Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Comprender o significado atribuído ao risco nas sociedades contemporáneas.
• Comprender o papel da seguridade no contexto da perda de cohesión característica das sociedades urbanas.
• Coñecer as principais teorías sobre a vinculación entre Sociedade e Policía
• Analizar as funcións e os condicionantes sociais do traballo da Policía
• Teoría da sociedade do risco
• Tecnoloxías da seguridade
• Ecoloxía do delito: vida urbana e seguridade cidadá
• Poder e toma de decisións nas organizacións relacionadas coa seguridade
• Cultura policial
Beck, U. La sociedad del riesgo. Hacia una nueva modernidad. Barcelona, Paidós, 2006
Giddens, A. Consecuencias de la modernidad. Madrid, Alianza, 1999
Huesca, A., Grimaldo, R. (coords.). Aspectos sociales en la seguridad ciudadana. Madrid, Dykinson, 2021
Martín, M. La profesión de policía. Madrid, CIS, 1990
Monjardet, D. Lo que hace la policía. Sociología de la fuerza pública. Buenos Aires, Prometeo, 2010
Torrente, D. La sociedad policial. Madrid, CIS, 1997
Torrente, D. Desviación y delito. Madrid, Alianza, 2001
Vozmediano, L., San Juan, C. Criminología ambiental. Ecología del delito y de la seguridad. Barcelona, UOC, 2010
No programa completo da materia, que se publicará no campus virtual ao comezo do semestre, incluirase unha bibliografía completa.
As establecidas na memoria do Grao de Criminoloxía:
• CG1 - CG Interpersoal: capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais.
• CG2 - CG Instrumental: capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente
• CG3 - CG Instrumental: capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da Criminoloxía e para aplicar as estratexias adecuadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética
• CG6 - CG Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede informática), dentro da súa área de estudo CG7 - CG Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta
• CE3 - Comprensión básica da organización, estrutura e funcionamento do sistema de execución penal e das medidas alternativas, así como dos métodos e estratexias necesarios para a consecución da reinserción social dos penados e a redución dos efectos perniciosos da prisión
• CE16 - Coñecer e comprender a diversidade de formas en que se constitúe, se representa e se trata o delito e analizar criticamente as distintas respostas ao problema da criminalidade desde unha tripla perspectiva: explicativo-empírica, decisional e instrumental
• CE17 - Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables da aparición dos fenómenos criminais e formular, deseñar e xestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estrutural e individual
• CE19 - Capacidade para analizar, valorar e comunicar información empírica sobre o delito, o delincuente, a vítima e os medios de control social, a través da análise tanto dos distintos medios de comunicación social, como das estatísticas policiais nas que apareza reflectida, así como das enquisas de vitimización
• Metodoloxía expositivo-participativa dos contidos
• Uso de materiais audiovisuais
• Lecturas especializadas
• Probas escritas e/ou orais baseadas na realización de exames (65%)
• Asistencia e participación activa do alumno en clase, seminarios, debates e titorías (10%)
• Probas orais baseadas na exposición de traballos en clase, individuais ou en grupo (10%)
• Probas escritas baseadas na presentación de traballos ou memorias individuais ou en grupo (15%)
Segundo a Memoria do Grao de Criminoloxía, o tempo total de estudo e traballo persoal, incluíndo as horas dedicadas á docencia presencial, é de 112,5 horas. En todo caso, corresponde a cada estudante determinar canto tempo necesita para preparar a materia e distribuílo da maneira máis adecuada e eficiente entre as distintas tarefas que iso require.
É recomendable estudar de maneira regular e continuada ao longo de todo o semestre, sen esperar ao momento da preparación do exame final.
Tanto o programa como, na medida do posible, todos os materiais didácticos que se utilizarán durante o curso estarán dispoñibles no Campus Virtual da USC, que se utilizará de maneira habitual na docencia da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Plan de continxencia
Os contidos da materia serán os mesmos con independencia das circunstancias (escenarios) en que se desenvolva a docencia, aínda que a súa organización e distribución no tempo adaptarase ao formato en que esta se imparta en cada escenario.
“Plan de Continxencia”
Escenario 2:
Metodoloxía do ensino
O desenvolvemento da docencia realizarase conforme aos seguintes criterios:
Articularanse mecanismos que permitan combinar a docencia presencial coa docencia en remoto. Para ese efecto empregaranse o campus virtual e demais ferramentas postas a disposición da comunidade universitaria pola Universidade de Santiago de Compostela.
Polo que respecta as clases teóricas que se impartan en remoto, empregarase o sistema de videoconferencia en MS Teams. Tentarase replicar, na medida do posible, o sistema normal de desenvolvemento das aulas presenciais. De forma alternativa, o anterior sistema poderá ser substituído pola elaboración, por parte de persoa responsable da docencia, de esquemas da materia que serán postos ao dispor do alumnado a través da aula virtual de modo gradual, segundo as semanas lectivas.
Nas clases interactivas que se impartan en remoto os responsables docentes poñerán a disposición do alumnado a práctica para realizar, coas correspondentes instrucións.
Titorías
Poderán combinarse titorías presenciais e virtuais (a través da aplicación de Microsoft Teams) previa solicitude do alumnado.
Sistema de avaliación previsto
Manterase o sistema de avaliación con independencia do escenario. As probas serán presenciais, salvo que a USC estableza o contrario.
Escenario 3:
Metodoloxía do ensino
Articularanse mecanismos que permitan desenvolver toda a docencia en remoto. Para ese efecto empregaranse o campus virtual e demais ferramentas postas a disposición da comunidade universitaria pola Universidade de Santiago de Compostela.
Francisco Eduardo Haz Gomez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881815176
- Correo electrónico
- francisco.haz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
08.06.2022 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
08.07.2022 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |