Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Análise dos circuítos de difusión e dos mercados de comercialización das obras audiovisuais. Técnicas de presentación oral e gráfica dos produtos audiovisuais ante os decission makers. Estudo sobre os distintos modelos de promoción, venda e comercialización de produtos audiovisuais en diferentes mercados en función da tipoloxía do produto, o formato, así como da súa capacidade de adaptación a outros espazos e circuítos comerciais.
Coñecer o marco no que as producións audiovisuais, unha vez elaboradas, adquiren a súa traxectoria pública. Comprender os procesos de comercialización e mercadotécnia da obra audiovisual. Capacitar para o deseño de plans de promoción e difusión dos produtos audiovisuais en función dos diferentes mercados e fiestras de distribución. Coñecer os principais mercados de comercialización das obras audiovisuais. Capacitar para a presentación oral e gráfica dos produtos audiovisuais diante dos decission makers. Coñecer as tipoloxías dos formatos e produtos audiovisuais para a súa colocación no mercado. Adaptar os formatos e produtos audiovisuais aos distintos mercados e territorios.
Contidos teóricos:
1.- A Obra Audiovisual.
Definicións e terminoloxía básica- Valoracións da obra audiovisual en función da difusión, distribución e exhibición-Primeiros criterios de promoción da obra audiovisual- A traxectoria pública da obra audiovisual.
2.- Tipoloxías e axentes da obra audiovisual.
Os produtos cinematográficos, radiotelevisivos, dixitais, multimedia e transmedia: tipos e modalidades; segundo espazos, soportes e plataformas- Os axentes de promoción e difusión e as súas funcións: difusores, distribuidores, exhibidores, axentes de vendas, produtores e compañías, os organizadores de eventos audiovisuais- Papel dos organismos públicos e profesionais -Os medios especializados e xeralistas- Promotores e difusores on line- Os decission makers: axentes cualificadores e criterios de cualificación.
3.- Circuitos e mercados.
Principais mercados e circuitos das obras audiovisuais- Clasificacións dos circuitos e mercados- Rendibilidade e/ou recoñecemento (premios, coroas e gardóns) da obra en promoción/ comercialización- Mercados e circuitos minoristas, independentes, locais e especializados.
4.- Os eventos audiovisuais: feiras e festivais (obxectivos, tipoloxías, organización)- Mudanzas nos mercados e circuitos: análise do contexto, dos elementos e as transformacións.
5.- Técnicas de promoción.
A promoción como desenvolvemento da produción- Valores e custes da promoción: criterios e ferramentas de análise- Ferramentas directas e a súa elaboración: trailers, teasers, créditos, spots, Making of, cartaces e gráficos, B.S.O., videoxogos, web oficial, concursos e experienciais- Ferramentas indirectas e a súa elaboración: pressbook, E.P.K., preestrea, premier e pases de prensa, Press junket, Publicity e relacións cos medios.
6.- O equipo e o plan de promoción.
O equipo de promoción e as súas necesidades e recursos: creatividade, talento e planeamento- Fases do plan de promoción- Estratexias de promoción: segmentación (características do consumidor; resposta ao produto), posicionamento, valores artísticos e elencos- Estratexias masivas e focalizadas, por nichos, locais e one to one- Outras variables: demográficas, conductuais, psicográficas- Intensidade da promoción, fases e finalismos- A promoción de produtos adaptados, precuelas, secuelas e revivals.
7-Técnicas de comercialización e venda
Contexto da comercialización e da venda: parámetros principais – Marcos legais e tipos de acordos e resolucións- Técnicas de mercado para produtos audiovisuais: formas de comercialización e venda- Estratexias de comercialización e de venda: de visibilidade do produto (adquisicións, venda de dereitos, circulación de proxectos, valoración da produción independente) ou híbridas (diferentes escadas, buzz)-A valoración e comercialización de arquivos audiovisuais.
8.- O equipo e o plan de comercialización e venda.
O equipo de comercialización e venda: especializacións- Planeamento comercial e amortización dos mercados- Comercialización no mercado (preparación e fases) ou por circuitos- As vendas (prevenda, deal memo e acordo, posvenda) e os contratos (dereitos, deberes e compromisos)- Modos de comercialización e venda segundo produto: estudo de casos.
9.- Os lanzamentos
Os lanzamentos ou pitchings para o financiamento, promoción ou comercialización: diferenzas - Técnicas de lanzamento presencial e para memorias- Lanzamento do produto cinematográfico: estratexias, públicos e posicionamento, sobre orzamentos-Lanzamento do produto televisivo: descrición e función, posicionamentos nas programacións, identidades visuais (autopromos)- Lanzamentos de produtos multimedia e virtuais: adaptacións do audiovisual, promoción e difusión /distribución.
Contidos prácticos:
- Elaboración dun plan de promoción e difusión dun produto audiovisual, a partir das estratexias e ferramentas desenvoltas na materia.
- Lanzamento da promoción e difusión en mercados/circuitos do produto audiovisual.
Para o desenvolvemento do apartado práctico deberemos contar con recursos de software específico referido a tarefas do "film budgeting" e máis programas de deseño gráfico, así como o uso das aulas informatizadas existentes no centro.
Básica:
Krainhöfer, T. (2019). A mapping of collaboration models among Film Festivals. Creative Europa Media. Euopean Commission.
Lugilde, M.I. (2017). Administración y promoción de audiovisuales y espectáculos. Altaria.
OEA (2020). Circulación del cine europeo en Europa.
OEA (2019). The promotion of independent audiovisual production in Europe.
Complementaria:
Carreño, T. (2014). La gestión de festivales en tiempos de crisis, Barcelona: Universitat de Barcelona.
Herrera, J., Linares, R. y Neira, H. (coord.) (2016). Márketing cinematográfico, Barcelona: UOC.
Linares, R. (2009). La promoción cinematográfica, Madrid: Fragua.
Miñarro, L (2013). Cómo vender una obra audiovisual, Barcelona:UOC.
AGADIC (2010). As cifras da industria cultural galega. Análise cuantitativa. A Coruña: Xunta de Galicia.
Baraybar, A. (2006). Marketing en televisión. Madrid: Fragua.
Calvo, C. (2008). Distribución y lanzamiento de una película, Jaén: Zumaque.
Écija, H. (2000). Cómo producir, distribuir y financiar una obra audiovisual. Libro Blanco del Audiovisual, Madrid: Exportfilm.
Fernández Blanco, V. (2002). Cinéfilos, videoadictos y telespectadores: los perfiles de los consumidores de productos audiovisuales en España, Madrid: Fundación Autor.
Martínez Hermida, M. (dir.) (2003). Las Comisiones Fílmicas. Un nuevo dispositivo para la promoción audiovisual, Sevilla: Comunicación Social E.P.
Pérez, J.(coord.) (2006). Contenidos digitales. Nuevos modelos de distribución on line. GAPST, Red.es
Redondo, I. (2000). Marketing en el cine, Madrid: Pirámide.
Rouston, J. (2003). "Pitching Ideas Hollywood Style" Standford University, en www.gsb.standford.edu
Vallejo, A (2014). Festivales cinematográficos en el punto de mira de la historiografía fílmica, Secuencias, 84, 2-36.
Anuarios e Revistas recomendadas:
Academia. Revista del cine español.
Anuario estadístico del cine europeo. Media Salles.
Media Business School. Informes.
FAPAE. Memoria Anual.
Focus. World F.
Básicas e Xerais:
Que os estudante saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que deban demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos, e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de natureza social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
Transversais:
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información.
Traballo en equipo.
Aprendizaxe autónoma.
Creatividade.
Iniciativa e espírito emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión.
Específicas:
Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais.
Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos.
Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais.
- Aulas expositivas do profesor e conferencias-debate con profesionais da promoción e difusión de obras audiovisuais.
- Lectura de textos audiovisuais e escritos, proporcionados polo profesor, para realizar estudos de caso e obter nocións básicas sobre a promoción e difusión da obra audiovisual.
- Preparación titelada da exposición dos alumnos na aula sobre traballo práctico en grupo: elaboración dun plano de promoción e difusión dun determinado produto e pitching.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación é continua e suxeita ás fases da práctica no caso da preparación en grupo e exposición dun plano de promoción e difusión e do seu pitching. O traballo contará un 60% da nota final.
A materia teórica, basada nas aulas expositivas, as conferencias e as lecturas, será obxeto dunha proba escrita que contará un 40% da nota final.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
A materia require dun total de 57 horas presenciais para o alumno. No caso da preparación de material, análise e realización dos traballos, a maiores das aulas, estímanse un total de 97 horas de traballo persoal e grupal.
Seguir os consellos do docente en canto a asistencia ás aulas expositivas e conferencias. Facer un cronograma das actividades grupais e das tarefas persoais concernentes a aula. Atender ás lecturas recomendadas polo profesor. Debater e participar nas conferencias e nos traballos en grupo.
As aulas impartiranse en galego.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Marcelo Antonio Martinez Hermida
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816543
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
15.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
15.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
28.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |