Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecemento dos procesos psicolóxicos básicos.
-Primeira aproximación ao nivel psicolóxico de análise de fenómenos sociais complexos.
-Comprender a relación entre factores individuais e sociais no ámbito da criminoloxía.
Tema 1. Aspectos conceptuais, metodolóxicos e históricos
Psicoloxía e niveis de análise. Principios básicos do pensamento científico. Observación naturalista. Estudio de casos. Deseños correlacionais. Deseños experimentais. Marcos teóricos da psicoloxía: perspectiva histórica.
Tema 2. Bases biolóxicas do comportamento
A neurona. A sinapsis. Neurotransmisores. Sistema nervioso central. Sistema límbico. Tronco encefálico. Sistema nervioso somático. Sistema nervioso autónomo. Sistema endocrino. Factores xenéticos a ambientais. Teoría evolucionista e comportamento.
Tema 3. Sensación, percepción e atención
Sistema visual. Percepción visual. Sistema auditivo. Percepción auditiva. Olfato, gusto e tacto. Atención: Determinantes da atención. Atención selectiva. Atención dividida. Aspectos evolutivos.
Tema 4. Aprendizaxe
Habituación. Sensibilización. Condicionamento clásico. Condicionamento instrumental (u operante). Aprendizaxe observacional. Evolución e aprendizaxe: o enfoque dos sistemas de conduta.
Tema 5. Memoria
Sistemas de memoria: Memoria sensorial. Memoria a curto prazo. Memoria a longo prazo. Etapas do procesamento da información. Codificación. Almacenamiento. Recuperación. Neurobioloxía da memoria. Amnesia retrógrada. Amnesia anterógrada. Ontoxenia da memoria. Amnesia infantil. Recordos falsos: Testemuñas oculares. Testemuño infantil. Evolución e memoria.
Tema 6. Pensamento e linguaxe
Razoamento. Economía cognitiva: Conceptos, categorías e heurísticos. Razoamento intuitivo versus razoamento científico. Intelixencia. Características da linguaxe. Aprendizaxe infantil da linguaxe. Comunicación animal. Relación entre pensamento e linguaxe. Evolución, pensamento e linguaxe.
Tema 7. Emoción e motivación
Componentes da emoción. Dimensións emocionais: valencia e activación. Emocións básicas, sistemas de conduta e evolución. Expresión emocional. Enfoques tradicionais da motivación: a pirámide motivacional de Abraham H. Maslow. Motivación, sistemas de conduta e evolución. Sistema alimentario. Sistema defensivo. Sistema sexual. Sistema parental.
Tema 8. Personalidade
Teorías da personalidade: Teoría psicoanalítica. Teoría condutista. Teoría da aprendizaxe social. Teoría humanista. Modelos de trazos. Evaluación da personalidade. Evolución e personalidade.
Tema 9. Psicoloxía do desenvolvemento
Desenvolvemento cognitivo: Piaget, Vigotski e as teorías cognitivas contemporáneas. Desenvolvemento social e moral. Adolescencia. Idade adulta. Envellecemento. Evolución e desenvolvemento.
Tema 10. Psicoloxía social
Influencia social. Actitudes e comportamento. Persuasión e cambio de opinión. Prexuicio e discriminación. Evolución e comportamento social: Cooperación e altruismo. Agresión.
Tema 11. Psicoloxía clínica (I)
Trastornos de ansiedade: Trastorno de pánico. Trastorno de ansiedade xeneralizada. Fobias. Trastorno por estrés postraumático. Trastorno obsesivo-compulsivo. Evolución, medo e ansiedade.
Tema 12. Psicoloxía clínica (II)
Trastornos do estado de ánimo: Trastorno depresivo maior. Trastorno bipolar. Trastornos disociativos e da personalidade. Esquizofrenia. Enfoques terapéuticos: Cognitivo-condutual. Sistémico. Psicoanalítico. Humanista. Farmacolóxico. Evolución e psicopatoloxía. Evolución e saúde.
-Lilienfeld, S. O. et al. (2011). Psicología: Una introducción. Madrid: Pearson.
-Gaulin, S., & McBurney, D. H. (2004). Evolutionary psychology. Upper Saddle River, New Jersey: Pearson.
Durante o curso se proporcionarán lecturas adicionais para cada un dos temas.
De xeito complementario, pode ser interesante consultar o seguinte manual (dispoñible en formato electrónico na biblioteca da USC): Buss, D. M. (Ed.). (2005). Handbook of evolutionary psychology. Hoboken, NJ: John Wiley & Sons. Ademais, a través do Campus Virtual, indicaranse lecturas adicionais.
CG1: Interpersonal; capacidade para cooperar con outros profesionais nun contexto interdisciplinar e multicultural.
CE10: Comprensión e aplicación do coñecemento teórico e empírico proporcionado pola investigación nos ámbitos da delincuencia e o comportamento antisocial.
-Clases expositivas/participativas.
-Materiais audiovisuais.
-Materiais de lectura.
-Presentacións en Power-point.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
-Exame final escrito (preguntas tipo ensaio): 80%
-Asistencia a clase e participación: 5%
-Informes escritos: 15%
Aqueles estudantes que, habendo participado dalgún xeito no proceso de evaluación continua (por exemplo, realizando exames parciais, informes escritos, etc.), non teñan superado a materia, obterán a calificación de Suspenso no caso de non presentarse ás convocatorias de exame oficiais.
No suposto de que a un estudante se lle conceda unha exención de docencia, será avaliado nas convocatorias oficiais de exame. Ademáis, terá que entregar todos aqueles traballos que, de xeito preceptivo, requíranselle aos estudantes que estean a cursar a materia de xeito ordinario.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
-Tempo total de clases presenciais: 60 horas. Clases expositivas: 35 horas. Clases interactivas: 15 horas. Conferencias: 10 horas.
-Tempo de estudo (lecturas, redacción do informe, preparación do exame): 90 horas.
-Tempo total: 150 horas (6 créditos ECTS).
Plan de continxencia: En función da situación sanitaria relacionada co COVID-19, pode ser necesario contemplar outros escenarios docentes, coas seguintes características:
-Metodoloxía do ensino:
Parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo estudante, o que será debidamente informado a
través do Campus Virtual.
Para as sesións expositivas proporcionarase, a través do Campus Virtual, material didáctico que permita suplir –na medida do posible—as clases presenciais. No que se refire ás sesions interactivas, éstas terán lugar durante as datas asignadas no calendario oficial do Grao en Criminoloxía. Para a sua realización, no Campus Virtual estarán dispoñibles –durante os citados períodos—preguntas e exercicios similares (na súa natureza) aos levados a cabo nas clases presenciais.
a) Ferramentas no caso de requerirse docencia telemática (tanto expositiva como interactiva): Moodle e Teams.
b) Sistema de seguimento das actividades non presenciais: programación de entregas.
-Avaliación:
Substitúese o exame final escrito pola asignación dunha tarefa –consistente en redactar catro ensaios curtos—que permita completar o proceso de avaliación mediante unha extensión da avaliación continua. As cuestión sobre as que versarán os ensaios escolleranse de entre un conxunto de, polo menos, quince, e serán representativas da totalidade dos contidos do programa.
Lembrase que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
É importante sinalar que, mentres no escenario de normalidade adaptada a evaluación continua ten un peso dun vinte por cento, nos escenarios alternativos pasa a ter un peso dun cento por cento.
Francisco Jose Esmoris Arranz
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813709
- Correo electrónico
- fcojose.esmoris [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 10 |
01.06.2021 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 7 |
09.07.2021 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 7 |