Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo e análise do son e da imaxe como elementos esenciais do discurso audiovisual.
Contidos teóricos:
Tema 1. A expresión audiovisual. Fundamentos e conceptos.
1.1.- As imaxes fronte ao real: percepción e representación
1.2.- Espazo e tempo na representación visual
1.3.- Pensar e recordar coas imaxes: memoria, experiencia e coñecemento
Tema 2. A articulación imaxe / son na configuración do discurso audiovisual
2.1.- Aproximación ao concepto de audiovisión
2.2.- Imitación e artificio na expresión sonora
2.3.- Unha ollada á historia: panorama breve da transición do silente ao sonoro no cinema
Tema 3. Descrición e análise do fenómeno acústico
3.1.- Fundamentos do son e propiedades acústicas
3.2.- Percepción sonora: umbral, distancia, e intensidade na captación subxectiva da información sonora
3.3.- Mecanismos de escoita no proceso de aprendizaxe perceptiva
Tema 4. Paisaxe sonora e espazo sonoro: construción e funcións expresivas
4.1.- Localización dos sons nas representacións audiovisuais
4.2.- O son na cadea audiovisual
4.3.- A acusmatización e as súas posibilidades expresivas
Tema 5.-As materias da expresión sonora (I). Son analóxico e silencio
5.1.- O feito audiovisual como feito de linguaxe. Configuracións significantes
5.2.- Os sons da realidade. Ruído ou son analóxico
5.3.- Silencio: usos, funcións e significados
Tema 6.-As materias da expresión sonora (II). Voz
6.1.- Vococentrismo e verbocentrismo: a voz humana
6.2.- As voces narradoras
6.3.- Distancia, memoria e reflexión da voz over
Tema 7.-As materias da expresión sonora (III). Música
7.1.- A inscrición da música no discurso audiovisual.
7.2.- A música no tempo e no espazo fílmicos
7.3.- Funcións expresivas da música de cine
Contidos prácticos:
Visionado e análise de fragamentos daqueles filmes máis axeitados para capacitar ao alumnado no recoñecemento e interpretación dos elementos sonoros e visuais alí incorporados, con obxecto de aprender a percibir crítica e razonadamente a presenza do sonido, o lugar que alí ocupan e as funcións que cumpren.
As clases interactivas impártense na propia aula asignada a esta materia.
Bibliografía básica:
Chion, M. (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós.
Chion, M. (2003). La voz en el cine, Madrid: Cátedra.
Jullier, L. (2007). El sonido en el cine: Barcelona: Paidós.
Puyal, A. (1996). Teoría de la comunicación audiovisual. Madrid: Fragua.
Rodríguez Bravo, Á. (2001). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós.
Bibliografía complementaria
Alten, S. R. (2008). El sonido en los medios audiovisuales. Andoain: Escuela de Cine y Vídeo.
Aumont, J. (1992). La imagen. Barcelona: Paidós.
Bordwell, D., Thompson, K. (2010) El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona: Paidós.
Català Domènech, J. M. (2008). La forma de lo real. Introducción a los estudios visuales. Barcelona: Editorial UOC.
Català Domènech, J. M. (2012). El murmullo de las imágenes. Imaginación, documental y silencio. Santander: Shangrila.
Casetti, F., di Chio, F. (2007). Cómo analizar un film. Barcelona: Paidós.
Colón Perales, C., Infante del Rosal, F., Lombardo Ortega, M. (1997). Historia y teoría de la música en el cine. Presencias afectivas. Sevilla: Alfar.
Díaz, S. (2011). Voces en la pantalla. Un estudio de la voz y el sonido en relación a la imagen. Buenos Aires: Nobuku.
Chion, M. (1997). La música en el cine. Barcelona: Paidós.
Chion, M. (1999). El sonido: música, cine, literatura. Barcelona: Paidós.
Gardies, R. (2007). Comprender o cinema e as imagens. Lisboa: Texto Grafia.
Gubern, R. (1996). Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto. Barcelona: Anagrama.
Gustems, J. , et al. (2012). Música y sonido en los audiovisuales. Barcelona: Universidad de Barcelona.
Kosloff, S. (1998). Invisible Storytellers. Los Angeles: University of California.
Labrada, J. (2009). El Sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual. Barcelona: Alba.
VV. AA. (1995). La Transición del mudo al sonoro. Historia General del Cine, Volume VI. Madrid: Cátedra.
Zunzunegui, S. (1992). Pensar la imagen. Madrid: Cátedra / Universidad del País Vasco.
Básicas e xerais:
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo o uvocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais:
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información
Traballo en equipo
Aprendizaxe autónoma
Creatividade
Iniciativa e espíritu emprendedor
Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais.
Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuais
Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Os contidos que figuran neste temario serán abordados polo profesor nas clases expositivas previstas na distribución da carga lectiva deseñada para esta asignatura. As sesións interactivas van estar dedicadas, maioritariamente, ao visionado e análise de pezas audiovisuais, de xeito que se estimulará a participación do alumnado na revisión crítica e razonada dos fragmentados mostrados. O alumnado realizarán dúas prácticas individuais: un traballo de recensión e interpretación crítica dun libro de da bibliografía a escoller entre unha escolma de títulos proposta polo docente e unha análise fílmica centrada no estudo da dimensión sonora dunha secuencia. .
A asistencia ás clases é obrigatoria. A acumulación de máis de tres faltas sen xustificar suporá o suspenso para a convocatoria en curso.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual e, de ser necesario, tamén a través da plataforma Teams.
Exame teórico final: 60 % da nota final
Traballo análise fílmica: 20 % da nota final
Lectura obrigatoria: 20 % da nota final.
As dúas tarefas prácticas terán prazos de entrega diferenciados no tempo e serán fixados no comezo do curso
Será condición indispensable para superar a materia ter realizadas as dúas prácticas propostas. Na segunda edición desta convocatoria de exame manterase a mesma ponderación para o cálculo da nota final e caberá a posibilidade de repetir algún dos traballos prácticos se o alumno desexa mellorar as súas cualificacións.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Traballo presencial do alumno: 48 horas
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas
Traballo autónomo do alumno: 102 horas
(titorías de grupo, exame, prácticas, estudo)
Total: 150 horas
O alumno deberá levar a cabo un seguimento regular e un estudo cotián da materia da materia a medida que vai sendo abordada en cada unha das sesións. Recoméndase tamén a participación activa no desenvolvemento das clases, así como a asistencia continuada e a lectura de, alomenos, algúns dos textos recomendados na bibliografía para facilitar así o proceso da aprendizaxe.
Plan de continxencia:
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Fernando Redondo Neira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816563
- Correo electrónico
- fernando.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
15.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
15.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
23.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |