Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo dos métodos estatísticos útiles para a súa aplicación á investigación na comunicación.
Presentar os coñecementos e técnicas estatísticas básicas para a elaboración de informes e resumes numéricos e cualitativos (análise e resume descritivo dos datos, relacións entre características, mostras, datos temporais, números índices, taxas de variacións, etc.) e o tratamento desta información nos medios e nas principais operacións estatísticas aplicadas á comunicación.
Atender especialmente ás aplicacións prácticas da Estadística para a investigación na comunicación e aos medios de comunicación e soportes onde veñan recollidas.
-A presentación dos datos nos medios e o emprego da linguaxe estatística
-Cálculo e resume da información numérica e cualitativa
-Análise estatística da información
-O emprego do software informático para a obtención de resultados estatísticos
-A obtención da información estatística precisa e as súas fontes de información
-Comprensión de informes e datos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
TEMA 1.-INTRODUCCIÓN
1.1.-Introdución ó concepto de Estatística
1.2.-Conceptos xerais de Estatística
TEMA 2.-ANÁLISE DUNHA SERIE DE DATOS
2.1.-Tabulación de variables e distribucións de frecuencias
2.2.-Representacións gráficas
2.3.-Medidas de posición
2.4.-Medidas de dispersión
2.5.-Medidas de forma e concentracion.
TEMA 3.-NUMEROS ÍNDICES
3.1.-Principais taxas de variación
3.2.-Índices simples e compostos
3.3.-Cambio de base
3.4.-Índices de prezos, cantidades e valor
3.5.-Deflactación
3.6.-Índice de prezos de consumo. Outros indicadores.
TEMA 4.-SERIES TEMPORAIS
4.1.-Modelización descriptiva dunha serie temporal
4.2.-Compoñentes dunha serie temporal
TEMA 5.-ANÁLISE DE MÁIS DUNHA SERIE DE DATOS. RELACIÓNS.
5.1.-Distribucións bidimensionais. Tabulación
5.2.-Representacións gráficas
5.3.-Relacións entre características. Independencia.
5.4.-Correlación e asociación
TEMA 6.-MOSTRAXE
6.1.-Introdución á mostraxe
6.2.-Principais técnicas de selección de mostras
6.3.-Aplicacións. Principais enquisas.
TEMA 7.-A ESTATÍSTICA E OS SOPORTES INFORMÁTICOS
7.1.-Paquetes informáticos con aplicacións na Estatística
7.2.-Fontes de información estatística (IGE, INE, Eurostat, Anuario MC,AIMC…)
BÁSICA:
JAUSET, J. (2001). Estadística para periodistas, publicitarios y comunicadores. Editorial UOC.
JAUSET, J. (2000) La investigación de audiencias en televisión. Fundamentos estadísticos.
Edit. Paidós
MARTIN-GUZMAN, P., MARTIN-PLIEGO, F.J. (1987) Curso básico de Estadística Económica. Edit. Ariel
PEÑA, D., ROMO, J. (1997). Introducción a ala estadística para las ciencias sociales. Ed. McGraw Hill.
PORTILLA, I. (2004) Estadística descriptiva para comunicadores. EUNSA, Navarra
PULIDO SAN ROMAN, A. (1984) Estadística y técnicas de Investigación Social. Ediciones Pirámide S.A.
RIOBOO, J.M., DEL ORO, C.P. (2000) Representaciones gráficas de datos estadísticos. Edit. AC, Madrid.
WIMMER, R., DOMINICK, J. (2001). Introducción a la investigación en medios masivos de comunicación. International Thomson Editores 2001.
COMPLEMENTARIA
FERNÁNDEZ CUESTA, C. FUENTES GARCÍA, F. (1995) Curso de Estadística Descriptiva. Teoría y práctica. Edit. Ariel, Barcelona
GARCIA BARBANCHO, A. (1992) Estadística Elemental Moderna. Edit. Ariel, Barcelona
MANZANO, V.G., ROJAS, A.J., FERNÁNDEZ, J.S. (1996) Manual para encuestadores. Edit. Ariel, S.A. Barcelona
PARRA, I. (2001). Estadística empresarial con Microsoft Excel: Fórmulas, tablas y funciones. Editorial AC, Madrid.
PÉREZ, C. (2002) Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
PEREZ, R. et al.(1992) Análisis de Datos Económicos I: Métodos Descriptivos. Edit. Pirámide
SARRAMONA, J. Investigación y estadística aplicada a la educación. Madrid: Ceac, 1980
SIERRA, R. Técnicas de investigación social. Madrid: Paraninfo, 1994
TANUR, J.M. et al.(1992) La Estadística: Una guía a lo desconocido. Edit. Alianza Editorial
XERAIS:
-Formación en Ciencias Sociais, Humanidades e Ciencia e Tecnoloxía para proporcionar unha competencia contextual básica de orden transdisciplinar.
-Realización de traballos prácticos e de experimentación profesional e de innovación, xunto con unha introdución metodolóxica e análise aplicada á iniciación na investigación do campo informativo-comunicativo.
- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
-Que o estudantado poda transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
- Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
- Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
ESPECIFICAS:
Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación, actuais ou prospectivos, capacitado para as tarefas de mediación, asesoría, consultoría e medición.
Formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos
- Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais
- Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos
- Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
- Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais
TRANSVERSAIS
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de xestión da información
- Traballo en equipo
- Aprendizaxe autónoma
– Creatividade
- Iniciativa e espíritu emprendedor
- Coñecementos básicos da profesión
A materia consta cun total de 6 créditos, dos que a metade serán dedicados a clases expositivas e o resto ás clases interactivas. A materia non contará con dúas partes totalmente diferenciadas en canto a teoría e práctica, desenvolvéndose ámbalas dúas partes de xeito coordinado durante o curso. O material das clases do profesorado facilitarase na aula virtual da materia.
Clases expositivas: Empregarase para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación especialmente activa dos/as estudantes, e nas que, o número de estudantes por grupo non sexa un factor crítico para o seu desenvolvemento: presentación de contidos, debates,...
Clases interactivas: Nelas organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiran unha participación activa dos estudantes: discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, etc. O estudantado traballará en grupos.
Titorías: Destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos/as estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, revisión de prácticas ou problemas.
Escenario 1: A docencia expositiva e interactiva será totalmente presencial. A titorización será prioritariamente presencial pero tamén poderá facerse de xeito telemático empregando o correo electrónico, a aula virtual ou a plataforma virtual da USC (Teams).
Escenario 2: Combinarase a docencia presencial e virtual na docencia expositiva e interactiva de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. Para a docencia virtual empregaranse a aula virtual da materia, a plataforma da USC (Teams) con carácter síncrono e/ou asíncrono segundo estableza o Centro e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learning. En xeral a docencia expositiva poderá ter un carácter asíncrono e tentarase que a docencia interactiva sexa de carácter síncrono para facilitar a discusión e resolución de casos prácticos, ben presencial ben telemática de acordo coas directrices establecidas neste escenario. As titorías serán prioritariamente por vía telemática a través do correo electrónico, a aula virtual da USC e a plataforma virtual da USC (Teams).
Escenario 3: A docencia será totalmente virtual. Para esta docencia empregaranse a aula virtual da materia e a plataforma da USC (Teams) con carácter síncrono e/ou asíncrono segundo as posibilidades que sexan establecidas polo Centro ou a Reitoría. En xeral a docencia expositiva poderá ter un carácter asíncrono e tentarase que a docencia interactiva sexa de carácter síncrono para facilitar a discusión e resolución de casos prácticos empregando a aula virtual, a plataforma da USC (Teams) e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learning. As titorías serán por vía telemática a través do correo electrónico, a aula virtual da USC e/ou a plataforma virtual da USC (Teams).
O alumnado terá que optar ó inicio do semestre entre o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única.
A) Sistema de Avaliación Continua.
-Exame/s: máximo 60% da cualificación total (6 puntos).
-Actividades de avaliación continua: máximo 40% da cualificación total (4 puntos). O sistema de avaliación basearase na asistencia activa ás clases, nas prácticas a realizar polo alumnado dentro e fora do horario de clases, así como na calidade dos traballos a elaborar ó longo do curso.
Para superar a materia será obrigatorio obter un mínimo dun 50% da valoración do exame.
B) Sistema de Avaliación Única. O alumnado que opte por este sistema será cualificado exclusivamente a través do exame final da materia que puntuará sobre 10 puntos.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na avaliación da SEGUNDA OPORTUNIDADE, o alumnado que tivese elixido o sistema de avaliación continua poderá manterse no mesmo ou cambiar a o sistema de avaliación única. Para isto, no momento do exame, o/a alumno/a fará constar se se mantén no sistema de avaliación continua (no que o exame puntuará sobre 6 puntos) ou se opta polo de avaliación única (no que o exame puntuará sobre 10 puntos). Para obter a cualificación final da materia, no primeiro caso manterase a puntuación das actividades de avaliación continua obtida ó longo do curso que será sumada á do exame, mentres que no segundo caso a cualificación final da materia coincidirá coa obtida no exame.
A avaliación nos casos de dispensa de asistencia a clase farase coa proba final valorada sobre a cualificación máxima posible.
Segundo a normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de Non Presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumnado que dispoña de despensa de asistencia a clases será avaliado a través do sistema de avaliación única.
Segundo a normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Escenario 1: A proba final individual realizarase de forma presencial nas datas establecidas polo Centro. A avaliación continuada do alumnado basearase nos traballos e/ou sondaxes realizados ou encargados durante o curso, o traballo en grupos e a súa participación nas actividades académicas. As diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán presentadas nas sesións presenciais e recollidas na aula virtual.
Escenario 2: A proba final será de carácter telemático síncrono ou asíncrono empregando a aula virtual da materia segundo o calendario establecido polo Centro ou presencial de ser posible para as medidas sanitarias establecidas para este escenario. A avaliación continuada realizarase combinando as tarefas telemáticas e presenciais que sexan factibles neste escenario. Para as tarefas e probas telemáticas grupais e/ou individuais da avaliación continuada empregarase a aula virtual da materia, a plataforma virtual (Teams) e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learning. As diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán presentadas nas sesións presenciais ou telemáticas desenvolvidas neste escenario e recollidas na aula virtual.
Escenario 3: A proba final será de carácter telemático asíncrono ou síncrono segundo o calendario establecido polo Centro. A avaliación continuada realizarase combinando tarefas e probas telemáticas grupais e/ou individuais empregando a aula virtual da materia, a plataforma virtual (Teams) e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learning. As diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán presentadas nas sesións telemáticas desenvolvidas neste escenario e recollidas na aula virtual.
Traballo presencial do estudantado: 48 horas
Traballo persoal do estudantado:
Estudio autónomo, individual ou en grupo: 45 horas
Planificación, busca, rexistro e preparación de material de apoio: 20 horas
Lecturas, recomendacións, actividades en bibliotecas ou semellantes: 15 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou semellantes: 10 horas
Escritura de exercicios, conclusións e/ou outros traballos: 12 horas
Total: 150 horas
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o estudante ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.
O estudantado ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia polo que é importante a asistencia ás actividades académicas. En cada escenario de actividade docente é conveniente que o alumnado consulte todas as dúbidas que teña tendo en conta o papel que xoga a interpretación e o emprego dos resultados estatísticos no seu futuro labor profesional.
As expresións matemáticas non teñen que ser memorizadas polo estudante, son facilitadas no momento de empregarse. Téntase así que se adquiran destreza na análise e a interpretación dos resultados recollidos nos medios de información.
Os Escenarios recollidos na programación son os sinalados no Acordo do Consello de Goberno da USC do 19/06/2020 “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-21” e as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-21” da Comisión para a Planificación Docente do 25/06/2020. Baixo esta normativa elaborouse o seguinte Plan de Continxencia para a adaptación dos apartados correspondentes á metodoloxía de ensino e o sistema de avaliación para os escenarios 2 e 3 para que sexan tidos en conta nos procesos de seguimento e acreditación do título:
a) Metodoloxía docente:
No Escenario 2 combinarase a docencia presencial e virtual na docencia expositiva e interactiva de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. Para a docencia virtual empregaranse a aula virtual da materia, a plataforma da USC (Teams) con carácter síncrono e/ou asíncrono segundo estableza o Centro e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learning. En xeral a docencia expositiva poderá ter un carácter asíncrono e tentarase que a docencia interactiva sexa de carácter síncrono para facilitar a discusión e resolución de casos prácticos, ben presencial ben telemática de acordo coas directrices establecidas neste escenario. As titorías serán prioritariamente por vía telemática a través do correo electrónico, a aula virtual da USC e a plataforma virtual da USC (Teams).
No Escenario 3 a docencia será totalmente virtual. Para esta docencia empregaranse a aula virtual da materia e a plataforma da USC (Teams) con carácter síncrono e/ou asíncrono segundo as posibilidades que sexan establecidas polo Centro ou a Reitoría. En xeral a docencia expositiva poderá ter un carácter asíncrono e tentarase que a docencia interactiva sexa de carácter síncrono para facilitar a discusión e resolución de casos prácticos empregando a aula virtual, a plataforma da USC (Teams) e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learning. As titorías serán por vía telemática a través do correo electrónico, a aula virtual da USC e/ou a plataforma virtual da USC (Teams).
b) Sistema de Avaliación da Aprendizaxe:
No Escenario 2 a proba final será de carácter telemático síncrono ou asíncrono empregando a aula virtual da materia segundo o calendario establecido polo Centro ou presencial de ser posible para as medidas sanitarias establecidas para este escenario. A avaliación continuada realizarase combinando as tarefas telemáticas e presenciais que sexan factibles neste escenario. Para as tarefas e probas telemáticas grupais e/ou individuais da avaliación continuada empregarase a aula virtual da materia, a plataforma virtual (Teams) e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learning. As diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán presentadas nas sesións presenciais ou telemáticas desenvolvidas neste escenario e recollidas na aula virtual.
No Escenario 3 a proba final será de carácter telemático asíncrono ou síncrono segundo o calendario establecido polo Centro. A avaliación continuada realizarase combinando tarefas e probas telemáticas grupais e/ou individuais empregando a aula virtual da materia, a plataforma virtual (Teams) e/ou plataformas gratuítas que podan facilitar a aprendizaxe móbil electrónica ou M-learningAs diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán presentadas nas sesións telemáticas desenvolvidas neste escenario e recollidas na aula virtual.
Carlos Pio Del Oro Saez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- carlospio.deloro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Luisa Chas Amil
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811549
- Correo electrónico
- marisa.chas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego, Castelán | Aula 0 |
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego, Castelán | Aula 0 |
11.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
11.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
21.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |