Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Penal
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os conceptos básicos relativos ao Dereito penal, ás súas fontes, á lei penal no tempo e no espazo, á teoría do delito e ás súas consecuencias.
- Dominar a técnica de resolución de casos prácticos, especialmente os relativos á determinación da pena.
- Fomentar a utilización polo alumno de materiais bibliográficos complementarios.
- Transmitirlle ao alumno a función crítica da dogmática como instrumento que permita a mellora das leis e das resolucións xudiciais para aproximarse ao ideal de xustiza.
Tema 1º. Definición, Función e natureza do Dereito penal.
1. Concepto e función do Dereito penal
2. Natureza do Dereito penal
3. Relacións do Dereito penal con outras ramas do Dereito e con outras ciencias
Tema 2º. O ius puniendi e os principios constitucionais do Dereito
penal.
1. Principio de legalidade: concepto e funcións
2. Outros principios limitadores do Dereito penal
Tema 3º. A norma penal
1. Estrutura, función e clases de normas penais
2. A interpretación da lei penal
3. Leis penais en branco
4. O concurso aparente de normas penais
Tema 4º. Ámbito temporal, espacial e persoal da lei penal
1. O principio da irretroactividade e a retroactividade favorable da lei penal
2. Límites espaciais á aplicación da lei penal: principios aplicables
3. A extradición. Concepto, clases e regulación legal
4. Límites persoais da lei penal: inviolabilidades e inmunidades
Tema 5º. O concepto de delito
1. Elementos e estrutura do concepto de delito
2. Clasificación dos delitos
Tema 6º. A tipicidade
1. Concepto de tipo
2. As funcións do tipo e do tipo de acción.
3. Clases de tipos penais
Tema 7º. A conduta xurídico-penal. Acción e omisión
1. Introdución
2. As diferentes concepcións da acción en Dereito Penal.
3. Acción e resultado. Causación, causalidade e imputación obxectiva
4. Omisión propia e omisión impropia
5. Os supostos de ausencia de acción.
Tema 8º. Estrutura e composición do tipo: términos e elementos do tipo
1. As clases de términos típicos e o principio de taxatividade
2. O suxeito activo do delito
3. A capacidade criminal das persoas xurídicas e as actuacións en nome doutro
4. Suxeito pasivo, vítima e ofendido
5. Obxecto material do delito
Tema 9º. A antixuridicidade material
1. Antixuridicidade material e antixuridicidade formal
2. A doutrina do ben xurídico
3. Os conceptos de lesión e de perigo. Tipos de lesión e tipos de perigo
Tema 10º. A antixuridicidade formal
1. O dolo: concepto e clases
2. A imprudencia: concepto e clases
3. Os elementos subxetivos do inxusto
4. Exclusión: o erro de tipo e o caso fortuito.
Tema 11º. A xustificación
1. Concepto e natureza da xustificación
2. Pretensión de licitude e permisos “fortes”. Causas de xustificación:
a. Lexítima defensa
b. Estado de necesidade xustificante
c. Cumprimento dun deber e exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo
d. O consentimento do suxeito pasivo
Tema 12º. A culpabilidade
1. Concepto de culpabilidade. O fundamento da culpabilidade
2. Estrutura da culpabilidade: imputabilidade, esixibilidade e coñecemento da ilicitude do feito
3. Causas de inimputabilidade
a. Alteracións psíquicas
b. Estados de intoxicación
c. Alteracións da percepción
4. As actio libera in causa
5. Causas de inesixibilidade
a. Estado de necesidade excusante
b. Medo insuperable
6. O erro sobre a prohibición
Tema 13º. A punibilidade
1. Concepto
2. Condicións obxectivas de punibilidade e condicións obxectivas de perseguibilidade
3. A ausencia de punibilidade: Escusas absolutorias ou causas persoais de exclusión da pena
Tema 14º. Formas de aparición do delito (I). Introdución. O iter
criminis
1. As fases do desenvolvemento do delito
2. Actos preparatorios punibles. A apoloxía do delito
3. Delimitación entre preparación e execución
4. A tentativa.
a. A denominada tentativa inidónea
b. Desistimento na tentativa
5. A consumación.
Tema 15º. Formas de aparición do delito (II). Autoría e participación
1. Autoría en sentido material e en sentido formal
2. A distinción entre autor e partícipe
3. A autoría. Concepto e clases
4. A participación. Concepto e clases.
Tema 16º. Formas de aparición do delito (III). Concurso de infraccións
1. Concepto e diferenzas fundamentais co concurso de normas
2. Clases de concurso de delitos
a. Concurso real
b. Concurso ideal
c. Concurso medial
3. Delito continuado e delito masa
Tema 17º. Formas de aparición do delito (IV). As circunstancias modificativas da responsabilidade criminal
1. Teoría xeral das circunstancias
2. Circunstancias agravantes
3. Circunstancias atenuantes
4. Circunstancia mixta
Tema 18º. A pena: concepto, función e fins
1. Concepto de pena
2. Función e fins da pena
Tema 19º. Clases de penas
1. Clases e criterios de clasificación
2. Penas privativas de liberdade
3. Penas privativas ou restrictivas doutros dereitos
4. Penas pecuniarias
5. As penas previstas para as persoas xurídicas
Tema 20º. A determinación da pena
1. Introdución. Fases da individualización da pena
2. Regras legais de determinación da pena
3. A determinación do marco penal abstracto e do marco penal concreto
4. A individualización xudicial.
Tema 21º. Suspensión, substitución e execución da pena
1. A suspensión da execución da pena
2. A substitución da pena
3. A execución da pena privativa de liberdade. Referencia ao sistema de individualización científica da LOXP
4. Especial consideración da liberdade condicional
Tema 22º. Exclusión e extinción da pena. Rehabilitación e antecedentes penais
1. Causas xenéricas de exclusión e extinción da pena
2. A cancelación de antecedentes penais: concepto, natureza xurídica e regulación legal
Tema 23º. Perigosidade criminal e medidas de seguridade
1. A perigosidade criminal
2. Concepto, réxime xurídico e ámbito de aplicación das medidas de seguridade
3. Clases de medidas de seguridade
a. Medidas privativas de liberdade
b. Medidas non privativas de liberdade
Tema 24º. Outras consecuencias xurídicas do delito
1. As consecuencias accesorias
2. O comiso
3. A responsabilidade civil ex delicto
4. As costas procesuais
Tema 25º. Dereito penal de menores
1. O Dereito penal de menores español: a LORPM
2. Principios e garantías do Dereito penal de menores
3. As medidas previstas na LORPM. Concepto, fundamento e natureza
4. Clases de medidas:
a. Medidas privativas de liberdade
b. Medidas non privativas de liberdade
5. Regras de aplicación e execución das medidas
AA.VV: Esquemas de Teoría Jurídica del Delito y la Pena. Valencia, Tirant lo Blanch, última edición.
Muñoz Conde, Francisco / García Arán, Mercedes: Derecho Penal. Parte General, Valencia, Tirant lo Blanch, última edición.
Mir Puig, Santiago: Derecho Penal. Parte General. Barcelona: Reppertor, últ. edición.
Cerezo Mir, José: Curso de Derecho penal español. Parte General. Ed. Tecnos, últ. edición.
Gracia Martín, Luis y otros: Lecciones de consecuencias jurídicas del delito, Valencia, Tirant lo Blanch, últ. edición.
-Distinguir, á hora de enfrontarse a un caso real, os elementos do delito que entran en xogo e os problemas específicos que suscita a participación delituosa, o “iter criminis”, o concurso de delitos e a concorrencia de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal, así como os referidos á teoría das fontes, á interpretación das normas e á eficacia espacial e temporal das leis penais.
- Aplicar correctamente as regras de determinación da pena.
- Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte xeral do Dereito penal.
- Clases teóricas, clases prácticas, seminarios, traballos tutelados e lecturas recomendadas.
-Uso dos foros de debate sobre cuestións actuais relacionadas coa parte xeral do Dereito Penal.
Consistirá nunha proba final escrita tipo test. Dita proba final escrita versará sobre as materias impartidas durante o curso, e na dita proba ponderaranse os coñecementos do alumno sobre o contido do Programa da disciplina, e representará un 80% da nota final. O restante 20% obterase pola participación nas actividades e a realización de tarefas académicas que se vaian fixando polo profesor, fundamentalmente nas clases interactivas. A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame. Para engadir a nota do exame interactivo á nota do exame teórico, debe obterse un mínimo de 4 puntos no exame.
O réxime para o alumnado con exención de docencia consistirá na realización dun traballo académico, sobre un tema que será encargado polo profesor, que substituirá as actividades que esixen a presencia física na aula e representará un 20 % da nota final.
- Horas de docencia expositiva: 45
- Horas de docencia interactiva: 15
- Total de horas presenciais:60
- Horas non presenciais de estudo individual ou en grupo: 45
- Horas non presenciais para a resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates e similares, así como outras tarefas propostas polo profesor: 30.
- Total de horas non presenciais: 75
Volume de traballo global mínimo: 135 horas.
Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da disciplina, o uso de titorías e o emprego de materiais didácticos complementarios.
“Plan de Continxencia”
Escenario 2:
Metodoloxía da ensinanza
O desenvolvemento da docencia realizarase consonte aos seguintes criterios:
Se artellarán mecanismos que permitan combinar a docencia presencial coa docencia en remoto. A tal efecto empregaranse o campus virtual e demáis ferramentas postas a disposición da comunidade universitaria pola Universidade de Santiago de Compostela.
Polo que respecta as clases teóricas que se impartan en remoto, empregarase o sistema de videoconferencia en MS Teams. Intentarase replicar, na medida do posible, o sistema normal de desenrolo das aulas presenciáis. De forma alternativa, o anterior sistema poderá ser substituido pola elaboración, por parte de persoa responsable da docencia, de esquemas da materia que serán postos a disposición do alumnado a través da aula virtual de modo gradual, segundo as semanas lectivas. Lémbrase que no estudo da materia é necesario o uso tanto da bibliografía recomendada como do Código Penal.
Nas aulas interactivas que se impartan en remoto os responsables docentes porán a disposición do alumnado a práctica a realizar, coas conseguintes instruccións, indicándoselles, así mesmo, o prazo máximo de entrega.
Tutorías
Poderán combinarse titorías presenciáis e virtuáis previa solicitude do alumnado, a través da aplicación de Microsoft Teams.
Canles de comunicación virtuáis
Aula Virtual da asignatura
Correo electrónico dos responsables docentes
Sistema de avaliación previsto
Consistirá nunha proba final, ben oral ben escrita, sobre as materias impartidas durante o Curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das dúas partes das que consta o programa da disciplina. Esta proba final será puntuada cunha calificación máxima de 8 puntos. Os dous puntos restantes obteranse cos casos prácticos realizados nas aulas interactivas. A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.
A proba escrita consistirá nun examen tipo test ou de preguntas a desenvolver.
Os exames orais constarán de preguntas curtas ou de desenvolvemento relativas ás diversas partes do programa. A nota final será a media aritmética das notas obtidas en cada unha delas, se ben, para poder compensar a nota conseguida nunha das partes do programa coa correspondente á outra, esixirase que o alumno acade un mínimo de dous (2) puntos na que esté suspensa.
O alumnado que obteña a exención de docencia para esta asignatura en virtude de acordo tomado en Xunta de Facultade, terá que realizar unha proba práctica que substituirá a súa presenza nas aulas expositivas e a súa participación nas aulas interactivas.
As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
Escenario 3:
Metodoloxía da ensinanza
O desenvolvemento da docencia realizarase consonte aos seguintes criterios:
Se artellarán mecanismos que permitan desenvolver a docencia en remoto. A tal efecto empregaranse o campus virtual e demáis ferramentas postas a disposición da comunidade universitaria pola Universidade de Santiago de Compostela.
Polo que respecta as clases teóricas, empregarase o sistema de videoconferencia en MS Teams. Intentarase replicar, na medida do posible, o sistema normal de desenrolo das aulas presenciáis. De forma alternativa, o anterior sistema poderá ser substituido pola elaboración, por parte de persoa responsable da docencia, de esquemas da materia que serán postos a disposición do alumnado a través da aula virtual de modo gradual, segundo as semanas lectivas. Lémbrase que no estudo da materia é necesario o uso tanto da bibliografía recomendada como do Código Penal.
Nas aulas interactivas, os responsables docentes porán a disposición do alumnado a práctica a realizar, coas conseguintes instruccións, indicándoselles, así mesmo, o prazo máximo de entrega.
Tutorías
Se farán virtualmente, previa solicitude do alumnado, a través da aplicación de Microsoft Teams.
Canles de comunicación virtuáis
Aula Virtual da asignatura
Correo electrónico dos responsables docentes
Sistema de avaliación previsto
Consistirá nunha proba final, ben oral ben escrita, sobre as materias impartidas durante o Curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das dúas partes das que consta o programa da disciplina. Esta proba final será puntuada cunha calificación máxima de 8 puntos. Os dous puntos restantes obteranse cos casos prácticos realizados nas aulas interactivas. A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.
A proba escrita consistirá nun examen tipo test ou de preguntas a desenvolver.
Os exames orais constarán de preguntas curtas ou de desenvolvemento relativas ás diversas partes do programa. A nota final será a media aritmética das notas obtidas en cada unha delas, se ben, para poder compensar a nota conseguida nunha das partes do programa coa correspondente á outra, esixirase que o alumno acade un mínimo de dous (2) puntos na que esté suspensa.
O alumnado que obteña a exención de docencia para esta asignatura en virtude de acordo tomado en Xunta de Facultade, terá que realizar unha proba práctica que substituirá a súa presenza nas aulas expositivas e a súa participación nas aulas interactivas.
As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
Fernando Antonio Vazquez-Portomeñe Seijas
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814684
- Correo electrónico
- fernando.portomene [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Perez Rivas
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814694
- Correo electrónico
- natalia.perez.rivas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
12.01.2021 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
23.06.2021 12:00-14:00 | Grupo clases expositivas | Aula 7 |