Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo das formas, procesos e estruturas da comunicación. Coñecemento do fenómeno audiovisual como representación, creación discursiva e produción simbólica nas sociedades modernas. Estudo dos métodos de investigación en comunicación. Evolución histórica.
O obxectivo fundamental da materia é expor as formas de comunicación nas sociedades modernas e estudar conceptos fundamentais das teorías da comunicación. Atenderase especialmente ás mensaxes audiovisuais. Estudaranse as distintas funcións comunicativas de información, persuasión e entretemento. Exporanse fundamentos dos procesos cognitivos e emocionais da comunicación social en contextos específicos.
1. A comunicación de masas e as disciplinas académicas.
Disciplinas que estudan a comunicación de masas. Definicións de comunicación de masas. A comunicación e o discurso social.
2. Comunicación, sociedade e “teorías dos medios”.
As sociedades orais. Os procesos de alfabetización. As sociedades orais modernas. As comunicacións electrónicas. A comunicación electrónica oral.
Joshua Meyrowitz e a noción de “interacción parasocial”. Comunicación e cambios de valores nas sociedades modernas: cuestións de utopía, dominio e desenvolvemento. Comunicación e comunidade segundo Kenneth Burke.
3. Masa, público e audiencia.
Multitude a masa. Público e racionalidade. O concepto de opinión pública.
Atracción da atención e organización grupal. Tipos de audiencias.
4. Modelos para o estudio da comunicación.
Conceptos fundamentais da teoría da comunicación. Comunicación e información. Canle, medio e códigos. Retroinformación.
O modelo de Shannon e Weaver. O paradigma de Lasswell. O modelo de Newcomb. O modelo de Westley e McLean. O modelo de Gerbrner. O modelo de Jakobson. O Modelo de Maletzke.
Modelos para o estudio da difusión gradual da información. O fluxo en dous banzos.
5. Evolución dos métodos de investigación.
A análise funcional da comunicación e as teorías de rango intermedio. Funcionalismo e investigacións sobre comunicación. Nocións de función e disfunón.
Estrutura e función segundo Lasswell. O desenvolvemento da análise funcional: P. F.
Lazarsfeld, R. K. Merton e Ch. Wright. A “conexión canadense”: do determinismo técnico á ironía nihilista: H. A. Innis e Marshall McLuhan.
A investigación sobre comunicacións en Europa. Os estudos de publicística e periodística. A escola de Francfort e a teoría crítica: discusión das análises funcionais. O concepto de “industria cultural”. A investigación despois da segunda guerra mundial. Os analistas pluridisciplinarios franceses. A escola semiótica italiana.
6. Medios e audiencias.
Relacións sociais e creación de significado. Investigacións sobre os efectos dos medios
de comunicación. Estudos sobre usos e gratificacións. As investigacións sobre “configuración de axendas”. A teoría da espiral de silencio. Fragmentación da audiencia e novas teorías da recepción. Teorías sobre os efectos culturais dos medios. Abraham Moles e o concepto de “cultura mosaico”. O concepto de “sociedade da información” e o novo discurso conservador estadouidense: Daniel Bell e a retórica das “contradicións culturais do capitalismo”. Medios de comunicación e cambio social.
7. Comunicación de masas e métodos de análise semiótica.
As tradicións do pensamento semiótico en Estados Unidos e Europa. Conceptos fundamentais da análise semiótica. As formacións significantes. Sintaxe, semántica e
pragmática. Denotación e connotación. Problemas do obxectivismo abstracto. Crítica
da concepción estática dos signos. O signo e o trazo.
8. Ideoloxía e significado.
Significado e grupos sociais. Definicións de ideoloxía. Suxeición, mediación cultural e ideoloxía. Raymond Williams e a noción de “estructuras do sentir”. A tradición
británica de análises culturais: Richard Hoggart e o CCCS, Raymond Williams e E. P. Thompson.
Evolución dos conceptos “cultura popular” e “cultura de masas”. Hall e Whannel e
o concepto de “artes populares”. Frederic Jameson e a crítica das imaxes. A análise feminista dos medios.
9. Métodos cuantitativos e cualitativos para o estudo da comunicación
Evolución dos métodos de análise de contido. Unidades de análise e "actores".Tópicos. Protocolos de codificación. Cunatificación de datos. Límites da análise de contido.
Métodos cualitativos de estudo da comunicación. Lingüística e pragmática. Os contextos da comunicación. A lingüística do texto. O procesamento da información segundo a psicoloxía cognitiva. O concepto de discurso. O acceso ó discruso. Estratexias de discursivas de información, persuasión e control.
10. Os fluxos da comunicación.
Comunicación e dominio. As raigañas imperialistas da comunicación global. As funcións das axencias internacionais e as estratexias de contención social. Exportación e importación de productos audiovisuais. O informe McBride. As directivas sobre comunicación da Comunidade Europea. Conglomerados multinacionais de información
e diversión. Comunicación e colonialismo.
O xornalismo e a Declaración universal dos dereitos humanos. A “Declaración dos dereitos e obrigas dos xornalistas” de Munich. Os xornalistas e a factura das noticias. Tres tópicos actuais: sociedade postindustrial, globalización e socidedade rede.
2.2 Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algúns dos temas da materia. Cómpre participar nos coloquios e debates sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
Bibliografía Básica:
Tema 1. Bennett, T. “Media, “reality” and signification” en T. Bennett et al., Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992; Bennett, T. “Teorías dos medios, teorías da sociedade”, versión galega de Bennet, T. “Theories of Media, Theories of Society” en Bennett et al., op. cit. Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992; Dijk, T. A. van “Discurso, poder e acceso”, A trabe de Ouro, n. 16., 1993, pp. 11-34.
Tema 2. Innis, H. A. Limiar de Empire and Communications. Oxford, Oxford U. P., 1991; Horton, D. e Wohl, R. “The Concept of Para-Social Interaction”, Psychiatry, 1957;Burke, K. “Two Aspects of Speech” en Permanence and Change. An Anatomy of Purpose. Berkeley, University of Califormia Press, 1992, pp.
Tema 3. Otero Pedrayo, R. “A masa neutral e indefrente” en R. O. P., Prosa Miúda. Sada, Edicións do Castro, 1988, pp. 69-70;Price, V., La opinión pública. Barcelona, Paidós, 1996.
Tema 4. Escarpit, R. Teoría general de la información y la comunicación. Barcelona, Icaria, 1977, pp. 23-83; Rodrigo Alsina, M. Los modelos de la comunicación. Madrid, Tecnos, 1996, pp. 31-47 e 61-85.
Tema 5. Cmiel, K. “Sobre o cinismo o mal e a descoberta da comunicación na década dos corenta”, versión parcial de “On Cynicism, Evil and the Discovery of Communication in the 1940´s”, Journal of Communication, 46 (3), 1996;Lasswell, H. D. “Estructura y función de la comunicación pública” enMoragas, M. de (ed.) , Sociología de la comunicación de masas. Barcelona,Gustavo Gili, 1982, pp. 192-206;Lazarsfeld, P. F. e Merton, R. K. “Medios de comunicación de masas, gustos populares y acción social organizada” en Moragas, M. de (op. cit.), pp. 171-191; Wright, C,“El análisis funcional de la comunicación de masas” en Moragas, M. de. (ed.), op. cit., pp. 207-223; Adorno, T. W. “A teoría freudiana e o modelo da propaganda fascista”,A trabe de ouro, nº 34, pp. 11-28; Adorno, T. W. “Resumo sobre a industria culttural”, A trabe de ouro, nº34, pp. 63-68.
Tema 6. Berland, J. “Baile de anxos: as técnicas culturais e a producción doEspacio”, A trabe de ouro, nº 44, pp. 13- 31;Poster, M. “O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o
Problema de retórica”, A trabe de ouro nº 31, pp. 33- 54: Blumler, J. G.. M. Gurevitch, "Media Change and Social Change: Linkages and Junctures" en J. Curran e M. Gurevitch, Mass media and Society. Londres, Arnold, 1996, pp. 120-137.
Tema 7. Worth, S. e L. Gross, "Symbolic Strategies" en S. Worth, Studying Visual Communication" Philadelphia, University of Pennsylvania, 1981, pp. 134-147; Worth, S., "Pictures Can´t Saý Ain´t" en S. Worth, Studying Visual Communication, op. cit,m pp. 162-184.
Tema 8. Williams, R. "Advertising: The Magic System" en Williams, R., Problems in Materialism and Culture. Londres, Verso, 1997; Jameson, F., "Transformacións da imaxe na postmodernidade", A trabe de ouro, nº 46, pp. 33-63; Federici, E., "Rederfini-la subxectividade feminina: novas figuracións da política de mobilidade", A trabe de ouro, nº 35, 1998, pp. 53-61.
Tema 9. Krippendrof, K., Content Analysis. Thousand Oaks (CA), Sage, 2002. (2ª ed, aumentada); Jensen, K. B. e N. W. Jankowski (eds.) Metodologías cualitativas de invetigación en comunicación de masas. Barcelona, Bosch, 1993; Dijk, T. A. van, "El análisis crítico del discurso" en T. A. van Dijk, Discurso y poder. Barcelona, Gedisa, 2009, pp. 149-179.
Tema 10.
McBride, S., Un sólo mundo, voces múltiples. Comunicación e información en nuestro tiempo. México, F. C. E. /UNESCOI, 1980.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Deery, J. e Press, A. (eds.) Media and Class. TV, Film and Digital Culture. N. York, Routledge, 2017.
Freedman, D. e Goblot, V. (eds.) A Future for Public Service Television. Londres, Goldsmiths, 2018.
Gil Calvo, E., Comunicación política. Caja de herramientas. Madrid, Catarata, 2018.
Tranche, Rafael R., La máscara sobre la realidad. La información en la era digital. Madrid, Alianza, 2019.
BÁSICAS E XERAIS
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos psoteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información.
Traballo en equipo.
Aprendizaxe autónoma.
Creatividade.
Iniciativa e espírito emprendedor.
Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
Capacitar para a creación de estratexias efectivas de comunicación en produtos audiovisuais.
Adquirir a formación necesaria para o desenvolvemento profesional en calquera das competencias necesarias para a creación de publicidade audiovisual.
A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeira fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais das teorías da comunicación, con especial atención a algúns textos das bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua. De ser posible, os alumnos terán tamén a opción a un exame final complementario,
De ser posible, a avaliación ha facerse segundo tres notas, correspondentes ó exame final, ós escritos de avaliación continua do alumnado e á participación activa nos debates e discusións quer na aula, quer telemáticos.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos de avaliación continua 40% da puntuación; a participación nos coloquios e discusións achegan o 10% da nota.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuatrimestre.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Velaí a distribución de traballo persoal e traballo na aula:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materiais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións contorvertidas.
O contraste de interpretacións teóricas sobre cuestións sociais de actualidade e a argumentación ponderada sobre asuntos do noso tempo é un dos obxectivos principais da materia.
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía do ensino adaptarse gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presenciais e virtuais ou só virtuais, a través do Campus virtual. (No tercerio escenario será todo vritual).
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
19.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula virtual |
29.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |