Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Conceptualización da produción cultural como actividade industrial. Composición e estrutura do sector. Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas. Subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
I. Contidos teóricos (temario)
1. Cultura, industria e artes
O concepto de industria cultural. As industrias creativas. Cultura de masas e niveis de cultura. Cultura, ideoloxía e bens de consumo. Cultura mediática. Cultura promocional. Anaálise dos conceptos de arte e cultura popular. Cultura, campo social e distinción, segundo Bourdieu. O populismo cultural, segundo Jim McGuigan.
2. Industrias culturais e esfera pública.
Técnicas culturais e creación de espazos. Produción de público e esferas públicas. Medios de comunicación e dispositivos promocionais. Promoción capilar, consumo e espazos virtuais.
3. Cultura e economía da atención
Economías de signos e espazos. Economías da atención. A produción cultural no capitalismos erodio. Produción de visibilidades. Crítica da economía política do signo.
4. Mediación e complexidade cultural.
Axentes da produción e distribución cultural. Medisoe mediacións. Contido, forma e distribución das fórmulas culturais. Ideoloxía e cultura moderna. A falacia do internalismo, segundo John B. Thompson.
5. Hábitos amnesia e reflexividade
Comunidades de consumo, segundo Scott Lash. Mercadería, serialidade e integración maquinal. Cultura, memoria social e arquivo. Produción simbólica e reificación. Simulacros e seducción. Ruídos socializadores.
II. Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algún tema da materia. Cómpre participar nos coloquios sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
Bibliografía básica
Tema 1. Adorno, T. W. "Resumo sobre a industria cultural", A trabe de ouro, nº 34.
Baudrillard, J. "La cultural mediática" en J. Baudrillard, La sociedad de consumo. Madrid, S. XXI, 2007.
Hesmondhalgh, D., The Culture Industries. Londres, Sage, 2013.
Mirrlees, T., Global Entertainment. Between Cultural Imperialism and Globalization. Londres, Routledge, 2013.
Tema 2. Berland, J. "Baile de anxos: as técnicas culturais e a produción de espazos", A trabe de oro, nº 44.
Negt, O. e Kluge, A. Public Opinion and Experience. Londres, Verso, 2016.
Bauman, Z. "As seen in TV" en Society under Siege. Cambridge, Polity, 2002.
Tema 3. Baudrillard, J. Critique de la economie politique du signe. Paris, Gallimard, 1972.
Jameson,F. Postmodernism, or the Cultural Logic of Late Capitalism. Londres, Verso, 1991.
El postmodernismo revisitado. Madrid, Abada, 2012.
Lash, S. e Urry, J. Ecomomies of Signs and Space. Londres, Sage, 1994.
Tema 4. Hannerz, U., Cultura Complexity. N. York, Columbia University Press, 1992.
Thompson, J. B. (1990) Ideology and Modern Culture. Cambridge, Polity, 1995.
Tema 5. Derrida, J. e Stiegler, B. Échographies de la télévision. Paris, Galilée/I.N.A., 1996
Huyssen, A. En busca del futuro perdido. Cultura y memoria en tiempos de globalización. México, F. C. E., 2002.
Lash, S. "La comunidad y sus dobles" en Giddens, A., Beck, U. e Lash. S. Modernización reflexiva. Madrid, Alianza, 1997.
Osten, M. La memoria robada. Los sistemas digitales y la destrucción de la cultura del recuerdo, Madrid, Siruela, 2008.
Sartre, J.-P., Critique de la raison dialectique. Tome II (inachevé). L´intelligibilité de l´Histoire. Paris, Gallimard, 1985.
Sloterdijk, P. (2003) Experimentos con uno mismo. Valencia, Pre-Textos, 2003.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bauman, Z. (2011) Culture in a Liquid, Modern World. Cambridge, Polity, 2011.
Deery, J. e Press, A. (eds.) Media and Class. N. York, Routledge, 2017.
Freedman, D. e Goblot. V. (eds.) A Future for Public Service Television. Londres, Goldsmiths Press, 2018.
Giddens, A. e Sutton, Ph. W. (2013) Sociology. Cambridge, Polity Press.
Outeiriño, M. (comp.) (2011) Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia, 2011.
BÁSICAS E XERAIS
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información.
Traballo en equipo.
Aprendizaxe autónoma.
Creatividade
Iniciativa e espírito emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
Coñecer o contexto no que se desenvolve a industria audiovisual na actualidade dentro das industrias culturais.
Coñecer o contexto social, económico e político no que se desenvolve a industria audiovisual.
A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais sobre as industrias culturais, con especial atención a algúns textos da bibliografía básica. Combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua. De ser posible, o alumno terá tamén opción a un exame final complementario
De ser posible, a avaliación ha facerse segundo tres notas, correspondentes ó exame final, ós escritos de avaliación continua do alumnado e á participación activa nos debates e coloquios quer na aula, quer telemáticos.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos de avaliación continua achegan un 40% da puntuación. A participación nos debates e coloquios(en aula ou telemáticos) o 10% da nota.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resutlado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Velaí a distribución do traqbgallo persoal e traballo na aula:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo: 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas: 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates: 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo expoñendo os conceptos e textos no traballo de aula. É moi convinte participar nos debates e advertir tanto as interpretacións acertadas como erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais.
Para a escritura dos comentarios dos artigos e do ensaio, convén examinar previamente todos os materiais que se propoñen a fin de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queren comentar. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestión controvertidas.
O contraste de interpretacións teóricas sobre cuestións de actualidade e a argumentación ponderada sobre asuntos do noso temo é un dos obxectivos principais da materia.
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía do ensino adaptarse gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presenciais e virtuais ou só virtuais, a través do Campus virtual. (No terceiro escenrio será todo virtual).
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
24.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
24.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
02.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |