Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Constitucional
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
- Dar a coñecer os conceptos básicos do Dereito Público e Constitucional
- Utilizar un enfoque realista, crítico e comparado que teña en conta a realidade europea, española e autonómica de hoxe
- Explicar o sistema constitucional español, con especial incidencia nos contidos propios do Dereito Constitucional I
- Explicar o sistema constitucional español cun enfoque aberto aos posibles cambios constitucionais europeos e españois
- Proporcionar os instrumentos de razonabilidad oportunos para a comprensión do sistema público
- Aportar materias de discusión sobre os órganos do Estado, a Constitución española e posibles os cambios constitucionais
- Aproximar o alumno a virtualidade explicativa da xurisprudencia constitucional.
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
- Proporcionar ó alumno os conceptos básicos para comprender as demáis materias do Dereito Constitucional que se imparten nos cursos seguintes
- Ensinar ó alumno el razonamiento xurídico
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
- O Concepto de Constitución
I OS CONTIDOS E A FORMA DA NORMA CONSTITUCIONAL
II AS TRADICIÓNS CONSTITUCIONAIS FRANCESA E NORTEAMERICANA
- O marco histórico da constitución española
I OS GRANDES CICLOS DA HISTORIA CONSTITUCIONAL ESPAÑOLA
II OS PROBLEMAS CENTRAIS DO CONSTITUCIONALISMO ESPAÑOL
III A TRANSICIÓN Á DEMOCRACIA E O PROCESO CONSTITUÍNTE. O PODER CONSTITUÍNTE
- O Estado democrático na Constitución
I A DEFINICIÓN DO ESTADO COMO ESTADO DEMOCRÁTICO
II A LEXITIMACIÓN DEMOCRÁTICA DOS PODERES DO ESTADO
III A DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E OS PARTIDOS POLÍTICOS
IV AS INSTITUCIÓNS DE DEMOCRACIA DIRECTA
- O Estado de Dereito na Constitución
I CONCEPTO DE ESTADO DE DEREITO
II A SEPARACIÓN DE PODERES
III O RECOÑECEMENTO DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS E AS LIBERDADES PÚBLICAS
IV O SOMETEMENTO DE TODOS OS PODERES AO IMPERIO DA LEI
- O Estado Social na Constitución
I O ARTIGO 9. 2 DA CONSTITUCIÓN E O ESTADO SOCIAL
II OS PRINCIPIOS REITORES DA POLÍTICA SOCIAL E ECONÓMICA E A CONSTITUCIÓN ECONÓMICA
- A forma política do Estado: monarquía parlamentaria
I A MONARQUÍA ESPAÑOLA COMO MONARQUÍA PARLAMENTARIA
II AS FUNCIÓNS CONSTITUCIONAIS DO XEFE DO ESTADO
- O Estado autonómico na Constitución: principios e funcionamento
I OS PRINCIPIOS CONSTITUCIONAIS DO ARTIGO 2.º CE.
II OS ESTATUTOS DE AUTONOMÍA
III A ORGANIZACIÓN INSTITUCIONAL DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
IV O RÉXIME DE DISTRIBUCIÓN DE COMPETENCIAS
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
I. Introducción e Teoría da Constitución.
1. Nocions básicas
2. Concepto de Constitución e de Dereito Constitucional
3. Método do Dereito Constitucional
4. Formación da Constitución
5. Interpretación da Constitución
6. Defensa da Constitución.
II. Principios estructurais do Estado.
1. Estado de Dereito.
2. Estado social
3. Estado democrático
4. Monarquía parlamentaria
5. Estado autonónico.
III. Sistema de fontes do Dereito
1. Ordeamento xurídico e sistema de fontes.
2. Ámbito de vixencia da Constitución.
3. Constitución e normas de rango constitucional.
4. Tratados internacionais e Dereito europeo.
5. Lei e normas con rango de lei.
6. Outras fontes.
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
BLANCO VALDÉS, Roberto L., La Constitución española de 1978, Alianza, Madrid, 2011.
PÉREZ ROYO, Javier, Curso de Derecho Constitucional, Marcial Pons, Madrid, última edición.
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
Existen numerosos manuais entre os que pódense citar:
- Jorge Rodríguez-Zapata, Teoría y práctica del Derecho Constitucional, Tecnos, Madrid, 2018 (4ª ed.)
- Francisco Balaguer Callejón (Coordinador), Manual de Derecho Constitucional, volumen I, Tecnos, Madrid, 2018 (13ª ed.)
- Enrique Álvarez Conde y Rosario Tur Ausina, Derecho Constitucional, Tecnos, Madrid, 2018 (8ª ed.).
Nembargantes, NON se seguirá ningún manual en concreto.
Facilitaráse en cada tema a bibliografía pertinente, de se-lo caso.
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
Competencias xerais:
a) Instrumentais: capacidade de comprensión, análise e síntese, capacidade de organización e planificación, capacidade de obtención e xestión da información, capacidade de resolución de problemas, capacidade de decisión, razoamento crítico, compromiso ético e deontolóxico
b) Interpersoais: traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar, capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional e recoñecemento da diversidade e da multiculturalidad
c) Sistémicas: aprendizaxe autónoma, adaptación a novas situacións, creatividade e liderado, iniciativa e espírito emprendedor, motivación pola calidade e a excelencia profesional, sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental, e espírito de superación
Competencias específicas:
Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais; percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade; comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerandoos na interpretación e aplicación do Dereito; adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica; comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual; manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas; adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento; comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais; e adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
Competencias xerais:
a) Instrumentais:
Capacidade de búsqueda.
Comprensión de textos xurídicos.
Capacidade de razoar xurídicamente.
b) Interpersonais:
Compañerismo.
c) Sistémicas:
Capacidade de formular problemas xurídicos
Espíritu de superación.
Competencias específicas:
Comprensión do papel primordial da norma constitucional na formación do xurista.
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- Lección maxistral programada con implicación dos alumnos
- Clases prácticas
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
- Clase maxistral
- Docencia complementaria adaptada á lección que se imparta e que poderá consistir na resolución de problemas prácticos, o na lectura e comentario de textos
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
- A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través da realización dun exame final teórico, que suporá como mínimo un 80% da cualificación final, e da valoración da asistencia a seminarios e a realización de casos prácticos que porá supoñer ata un 20% da cualificación final, sempre que no exame se obtivese como mínimo un 4,5.
- Ó alumnado con exención de docencia encargaráselle un traballo que substituirá á valoración da asistencia a seminarios e a realización dos casos prácticos.
- En virtude da normativa de permanencia da USC só será evaluado o alumno que se presente ao exame final.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
A calificación é a suma de tres subconceptos:
1º. examen
2º. exposición oral ou escrita (según se determine) de un ou varios temas que se determinen polo profesor.
3º. participación.
1º. O examen é a base fundamental para a calificación.
2º. A exposición de un ou varios temas determinados polo profesor pode engadir ata un máximo de 1 punto a calificación obtenida no examen. Por suposto o traballo debe ser íntegramente creativo e orixinal.
3º. A participación positiva e constructiva na clase pode engadir ata un máximo de 1 punto.
Cuando un estudiante no se presente al examen final, las prácticas y trabajos que haya hecho no se evaluarán, y la nota será “no presentado”.
- Al alumnado con exención de docencia se le encargará un trabajo que sustituirá la valoración de la asistencia a seminarios y la realización de los casos prácticos.
Es condición necesaria para aprobar no cometer faltas de ortografía o de sintaxis
ESTO SIGNIFICA QUE PARA SUPERA-LA ASIGNATURA ÚNICAMENTE CA REALIZACIÓN DO EXAME ESCRITO DÉBESE OBTER, ALOMENOS, UNHA CALIFICACIÓN DE 6’5.
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
- Traballo do alumno
- Estudo individual ou en grupo 45 horas
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15 horas
- Preparación de presentacións orais, lecturas recomendadas, debates e similares 7,5 horas
- Total de horas de traballo do alumno 67,5 horas
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
O alumno adicará o máximo tempo e esforzo posible a esta cuestión.
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
- Tomar notas das explicacións teóricas.
- Uso dos manuais de consulta recomendada.
- Estudo da lexislación constitucional pertinente e consulta da xurisprudencia relacionada co ámbito de estudo.
- Participación activa nos seminarios e clases interactivas e preocupación por aqueles temas de actualidade relacionada co sistema xurídico institucional que serán obxecto de debate e discusión.
--------------------
GRUPO Ruiz Miguel
É fundamental a asistencia a clase.
É fundamental a leitura de todos os preceptos xurídicos citados na clase
É moi importante a leitura da prensa escrita ou da prensa electrónica de carácter político.
É convinte que o alumno se habitúe á leitura dos boletíns oficiais e, no seu caso, que busque e lexa as sentencias relacionadas coa materia.
GRUPOS Blanco Valdés, Gude Fernández, López Portas, Sanjurjo Rivo
- Os traballos e prácticas non presentados en prazo e forma non serán obxecto de recuperación e non serán cualificados.
*Conforme ás Directrices para o Desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso académico 2020-2021, prevense ademáis as seguintes medidas de adaptación da docencia como “Plan de Continxencia”
Escenario 2: DISTANCIAMIENTO (RESTRICCIÓNS PARCIAIS Á PRESENCIALIDADE FÍSICA)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA: No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A docencia expositiva e interactiva será parcial ou totalmente virtual en función dos criterios establecidos polo centro.
- As actividades docentes remotas artícularánse mediante os medios definidos a nivel institucional (preferentemente a través da Campus Virtual e da plataforma do Microsoft Teams).
- Programaránse plazos de entrega e supervisarase a participación nas tarefas asignadas ó alumnado para a súa avaliación continua.
- As titorías realizaránse preferentemente pola vía telemática.
SISTEMA DE AVALIACIÓN: A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través da realización dun exame teórico final, obrigatorio e telemático, que suporá ó 90% da cualificación final, e da valoración das tarefas formativas complementarias asignadas que porá supoñer ata un 10% da cualificación final, sempre que no exame se obtivese como mínimo un 4,5.
Escenario 3: PECHE DAS INSTALACIÓN (IMPOSIBILIDADES DE IMPARTIR DOCENCIA CON PRESENCIALIDADE FÍSICA)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA: No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A docencia expositiva e interactiva será totalmente virtual.
- As actividades docentes remotas artícularánse mediante os medios definidos a nivel institucional (preferentemente a través do Campus Virtual e da plataforma do Microsoft Teams).
- Programaránse plazos de entrega e supervisarase a participación nas tarefas asignadas ó alumnado para á súa avaliación continua.
- As titorías realizaránse pola vía telemática.
SISTEMA DE AVALIACIÓN: A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través da realización dun exame teórico final, obrigatorio e telemático, que suporá ó 90% da cualificación final, e da valoración das tarefas formativas complementarias asignadas que porá supoñer ata un 10% da cualificación final, sempre que no exame se obtivese como mínimo un 4,5.
****************
GRUPO Ruiz Miguel
Todos poden libremente cambiarse de grupo.
Axunto ós procedementos oficiais, non hay problema pola miña parte para que haxa cambios de entrada o saída de grupo sempre e cando o profesor do outro grupo acépte-o.
*Conforme as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso académico 2020-2021, prevénse tamén estas medidas de adaptación da docencia como “Plan de Continxencia”
SUPOSTO DE EVENTUAL IMPOSICIÓN DE DISTANCIAMIENTO CON RESTRICCIÓNS PARCIAIS Á PRESENCIALIDADE FÍSICA
METODOLOXÍA DO ENSINO: No estudio da materia empregaránse os seguintes métodos docentes:
Seguiránse as instruccións que marque en cada caso a Universidade e que, como xa aconteceu no curso 2019-2020, imporánse sobre o que o profesor poida dicir nesta guía.
SISTEMA DE EVALUACIÓN:
O exame procuraráse facer de xeito presencial coas garantías pertinentes salvo que a Universidade impoña outro modo de exame.
SUPOSTO DE PECHE DAS INSTALACIÓNS CON IMPOSIBILIDADE TOTAL DE IMPARTIR DOCENCIA CON PRESENCIALIDADE FÍSICA
METODOLOXÍA DO ENSINO:
A docencia expositiva e interactiva será totalmente virtual en función dos criterios establecidos polo centro e que, como aconteceu no curso 2019-2020, imporánse sobre o que o profesor poida decir nesta guía..
SISTEMA DE EVALUACIÓN:
Evaluación telemática vía exame escrito (con preferencia pola técnica “Forms”) ou eventualmente exame oral (con preferencia a través da técnica “Teams”).
Roberto Luis Blanco Valdes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814716
- Correo electrónico
- robertoluis.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Ruiz Miguel
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814712
- Correo electrónico
- carlos.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Maria Gude Fernandez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814785
- Correo electrónico
- ana.gude [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vicente Antonio Sanjurjo Rivo
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814773
- Correo electrónico
- va.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Begoña Lopez Portas
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814722
- Correo electrónico
- begonha.lopez.portas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Salón de Actos |
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Salón de Actos |
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
16.01.2021 09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
16.01.2021 12:00-14:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
16.01.2021 15:00-17:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
13.07.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 4 |
13.07.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 4 |
13.07.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 4 |