Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos fundamentais:
A comunicación audiovisual no séculos XX e XXI. Antecedentes históricos. Coñecementos e comprensión da comunicación audiovisual no marco xeral da historia da comunicación. Especial atención aos grandes momentos da historia da comunicación audiovisual, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e filosófica,
como desde a perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica da comunicación audiovisual en Galicia.
Obxectivos particulares: Abordaxe, en termos retrospectivos, da emerxencia da imaxe fixa, en primeira instancia, e a continuación, da imaxe en movemento, no contexto histórico das representacións visuais dos séculos XIX e XX, en tanto feitos de ruptura que derivarán á postre na invención do cinematógrafo.
Á súa vez, recoñecemento do inicio dun sistema de representación orixinal, xérmolo das propiedades intrínsecas da imaxe audiovisual, conservadas en adiante con independencia das ferramentas técnicas e/ou tecnolóxicas mobilizadas tanto para o seu confeccionamento, como para o seu almacenamento.
Bloque 1. A emerxencia da imaxe fixa no contexto das representacións visuais:
Tema 1. A proliferación de aparellos ópticos de carácter lúdico no seo das sociedades do XVIII e do XIX no occidente europeo.
Tema 2. A incorporación e a expansión dun paradigma espectacular no ámbito da cultura popular.
Tema 3. O déficit da imaxe fotográfica: a exclusión do tempo.
Bloque 2. A emerxencia da imaxe en movemento no itinerario iniciado pola fotografía:
Tema 4. A permanencia dos artificios propios da imaxe fixa: unha herdanza ineludible.
Tema 5. Caracterización dos progresos técnicos das cámaras tomavistas.
Tema 6. Universo referencial, punctum barthesiano, o radical fotográfico, a pegada do real na imaxe en movemento: a especificidade do feito audiovisual.
Bloque 3. A invención do cinematógrafo Lumière:
Tema 7. O inicio da historia do cinema coa invención do cinematógrafo: a entrada da imaxe na Modernidade.
Tema 8. Motivos de orde estética: o despregue dun sistema de representación visual orixinal. A incorporación do azaroso ao "tableaux vivant".
Tema 9. A imaxe audiovisual e os dispositivos de comunicación: unha relación de resistencia.
Tema 10. Paradigma comunicativo vs. paradigma estético.
NOTA: Os contidos son idénticos nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
Bibliografía básica
- Didi-Huberman, Georges (2012): Devant le temps: histoire de l'art et anachronisme des images, Paris, Ed. de Minuit.
- Gil, Fátima; Segado, Francisco (2011): Teoría e historia de la imagen, Madrid, Síntesis.
- Martín Arias, Luis (2009): En los orígenes del cine, Valladolid, Ediciones Castilla.
- Pérceval, José María (2015): "Historia mundial de la comunicación", Madrid, Cátedra.
- Zunzunegui, Santos (2007): “Arqueología de la imagen”, en Cahiers du cinéma: España, nº 7, decembro, p. 91.
Bibliografía complementaria
- Delavaud, Guilles (2010): "De la création à l'exposition: Les impermanences de l'oeuvre audiovisuelle", Archimages. http://www.inp.fr/var/ezdemo_site/storage/original/application/9831764b…
- Sala, Ramón (2007): Introducción a la historia de los medios: consideraciones teóricas básicas sobre la historia de los medios de comunicación de masas, Bellaterra, Universitat Autònoma de Barcelona.
- Suchensky, Richard I. (2016): Projections of Memory: Romanticism, Modernism, and the Aesthetics of Film, Oxford University Press.
- Vitale, Christopher (2015): Networkologies. A Philosofy of Networks for a Hyperconnected Age, UK, Zero Books.
- Wolfson, Todd (2014): Digital Rebellion. The Birth of the Ciber Left, University of Illinois Press.
Básicas e xeráis:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que tenñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan uhna reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores coun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversáis:
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
Específicas:
CE17 - Coñecer as técnicas de análise de produtos televisivos e cinematográficos.
CE18 - Capacitar para a dirección de documentais audiovisuais.
CE19 - Coñecer o marco histórico no que se desenvolveron os medios audiovisuais.
Competencias particulares da materia:
1) Asunción das características intrínsecas da imaxe audiovisual no seu estadío actual, en virtude
2) da incorporación dun procedemento pautado, isto é, conceptual e analítico, de corte "arqueolóxica", en tanto aplicado ás imaxes precinematográficas.
3) Manexo dos elementos definitorios e diferencias de 3 paradigmas susceptibles de aplicarse á imaxe audiovisual na súas formas diversas de interpelación ao público: o comunicativo, o espectacular e o estético.
NOTA: As competencias a acadar son as mesmas nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
A materia abordarase mediante o desenvolvemento dos temas que a integran, apoiados coa mostra de imaxes destinadas á súa análise. Para cada un dos temas levarase a cabo, así mesmo, por parte do alumnado, a lectura dalgúns textos breves de carácter complementario, e a análise dalgunha obra procedente dos ámbitos considerados na retrospectiva realizada. Destinarase unha sesión semanal á posta en común dos resultados deste exercicio individual.
NOTA: Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual. Neste caso, a docencia impartirase de xeito síncrono. Para o seguimento das mesmas levarase a cabo unha programación de entregas.
A avaliación será continua formativa (30%) combinada, de xeito complementario, con proba final obrigatoria (70%), no caso das dúas oportunidades.
De non ser posible o exame presencial, levarase a cabo en remoto.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
7.1. Traballo presencial do alumno. Total horas: 48
a. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 48 horas
7.2. Traballo persoal do alumno. Total horas: 99
b. Estudo autónomo individual ou en grupo: 69 horas
c. Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (imaxes, audio, etc.): 15 horas
d. Lecturas recomendadas: 15 horas
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, realizarase en remoto. Polo demais, complementariamente, a avaliación será continua, mediante distintas tarefas programadas durante o cuadrimestre.
Antia Maria Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816527
- Correo electrónico
- antiamaria.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
22.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
22.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
21.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |