Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistemas audiovisual e da xestión das empresas e organizacións prestadoras de servizos de comunicación audiovisual no contexto da súa relación coa industria cultural e creativa e cos procesos de converxencia dixital.
PROGRAMA
1. Presentación da materia e plano de desenvolvemento. A xestión na sociedade da información e do coñecemento e nas industrias da comunicación audiovisual e multimedia. Conceptos e nocións xerais sobre xestión, economía, empresa, organización, estrutura, converxencia dixital, cadea e ecosistema de valor, modelos de negocio, sistemas audiovisuais e ecosistemas tradicionais e dixitais. As economías da comunicación, do tempo, dos servizos, da atención, da afiliación, da colaboración, dos datos e das redes. Planificación de desenvolvemento das clases de Seminario.
2. A importancia da planificación profesional e empresarial para o audiovisual. A planificación, elaboración e negociación do currículo profesional dentro do sistema de relacións profesionais e empresariais. A formación de competencias e a xestión da carreira profesional, a busca de emprego, os procesos de contacto e selección e a entrevista laboral. A marca persoal, o coidado das redes sociais e as novas formas de deseñar un CV. Novos perfís profesionais e ferramentas para o emprego efectivo no audiovisual e plataformas. Análise de casos na clase de Seminario sobre xestión do perfil profesional, do CV, da busca de emprego e do proceso de selección de persoal (entrevista).
3. O emprendemento, a súa materialización e constitución empresarial. Da idea ao proxecto: a creatividade, a investigación e o desenvolvemento, a innovación e o emprendemento. A viabilidade da idea convertida en proxecto empresarial. O proceso de creación e constitución dunha empresa de comunicación audiovisual. A empresa audiovisual e o seu empresario. A condición de promotor, editor, produtor, distribuidor, difusor e infomediario. A xestión da propiedade intelectual na empresa audiovisual. Análise de casos na clase de Seminario sobre creatividade, innovación, propiedade intelectual e emprendemento audiovisual.
4. A estrutura, caracterización e clasificación da actividade empresarial da comunicación audiovisual. As empresas de comunicación audiovisual segundo o seu capital (privadas e públicas) e a súa finalidade. Tipos de sociedades mercantís (colectivas, comanditarias, de responsabilidade limitada, de nova empresa, de sociedade anónima, cooperativas, de asociación laboral, sociedades de redactores, de agrupación económica e europea) e de institucións sen fin de lucro (asociacións, fundacións e de interese público). Clasificación das empresas de comunicación audiovisual segundo a súa actividade, cobertura, tamaño, especialización, financiación e outros tipos. Corporacións, holding e grupos de empresas. Análise de casos nas clases de Seminario sobre a tipoloxía das sociedades mercantís.
5. A organización e dirección da empresa audiovisual. A misión, a visión, os principios editoriais, os valores e a cultura corporativa. Concepción da organización e das súas áreas estratéxicas e funcionais. A organización do proceso administrativo de toma de decisións e a súa xestión. A planificación estratéxica e operativa. A xestión da produción e dos recursos humanos nas organizacións audiovisuais. Proceso de selección, contratación, organización e retribución dos recursos humanos. Dos procesos de produción audiovisual secuenciados aos sistemas de execución por fases, clúster, redes e agrupacións colaborativas. Xestión das relacións laborais. Tipos de contratos e convenios colectivos do audiovisual. Sistemas e procesos de produción integrados ou secuenciados. Análise de casos na clase de seminario sobre a produción e o marco sociolaboral (convenios colectivos) das empresas audiovisuais españolas e/ou do resto de Europa.
6. Márketing, comercialización e modelos de negocio dos sistemas e empresas audiovisuais. Márketing estratéxico e márketing mix, de produto e de relacións. Características dos produtos e servizos audiovisuais e dos sistemas de fixación de prezos. Funcións da comercialización. A promoción e a distribución dos produtos e servizos audiovisuais. Obxectos promocionais e merchandising. Modelos de negocio do sector audiovisual. Análise de casos na clase de Seminario sobre os distintos modelos de comercialización audiovisual.
7. O plan da empresa e/ou do negocio da comunicación audiovisual. Presentación e descrición da idea e do grupo promotor. Descrición da actividade, produto ou servizo audiovisual. Estudio do mercado e mercados audiovisuais. Estudio da competencia. Localización da empresa. Legalización e forma xurídica. Imaxe da empresa e dos produtos e/ou servizos. Política comercial e márketing. Organización da produción. Plan económico-financeiro. A presentación e negociación dos proxectos da empresa. Análise de casos na clase de Seminario da idea do proxecto para a creación dunha empresa audiovisual creativa, innovadora, orixinal e viable (trátase de amosar a creatividade e innovación da idea do proxecto).
8. A estrutura das empresas e o do mercado da televisión en Europa, España e Galicia. Orixes e evolución do mercado televisivo: do monopolio público á liberalización, da TDT á televisión baixo demanda. As características económicas da televisión e a súa cadea de valor. Os principais grupos audiovisuais europeos. Hábitos de consumo televisivo. A estrutura da televisión en función da súa temática e da súa modalidade de distribución. Estrutura do servizo audiovisual público en Europa e en España. A súa regulación a través da misión de servizo público e seus valores. A adaptación dos medios públicos ao novo ecosistema comunicativo e os retos de futuro. Análise de casos nas clases de Seminario sobre as principais empresas e grupos de televisión.
9. A xestión da empresa cinematográfica e a estrutura do mercado do cinema. O cinema como industria e a súa xestión. A cadea de valor do cinema: produción, distribución e exhibición. O modelo estadounidense fronte ao modelo europeo. Análise da evolución do mercado cinematográfico en Europa, en España e en Galicia: tendencias no consumo e na produción de películas. Sistemas tradicionais e novos de financiamento e produción. A protección da diversidade e as axudas á produción e á distribución de cinema. Análise de casos nas clases de Seminario sobre as principais empresas e grupos cinematográficos.
10. A xestión e a estrutura das novas plataformas dixitais. As plataformas como innovación disruptiva: conceptualización, características, e descrición do impacto das principais plataformas do ámbito do audiovisual e na economía dixital. Modelos de plataformas (pago, freemium ou acceso de balde). As plataformas e os contidos mediáticos: a recomendación e personalización de contidos, a integración do big data na produción audiovisual e o emprego de algoritmos aplicado aos medios de comunicación de servizo público. O impacto das plataformas nos contidos dixitais: a lóxica algorítmica, o clickbait e a difusión viral. Análise de casos nas clases de Seminario sobre a repercusión das GAFAN (Google, Apple, Facebook, Amazon, Netflix) na industria e as empresas audiovisuais tradicionais.
11. A xestión económico-financeira na empresa audiovisual. Modelos e tipos de financiación das empresas de comunicación audiovisual. Sistemas tradicionais e novas formas de financiación (crowdfunding, bartering, product placement, ect). Intervención pública (axudas e incentivos) e fiscalidade das empresas audiovisuais. Planificación económico-administrativa e contabilidade. Plan Xeral Contable e contas xerais das empresas de comunicación. Principais indicadores de xestión económico-financeira da empresa de comunicación. Sistemas de auditoría e control das empresas de comunicación. Análise de casos na clase de Seminario de sistemas e modelos de financiamento públicos e privados da produción e difusión audiovisual.
12. A gobernanza das empresas empresas audiovisuais: regulación, corrregulación e autorregulación. Modelos de xestión e organigramas das empre sas audiovisuais. A regulación das plataformas dixitais. Modelos e organismos internos e externos de regulación da comunicación audiovisual. A xestión da calidade e da Responsabilidade Social Corporativa na comunicación audiovisual. Códigos de gobernanza e marco normativo da RSC. A ISO 26000 de RSC. Normas de xestión, de avaliación e auditoría da calidade. Análise de casos na clase de seminario de modelos de informes de RSC das empresas audiovisuais de España e resto de Europa.
Bibliografía básica:
Albornoz, L.A. y García Leiva, M. T. (2017). El audiovisual en la era digital. Políticas y estrategias para la diversidad. Madrid: Ediciones Cátedra.
Bustamante, Enrique (2013): Historia de la Radio y la Televisión en España. Una asignatura pendiente de la democracia. Barcelona: Paidós
Clares-Gavilán, J., Merino Álvarez, C. y Neira, E. (2019). La revolución over the top. Del vídeo bajo demanda (VOD) a la televisión por internet. E6ditorial UOC.
García Castillejo, Angel (2014): Régimen jurídico y mercado de la televisión en abierto en España. Barcelona: UOC
Marzal Felici, Javier; Izquierdo Castillo, Jéssica; Casero Ripollés, Andreu, eds. (2015): La crisis de la televisión pública. El caso de RTVV y los retos de una nueva gobernanza. Barcelona: Aldea Global
Medina Laverón, Mercedes (2011): Estructura y gestión de empresas audiovisuales. Pamplona: EUNSA.
Núñez Fernández, Víctor (2015): La empresa informativa en la era digital. Madrid: Centro de Estudios Financieros
OBS (2018): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services -the pan European picture, Estrasburgo, European Audiovisual Observatory
Miguel de Bustos, J.C. & Izquierdo-Castillo, J. (2019). ¿Quién controlará la Comunicación? El impacto de los GAFAM sobre las industrias mediáticas en el entorno de la economía digital. Revista Latina de Comunicación Social, 74, 803 a 821. http://www.revistalatinacs.org/074paper/1358/41es.html.
Rodríguez Castro, M. & Campos-Freire, F. (2020). A xestión e a estrutura das novas plataformas dixitais. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788417595678
Srnicek, N. (2018). Capitalismo de plataformas. Buenos Aires: Caja Negra Editora.
Zallo Eguizabal, Ramón (2011): Estructuras de la comunicación y la cultura: políticas para la era digital. Barcelona: Gedisa
Bibliografía complementaria:
Arsenault, A.H. y Castells, M. (2008). “The structure and dynamics of global multi-media business networks”. International Journal of Communication, 2, pp. 707-748.
Bergés Saura, Laura; Sabater Cassals, Marta; De Mateo Pérez, Rosario (2009): Gestión de empresas de comunicación. Zamora: Comunicación Social
Calvo Herrera, C. (2003). La empresa de cine en España. Laberinto.
CNMC (2018). Informe económico sectorial de las telecomunicaciones y el audiovisual de España. Acceso: www.cnmc.es
Chalaby, J. K. (2016). Television and Globalization: The TV Content Global Value Chain. Journal of Communication, 66, pp. 35-59.
Doyle, G. (2016). Television production, Funding Models and Exploitation of Content. Icono 14, 14 (2), pp. 75-96. doi: 10.7195/ri14.v14i1.991
Evens, T. y Donders, K. (2018). Platform power and policy in transforming television markets. Palgrave Macmillan.
Gallardo Gallardo, E., Torreguitart Mirada, M. C., & Torres Tomàs, J. (2016). ¿ Qué es y cómo gestionar el crowdfunding?. Editorial UOC.
Głowacki, M., y Jackson, L. (Eds.). (2013). Public media management for the twenty-first century: creativity, innovation, and interaction. Routledge.
López Golán, M.; Campos-Freire, F., López, P.C.; Rivas, F. (2018). La comunicación en la nueva sociedad digital. Universidad de los Andres, PUCESI y UTPL. Acceso en: www.academia.edu.
Graves, F. y Lee, M. (2017). The law of youtubers: the next generation of creators and the legal issues they face. Landslide, 9(5).
Kevin, Deirdre (2015): Snapshot: Regional and local television in Spain, European Audiovisual Observatory.
Coñecementos básicos, teóricos e prácticos sobre a estrutura do sector audiovisual e o impacto dos procesos de converxencia dixital, así como sobre as organizaciones e empresas, sistemas e modelos de xestión, organización e financiamento
Teoría e práctica sobre a xestión, planificación, dirección e organización empresarial e sobre os sistemas de xestión da calidade e da responsabilidade social corporativa na empresa audiovisual.
Análise dos elementos fundamentais do mercado da información e do entretemento e das industrias culturais e creativas relacionadas coa xestión da empresa audiovisual.
Coñecemento sobre o emprendemento e creación de empresas audiovisuais e análise para a súa imprantación e desenvolvemento
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes seIpan aplicar os coñecementos ao seu traballo ou voación dunha forma profesional e dispoñan das competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinaria
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónomo
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE07 - Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais
CE08 - Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estadísticos
CE09 - Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual
CE10 - Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvimento profesional da programación de productos audiovisuais
Desenvolvemento de clases expositivas, traballos individuais e de grupo, lecturas de textos recomendados relacionados coa materia, análise de casos de xestión e discusión dos mesmos nas sesións prácticas. Realización dun proxecto de empresa orixinal, creativo e viable. Este traballo do proxecto de empresa poderá complementarse con recursos audiovisuais.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
Os traballos individuais e prácticos programados avaliaranse ata un notable (8) e a partires desa nota subirá a cualificación segundo as respostas ben contestadas no exame de preguntas breves ou de desenvolvemento.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira convocatoria aínda que a parte correspondente ao exame será exclusivamente de desenvolvemento.
A adicación presencial será de 48 horas e o traballo persoal do alumno de 102 horas
Requírese coñecer o uso dos medios e recursos audiovisuais para realizar o proxecto empresarial
Requírese coñecer o uso dos medios e recursos audiovisuais para realizar o proxecto empresarial
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Francisco Manuel Campos Freire
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- francisco.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martin Vaz Alvarez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- martin.vaz.alvarez [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo1 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo1 | Galego | Aula 8 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo1 | Galego | Aula 8 |
11.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo1 | Aula 3 |
11.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo1 | Aula 4 |
21.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo1 | Aula 7 |