Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Análise formal e valoración razoada do traballo de montaxe nun filme calquera, dende o período primitivo aos exemplos máis destacados do clasicismo, da montaxe intelectual de Eisenstein ao plano-secuencia neorrealista.
Desenrolo:
-Ofrecer aos alumnos coñecementos teóricos e históricos sobre o papel transcendental da montaxe na creación cinematográfica, superando a noción meramente técnica nacida da práctica para acceder á súa dimensión profunda de produción significante, centrándose nas súas funcións sintácticas, semánticas e rítmicas.
-Desenvolver mecanismos de análise que permita afondar no traballo de montaxe nun filme de calquera época da historia do cine.
-Analizar o desenvolvemento histórico da cinematografía dende o filme mostrativo dos primeiros tempos ata o xurdimento do cine de integración narrativa na primeira década do século XX, destacando a figura de David W. Griffith e o seu papel histórico e historiográfico.
-Incidir nos factores históricos, sociais e económicos que conduciron ao cinematógrafo a converterse na grande maquina narrativa e simbólica do século pasado, evitando o teoloxismo da historiografía tradicional.
-Estudar en rigor o funcionamento da montaxe analítica en continuidade do chamado Modo de Representación Institucional ou Modelo Clásico de Representación no período mudo, insistindo nas súas potencialidades expresivas e narrativas, que inclúen tanto certas "leis" coma a súa constante "vulneración" nos textos fílmicos concretos.
-Incidir no papel xogado polo "punto de vista" do personaxe e do enunciador no filme narrativo, e na súa decisiva importancia na análise do discurso fílmico.
-Valorar historicamente o paradoxo do recurso á montaxe analítica para lograr unha transparencia enunciativa en principio moi distante do troceamiento da realidade proposto.
-Insistir na dialéctica montaxe institucional/traballo de cineasta, sinalando as formas fílmicas, de extraordinaria sutileza, xurdidas no interior do Modo de Representación Institucional.
-Analizar as prácticas de montaxe que, no seo da industria hollywoodiense, resístense á voracidade narrativa imperante, dando lugar a escrituras nas marxes do modelo como as de Charles Chaplin ou Erich Von Stroheim.
-Analizar as relacións das vangardas e o cinema, destacando o papel esencial da montaxe nos diversos movementos dos anos 20 do pasado século, desde o surrrealismo ao impresionismo francés, do chamado expresionismo alemán á Escola de Montaxe Soviética.
-Estudar con detalle o desenvolvemento da teoría e a práctica da montaxe na obra de Sergei M. Eisenstein.
-Vincular as formas de montaxe do cinema narrativo de Hollywood despois da Segunda Guerra Mundial coas transformacións sociais, económicas, políticas e estéticas do seu tempo, penetrando na análise da montaxe nun período que denominaremos “manierista” e que aproxima o modelo cara á súa transformación definitiva.
-Reflexionar acerca da incidencia nos novos modos de montaxe vinculados historicamente co neorrealismo italiano e insistir no peso teórico de André Bazin na análise crítica e historiográfico da profundidade de campo e a plano secuencia na obra de Roberto Rossellini.
-Profundar na noción teórica de “imaxe tempo” (Gilles Deleuze) que caracterizaría ao cinema moderno fronte á clásica “imaxe movemento” a través da análise da montaxe de films de García Ascot, Godard, Resnais ou Antonioni.
-Sinalar a radical excentricidade dunha grotesca modernidade ibérica, unha imaxe tempo castiza e descoyuntada a partir da análise da obra de Fernando Fernán-Gómez.
-Estudar a escritura fílmica de grandes cineastas asiáticos como Yasujiro Ozu, Kenji Mizoguchi, Akira Kurosawa ou Satyajit Ray través da montaxe dalgúns das súas films máis relevantes.
-Penetrar no traballo de montaxe dalgúns dos cineastas máis destacados desde os anos sesenta do século XX como R. W. Fassbinder, Ingmar Bergman, Theo Angelopoulos, Víctor Erice, Andrei Tarkovsky ou Martin Scorsese.
-Estudar en detalle o gran “monumento” elegiaco ao cinema do século XX montado por Jean Luc Godard en Histoire(s) du cinèma.
-Sinalar certas tendencias da montaxe cinematográfica nos primeiros anos do século XXI incidindo nas prácticas de cineastas como Edward Yang, David Cronenberg, Pedro Almodóvar ou José Luis Guerín.
-Desenvolver mediante a análise da montaxe de films a capacidade do alumno para meditar en profundidade acerca das implicacións discursivas das solucións formais adoptadas durante o proceso creativo dun produto audiovisual.
TEMARIO. CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS
PRIMEIRA PARTE.
TEMA 1. INTRODUCIÓN. O PRINCIPIO DA MONTAXE: TEORÍA E HISTORIOGRAFÍA.
Os significantes da montaxe cinematográfica. Noción, tipos e cambios de plano. Rupturas espaciais e temporais. O cadro e o campo. A angulación. Os movementos de cámara. Definición tradicional e definición ampla da montaxe: montaxe/posta en escena/escritura. Partes do filme de medida superior ao plano. Partes do filme de medida inferior ao plano. Partes do filme que non coinciden coa división de planos. Funcións sintácticas. Funcións semánticas. Funcións rítmicas.
SEGUNDA PARTE.
TEMA 2. O CINE DOS PRIMEIROS TEMPOS E O XURDIMENTO DA MONTAXE CINEMATOGRÁFICA: DA MOSTRACIÓN Á NARRACIÓN (1895-1914).
O "Modo de Representación Primitivo" (Nöel Burch): mostración, policentrismo e exterioridade. As paixóns de Cristo e o boxeo ou a semiosis externa. "Unha gran forma narrativa": as películas de persecución e os inicios da linealización dos significantes. O xurdimento do sintagma alternante. Relevo, tridimensionalidad: construíndo un espazo habitable. Cecil B. De Mille. David W. Griffith na American Biograph e a emerxencia do cine narrativo clásico. Historia da relación de miradas. O "atraso" do movemento de cámara.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
La salida de los obreros de la Fábrica (1895, Lumière).
Histoire d’un crime (1901, Ferdinand Zecca/Pathé).
Stop Thief! (1900, Williamson).
The Country Doctor (1909, D. W. Griffith).
Cabiria (1914, Giovanni Pastrone).
TEMA 3. A MONTAXE ANALÍTICA E O PERÍODO SILENTE (1915-1927).
Un modelo de montaxe á marxe da modernidade e a "descomposición" da linguaxe?: os paradoxos históricos da montaxe analítica. Descompoñer, recompoñer. Unha "forma" fílmica propia para construír espazo, tempo e acción. O borrado das pegadas da enunciación: a "transparencia" do sistema. Dickens como paradigma. Unha montaxe narrativa: a "secuencia clásica". A sistemática do raccord. David W. Griffith. A montaxe en torno ao home: Charles Chaplin. A resistencia naturalista ou a "imaxe pulsión": a hipertrofia escópica en Erich Von Stroheim: Avaricia (1925).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
La marca del fuego (1914, Cecil B. deMille).
El nacimiento de una nación (1914, David W. Griffith).
Intolerancia (1916, David W. Griffith).
El circo (1925, Charles Chaplin).
Avaricia (1924, E. Von Stroheim).
TEMA 4. MONTAXE CINEMATOGRÁFICA E VANGARDA. Que é a vangarda? Vangarda e cinema. O impresionismo francés: Jean Epstein, Germaine Dulac. Abel Gance. Buñuel/Dalí e o surrealismo cinematográfico. O cinema e a República de Weimar: “Expresionismo” alemán ou unha montaxe “hermético-metafórico”?. O cinema soviético: Sergei M. Eisenstein e a escola de montaxe. Experimentacións sonoras: M, el vampiro de Düsseldorf (Fritz Lang, 1931).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
El gabinete del Doctor Caligari (1919, Robert Wiene).
El último (1924, F.W. Murnau)
Scherben (1921, Lupu Pick)
La Souriante Madame Beudet (1923, Germaine Dulac)
Variété (1925, E. A. Dupont)
Octubre (Sergei M. Eisenstein, 1927)
El hombre de la cámara (1929, Dziga Vertov)
Un perro andaluz (1928, Luis Buñuel).
TEMA 5. TRANSFORMACIÓNS DA MONTAXE CLÁSICA COA CHEGADA DO SONORO: AS COMBINACIÓNS AUDIOVISUAIS. A crise da primeira montaxe sonora e os achados de Alfred Hitchcock. Blackmail (1929): análise comparada da montaxe da versión muda e da sonora. Un universo diegético pleno. Montaxe e estilo: análise de exemplos. O Chaplin sonoro. A mirada como problema e a crise da montaxe clásica: Vertigo (1958) e o manierismo hitchcockiano. John M. Stahl, Douglas Sirk e as dúas versións de Imitación a la vida, 1934 e 1958). O primeiro telefilm en EE. UU. Psicosis, 60) e o fin dun modelo.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Blackmail (1929, Alfred Hitchcock)
Ángel (1937, Ernst Lubitsch)
La diligencia (1939, John Ford)
La loba (1941, William Wyler)
Luna nueva (1940, Howard Hawks).
Ciudadano Kane (1940, Orson Welles)
Imitación a la vida (versiones de1934 y 1958, John M. Stahl y Douglas Sirk)
Vertigo (1958, Alfred Hitchcock)
Psicosis (1960, Alfred Hitchcock)
El hombre del oeste (1958, Anthony Mann)
Breakdown (1955, Alfred Hitchcock, telefilm para CBS).
TEMA 6. POSGUERRA E MODERNIDADE EN EUROPA. Jean Renoir e as orixes da plástica neorrealista. Roberto Rossellini. Paisá (1946). A achega teórica de André Bazin. Profundidade de campo e plano secuencia. A escritura neorrealista e o cinema moderno. Reflexividad e metacine: Vida en sombras (Lorenzo Llobet-Gràcia, 1948).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
El crimen del Sr. Lange (J. Renoir)
La regla del juego (1939, J. Renoir).
Ossesione (1942, L. Visconti).
Paisá (1945, R. Rossellini).
Ladrón de bicicletas (1948, V. de Sica).
Vida en sombras (1948, L. Llobet-Gràcia)
TEMA 7. NOVAS FORMAS, NOVAS MONTAXES. Robert Bresson e as “Notas sobre o cinematógrafo”. Antonioni e a “imaxe-tempo” deleuziana: A aventura (1960). Antecedentes teóricos. O impacto da idea de autoría. Jean Luc Godard, a cultura dos anos 60 e a modernidade cinematográfica. Montaxe e ausencia: En el balcón vacío (1962, Jomí García Ascot). A paleta significante de Basilio Martín Patino: Nueve cartas a Berta (1966). François Truffaut e a pantasma materna. A radical excentricidade da modernidade ibérica ou unha “imaxe-tempo” castiza e descoyuntada: Fernando Fernán-Gómez.
Contidos prácticos. Modelos de films para analizar:
Un condenado a muerte se ha escapado (1956, Robert Bresson)
Al final de la escapada (1959, J. L. Godard).
La aventura (1960, M. Antonioni).
El año pasado en Marienbad (1961, A. Resnais).
En el balcón vacío (1962, Jomí García Ascot)
El mundo sigue (1963, Fernando Fernán-Gómez)
Dos o tres cosas que se de ella (1966, J. L. Godard).
Nueve cartas a Berta (1966, Basilio Martín Patino).
TEMA 8. ESCRITURA/POSTA EN ESCENA/MONTAXE NALGÚNS MESTRES DO CINEMA ASIÁTICO. Yasujiro Ozu. Kenji Mizoguchi. Akira Kurosawa. Satyajit Ray.
Contidos prácticos. Modelos de films para analizar:
Cuentos de la luna pálida de agosto (1953, Kenji Mizoguchi).
El mundo de Apu (1959, Satyajit Ray).
Vivir (1952, Akira Kurosawa).
Cuentos de Tokyo (1960, Yasujiro Ozu).
TEMA 9. OUTRAS MONTAXES POSCLÁSICAS. Federico Fellini, R. W. Fassbinder. Ingmar Bergman. Theo Angelopoulos, Orson Welles, Chris Marker, Victor Erice. Andrei Tarkovsky. Martin Scorsese.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Los comulgantes (1962, I. Bergman)
Roma 1962, F. Fellini)
Las amargas lágrimas de Petra Von Kant (1972, R. W. Fassbinder).
El espíritu de la colmena (1973, Víctor Erice).
Fraude (1973, Orson Welles).
Stalker (1974, Andrei Tarkovsy)
Sans soleil (1982, Chris Marker)
Casino (1995, Martin Scorsese)
La mirada de Ulises (1995, Theo Angelopoulos).
TEMA 10. MONTAXES PARA UN NOVO SÉCULO. Elexía polo cinema do século XX: Histoire(s) du cinèma (Jean Luc Godard). Capas de tempo superpuestas ou a montaxe de Edward Yang (Yi-Yi, 2000). David Cronenberg e a forma fílmica da psicose (Spider, 2002). Pedro Almodóvar e o reflexivo collage posmoderno (Hable con ella, 2002). O renacer do relato ou de volta á melodrama: En la ciudad de Sylvia (José Luís Guerín, 2007).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Histoire(s) du cinèma (Años 80 y 90, Jean Luc Godard)
Yi-Yi (2000, Edward Yang)
Spider (2002, David Cronenberg)
Hable con ella (2002, Pedro Almodóvar)
En la ciudad de Sylvia (2007, José Luis Guerín).
BASICA
AMIEL, Vincent, Estética del montaje, Madrid, Adaba, 2005.
*GARDIES, René (comp.) Comprender el cine y las imágenes. Buenos Aires, La Marca, 2014.
PINEL, Vincent, El montaje. El espacio y el tiempo del film. Paidós, Los Pequeños cuadernos de Cahiers du Cinéma, 2004.
SÁNCHEZ-BIOSCA, Vicente, El montaje cinematográfico, Barcelona, Paidós, 1996.
VILLAIN, Dominique, El montaje, Madrid, Cátedra, 1994.
*Lectura obrigatoria.
COMPLEMENTARIA
AUMONT, Jacques, MARIE, Michel e VERNET, Marc, Estética del cine. Barcelona, Paidós, 1985.
AUMONT, Jaques e MARIE, Michel, Análisis del film. Barcelona, Paidós, 1990.
BAZIN, André, ¿Qué es el cine?. Madrid, Rialp, 1996.
BETTETINI, Gianfranco, Producción significante y puesta en escena. Barcelona, Gustavo Gili, 1977.
BORDWELL, David e THOMPSON, Kristin, El arte cinematográfico. Barcelona, Paidós, 1995.
BORDWELL, David, THOMPSON, Kristin e STAIGER, Janet, El cine clásico de Hollywood. Estilo y modo de producción hasta 1960. Barcelona, Paidós, 1997.
BURCH, Noël, Praxis del cine. Madrid, Fundamentos, 1970.
BURCH, Nöel, Pour un observateur lontain. Forme et signification dans le cinéma japonais. París, Cahiers du cinéma-Gallimard, 1982.
BURCH, Nöel, El tragaluz del infinito. Madrid, Cátedra, 1986.
CASETTI, Francesco, El film y su espectador. Madrid, Cátedra/Signo e imagen, 1989.
CASETTI, Franceso, Teorías del cine. Madrid, Cátedra, 1995.
CASTRO DE PAZ, José Luis, El surgimiento del telefilm. Barcelona, Paidós, 1999.
CASTRO DE PAZ, José Luis. Vértigo/De entre los muertos. Barcelona, Paidós, 1999.
COSTA, Antonio, Saber ver el cine. Barcelona, Paidós, 1990.
DELEUZE, Gilles, La imagen-movimiento. Estudios sobre cine 1. Barcelona, Paidós, 1984.
DELEUZE, Gilles, La imagen tiempo. Estudios sobre cine 2. Barcelona, Paidós, 1987.
JOST, François, El ojo-cámara. Entre el film y la novela. Buenos Aires, Catálogos, 2002.
JOST, François e GAUDREAULT, André, El relato cinematográfico. Barcelona, Paidós, 1995.
MITRY, Jean, Estética y psicología del cine. México, Siglo XXI, 1978.
REISZ, Karel e MILLAR, Gavin, Técnica del montaje cinematográfico. Barcelona, Plot, 2003.
TRUFFAUT, François, El cine según Hitchcock. Madrid, Alianza, 1974.
ZUNZUNEGUI, Santos, Pensar la imagen. Madrid, Cátedra, 1989.
ZUNZUNEGUI, Santos, Paisajes de la forma: ejercicios de análisis de la imagen. Madrid, Cátedra, 1994.
ZUNZUNEGUI, Santos, La mirada cercana. Microanálisis fílmico. Barcelona, Paidós, 1996.
VV. AA., Contracampo. Madrid, Cátedra, 2008.
Adquisición da capacidade de recoñecer e analizar con rigor a importancia da montaxe na súa dimensión profunda de produción significante, así como de penetrar con sólidos mecanismos metodolóxicos no traballo de montaxe dun filme de calquera época da historia do cine. Mediante o dominio das metodoloxías de análises pertinentes o alumno deberá estar capacitado para adoptar solucións formais meditadas ante calquera problema de montaxe/posta en escena durante o proceso creativo dun produto audiovisual.
Análise histórica e teórica da complexidade do concepto de montaxe e do seu papel como motor creativo e ideolóxico da arte cinematográfico.
Coñecementos do desenvolvemento histórico da montaxe desde o Modo de Representación primitivo até a configuración da montaxe analítica clásico.
Adquirir as bases teóricas para a análise da montaxe analítica, narrativo, ?transparente? do cinema do período clásico.
Coñecer as particularidades ideolóxicas e estéticas.
Comprensión do papel do son
5.5.1.5.1 BÁSICAS E XENERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comuniación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
5.5.1.5.2 TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de productor, realizador, director e editor de produtos audiovisuales
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas produción audiovisuales
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Dúas sesións semanais de contido teórico con complementos prácticos puntuais. Unha sesión semanal destinada ao visionado dalgún dos filmes incluídos entre os modelos para analizar, posible recapitulación analítica sobre o visionado. Realización de exercicios analíticos periódicos de cada película visionada por parte dos alumnos co obxectivo de incorporar unha reflexión activa sobre a materia. Facilitarase ao alumno bibliografía sobre aspectos específicos non incluída nos listados previos. Existirá unha lectura obrigatoria de entre a bibliografía básica recomendada.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas será obrigatoria.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A cualificación dependerá dunha proba teórica e analítica da materia, oral ou escrita, a partir das explicacións facilitadas en clase e as achegas bibliográficas seleccionadas polo profesor, e baseado na análise dun filme ou fragmento deste. A puntuación deste apartado significará o 80% da nota final.
O 20% restante dependerá da avaliación dos exercicios analíticos obrigatorios desenvolvidos ao longo do período lectivo Como norma básica para obter unha cualificación de aprobado, deberase conseguir unha nota mínima de 5 puntos no exame teórico. Só neste caso se terá en conta a nota obtida nos traballos analíticos de carácter obrigatorio.
Para poder presentarse á proba será necesario realizar todos e cada un dos exercicios de análise, segundo os criterios expostos en clase. En caso de que o/a alumno/a non materialice esa esixencia, deberá presentar un traballo especial atendendo ás directrices marcadas durante o período lectivo.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Traballo presencial do alumno:
Clases expositivas. Presentación e explicación dos contidos teóricos, históricos e analíticos do temario: 24 h.
Clases interactivas: visionados, presentacións, lecturas, comentarios: 24 h.
Tutorías en grupo: 3 horas.
Total: 51 horas.
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo: 58 horas.
Realización exercicios de análises: 30 horas.
Lectura obrigatoria: 11 horas.
Total: 99 horas.
O alumno deberá levar a cabo un seguimento regular e un estudo cotián da materia a medida que esta vai sendo abordada na aula, sesión a sesión. Recoméndase tamén desenvolver con asiduidade os exercicios de análises dos filmes visionados, así como emprender pausada e regularmente as lecturas obrigatorias e recomendadas.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Marta Perez Pereiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816532
- Correo electrónico
- marta.perez.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Luis Castro De Paz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816546
- Correo electrónico
- joseluis.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
27.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
27.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
06.07.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |