Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos fundamentais:
Estudo dos aspectos técnicos relacionados coa dirección de fotografía e o control da luz, así como a súa repercusión na construción dun discurso visual capaz de configurar unha determinada estética
Obxectivos específicos:
Análise formal e conceptual da escritura visual que a dirección de fotografía achega ás producións audiovisuais e coñecemento dos fundamentos prácticos que condicionan a súa execución
Contidos teóricos:
1.- A dirección de fotografía na produción e a creación audiovisual
1.1.- Funcións e tarefas do director de fotografía.
1.2.- O equipo de dirección de fotografía.
1.3.- Movementos de Cámara. O Foquista.
2.- Fundamentos da cámara e linguaxe das ópticas
2.1.- A Cámara cinematográfica, de video e DSRL.
2.2.- Tipos de obxectivos. A distancia focal e hiperfocal. Aplicacións.
2.3.- A exposición: diafragma, obturación, ISO e relación de contraste. Profundidade de campo.
2.4.- Encadre. Formatos de fotografía, cine e televisión. Principios básicos de composición. Distintos tipos de planos.
3.- A luz como representación cultural, como operador formal e plástico
3.1.- Significados, usos e funcións da luz nas representacións
3.2.- Iluminación e concepto visual. Fundamentos e obxectivos
3.3.- Posta en escena, composición visual e tratamento da luz
4.- Teoría da luz e a cor
4.1- Fundamentos físicos da luz.
4.2-Comportamento do fenómeno luminoso. Tipos de luces. Magnitudes
4.3.- Percepción humana da luz e a cor
4.4.- Calidade, dirección e ubicación de luz.
4.5.- Propagación e comportamento da luz. Sombras e reflexos.
4.6.- A cor. Natureza da cor. Balance de Brancos. Filtros.
5.- Equipos de iluminación para a produción audiovisual
5.1.- Fontes de luz para cine e televisión. Características e usos
5.2.- Elementos de control da iluminación.
5.3.- Fotometría. Intensidade, fluxo, eficacia e luminancia
5.4.- Temperatura de cor. Termocalorimetría
6.- Técnicas de iluminación
6.1.- Fundamentos da iluminación en exteriores. Técnicas
6.2.- Fundamentos da iluminación en interiores. Técnicas
6.3.- Iluminar a noite
7.- A culminación dos procesos fotográficos do filme
7.1 Informática aplicada á captación e transformación en alta calidade da imaxe.
7.2. Corrección de luz e cor. A etalonaxe
8.- Revisión da dirección de fotografía na historia do cine.
8.1.- Mestres da luz. Stanley Cortez, Arthur Miller, Charles B. Néstor Almendros Lang , Ray Rennahan, Ted MacCord, Owen Roizman, Bill Bluter, Michael Chapman. Gordon Willis ….
8.2.- Directores de fotografía contemporáneos: Larry Fong , Hoyte Van Hoytema, Emmanuel Lubezki, Robert Richardson, Newton Thomas Sigel, Robert D. Yeoman, Javier Aguirresarobe…..
Contidos prácticos:
Os traballos prácticos que leve a cabo o alumnado estarán dirixidos a familiarizarse coas tarefas básicas do director de fotografía. Concretamente, realizarán os seguintes exercicios:
-Técnicas de foto. O traballo coas ópticas. Dominio do número F, velocidade de obturación, sensibilidade , distancia focal e hiperfocal.
-Técnicas de foto: traballo coa profundidade de campo e o movemento.
-A distribución do espazo no plano
-O traballo coa sombra. Exercicios sobre distancia e altura en relación coas fontes de luz e os obxectos iluminados.
-A iluminación de tres puntos. Exercicios sobre a relación de contrastes, a luz rebotada, a ubicación das fontes e o uso de filtros CTB e CTO.
-A Iluminación en interiores e exteriores. Prácticas co fotómetro, reflectores e difusores .Exercicios da clave baixa e a clave alta.
As prácticas realizaranse nalgunhas das aulas de visionado e no plató de televisión. Tamén se poden utilizar, si así se considera necesario, o plató de cine. Utilizaranse os equipos de iluminación e de cámaras dos que dispón o centro.
No caso de termos que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (online), tanto de xeito individual como en grupo, empregando as técnicas práctico- instrumentais de dirección de fotografía e iluminación sempre adaptado necesidades do alumnado.
Bibliografía básica:
Bordwell, B., Kristin Thompson, K. (1995). El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona: Paidós.
Brown, B. (2008). Cinematografía, teoría y práctica. Barcelona: Omega.
Ettedgui, P. (1999). Directores de fotografía. Barcelona: Océano.
Loiseleux, J. (2005). La luz en el cine. Cómo se ilumina con palabras, cómo se escribe con la luz, Barcelona: Paidós.
Nobel, P. S., Gloman, C., & LeTourneau, T. (2005). Placing shadows: lighting techniques for video production. New York, London:Focal Press.
Bibliografía complementaria:
Almendros, N (1982). Días de una cámara. Barcelona: Seix Barral.
Aumont, J. (1997). El ojo interminable. Cine y pintura. Barcelona: Paidós.
Alton, J. (1995). Painting with light. Berkeley, Los Angeles: University of California Press.
Ballinger, A. (2004). Nuevos directores de fotografía. Madrid: Ocho y Medio.
Brown, B. (1996). Motion picture and video lighting. New York, London: Focal Press.
Clerc, L. P. (1975). Fotografía. Teoría y práctica. Barcelona, Omega.
Fouz-Hernández, S. (2009). Mysterious skin: male bodies in contemporary cinema. London: IB Tauris & Company Limited.
Hedgecoe, J. (1999). Nuevo manual de fotografía. Barcelona: Ceac.
Hicks, R., & Nisperos, C. (2000). Hollywood Portraits: Classic Shots and how to Take Them. Collins & Brown.
Llinás, F. (Coord.) (1989). Directores de fotografia dela cine español. Madrid: Filmoteca Española.
Martínez Abadía, J. e Serra Fores, J. (2000). Manual básico de técnica cinematográfica y dirección de fotografía. Barcelona: Paidós.
Millerson, G. (1994). Iluminación para televisión y cine. Madrid: Instituto Oficial de RadioTelevisión Española.
Nikvist, S. (1997). Culto a la luz. Madrid: Ediciones del Imán.
Revault D’Allonnes, F (2003). La luz en el cine. Madrid: Cátedra.
Sanchez Biosca, V. (1990). Sombras de Weimar. Contribucion a la historia de cine aleman 1918-1933, Madrid: Verdoux.
VV.AA. (2005). La imagen. Análisis y representación de la realidad. Barcelona: Gedisa.
Básicas e xerais:
Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais:
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información
Traballo en equipo.
Aprendizaxe autónoma.
Creatividade.
Iniciativa e espírito emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais.
Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuais
Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Os contidos que figuran neste temario serán abordados polo profesor nas clases expositivas previstas na distribución da carga lectiva deseñada para esta materia. Procederase aquí, tamén, ao visionado e análise daquelas pezas audiovisuales consideradas dunha maior utilidade para capacitar ao alumnado no recoñecemento e interpretación do traballo de fotografía e iluminación levado a cabo. Os contidos prácticos realizaranse ben en grupo ou ben de forma individual, segundo considere o docente en función de cada un dos exercicios previstos. Igualmente, quedará á súa elección a posibilidade de agrupar as prácticas aquí descritas ou ben desagregarlas en exercicios diferenciados en virtude das necesidades de formación que se detecten.
No caso de termos que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual ou Google Drive. Ademáis, empregaranse o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams ou Cisco webex para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual.
Cada unha das prácticas será evaluada polo profesor, de modo que se obterá unha cualificación media, que, á súa vez, supoñerá o cincuenta por cen da nota final. A porcentaxe restante será o resultado da nota lograda no exame teórico final. Será preciso realizar e ter aprobadas todas as prácticas para poder presentarse ao exame teórico da asignatura, que tamén será necesario aprobar para superar a materia.
Dado que a asignatura consta dunha parte teórica e outra práctica, cada unha delas equivale ao 50% da nota final e para aprobar a materia deberán estar superadas ambas partes. Suspender unha das partes supoñerá suspender a asignatura.Puntuarase sobre 10 puntos: 5 teoría e 5 práctica.
Na segunda edición manterase a cualificación obtida na parte práctica e aplicarase a mesma ponderación.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
No caso de termos que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso, tanto as prácticas de fotografía, dirección de fotografía como as de iluminación. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia. Será necesario ter aprobadas todas as prácticas da materia para facer a nota media e superar a todas totalidade da materia. Segunda oportunidade: No caso de trasladarse a docencia a un esceario online ou combinado (presencial e online), na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que se propuxo: REalización de todas as prácticas pedidas e ter inha cualificación de 5 ou superior.Gardarase a nota da parte superada ata a segunda oportunidade.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar o alumno para a superación desta materia é de 51 horas presenciales e 99 de traballo propio do estudante.
O alumno deberá levar a cabo un seguimiento regular e un estudo cotián da asignatura a medida que vaia sendo abordada en cada unha das sesións. Recoméndase tamén a participación activa no desenvolvemento das clases, así como a asistencia continuada e a lectura de, polo menos, algúns dos textos recomendados na bibliografía para facilitar así o proceso de aprendizaxe.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
No caso de ter que afrontar un esceario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzarase a docencia a través da aula virtual (Campus Virtual da USC), tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual ou Google Drive, o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams ou Cisco Webex para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao esceario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual. Adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia.
Será necesario ter aprobadas todas as prácticas da materia para facer a nota media e superar a totalidade da materia. Na segunda oportunidades avaliarase do mesmo xeito que se propuxo: os exercicios prácticos cualificaranse de 0 e10 e cómpre sacar unha nota mínima dun 5 en cada práctica para poder facer media e superar a materia. Gardarase a nota da parte superada ata a segunda oportunidade.
Roberto Rodríguez Carballada
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roberto.carballada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
21.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
21.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
07.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |