Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Fundamentos da comunicación xornalística. A noticia como elemento da información. A trama entre información, interpretación e opinión. Os xéneros informativos.
Teoría e análisis da información nos medios audiovisuais. A produción de formatos informativos en medios audiovisuais.
2.1.Teóricos. Os contidos teóricos da materia xorden do descritor da mesma e están recollidos no programa da materia.
Tema 1. A mensaxe xornalística.
1.1. Introdución aos contidos básicos da materia.
1.2. Os acontecementos xornalísticos.
1.3. Os valores noticia.
1.4. Filtros na publicación.
Tema 2. Os compoñentes da noticia.
2.1. O proceso de semantización.
2.2. Elementos da noticia.
2.3. A estrutura da noticia.
Tema 3. A titulación.
3.1. Funciones do titular.
3.2. Elementos da titulación.
3.3. Tipos de titulación.
3.4. Principais erros.
Tema 4. As fontes informativas.
4.1. Definición e a súa importancia na axenda mediática.
4.2. Clasificación.
4.3. A relación cos xornalistas.
4.4. Identificación e atribución.
4.5. Principais erros.
Tema 5. Introdución aos xéneros.
5.1. Definición e a súa relevancia.
5.2. Os macroxéneros.
5.3. Principais dificultades.
Tema 6. Os xéneros.
6.1. A reportaxe. Definición e estilo.
6.2. A crónica. Definición e estilo.
6.3. A entrevista. Definición e estilo.
6.4. A opinión. Definición e estilo.
Tema 7. A comunicación xornalística dixital.
7.1 Características da comunicación online.
7.2. Novas narrativas e linguaxes.
2.2. Prácticos.
Seguindo o descritor e os obxectivos da materia o alumno deberá realizar prácticas de análise, interpretación e elaboración dos principais conceptos traballados na mesma. Neste sentido, analizarase mediante textos escritos, audiovisuais e multimedia de actualidade os principais fundamentos da comunicación periodística e a elaboración de noticias. Tamén a través da análise realizaranse os contidos de diferenciación entre a información, a interpretación e os artigos de opinión.
O alumno deberá realizar información para os medios escritos e audiovisuais a través da cobertura en directo e en diferido de diferentes acontecementos de actualidade da súa realidade máis próxima. As prácticas desta materia estarán vinculadas á actualidade política, económica, social e informativa e incluirán a cobertura de actos informativos programados de diferentes tipos e a elaboración de informacións propias.
3.1. Bibliografía básica.
ARMENTIA, José Ignacio, Fundamentos de periodismo impreso, Barcelona, Ariel, 2003.
DIEZHANDINO, María Pilar, El quehacer informativo. El “arte de escribir” un texto periodístico, Bilbao, Universidad del País Vasco, 1994.
FONTCUBERTA, Mar de, La noticia. Pistas para percibir el mundo, Madrid, Paidós, 1993.
LÓPEZ GARCÍA, Xosé; GARCÍA OROSA, Berta, Construíndo a realidade, Santiago de Compostela, Edicións Lea, 2009.
RODRIGO ALSINA, Miquel, La construcción de la noticia, Madrid, Paidós, 2005.
3.2. Bibliografía complementaria.
AGUINAGA, Enrique de, “Nuevo concepto de Redacción Periodística”, Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 2000, nº 6, p. 307-325.
ARMAÑANZAS, Emy; DÍAZ NOCI, Javier, Géneros de opinión, Bilbao, Servicio Editorial del País Vasco, 1996.
BARDOEL, Jo, “Beyond journalism. A profesion between information society and civil society”, European Journal of Communication, volume 11, number 3, setember 1996, p. 283-302.
BEASLEY, Berrin, “Journalists´ attitudes toward narrative writing”, Newspaper Research Journal, volume 19, nº 1, winter 1998, p 78-89.
BORRAT, Héctor, “El debat entre professionaliste i comunicòlegs”, Annals del Periodismo Català, núm. 16, Barcelona, Col-legi de Periodistes de Catalunya, enero-junio, 1990, p. 54-63.
CANTAVELLA, Juan.; SERRANO, José Francisco, Redacción para periodistas: informar e interpretar, Barcelona, Ariel, 2004, p. 51-76.
CASTELLS, Manuel., Comunicación y poder, Madrid, Alianza Editorial, 2009.
DONNELLY, Laura, “Proximity, not story format, improves news awareness among readers”, Newspaper Research Journal, volume 26, nº1, winter 2005, p. 59-65.
FONTCUBERTA, Mar de, La noticia. Pistas para percibir el mundo, Madrid, Ediciones Paidós, 1993, p. 11-26; p. 77-91; 91-115.
GARCÍA OROSA, Berta, Los altavoces de la actualidad, Editorial Netbiblo, A Coruña, 2009.
GOMIS, Llorenç, Teoría del gèneres periodístics, Barcelona, Generalitat de Catalunya, 1989.
HAGEN, LUTZ M., “Opportune witnesses: an análisis of balance in the selection of sources and arguments in the leading german newspapers´ coverage of the census issue”, European Journal of Communication, volume 8, number 3, september 1993, p. 317-343.
LÓPEZ GARCÍA, Xosé, Informe da comunicación 2009, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2010, dispoñible en www.consellodacultura.org.
LÓPEZ, Xosé.; GARCÍA OROSA, Berta, Construíndo a realidade, Santiago de Compostela, Edicións Lea, 2009. Sobre todo, do temas 1 ao 3.
MCNAIR, Brian, “Journalism in the 21st century –evolution, not extinction”, Journalism, vo. 10(3), 2009, p. 347-349.
REINEMANN, Carsten; SCHULZ, Winfried, “Introduction to the special issue: news decisions and news values”, Communications: The European Journal of Communication Research, volume 31, number 1, march, 2000, p. 1-4.
SCHULZE SCHNEIDER, Ingrid, “Guerra y comunicación: una relación compleja”, en GÓMEZ MOMPART, Josep L.; MARÍN OTTO, Enric, Historia del periodismo universal, Madrid, Editorial Síntesis, 1999, p. 137-184.
STEPHENS, Mitchell, “Beyond news”, Columbia Journalism Review (CJR), January-February, 2007 disponible en Stephenshttp: www.cjr.org/issues/2007/1/Stephens.asp.
VILLARES, Ramón; BAHAMONDE, Angel, El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, Madrid, Taurus, 2001. Sobre todo, a terceira parte, que leva por título , p. 471-606.
WESTERSTAHL, Jörgen; JOHANSSON, Folke, “Foreign news: news values and ideologies”, European Journal of Communication, volume 9, 1994, p. 71.
BÁSICAS E XERAIS
1. Que os estudantes sexan capaces de aplicar os seus coñecemento ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e teñan competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
2. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
3. Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
4. Que os estudantes haxan evolucionado nas súas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía.
5. Competencia contextual básica de orden transdisciplinar.
6. Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
7. Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
1. Capacidade de organización e planificación
2. Capacidade de xestión da información
3. Traballo en equipo
4. Aprendizaxe autónomo
5. Creatividade
6. Iniciativa e espíritu emprendedor
7. Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
1. Coñecer a incidencia das novas tecnoloxías na evolución dos produtos audiovisuais
2. Capacitar o manexo das tecnoloxías vinculadas á produción e á documentación audiovisual
A metodoloxía de ensino ten en conta dous escenarios:
A) Docencia presencial. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plano de estudos da Licenciatura de Xornalismo da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
B) Docencia online.A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías) que se realizarán de xeito telepática cando así o indique a USC. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plano de estudos da Licenciatura de Xornalismo da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Neste suposto se empregarán os medios ofrecidos pola USC. As actividades serán variadas, combinando tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado incluíndo elementos de retroalimentación ou autoavaliación a través a planificación das actividades que se publicará nos primeiros días do curso, así como o material necesario, as datas de entrega e o sistema de avaliación.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Será unha avaliación de carácter sumativo cos seguintes ítems:
a. Grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso
b. Capacidade para reflexionar criticamente sobre o concepto e o nacemento da mensaxe informativo
c. Demostrar coñecementos sobre a orixe da mensaxe informativa e as rutinas produtivas.
d. Capacidade de análise crítico das mensaxe informativas e das técnicas de escolma de información
e. Capacidade de elaboración de noticias e demais xéneros informativos, interpretativos e de opinión.
f. Capacidade de analizar criticamente o xornalismo actual e o papel do comunicador audiovisual.
Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame/s teórico/s.
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.
Será unha avaliación continua polo que se recomenda o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos senón tamén de actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo. Soamente o traballo continuado e progresivo poderá familiarizar ao alumno cos contidos do curso.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Do mesmo xeito, no caso do escenario 2 (e 3) é dicir, que a docencia sexa semi-presencial ou exclusivamente telemática, a avaliacion será continua e non haberá proba final. Será especialmente penalizado o plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Ademais das aulas presenciais rexistradas no desenvolvemento da materia, o alumno deberá levar a cabo traballo non presencial. Neste caso do traballo persoal do alumno a distribución por horas e tarefas será a seguinte: estudio autónomo individual ou en grupo cun total de 40 horas; planificación e execución da práctica con 40 horas e lecturas recomendadas con 10 horas.
A materia non persegue a memorización dos conceptos senón promover a reflexión do alumno sobre as formas de produción informativa, contrapoñéndoas ás achegas da teoría xornalística. Ademais dun seguimento continuado da materia, recoméndase a lectura crítica de diferentes medios de comunicación diariamente.
É importante para o bo funcionamento da materia que o alumno asista ás aulas cun coñecemento da actualidade informativa do día.
Na medida do posible, realizaranse saídas ao exterior como prácticas complementarias.
Plan de contixencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Berta Garcia Orosa
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816524
- Correo electrónico
- berta.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Garcia-Verdugo Peralta
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- carlos.garcia-verdugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Sara Perez Seijo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
26.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
05.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |