. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña.
Huber, David Miles y Runstein, Robert E. (2007) Técnicas de grabación modernas. Barcelona: Omega.
Rumsey, F. y McCormick, T. (2007) Sonido y Grabación: Introducción a las técnicas sonoras. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión.
Yewdall, David Lewis. (2008) Uso práctico del sonido en el cine. Andoain: Escuela de cine y vídeo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Attali, J. (1995) Ruidos: Ensayo sobre la economía política de la música. Madrid: Siglo XXI.
Bianciotto, J. (2008) Guía universal del rock: de 1990 hasta hoy. Barcelona: Ma non troppo.
Blánquez, J. y Morera, O. (Coord.). (2009) Loops: Una historia de la música electrónica.Barcelona: Mondadori.
Burkholder, J. Peter; Grout, Donald J. y Palisca, Claude V. (2011) Historia de la música occidental. Madrid: Alianza.
Chion, M.. (1992) El cine y sus oficios. Madrid: Cátedra.
Chion, M.. (1993) La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y del sonido. Barcelona: Paidós.
Chion, M.. (1997) La música en el cine. Barcelona: Paidós.
Cleveland, B. (2013) Joe Meek’s Bold Techniques. 2nd Edition. ElevenEleven Publishing.
Dearing, J. (1990) Making money making music. Ohio: Mark Garvey.
Fernández-García, N.; Martín Pascual, Miguel Ángel; Pérez Tornero, José Manuel. (2017) #MOJO Manual de periodismo móvil. Madrid: Instituto RTVE,
Fraile, T. y Viñuela, E. (Eds.). (2012) La música en el lenguaje audiovisual: Aproximaciones multidisciplinares a una comunicación mediática. Sevilla: ArCiBel.
Frith, Simon ; Straw, Will y Street, John. (2006) La otra historia del rock. Aspectos clave del desarrollo de la música popular: desde las nuevas tecnologías hasta la política y la globalización. Barcelona: Ma non troppo.
Gillett, C. (2003) Historia del rock: el sonido de la ciudad. Barcelona: Ma non troppo.
Gómez, Alejandro; Morales, Francesc y Molero, José Luis. (2015) Grabación en estudio. Preparación y técnicas. Tarragona: Altaria.
Herzhaft, G. (2003) La gran enciclopedia del blues. Barcelona: Ma non troppo.
Katz, B. (2004) La masterización de audio: El arte y la ciencia. Andoain: Escuela de cine y vídeo.
Labrada, J. (2009) El sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual.Barcelona: Alba.
Martínez Ruiz, J. (2004) Límites jurídicos de las grabaciones de la imagen y el sonido.Barcelona: Bosch.
Purcell, J. (2007) Dialogue editing for motion pictures: A guide to the invisible art. Oxford: Focal Press.
Rodríguez Bravo, Á. (1998) La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós.
Román, A. (2008) El lenguaje musivisual: Semiótica y estética de la música cinematográfica.Madrid: Visión Libros.
Rose, J. (2008) Producing great sound for film and video. Oxford: Focal Press.
Schwartz, L. (2007) Making music videos. New York: Billboard.
Theme Ament, V. (2009) The foley grail: The art of performing sound for film, games, and animation. Oxford: Focal Press.
Valls Sorina, M. (1997) Diccionario de la música. Madrid: Alianza.
BÁSICAS E XERAIES
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como extraer conclusións e emitir informes razoados
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e abstracción, tanto na
definición e abordaxe de problemas así como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúe o
competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE04 - Formar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, cineasta, director e editor de produtos
audiovisuais
CE05 - Formarse profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización na produción audiovisual
Acordaranse as seguintes metodoloxías de ensino:
Lección maxistral
Resolución de exercicios e problemas
Aprendizaxe orientada a proxectos
Na primeira parte da materia farase unha achega aos conceptos e principios básicos relativos ao son. Unha vez asimilados trataranse os principais procesos e técnicas utilizados na industria audiovisual co uso de materiais TIC onde se inclúen: presentacións multimedia, visionados, traballos con elementos específicos da produción audiovisual e a utilización de aplicacións informáticas con relación específica coa loxística da produción sonora.
Conformaranse grupos de traballo para o desenvolvemento teórico-práctico dos traballos.
A segunda parte afondará na materia dende un punto de vista práctico plantexando
exercicios e traballos a partir dos conceptos teóricos explicados previamente.
Fomentarase a discusión crítica e conformación dos puntos de vista respecto aos temas a tratar.
A plataforma virtual da USC, ou a plataforma que mais se axuste ás necesidades específicas dos alumnos, será instrumento central de soporte textual para os alumnos (textos, vídeos, gráficos, podcast...), dos contidos teóricos e prácticos da materia, así como para a presentación dos traballos e proxectos propostos. Seguemento constante do alumno mediante titorías personalizadas durante as vintecatro horas por medio da plataforma virtual ou correo electrónico.
Teranse en conta tanto os coñecementos teóricos como os prácticos.
Os contidos prácticos avaliaranse a través de dous traballos que consistirán nunha ficción sonora, realizada en diferentes grupos, que conterá todos os elementos sonoros que poidan formar parte dunha peza audiovisual, e unha análise individual de entre unha e dúas páxinas da ficción realizada. Esta análise mostrará a capacidade de recoñecer os diferentes elementos sonoros que compoñen a peza, como inflúen no discurso, valoración das técnicas empregadas e procesos alternativos. Cada un deles será avaliado cunha nota e en conxunto suporán o cincuenta por cento da cualificación final da materia.
Ficción - 80% da práctica.
Análise - 20% da práctica.
É necesario ter aprobadas as partes teórica e práctica de xeito independente para poder superar a totalidade da materia.
A avaliación farase a partir da media das cualificacións resultantes da teoría e da práctica a través das seguintes porcentaxes:
50% Teoría, 50% Práctica.
A cualificación de aprobado para a materia é de 5 sobre 10.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20 horas
Traballo con textos: análise, síntese e discusión: 4 horas
Prácticas: 20 horas
Titorías de traballo do curso: 1,5 horas
Actividades de avaliación: 1,5 horas
Exame final: 2 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Planificación de seminarios. Busca, rexistro e elaboración de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
O alumnado debe realizar unha preparación sistemática para abordar con éxito cada unha das probas.
Este nivel progresivo permitirá ao alumnado comprender a materia ao tempo que recibe unha formación teórica e práctica. Neste sentido, recoméndase que todas as preguntas sobre as dúbidas que xurdan en cada tema se fagan con prontitude, para que non queden para o final, como un proceso acumulativo que adoita traballar negativamente na fixación do coñecemento.
A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto cos materiais achegados na aula, serán o soporte fundamental no que se basearán os contidos teóricos avaliables.
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Hector Rivero Telleria
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- hector.rivero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
12.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
12.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
14.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |