Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Análise das escolas estilísticas e estéticas relacionadas coas principais técnicas de edición e montaxe audiovisual. Instrución para a conformación de produtos audiovisuais, a partir da sutura de imaxes e sons, en función dos canons narrativos de cada xénero ou estilo. Capacitación no uso das aplicacións que habilitan en distintas técnicas de edición, posprodución, composición e etalonado, destinadas á realización de produtos audiovisuais en función, tanto da súa tipoloxía, como da xanela de difusión.
CONTIDOS TEÓRICOS:
Tema 1 - INTRODUCIÓN: A EDICIÓN AUDIOVISUAL
• O concepto de montaxe e edición audiovisual. O deseño e a planificación da edición entendidos como realización. A edición na produción e na posprodución
• Unidades da montaxe
• Tipos de transicións
Tema 2 - EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA EDICIÓN
• Pioneiros
• A linguaxe clásica. O raccord: tipos, normas e excepcións
• Rupturas da linguaxe clásica
• Principais escolas e movementos relacionados coa edición audiovisual
Tema 3 - FUNDAMENTOS E RECURSOS DA EDICIÓN AUDIOVISUAL
• Onde e por que cortar
• Os elementos da montaxe
• Ritmo interno e externo. Métodos de alteración do ritmo interno. Tipos de ritmo
• O espazo e o tempo. Elipse, analepse e prolepse
• O son
• Tipos de edición
• Principais técnicas de postprodución
Tema 4 - CONVENCIÓNS E MONTAXE DE TIPOS DE SECUENCIAS
• Secuencia expositiva
• Secuencia de "montage"
• Montaxe de diálogos
• Montaxe de acción
• Montaxe de terror / thriller
CONTIDOS PRÁCTICOS:
1 - EDICIÓN NON LINEAL (ADOBE PREMIERE)
• Deseño, configuración e adecuación do proxecto
• Preparación, captura e organización dos materiais
• Edición: Transicións e efectos
• A liña de tempos, a sincronía
• Ferramentas de transformación e axuste
• Edición de audio
• Edición multicámara
• Procesamento, masterización e empaquetado do produto para a difusión e distribución
2 - POSTPRODUCIÓN (ADOBE AFTER EFFECTS)
• Deseño, configuración e adecuación do proxecto. A interface de usuario
• Importación e administración de elementos de material de arquivo
• Animación e fotogramas chave.
• Incorporación de efectos e modificación das súas propiedades
• Expresións
• Os seguimentos (tracking)
• Métodos de incrustación de elementos gráficos e visuais
• As máscaras
• Técnicas de motion graphics
• Etalonado e tratamento da cor
• Procesamento e exportación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• GROSSI, Marco. Elementos de montaje cinematográfico. Buenos Aires: CIC, 2002
• MARIMÓN, Joan. El montaje cinematográfico. Del guion a la pantalla. Barcelona: Ube-ESCAC, 2014
• MORALES, Fernando. Montaje audiovisual. Teoría, técnica y métodos de control. Barcelona: Editorial UOC, 2013
• SÁNCHEZ-BIOSCA, Vicente. El Montaje cinematográfico: teoría y análisis. Barcelona: Paidós, 1996
• VILLAIN, Dominique: El montaje. Madrid: Cátedra, 1994
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• AMIEL, Vincent. "Estética del montaje". Madrid: Adaba, 2005
• MARTIN, Marcel. El lenguaje del cine. Barcelona: Gedisa Editorial, 2008
• MCGRATH, Declan. Montaje & postproducción. Barcelona: Océano, 2001
• MURCH, Walter. En el momento del parpadeo. Un punto de vista sobre el montaje cinematográfico. Madrid: Ocho y medio, 2003
• PINEL, Vincent. El montaje, el espacio y el tiempo en el film. Paidós, 2004
• REISZ, Karel. Técnica del montaje cinematográfico. Madrid : Plot, 2003
• SÁNCHEZ, Rafael C. El Montaje cinematográfico arte de movimiento. Buenos Aires: La Crujia, 2008
• THOMPSON, Roy. Manual de montaje : gramática del montaje cinematográfico. Madrid : Plot, 2001.
Competencias básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais:
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización na produción audiovisuais
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
TEORÍA
As clases expositivas tratarán exhaustivamente os conceptos, regras, teorías e técnicas nas que se sustenta a edición audiovisual.
Ademais de clases maxistrais haberá visionados, debates, postas en común e, en paralelo, iranse aplicando os coñecementos nas clases interactivas a través das prácticas, con apoio docente.
PRÁCTICAS
As clases interactivas desenvolveranse na aula de informática 3 con Adobe Premiere e Adobe After Effects.
Proporanse exercicios individuais, para resolver na clase ou fóra de ela. O alumno editará persoalmente os seus produtos a través de aplicacións informáticas da facultade relacionadas especificamente coa edición, composición e posprodución.
Preténdese un seguimento constante do alumno e da súa evolución na materia.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación farase de forma continuada. Poderá haber varias probas, por escrito, no cuadrimestre con preguntas (tipo test, de desenvolvemento ou mixtas) sobre aspectos teóricos, prácticos e operativos da materia, e isto inclúe os contidos das clases expositivas e interactivas.
Avaliaranse tamén as prácticas salientadas no epígrafe contidos prácticos. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.
Os alumnos deberán entregar tres traballos individuais para ser avaliados:
- a edición dun remix de vídeo no que se constrúa unha nova historia a partir de dúas ou máis fontes distintas
- a edición dun tráiler cinematográfico cambiando o xénero da película usada como base
- unha promo na que se apliquen as técnicas de postprodución vistas na clase: animación, máscaras e tracking
De non ser posible o exame presencial, este será substituído por unha proba asíncrona na que se apliquen os contidos vistos durante o curso.
A nota final obterase como a media das dúas partes: teórica e práctica (cada unha delas achegaría o 50% da cualificación). En calquera caso, será imprescindible ter ámbalas partes aprobadas para superar a materia. No caso de teren aprobada a parte práctica pero non a teórica na convocatoria de Febreiro, manterase aquela ata a convocatoria de Xullo e computarase co mesmo criterio.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O Estudante dedicará para a adquisición dos coñecementos, capacidades e destrezas correspondentes un total de 150 horas, incluíndo as de estudo e traballo persoal, das cales:
• Dedicará 51 horas a actividades lectivas con presencia do profesor:
- 24 horas de clase expositiva
- 24 horas de clase interactiva
- 3 horas de titorías
- exames e outras actividades
• Dedicará 99 horas a actividades académicas dirixidas:
- Traballos requiridos nas clases
- Preparación de prácticas
- Lecturas e Navegación web
- Visionados
- Horas de estudo
Aconséllase o seguimento continuado das distintas actividades docentes, pois constitúen unha cadea de nocións e de aplicacións prácticas que se van complementando, enlazando ou xustificando unhas ás outras.
Por outra banda, convén co alumno, analice e xulgue todo tipo de produtos nos medios de comunicación na busca dos mecanismos que está a estudar. Ademais de axudarlle a entendelos, facilitaralle o ir forxando un criterio propio sobre a edición audiovisual.
Ha de reflexionar sobre a pertinencia e eficacia dos recursos utilizados polos diversos directores e editores para lograr determinados fines, e valoralas. Deste xeito, poderá construír as súas propias opinións e imaxinar alternativas. Poderá formularse as súas propias solucións técnicas e estilísticas, e experimentalas nos seus traballos.
Nas clases interactivas todos os alumnos deben por en común e cotexar as súas diferentes opinións, versións e métodos resolutivos, para enriquecerse mutuamente.
O seu coñecemento progresará, ademais de pola acumulación de teoría, pola posta en práctica da mesma. As tarefas concretas iranlle imprimindo capacidade creativa e habilidades executivas.
Facilitaranse a través do campus virtual da asignatura os materiais necesarios para o seguemento teórico e práctico da materia.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Clara García Nieto
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- clara.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
13:00-14:00 | Laboratorio 1 | Galego | Aula: Seminario 2 (1º andar) |
13.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula virtual |
28.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |