Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Escritura de guións cinematográficos. Análise estética, histórica e narratolóxica de guións cinematográficos.
Parte teórica:
TEMA 1. QUE É UN GUIÓN?
1.1. Definición
1.2. Labor do guionista
1.3. Formas de guión: longametraxe/curtametraxe
1.4. O nacemento da idea. O conflito
1.5. A estrutura clásica: o paradigma
1.6. Creación de personaxes
1.7. Fases do guión. Tratamento. Escaleta. Diálogos
1.8. A reescritura
TEMA 2. O GUIÓN ADAPTADO
2.1. A translación da linguaxe literaria á linguaxe audiovisual
2.2. A adaptación fiel e a adaptación libre
2.3. A adaptación da novela
2.4. A adaptación do relato curto
2.5. A adaptación da obra teatral
2.6. Estrutura do texto / estrutura do guión
TEMA 3. O GUIÓN PARA TELEVISIÓN
3.1. As series: por que facer unha serie e que serie facer
3.2. Clases de series
3.3. As fases da escritura de series. Biblia. Mapa de tramas. Piloto
3.4. Levar unha serie ao cine
3.5. As tv movies
3.6. Os programas de televisión
Parte práctica:
Escritura (e reescritura) do guión dunha curta (estrutura e diálogos).
Comparación e análise dunha novela e a súa posterior adaptación a película ou serie de ficción.
Elaboración de escaletas e diálogo de secuencias.
Básica
McKee, R. El Guión. Alba. Barcelona. (2002)
Ríos San Martín, M. (coord.). El guion para series de televisión. Instituto RTVE. Madrid. (2012)
Sanz Magallón, A. Cuéntalo bien. El sentido común aplicado a las historias. Plot. Madrid. (2007)
Tubau, D. Las paradojas del guionista. Alba. Barcelona. (2007)
Complementaria
Edgard-Hunt, R.; Marland, J.; e Richards, J. Bases del Cine: Guión. Parramón. Barcelona. (2010)
Field, S. El libro del guion. Fundamentos de la escritura de guiones. Plot. Madrid. (1995)
Golman, W. Las aventuras de un guionista en Hollywood. Plot. Madrid. (2002)
López, N. Manual del guionista de comedias televisivas. T&B. Madrid. (2008)
Mamet, D. Bambi contra Godzilla. Finalidad, práctica y naturaleza de la industria del cine. Alba. Barcelona. (2006)
Sánchez Noriega, J.L. De la literatura al cine. Paidós. Barcelona. (2000)
Seger, L. Cómo convertir un buen guion en un guion excelente. Rialp. Madrid. (1991)
Tubau, D. El guion del siglo 21. El futuro de la narrativa en el mundo digital. Alba. Barcelona. (2011)
Recursos web
https://bloguionistas.wordpress.com/
http://www.abcguionistas.com/
http://www.sindicatoalma.es/
BÁSICAS E XERAIS
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
- Competencia contextual para situar a comuniación audiovisual na sociedade da información.
- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de xestión da información.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónoma.
- Creatividade.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
- Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
- Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual.
- Coñecer as técnicas de escritura para os guións de produtos audiovisuais.
- Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais.
Clases teóricas para a adquisición dos conceptos fundamentais e da terminoloxía específica.
Clases prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos e para fomentar a creatividade e as aptitudes de escritura do alumno.
Estudo e análise de guións.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
O sistema de avaliación contempla un exame teórico que representará a metade da nota.
A outra metade da nota dependerá dos exercicios prácticos de carácter obrigatorio que o docente propoña durante o curso sobre a escritura e a análise de guións. Sen esta parte a materia non se considerará superada. O alumno deberá ter tódolos traballos entregados para poder realizar o exame teórico.
Para poder facer media entre a parte teórica e a práctica, o alumno deberá ter aprobadas as dúas partes de xeito individual.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
O traballo presencial do alumno ocupará un total de 48 horas, máis 102 de traballo persoal para o estudo autónomo; lecturas recomendadas; busca, rexistro e preparación de material de apoio; e planificación e execución da práctica.
Asistencia ás clases teóricas e prácticas. Plantexarlle ao docente tódalas dúbidas que poidan xurdir sobre os conceptos tratados, e tamén as dificultades que aparezan á hora de realizar os traballos prácticos.
Consultar a bibliografía recomendada e, ante todo, ver moito cine e moita televisión, facendo un visionado analítico centrado especialmente no guión.
Realizar os traballos propostos.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Marta Perez Pereiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816532
- Correo electrónico
- marta.perez.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Roberto Gonzalez Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roberto.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
19.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula virtual |
25.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |