Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como obxectivos:
a) O alumno debe familiarizarse coa terminoloxía e as expresións técnicas características dos contextos sociais e profesionais no ámbito da criminalidade con especial referencia ás actividades criminais, policías, lexislativas, procesuais e xudiciais, xunto coa dimensión social do delito (crime e xénero, crime e racismo, crime e marxinación, crime e enfermidades mentais, etc.).
b) O alumno debe desenvolver as técnicas de comunicación axeitadas para manexarse nos contextos que forman parte do ámbito criminolóxico.
c) O alumno debe mellorar o dominio do inglés tanto en relación ao vocabulario xeral e específico como á gramática e á pronunciación.
d) Ao final do semestre, o alumno debería ter adquirido habilidades orais que correspondan aproximadamente ao nivel B1 do «Marco común europeo de referencia para as linguas».
1. Grammar of English: introduction
2. Basic concepts on Court System in England and Wales
2.1 Civil courts
2.1.1 Magistrates' Courts
2.1.2 County Courts
2.1.3 High Court of Justice: Family, Chancery and Queen's Bench
2.1.4 The Court of Appeal
2.1.5 The House of Lords
2.1.6. Grammar of English: review
2.2. Criminal courts
2.2.1 Crown courts
2.2.2 Criminal Division of the Court of Appeal
2.2.3. The House of Lords
2.3. Grammar of English: review
3. Basic notions on types of lawyers, magistrates and judges
4. Basic notions on criminal justice and criminal proceedings
4.1 Categories of criminal offence
4.2. Grammar of English: review
5. Criminology and society
5.1 Green criminology
5.2 Domestic violence
5.3 Prostitution crime and sex work
5.4 Penal populism
5.5 The significance of globalisation for criminology
5.6 Crime and gender
5.7 Crime and racism
5.8 Crime and marginalization
5.9 Grammar of English: review
Bibliografía básica:
-Van den Eede, K., The Language of Crime: English for Criminology Students." Leuven: Acco, 2010
Bibliografía complementaria:
- G. D. Brown and S. Rice, professional English in Use, Cambridge University Press, 2007.
- Alison Liebling and Shadd Maruna,The Oxford Handbook of Criminology, Oxford University Press, 5th ed. 2017
- Barnard, D., The civil Court in Action, Butterworths, Londres, 1985.
- Barnard, D., The Criminal Court in Action, Butterworths, 1988.
- Meador, D. J., American Courts, West Publishing Co., St. Paul, Minn., 1991.
- Solan, L. M., The Language of Judges, The University of Chicago Press, Chicago, 1993.
A) Compoñente cognitivo (coñecemento):
- Coñecemento da cultura criminolóxica anglo-saxona
- Técnicas de xestión e métodos de análise lingüística criminolóxica.
- Técnicas de xestión de tradución de textos do Inglés criminolóxico
- Coñecemento da variedade de tipos de texto e rexistros criminolóxicos
B) Proceso / Instrumental (Saber como):
- Capacidade de realizar análise lingüística e comentarios sobre textos criminolóxicos.
- Capacidade explicativa dos textos criminolóxicos a través de tradución.
C) Comportamento (Ser):
- Activar a motivación pola linguaxe criminolóxica
Nas sesións expositivas presentaranse os contidos e terminoloxía criminolóxica que serán desenvolvidos de forma interactiva nas sesións interactivas.
O alumno debe participar activamente nas clases naquelas tarefas encomendadas.
Os alumnos terán que participar en diversas actividades que lles permitan desenvolver as súas habilidades comunicativas (fundamentalmente orais e escritas).
Proporanse situación reais coa presentación pública dunha institución relativa ao ámbito da criminoloxía.
Presentaranse actividades e situacións onde o alumno terá que desenvolver unha conversación con interlocutores que se viran potencialmente inmersos en casos propios do ámbito criminolóxico (comisarías de policía, tribunais, etc.)
No caso de que se decretase algún dos escenarios de continxencia, aplicaraser o que se indica na sección de observacións baixo o título de "Plan de continxencia".
Na 1ª convocatoria de maio:
O alumno deberá realizar un examen final que abarcará todos os contidos do programa que contará o 80% da valoración.
Asistencia e participación activa: 20%
Na 2ª convocatoria de xullo:
A valoración do exame de segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios, polo que se terá en conta a asistencia e participación activa nas clases (20%) e o exame final (80%).
Os alumnos que asistan as clases, participen nas actividades de clase e nas tarefas encomendadas de traballo persoal figurarán como NO PRESENTADOS, se non realizan o exame final tanto na primeira convocatoria de xuño como na segunda convocatoria de xullo.
Recoméndase aos alumnos exentos e repetidores atender titorías polo menos unha vez ao mes para recuperar con más garantías a materia. Si responden adecuadamente ás tarefas propostas nas titorías terán un cómputo de un 40% na avaliación continua. En todo caso tamén terán que realizar o exame final (60%). Os alumnos que non dispoñan dunha avaliación continua terán que superar o exame final (100%).
No caso de que se decretase algún dos escenarios de continxencia, aplicarase o que se indica na sección de observacións baixo o título de "Plan de continxencia".
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia: 75 horas.
- Requírise un nivel medio de inglés.
- É fundamental que o alumno asista e participe na clase.
Plan de Continxencia
Metodoloxía:
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3, a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de xeito que as actividades de ensino que non se poidan levar a cabo de xeito presencial, se desenrolarán de modo virtual, recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición da USC, combinando actividades sincrónicas (principalmente a través da plataforma TEAMS) e / ou asíncronas (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) segundo o tipo de actividade.
Avaliación:
Na modalidade de ensino semipresencial, manterase o mesmo sistema de avaliación, sempre que sexa posible, como no escenario 1. Se isto non é posible e no caso do escenario 3, as probas presenciais substituiranse por probas telemáticas (sincrónicas ou asíncrono, oral ou escrito) utilizando ferramentas institucionais.
Plaxio en avaliación:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, o disposto no art. 16 do Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións que prevé:
"Un desempeño fraudulento de calquera exercicio ou evidencia exixida na valiación dunha materia implicará unha cualificación de suspense na correspondente convocatoria, independentemente do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulentos, entre outros, realizar traballos en plaxa ou obtidos de fontes accesibles ao público ou desde o mesmo sen reelaborar ou reinterpretar os autores e fontes.
Ruth Murias Roman
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- ruth.murias.roman [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Scott Hawkley Raines
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grao en Criminoloxía | Inglés | Aula 17 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grao en Criminoloxía | Inglés | Aula 17 |
10.01.2022 09:00-11:00 | Grao en Criminoloxía | Aula 1 |
22.06.2022 09:00-11:00 | Grao en Criminoloxía | Aula 4 |