Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é o estudo dos Principios e marco xurídico de dereitos e deberes no que se desenvolve a actividade da comunicación audiovisual.
En particular:
-Coñecer os dereitos e deberes dos profesionais da comunicación audiovisual.
- Introducir ao estudante nos coñecementos xurídicos básicos sobre o dereito de autor, necesarios para o exercicio profesional no sector da comunicación audiovisual.
-Entender o funcionamento dos sistemas dos medios de comunicación e do réxime xurídico do contido da comunicación.
- Promover que o estudante desenvolva a súa capacidade discursiva, crítica e de argumentación básica desde unha perspectiva xurídica.
A materia divídese en catro partes. A primeira é instrumental (20% do contido) e as tres restantes conteñen a parte esencial da materia (80% do contido).
Na primeira, dedicada ao estudo do Dereito como fenómeno social, trátase de familiarizar ao alumno co feito xurídico. As catro primeiras leccións levan o mesmo fío condutor e dun xeito moi sinxelo proporcionan ferramentas de linguaxe e de técnica xurídica moi básicas para comprender o resto do programa.
O segundo bloque trata dos principios fundamentais dos dereitos e deberes da comunicación, e está dedicado aos dereitos fundamentais e às liberdades públicas.
A terceira parte, presenta o contido esencial da materia: o fenómeno da autoría e da comunicación audiovisual. Nas sete leccións que o compoñen, trátase de achegar ao futuro Graduado en Comunicación audiovisual ao dereito de autor e a outros dereitos da propiedade intelectual (dereitos afíns, marcas, etc), para que poida manexar as potencialidades xurídicas do mesmo en canto autores de creacións audiovisuales ou produtores, xestores das mesmas.
Por último, a cuarta e última parte coida, en unha lección, dos sistemas dos medios de comunicación e do réxime xurídico do contido da comunicación.
PROGRAMA DETALLADO
Parte I. APROXIMACIÓN AO ESTUDO DO DEREITO COMO FENÓMENO SOCIAL.
Lección 1. A EXPERIENCIA XURÍDICA
O Dereito como instrumento de control social. Dereito e poder.
Dereito e Moral.
Dereito e Xustiza.
O Estado de Dereito.
Dereito obxectivo e dereito subxectivo.
Lección 2. O ORDENAMENTO XURÍDICO.
A norma xurídica. Características e tipos de normas.
A idea de sistema xurídico. O ordenamento como sistema.
Dereito público e Dereito privado.
Dereito estatal, Dereito autonómico, Dereito comunitario e Dereito internacional.
Lección 3. A CREACIÓN DO DEREITO.
A idea de fonte do Dereito.
A estrutura territorial do Estado español. As Comunidades Autónomas.
O Dereito legal. Os Parlamentos. A Constitución, os Estatutos de Autonomía e a Lei.
Dereito xudicial. O labor do Tribunal Constitucional como ente creador de normas.
O Dereito comunitario.
Lección 4. A INTERPRETACIÓN E APLICACIÓN DO DEREITO.
A interpretación das normas.
O proceso de aplicación. A argumentación xurídica.
Os tribunais de Xustiza. Estrutura e funcionamento.
Parte II. PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS SOBRE OS DEREITOS E DEBERES DA COMUNICACIÓN
Lección 5. OS DEREITOS FUNDAMENTAIS E AS LIBERDADES PÚBLICAS
Os dereitos fundamentais na Constitución: estrutura, función, contido e protección.
A liberdade de información e a liberdade de expresión. A protección constitucional da información: o secreto profesional e a cláusula de conciencia.O dereito de rectificación.
Os seus límites. A tutela civil do dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe. A protección penal: os delitos de calumnias e inxurias. A liberdade ideolóxica. A liberdade relixiosa.
A protección de datos de carácter persoal.
Dereito de autor versus dereitos fundamentais.
Análise xurisprudencial da tutela xudicial dos dereitos fundamentais.
Parte III - DEREITOS DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Lección 6 – CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE DEREITO DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DA PROPIEDAD INTELECTUAL
A protección dos bens inmateriais.
Dereito de autor: Orixe e características xerais.
Suxeito do dereito de autor: obras en colaboración, colectivas e compostas.
Obxecto do direito de autor.
O deseño industrial.
Dereito de autor e marcas. O merchandising.
Lección 7 - CONTIDO DO DEREITO DE AUTOR
Os dereitos morais.
Os dereitos patrimoniais.
Dereitos remuneratorios.
Duración.
Límites.
Lección 8 - TRANSMISIÓN DO DEREITO DE AUTOR
Transmisión mortis causa.
Transmisión ínter vivos: regras xerais.
A contratación de dereitos. Teoría xeral.
Lección 9 - AS OBRAS CINEMATOGRÁFICAS E AUDIOVISUAIS NA LEXISLACIÓN DE PROPIEDADE INTELECTUAL
Concepto de obra audiovisual.
Suxeitos.
Especial referencia á contratación na contorna audiovisual.
Dereitos de remuneración.
Especificidades na xestión colectiva de dereitos.
Lección 10. DEREITOS AFÍNS
Artistas intérpretes ou executantes.
Productores de fonogramas.
Productores de gravacións audiovisuais.
Entidades de radiodifusión.
Realizadores de meras fotografías.
Editores de determinadas producións.
Dereitos sui géneris sobre as bases de datos.
Lección 11. PROTECCIÓN DOS DEREITOS DE AUTOR E AFÍNS
Accións civís e penais.
O Rexistro da Propiedade Intelectual.
Símbolos ou indicacións da reserva de dereitos.
As entidades de xestión dos dereitos de autor.
Lección 12. LEI DO CINEMA
Características xerais.
As obras audiovisuais: clases, nacionalidade e cualificación.
Os autores: os creadores e outros intervintes.
Produción, distribución e exhibición. A cota de pantalla.
Medidas de fomento.
Réxime sancionador.
Parte IV. FUNDAMENTOS XURÍDICOS DOS DIFERENTES SISTEMAS E MODELOS DE SERVIZOS DA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
Lección 13. SISTEMAS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E RÉXIME XURÍDICO DO CONTIDO DA COMUNICACIÓN
O réxime xurídico dos medios de comunicación audiovisual.
Aspectos básicos da Lei de Comunicación Audiovisual.
Autorregulación y co-regulación.
Bibliografía básica
Materiais bibliográficos e normativos facilitados pola profesora na aula virtual.
VVAA, Manual de Propiedad Intelectual (coord. BERCOVITZ, R.), Tirant lo Blanch, Valencia, última edición, (dispoñible en ReBUSCa).
ROGEL VIDE, C., e ESPÍN ALBA, I., Derecho de la Persona, Reus, Madrid, 2018
ROGEL VIDE, C., e SERRANO GÓMEZ, E., Derecho de Autor, Reus, 2008
VVAA, La Ley del Cine y el Derecho de Autor, (coord. IGLESIAS REBOLLO, C.), Reus, Madrid, 2008
Bibliografía complementaria
SAIZ GARCÍA, C., Obras audiovisuales y derechos de autor, Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2002.
VVAA, Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual, (dir. R. BERCOVITZ), ThomsonAranzadi, Cizur Menor (Navarra), última edición.
VVAA, Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual, (dir. J.M. RODRIGUEZ TAPIA), Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), última edición.
VVAA, Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual, (dir. F. PALAU y G. PALAO), Tirant lo Blanch (Valencia), 2017.
VVAA, Propiedad Intelectual en el siglo XXI (coord. ESPÍN ALBA), Reus, Madrid, 2014.
COMPETENCIAS
1 BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CX2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CX3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
2 TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
3 ESPECÍFICAS
CE20 - Coñecer o marco lexislativo no que se desenvolve a industria audiovisual
CE21 - Adquirir a formación necesaria para entender a filosofía e as consecuencias das políticas audiovisuais en Europa
Combínanse as leccións maxistrais e o estudo de casos. Asemade, a aprendizaxe orientada a proxectos.
Ás clases expositivas nas que se introducirá ao estudante nas cuestións básicas da materia, sumaranse as interactivas, nas que se incitará ao estudante nunha reflexión que vaia máis aló das ideas e conceptos percibidos oralmente.
Como complemento, o sistema de titorías garante unha atención máis individualizada. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
A maiores, haberá que sumar o emprego da aula virtual como ferramenta complementaria e de reforzo das clases.
O sistema de avaliación combinará dous criterios: avaliación continua e proba final escrita.
Dese xeito, a nota final da asignatura será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
1º Avaliación continua (Participación nas clases, foros de discusión e tarefas realizadas ao longo do curso): 40%.
2º Proba presencial escrita: 60%.
Para aprobar a materia é necesario superar as dúas partes da avaliación, polo tanto é preciso obter unha nota mínima de 3 (sobre 6) na proba final escrita e unha nota mínima de 2 (sobre 4) na avaliación continua.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudios de Grado e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, por iso, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
Segunda oportunidade: A forma de avaliación descrita é aplicable tamén para a convocatoria extraordinaria. Así, na segunda oportunidade conservarase a nota da avaliación continua (punto 1º) que non serán obxecto de recuperación e o estudante poderá recuperar a nota da proba final escrita.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar o exame final presencial escrito que representará o 100% da súa calificación. Esas condicións son as mesmas tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Traballo presencial do alumno
Clases expositivas (presentación e explicación dos temas): 30 horas
Traballos con documentos (análise, síntese e discusión): 8 horas
Prácticas: 8 horas
Exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial do alumno: 48
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Procura, rexistro e preparación de material de apoio
(textos, imaxes, audio, etc.): 12 horas
Lecturas recomendadas: 22 horas
Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 8 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno: 102
- A asistencia ás actividades docentes imponse como o método máis axeitado para o seguemento da asignatura.
- O alumno debe preparar a asignatura polos textos que indique o profesor. Non debe, en ningún caso, estudar polos apuntamentos elaborados por outros alumnos (soen conter erros conceptuais e ter un contido insuficiente).
- O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguemento semanal da materia.
- Baixo ningún concepto se debe memorizar contido algún se non se comprendeu previamente.
- Consultar e utilizar a aula virtual.
OBSERVACIÓNS SOBRE OS POSIBLES ESCENARIOS DE DOCENCIA NO MARCO DAS DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA. CURSO 2020-2021
Escenario 2: distanciamento
Corresponderá ao Centro definir as fórmulas de convivencia das dúas modalidades de docencia. No seu momento, cando o Centro determine tales fórmulas faranse as adaptacións oportunas a esta programación.
En liñas xerais, manténse os criterios expostos para o escenario 1: obxectivos e contidos da materia, bibliografia básica e complementaria, competencias, metodoloxía da ensinanza, sistema de avaliación da aprendizaxe, tempos de estudo e de traballo persoal que debe dedicar um estudante para superala, recomendación para o estudo da materia, Todo iso adaptado às directrices do Centro.
Escenario 3: peche das instalacións
Manténse a mesma programación do escenario 1 no relativo a: obxectivos e contidos da materia, competencias, metodoloxía da ensinanza, tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala, recomendacións para o estudo da materia.
As clases serán impartidas de modo síncrono, no horario ordinario de docencia da materia, na plataforma MsTeams ou calquera outra que facilite a USC de modo oficial. Asemade, estará habilitado un foro en el aula virtual para a participación dos estudantes.
As titorías serán exclusivamente virtuais.
A bibliografía básica será o manual VVAA, Manual de Propiedad Intelectual (coord. BERCOVITZ, R.), Tirant lo Blanch, Valencia (dispoñible en ReBUSCa) e todos os materiais bibliográficos e normativos proporcionados pola profesora na aula virtual.
Sistema de avaliación:
O sistema de avaliación combinará dous criterios: avaliación continua e proba final escrita.
Dese xeito, a nota final da materia será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
1º Avaliación continua. Participación nas clases, no foro habilitado para discusións e tarefas realizadas ao longo do curso: 60%.
2º Proba telemática escrita: 40%.
Para aprobar a materia é necesario superar as dúas partes da avaliación, polo tanto é preciso obter unha nota mínima de 3 (sobre 6) na avaliación continua e una nota mínima de 2 (sobre 4) na proba telemática escrita.
Segunda oportunidade: A forma de avaliación descrita é aplicable tamén para a convocatoria extraordinaria. Así, na segunda oportunidade conservarase a nota da avaliación continua (punto 1º) que non serán obxecto de recuperación e o estudante poderá recuperar a nota da proba telemática final escrita (punto 2º).
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudios de Grado e Master (art. 5.2), a participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, por iso, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar o exame final telemático escrito que representará o 100% da súa calificación. Esas condicións son as mesmas tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Isabel Espin Alba
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814650
- Correo electrónico
- isabel.espin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 1 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 1 |
01.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
01.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
29.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |