Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realizar unha aproximación xeral ao coñecemento do Dereito Internacional Penal a través de:
-o exame do seu específico sistema de fontes;
-a identificación e estrutura dos crimes internacionais;
-o estudo dos principios e mecanismos para a súa represión e persecución nos sistemas xurídicos nacionais e internacional con especial atención á Corte Penal Internacional.
Lección 1. O Dereito Internacional Penal: Concepto e Fuentes
1. O concepto de Dereito Internacional Penal:
A) Bens xurídicos protexidos e obxectivos. B) A interacción co Dereito Internacional dos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario.
2. O específico sistema de fontes do Dereito Internacional Penal:
A) As particularidades dos Tratados internacionais de DIP. B) A contribución das normas consuetudinarias internacionais á formación do DIP. C) A incorporación das normas de DIP nos ordenamentos internos.
Lección 2. Orixe e evolución do Dereito Internacional Penal
1. Antecedentes: O Tratado de Paz de Versalles.
2. O desenvolvemento tras a II Guerra Mundial: Os primeiros tribunais internacionais penais e a Declaración dos Principios de Núremberg.
3. A actividade da Comisión de Dereito Internacional.
4. Os tribunais penais internacionais ad hoc.
5. O Estatuto de Roma e o establecemento da Corte Penal Internacional.
6. Tendencias actuais: Tribunais penais híbridos e internacionalizados.
PARTE II. A INCRIMINACIÓN E Os PRINCIPIOS DE REPRESIÓN NO DEREITO INTERNACIONAL PENAL
Lección 3. Os crimes internacionais: Concepto e elementos
1. O concepto de crime internacional. Diferenzas cos delitos transnacionales.
2. A estrutura dos crimes internacionais:
A) Elementos materiais. B) Elemento mental ou subxectivo.
Lección 4. Categorías de crimes internacionais
1. O crime de xenocidio: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O dolo específico.
2. Os crimes contra a Humanidade: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O elemento contextual.
3. Os crimes de guerra: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O elemento contextual.
4. O crime de agresión: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O rol do Consello de Seguridade.
5. Outros posibles crimes internacionais.
Lección 5. Principios de represión dos crimes internacionais
1.Formas punibles de participación.
2.Responsabilidade do superior.
3.Circunstancias eximentes, atenuantes e agravantes de responsabilidade.
4. Irrelevancia do cargo oficial e inmunidades.
PARTE III. A APLICACIÓN DO DEREITO INTERNACIONAL PENAL
Lección 6. A aplicación polos tribunais nacionais. Principios.
1. O principio de xurisdición universal: A) Concepto e condicións de aplicación B) A práctica española.
2. O principio aut dedere aut iudicare. Outros mecanismos de cooperación penal internacional. Cooperación penal no ámbito rexional: O Espazo de liberdade, seguridade e xustiza da Unión Europea.
Lección 7. O sistema de xustiza penal internacional: A Corte Penal Internacional
1. Natureza xurídica e estrutura: A) Órganos. B) As partes procesuais: Fiscalía e defensa C) A Asemblea de Estados parte.
2. O principio de complementariedade: A) Competencia e activación do procedemento B) Criterios de admisibilidad.
3. A implementación do Estatuto de Roma nos sistemas xurídicos nacionais.
Lección 8. O funcionamento da Corte Penal Internacional
1.O procedemento:
A) O exame preliminar.
B) A investigación e o xuízo oral.
C) A apelación, revisión e execución.
F) Multas e reparacións. As vítimas.
2. A cooperación coa Corte Penal Internacional.
Lección 9. A Xustiza Transicional
1.Orixe e evolución do concepto de ‘xustiza transicional’.
2.Mecanismos de xustiza transicional: A) A xustiza penal. Amnistías e indultos. B) O dereito para saber: as Comisións da Verdade. C) As reparacións.
Manuais de consulta recomendada:
WERLE, G y JESSBERG, F., Tratado de derecho penal internacional, 3ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
GIL GIL, A y MACULAN, E., Derecho penal internacional, 2ª edición, Dykinson, Madrid, 2019.
Outros manuais complementarios:
-ALONSO MOREDA, N., Cooperación judicial en materia penal en la Unión Europeo: la “Euro-Orden”, instrumento privilegiado de cooperación, Cizur Minor, Pamplona, 2016.
-BOLLO AROCENA, D., Derecho internacional penal. Estudio de los crímenes internacionales y de las técnicas para su represión, Universidad del País Vasco, 2004.
-CRYER, R., An Introduction to International Criminal Law and Procedure, Cambridge University Press, Cambridge, 2019.
-GIL GANDÍA, C., La reparación de las víctimas de crímenes internacionales y la Corte penal internacional, Thomson Reuters Aranzadi, 2020.
-LIROLA, I & MARTÍN, M., La Corte Penal Internacional: justicia vs. impunidad, Barcelona, Ariel, 2001.
-OLASOLO, H., Derecho Internacional Penal, Justicia transicional y delitos transnacionales: dilemas políticos y normativos, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
-STAHN, C., A Critical Introduction to International Criminal Law, Cambridge University Press, 2018.
- Tomar conciencia da importancia do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
- Utilizar adecuadamente a terminoloxía propia e específica do Dereito Internacional Público e o Dereito Internacional Penal.
- Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado utilizando unha linguaxe (xurídico, médico, psicolóxico, sociolóxico e técnico) correcto.
- Analizar desde un punto de vista xurídico cuestións de actualidade que plateen a aplicación do Dereito Internacional Penal.
- Capacidade de argumentación xurídico internacional nos niveis oral e escrito en supostos prácticos nos que se plateen cuestións de Dereito Internacional Penal.
- Capacidade para cualificar uns feitos ou situación como crime internacional, determinando o tipo ou categoría de crime e os seus elementos.
- Coñecer os diferentes mecanismos de cooperación penal, tanto no plano universal, como no rexional europeo, para a persecución de crimes internacionais e outras formas de delincuencia transnacional.
- Coñecer as novas formas de criminalidade, en especial do crime organizado, profundando nas novas técnicas de investigación criminal e nos seus límites.
- Identificar os mecanismos internacionais para a sanción dos crimes internacionais.
- Entender e identificar as distintas etapas procesuais nos que se atope un caso concreto ante a Corte Penal Internacional.
- Analizar e resolver supostos prácticos nos que se expoñan cuestións relativas á aplicación de normas de Dereito Internacional Penal polas xurisdicións nacionais.
- Coñecer recursos e técnicas informáticas para a obtención de información relacionada co Dereito Internacional Penal a través da utilización de bases de datos, catálogos, páxinas web ou outras fontes de información telemáticas.
Clases teóricas, clases prácticas e organización de seminarios, traballos tutelados, lecturas recomendadas, debates e exposicións orais.
-O exame suporá o 70% da calificación final e aprobalo será requisito para superar a asignatura. O exame, que estará composto por unha parte teórica e outra práctica, busca valorar a adquisición de coñecementos teóricos por parte do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico.
Poderase convocar a una proba adicional para a obtención da Matrícula de Honra aos estudantes que obtiveran na proba final a cualificación de Sobresaínte para a que terán que inscribirse no prazo que fixe o Profesor responsable da materia.
-As actividades programadas, particularmente as clases interactivas (elaboración e entrega de casos prácticos, traballos tutelados e exposición, comentarios de xurisprudencia, seminarios ou calqueira outra actividade que se indique), así como a asistencia ás clases teóricas e interactivas suporá o 30% restante da calificación final.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
• Asistencia en máis do 90% as actividades docentes realizadas durante o curso.
• Elaboración e entrega por escrito a través da aula virtual da USC dos casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
• A participación activa do alumno durante o desenvolvemento da clase interactiva será un requisito indispensable para a valoración da mesma.
- No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
- Aqueles alumnos que non superen a asignatura ou ben non se teñan presentado ao exame, poderán conservar para o curso inmediatamente seguinte a nota obtida nas clases interactivas, sempre e cando o soliciten por escrito, ao inicio do cuatrimestre, no prazo sinalado polos Profesores responsables da docencia.
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O estudante debe realizar un seguimento continuado da materia para poder asimilar e comprender de forma continuada os distintos conceptos explicados. Para iso, debe servirse da bibliografía recomendada, como material de apoio, tanto na vertente teórica como na práctica. Iso sen dúbida redundará nunha dedicación ao longo de todo o curso que conleva 90 horas de traballo persoal, a distribuír entre o tempo de estudo e o empregado na resolución de casos práctico e a realización de traballos e lecturas.
-Asistir a clase regularmente e participar activamente nos debates.
-Recorrer ás titorías para liquidar calquera dúbida sobre a materia.
-Planificar o traballo con antelación.
-Estudar con tempo e periodicidade.
-Completar a aprendizaxe cos recursos bibliográficos recomendados.
Modificacións na metodoloxía docente e no sistema de avaliación no marco do Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, para os escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche das instalacións).
As especificacións introducidas no Plan de continxencia para o escenario 2 (Distanciamento) non esixen, na Facultade de Dereito, da realización de adaptacións metodolóxicas ou de avaliación respecto ao escenario 1.
No caso de que sexa activado por parte das autoridades académicas o escenario 3 (Peche das instalacións), a docencia do programa da materia, así como outras actividades docentes, levarase a cabo a través da aula virtual da materia (Moodle) e mediante sesións "en remoto" de Microsoft Teams, que se impartirán de forma síncrona. Para iso, crearase un equipo por cada un dos grupos da materia co nome "Dereito Internacional Penal". Por estes dous medios impartirase a docencia seguindo o horario oficial do Grao. Por estas vías realizarase tamén un labor de orientación e apoio do traballo persoal a cargo do alumno a través de titorías. De igual modo, será incorporado á aula virtual un “foro de consulta” de carácter asíncrono no que os alumnos poderán formular dúbidas e comentarios sobre os contidos da materia e recibir unha retroalimentación colectiva, con relación ás preguntas, por parte do profesor. De forma complementaria, na aula virtual colgaranse materiais de apoio á docencia. Tamén por estes medios realizaranse actividades interactivas que o alumno entregará a través da aula virtual e poderán ser obxecto de comentarios a través de sesións telemáticas. En ambos os escenarios (2 e 3), os manuais básicos recomendados na bibliografía servirán como referencia mínima na docencia e na avaliación da materia.
Á vista da situación excepcional na que se desenvolve a docencia no escenario 3, considérase oportuno reponderar o peso específico outorgado á avaliación continua no conxunto da cualificación final. Así, mantense unha proba final de carácter telemático, que supoñerá o 50% da cualificación final. O outro 50% da cualificación final corresponderá á avaliación continua, isto é, ás actividades prácticas realizadas e entregadas na aula virtual da materia.
Se, excepcionalmente, algún alumno tivese dificultades para acceder á aula virtual na data indicada para facer a proba debería poñerse en contacto co profesor para establecer a modalidade de proba alternativa a realizar. Este sistema de avaliación aplícase ás dúas oportunidades.
Carmen Montero Ferrer
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- carmen.montero.ferrer [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
27.01.2022 19:00-21:00 | Grupo clases expositivas | Salón de Actos |
07.07.2022 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |