Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
- Coñecemento especializado do Dereito de familia.
- Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, parellas de feito, crises matrimoniais e de convivencia, filiación).
- Correcto manexo das normas legais vixentes e das orientacións xurisprudenciais actuais sobre os problemas básicos propios da disciplina.
- Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares: desenvolvemento dos procesos matrimoniais, problemática das accións de filiación...
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de familia, singularmente con textos legais (en particular o Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e a Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais.
______________________________________________________________________________________________________________
GRUPOS B e C: Profs. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO/ANTONIA NIETO ALONSO
- Coñecemento especializado do Dereito de familia en España e na Unión Europea, da súas normas, da súa interpretación xurisprudencial e dos seus retos actuais.
-Introdución da perspectiva de xénero no estudo do Dereito de familia.
-Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, parellas de feito, crises matrimoniais e de parella, relacións entre pais, mais e fillos, novos modelos de paternidade e maternidade, etc.).
-Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares e nas súas posibles solucións xudiciais e extraxudiciais.
PROGRAMA DEREITO DE FAMILIA
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. O Dereito de Familia: concepto e carácteres.
2. Evolución do Dereito de Familia.
3. A familia na Constitución española de 1978.
4. Modificación do Código civil en materia de Dereito de familia.
5. Desenvolvemento autonómico do Dereito de familia: a lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia.
O MATRIMONIO
Lección 2.- O matrimonio
1. Matrimonio: concepto, natureza e carácteres.
2. O sistema matrimonial español vixente.
3. Promesa de matrimonio.
4. Requisitos do matrimonio: capacidade e impedimentos.
5. A celebración do matrimonio e as súas modalidades.
6. Efectos do matrimonio: dereitos e deberes dos cónxuxes.
A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DO MATRIMONIO
Lección 3.- Sistema de organización económica do matrimonio
1. Determinación do réxime económico no Dereito español.
2. O réxime económico no Código Civil.
3. O réxime matrimonial primario.
4. Capitulacións matrimoniais: concepto e significado, forma e contido.
5. Doazóns por razón de matrimonio.
6. O réxime económico familiar no Dereito civil de Galicia: os pactos previos sobre liquidación da sociedade de gananciáis.
Lección 4.- Sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros.
4. Responsabilidade por débedas privativas.
Lección 5.- Xestión e administración da sociedade de gananciais
1. Xestión e administración.
2. Disolución e liquidación.
3. O réxime de separación de bens.
4. O réxime de participación nas ganancias: liquidación.
INEFICACIA, DISOLUCIÓN E CRISES MATRIMONIAIS
Lección 6.- As crises matrimoniais
1. Nulidade do matrimonio.
2. Separación do matrimonio.
3. Disolución do matrimonio.
4. Disolución por divorcio.
5. Efectos comúns á separación, nulidade e divorcio: medidas na fase preliminar e medidas durante o procedemento.
6. Efectos das sentencias: convenio regulador e medidas xudiciais supletorias.
7. Dereito de compensación económica e indemnización.
8. Os pactos previos sobre as consecuencias das crisis matrimoniais.
9. A mediación familiar.
AS UNIÓNS DE FEITO
Lección 7.- As unións extramatrimoniais ou de feito (a convivencia more uxorio)
1. As unións de feito: desenvolvemento lexislativo autonómico e tratamento xurisprudencial.
2. Efectos persoais e patrimoniais da convivencia.
3. Cesamento da convivencia: efectos.
4. As lexislacións autonómicas sobre as unións de feito: doutrina do Tribunal Constitucional.
5. A regulación das unións de feito no Dereito civil de Galicia.
RELACIÓNS PATERNO-FILIAIS
Lección 8.- A Filiación
1. Nocións fundamentais e clases.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da filiación matrimonial.
4. Determinación da filiación non matrimonial.
5. Accións de filiación
Lección 9.- Filiación adoptiva e técnicas de reprodución asistida
1. Filiación e técnicas de reprodución asistida.
2. Adopción: requisitos persoais e procedemento.
3. Efectos: impugnación e extinción da adopción.
Lección 10.- Patria potestade
1. Concepto, evolución histórica e natureza.
2. Suxeitos.
3. Exercicio.
4. Contido persoal e patrimonial.
5. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
6. Patria potestade prorrogada e rehabilitada.
GARDA DE MENORES
Lección 11.- Principios xerais da protección de menores
1. A protección de menores, declaración de desamparo, tutela ex lege, garda e acollemento no dereito común.
2. A regulación no dereito civil de Galicia.
ALIMENTOS ENTRE PARENTES
Lección 12.- A obriga de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e carácteres.
2. Contido: suxeitos e obxecto da prestación alimenticia.
3. Nacemento, modificación e extinción da obriga de alimentos.
____________________________________________________________________________________________________________
GRUPOS B e C: Profs. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO E ANTONIA NIETO ALONSO
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. A familia e o Dereito de familia: a evolución de ambos conceptos; os cambios na familia e a súa repercusión no Dereito galego, español e europeo. Especial referencia á Constitución española, o Código civil e á Lei de Dereito civil de Galicia.
2. Os dereitos fundamentais dos membros da familia e, de xeito especial, a repercusión do principio de igualdade. O interese do menor. O papel do Dereito de danos no Dereito de familia.
3. A violencia nas relacións familiares e a súa incidencia no Dereito civil.
4. Os retos do Dereito de familia ante los cambios sociais e tecnolóxicos.
RELACIÓNS HORIZONTÁIS
Lección 2.- O matrimonio
1. O matrimonio no sistema español.
2. Requisitos do matrimonio. Especial referencia aos matrimonios forzados e aos matrimonios de conveniencia.
3. Condicións persoais. Especial referencia aos matrimonios entre persoas do mesmo sexo e aos matrimonios das persoas con discapacidade.
4. A forma de celebración do matrimonio.
5. Os dereitos e os deberes dos cónxuxes.
Lección 3. A nulidade, a separación e o divorcio
1. A nulidade do matrimonio.
2. A separación.
3. A disolución por morte e por declaración de falecemento.
4. O divorcio: solicitude, modalidades e procedementos extraxudiciais.
5. Efectos comúns á nulidade, a separación e o divorcio. O papel da autonomía da vontade dos cónxuxes nos efectos das crisis matrimoniais.
6. Dereitos e obrigas patrimoniais tralo divorcio dos cónxuxes.
Lección 4. As parellas non casadas
1. As relacións de parella informais e formalizadas.
2. A situación lexislativa en España e a incidencia do Dereito europeo.
3. As solucións xurisprudenciais no Dereito estatal.
4. A situación no Dereito civil de Galicia.
Lección 5. Os réximes económicos matrimoniais
1. A organización económica do matrimonio: concepto de réxime económico do matrimonio e situación normativa en España e en Europa.
2. A regulación no Código civil español. Réxime matrimonial primario, réxime supletorio, outros réximes típicos.
3. O papel da autonomía da vontade dos cónxuxes: as capitulacións matrimoniais.
4. As doazóns por razón de matrimonio no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia.
Lección 6. A sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros. Responsabilidade por débedas privativas.
4. Xestión e administración.
5. Disolución e liquidación.
Lección 7. Outros réximes económicos
1. O réxime de separación. En especial, a compensación polo traballo para a casa.
2. O réxime de participación.
3. A situación económica das parellas de feito.
RELACIÓNS VERTICÁIS
Lección 8. A relación de filiación
1. A filiación no Código civil.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da maternidade.
4. Determinación da paternidade matrimonial.
5. Determinación da paternidade non matrimonial.
6. As accións de filiación: accións de reclamación e de impugnación.
Lección 9. A adopción
1. As relacións verticais fora da familia de orixe: relacións de cuidado, acollemento e adopción.
2. A filiación adoptiva.
3. Adopción nacional e internacional.
4. A regulación no Código civil: requisitos persoais, procedemento, impugnación e extinción.
5. A regulación do Dereito galego: a disputa competencial.
Lección 10. As técnicas de reprodución humana asistida e as novas fo rmas de maternidade e paternidade
1. Os novos paradigmas da maternidade e da paternidade. O papel da verdade biolóxica.
2. A filiación que xurde de técnicas de reprodución asistida. Especial referencia ás mulleres soas e ás relacións de parella entre persoas do mesmo sexo.
3. A maternidade subrogada.
Lección 11. A responsabilidade parental
1. As relacións das mais e os pais con fillos menores de idade. O principio do superior interese do menor.
2. A patria potestade no Código civil. Contido persoal e patrimonial.
3. Exercicio da patria potestade. Especial referencia á situación de pais e mais que non conviven: a custodia dos fillos, vivenda e os alimentos dos fillos menores de idade.
4. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
OUTRAS RELACIÓNS DE PARENTESCO
Lección 12. A obriga legal de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e caracteres dos alimentos legais.
2. Presupostos de nacemento da obrigación alimenticia.
3. La prestación de alimentos.
4. Modificación e extinción da obrigación de alimentos.
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
BIBLIOGRAFIA BASICA:
ÚLTIMAS EDICIÓNS:
- BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, R. (coordinador): Manual de Derecho Civil. Derecho de Familia. Bercal, Madrid.
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid,
- LACRUZ BERDEJO, J. L. e outros, Elementos de Derecho civil, tomo IV: Derecho de familia, Dykinson, Madrid.
- LASARTE ALVAREZ, C.: Principios de Derecho Civil VO. Derecho de Familia. Marcial Pons, Barcelona
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- REBOLLEDO VARELA, Á. L. (Coord.), Comentarios a la Ley de Derecho civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio, Thomson Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2008.
No seu caso, o profesor proporcionará aos estudiantes material complementario a través da aula virtual.
_____________________________________________________________________________________________
GRUPOS B e C: Profs. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO E ANTONIA NIETO ALONSO
É imprescindible para a preparación axeitada da materia que os estudantes estean en posesión dun Manual en cualquera dos seus formatos, papel ou dixital, en algúns casos dispoñibles na BUSC; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, da Lei de Dereito Civil de Galicia e da lexislación complementaria, igualmente en cualquera formato.
Ante a eventual situación de confinamento recoméndase que os estudantes se fagan co manual e coa lexislación os primeiros días de curso.
As profesoras poderán agregar lecturas recomendadas de traballos monográficos relacionados con un tema concreto publicados en libros ou en revistas especializadas que procurarán poñer a disposición dos estudantes na medida das súas posibilidades.
Manuales
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid.
- LACRUZ BERDEJO, J. L. y otros, Elementos de Derecho civil, tomo IV: Derecho de familia, Dykinson, Madrid.
Dispoñibles on line:
- Curso de Derecho Civil I Bis Derecho de Familia 5ª Edición 2019 Concepción Rodríguez Marín, Julia Ruiz-Rico Ruiz- Morón, Guillermo Orozco Pardo, Francisco Javier Sánchez Calero - 2019 5ª edición - Tirant lo Blanch - Manuales de Derecho Civil y Mercantil
-Derecho de Familia 2ª Edición 2017 César Hornero Méndez, Ángel Manuel López y López, Francisco Infante Ruiz, Lucía Vázquez-Pastor Jiménez, Francisco OLIVA BLÁZQUEZ, Leonor AGUILAR RUIZ, Eugenio Pizarro Moreno, Reyes Sánchez Lería, M.ª Rosario VALPUESTA FERNÁNDEZ, María SERRANO FERNÁNDEZ, Juan Pablo Pérez Velázquez, Laura LÓPEZ DE LA CRUZ - 2017 - 235 páginas - 2ª edición - Tirant lo Blanch -
Bibliografía complementaria
- AMMERMAN YEBRA, J, Las madres solas ante los tribunales, la administración y las leyes ¿se perpetúa la discriminación?, III Premio de Investigación Rosario Valpuesta 2017, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
- DIEZ-PICAZO GIMÉNEZ, G. (Coord.), Derecho de Familia, Cizur Menor, Thomson-Civitas, 2012.
-LINACERO DE LA FUENTE, M. Tratado de Derecho de Familia 2ª Edición 2020
-REBOLLEDO VARELA, Á. L. (Coord.), Comentarios a la Ley de Derecho civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio, Thomson Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2008.
VALPUESTA FERNÁNDEZ, R., La disciplina constitucional de la familia en la experiencia europea, Tirant lo Blanch, Valencia, 2012.
GRUPO A: Prog. Ángel L. Rebolledo Varela
- Dominio da linguaxe xurídica.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos
básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións familiares.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciáis e percepción das
orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflictivas no ámbito do dereito de familia e dos grandes principios que o informan (igualdade entre cónxuxes, liberdade, interese do menor...).
_________________________________________________________________________________________________________
GRUPOS B e C: Profs. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO/ANTONIA NIETO ALONSO
- Aprender a utilizar con solvencia a linguaxe xurídica propia do Dereito de familia, de maneira inclusiva e sen caer en estereotipos de xénero.
- Adquirir destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos y en la utilización de los instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas, utilizando no posible a perspectiva de xénero.
- Comprender e aplicar a realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións familiares.
- Saber identificar as materias especialmente conflitivas no ámbito do Dereito de familia, os dereitos e os deberes dos seus membros e os grandes principios que o informan (igualdade, liberdade, interese superior do menor…).
- Adquirir capacidade de análise crítico das decisións legais e xurisprudenciais en materia de Dereito de familia, incidindo na perspectiva de xénero.
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, así como actividades relacionadas coas aulas interactivas.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho situado la Área de Dereito Civil, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
No apartado observacións farase referencia ás características particulares da metodoloxía da ensinanza no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalacións
___________________________________________________________________________________________________
GRUPOS B e C: Profs. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO E ANTONIA NIETO ALONSO
Na situación ordinaria descrita como Escenario 1 (NORMALIDADE ADAPTADA) a docencia será, na súa maior parte, presencial. As titorías cos estudantes poderán ser presenciais ou virtuais, neste último caso, poderase utilizar tanto o correo electrónico como as posibilidades que dan a Aula Virtual institucional da USC e a aplicación Microsoft Teams.
A ensinanza inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario oficial publicado.
No Escenario 1 as clases expositivas e interactivas serán preferentemente presenciais, aínda que se poderán utilizarlos recursos virtuais dispoñibles en casos puntuais ou cuando as profesoras o consideren convinte.
As titorías serán preferentemente virtuais, por correo electrónico ou por Teams.
Clases expositivas
Consistirán na explicación do tema por parte das profesoras, no seu caso, co apoio dun esquema escrito que, unha vez finalizada a explicación completa, se poñerá á disposición dos estudantes na Aula Virtual.
As clases teóricas serán dirixidas polas profesoras, que fomentarán a participación dos estudantes, interpelándoos de xeito directo e traballando a súa capacidade argumentativa.
En principio o grupo asistirá de xeito completo; se as circunstancias epidemiolóxicas o esixen poderá haber rotación de estudantes de conformidade coas pautas marcadas na Facultade de Dereito.
Clases interactivas
Impartiránse co grupo dividido en dous subgrupos. A súa vez, poderán formar equipos máis pequenos en cada un dos grupos para a realización de tarefas colectivas.
Nestas clases, que serán preferentemente presenciais, levaranse a cabo algunhas das seguintes actividades:
1. Resolución dun ou de máis casos prácticos
2. Resolución de hipóteses e problemas.
3. Redacción dunha demanda e dunha contestación á demanda.
4. Presentación dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes.
5. Redacción dun ensaio corto sobre unha lectura recomendada, un comentario de sentencia ou un problema legal específico.
6. Discusión dun tema de actualidade relacionado co Dereito de obligas e a responsabilidade civil.
7. Realización de test de autoavaliación.
PLAN DE CONTINXENCIA (COVID):
En caso de pasar aos escenarios 2 e 3, por causa de pandemia, por favor, consulte a Metodoloxía da ensinanza que se seguiría, no apartado OBSERVACIÓNS, a epígrafe PLAN DE CONTINXENCIA.
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe dos alumnos/as a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua supoñerá o 30% (3 puntos) da cualificación final, e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo. As actividades das clases interactivas representarán o 20% (ata 2 puntos) da nota final, e o 10% restante (1 punto) corresponde ao resultado dunha proba presencial, a metade do cuatrimestre, sobre os coñecementos e competencias adquiridas ata ese momento polo alumnado.
A proba final, que supoñerá o 70% (7 puntos) da cualificación final, será presencial e terá unha parte teórica (40% da nota: 2,8 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da parte teórica o alumno/a non poderá utilizar textos legais ou calquera outro material de apoio. Para a realización da parte práctica poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico.
Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno que non participase nas actividades de avaliación continúa, para superar a materia deberá obter na proba final unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios que para a avaliación en primeira oportunidade. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
No apartado Observacións farase referencia ás características particulares do sistema de avaliación da aprendizaxe no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalación.
______________________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO E ANTONIA NIETO ALONSO
Todas as actividades realizadas durante o curso académico serán medibles e avaliables de acordó cos seguintes criterios:
1. Avaliación contínua: asistencia e participación activa nas clases e realización de actividades programadas nas interactivas: 30% da cualificación final.
2. Proba final: 70% da cualificación final. Será preciso aprobar a proba final para superar a materia.
A proba final será presencial. As actividades de Avaliación contínua poderán ser presenciais ou virtuais, segundo as circunstancias. Para o caso das virtuais, estará operativa a Aula Virtual da USC e a aplicación Teams.
Solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos casos de tarefas colectivas. As profesoras arbitrarán os mecanismos que consideren convintes para asegurar a citada autoría (preguntas individuais sobre os traballos entregados, sobre o temario ou sobre o xeito en que teñen sido realizados).
Advírtese que no caso de que en algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido ao respecto pola Normativa de avaluación deo rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
ADVÍRTESE EXPRESAMENTE aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na Universidade de Santiago de Compostela para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera dos tres grupos de actividades referidos será obxecto de avaliación e, xa que logo, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
En el caso de concesión de exención de docencia, o/a alumno/a terá que realizar un exame final que representará o 100 % da súa cualificación.
PLAN DE CONTINXENCIA (COVID):
En caso de pasar aos escenarios 2 e 3, por causa de pandemia, por favor, consulte o Sistema de avaliación que se seguiría, no apartado OBSERVACIÓNS, a epígrafe PLAN DE CONTINXENCIA.
_________________________________________________________________
GRUPO C: PROFS. ANTONIA NIETO ALONSO E Mª PAZ GARCIA RUBIO
Participación activa nas clases e exame final escrito. Valorarase a evolución da aprendizaxe dos alumnos día a día, atendendo ás súas intervencións e aos traballos realizados, o que complementará a cualificación obtida nun exame onde se avaliarán os coñecementos finais sobre a materia. Lémbrase a obrigatoriedade da asistencia ás clases.
Ao longo do cuadrimestre recolleranse os traballos redactados polos alumnos a demanda dos profesores. O exame final pode ter unha parte teórica e unha práctica, consistente xa na resolución dun caso práctico, na que dará resposta ás cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial.
Os alumnos serán avaliados de acordo coa seguinte distribución:
- Exame final: 7 puntos.
- Actividades docentes avaliables: 3 puntos.
NOTA IMPORTANTE:
Lémbrase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Master" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2: "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de 'suspenso', salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como 'non presentado' ". Por tanto, o alumno que entregue algún traballo avaliable ou se presente ao exame será cualificado, de non superar a materia, como suspenso, e só terá a cualificación de non presentado o alumno que non entregue ningún traballo avaliable, nin se presente ao exame.
No caso de exención de docencia, a cualificación corresponderase coa obtida no exame final (100% da nota).
PLAN DE CONTINXENCIA (COVID):
En caso de pasar aos escenarios 2 e 3, por causa de pandemia, por favor, consulte o Sistema de avaliación que se seguiría, no apartado OBSERVACIÓNS, a epígrafe PLAN DE CONTINXENCIA.
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
Docencia expositiva 22,5/30 Estudio individual ou en grupo: 55
Docencia interactiva: 17,5/10
Preparación de presentaciones orais, debates e similares: 5
Titorías grupo reducido: 5
Resolución de casos prácticos e outros traballos: 7,5
Total horas de traballo presencial na aula: 45.
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5/69
______________________________________________________________________________________________________
GRUPOS B e C: Prof. M.ª Paz García Rubio/Prof. Antonia Nieto Alonso
- Horas de traballo presencial na aula: 45 h.
- Horas de traballo en equipo para a preparación de interactivas e actividades encomendadas polas profesoras: 15 h.
- Horas de traballo individual de cada estudante: 80 h.
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
Asistencia regular ás aulas como medio para obter un enfoque práctico da materia e simplificar o seu estudo.
No mesmo sentido, recoméndase a asistencia ás clases para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaran e interiorizaran.
Lectura das fontes bibliográficas e xurisprudenciais recomendadas.
Dedicación especial á análise do Dereito positivo, en particular da normativa contida no Código civil, a Lei de Axuizamento Civil e a Lei de Dereito Civil de Galicia. Aconséllase asistir á clase co material lexislativo correspondente a cada lección.
_________________________________________________________________________________________________________________________________
GRUPOS B e C: Profs. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO E ANTONIA NIETO ALONSO
- Os estudantes deben utilizar os materiais da disciplina dende o comezo do curso; vólvese a reiterar que é preciso que conten cos textos legáis e con un Manual de referencia que resulta imprescindible e non é substituible polos apuntes de clase.
- A asistencia ás clases presenciais é necesaria para aclarar os conceptos, incluir las novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas expostas.
- Los estudantes deben estar atentos á Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o profesor considere útiles e pode ser vehículo de comunicación entre as profesoras e os estudantes.
- O tempo adicado a estudar debe ser o máis contínuo posible. Recoméndase facer un seguimento, ao menos semanal, do que se explica nas clases e levar a cabo as tarefas indicadas indicadas polas profesoras con dedicación e continuidade.
- É convinte utilizar as titorías se ben tamén se poden plantexar en clase todas as dúbidas ou problemas de comprensión que xurdan en torno ás materias estudadas.
- Debe evitarse a memorización de cuestións, conceptos ou respostas que non se teñan comprendido previamente.
- Os estudantes deben realizar traballos en equipo de apoio mutuo e aprendizaxe de habilidades propias do grupo. Lembre que tamén é unha actividade avaliable.
-É moi importante que os estudantes teñan superadas as materias de Dereito civil correspondentes aos semestres anteriores.
GRUPO A: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela:
Plan de continxencia (COVID-19)
Metodoloxía de ensino
En caso de pasar ao escenario 2, estarase ao disposto pola Facultade de Dereito sobre impartición das clases, combinando os sistemas presencial e on-line. Será esencial para unha aprendizaxe adecuada que o alumnado dispoña dun manual da asignatura de entre os recomendados con referencia ao dereito común. É responsabilidade do alumnado dispoñer do manual desde o inicio do curso.
No caso de que sexa preciso pasar ao escenario 3, as clases expositivas se impartirán de xeito síncrono a través da plataforma Microsoft Teams, no horario oficial que corresponda. Respecto de a docencia interactiva, poñerase a disposición do alumnado, a través do aula virtual (Moodle), cuns días de antelación, as actividades propostas e os alumnos/as deberán dedicar á súa realización polo menos 1 hora e media na semana que corresponda e entregalas no prazo que se sinale a través do instrumento "Tarefas" de Moodle. As prácticas poñeranse en común e resolveranse, a través de Teams, nunha clase de hora e media, no horario oficial da última interactiva da semana (o xoves). Será esencial para unha aprendizaxe adecuada que o alumnado dispoña dun manual da asignatura de entre os recomendados con referencia ao dereito común. É responsabilidade do alumnado dispoñer do manual desde o inicio do curso.
Sistema de avaliación
No escenario 2 e para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito: 1. As actividades interactivas de avaliación continua realizadas polos alumnos terán un valor de 3 puntos. 2. A actividade de avaliación continua resolta presencialmente polo alumnado a metade do cuadrimestre (de ser posible facela, aínda que sexa en grupos reducidos e en distinto horario) terá un valor de 3 puntos. 3. A proba final de carácter presencial terá un valor de 4 puntos, e terá unha parte teórica (40% da nota: 1,6 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 2,4 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da parte teórica o alumno/a non poderá utilizar textos legais ou calquera outro material de apoio. Para a realización da parte práctica poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico. De non poder realizarse a actividade de avaliación continua resolta presencialmente, a proba final presencial terá un valor de 7 puntos: a parte teórica (40% da nota: 2,8 puntos) e a parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos). No caso de que a proba final teña que realizarse de forma non presencial, a proba final telemática consistirá na contestación síncrona de forma oral por parte de alumno/á través da plataforma Microsoft Teams ás preguntas que se lle formulen tamén oralmente.
No escenario 3 e para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito: 1. As actividades interactivas de avaliación continua realizadas polos alumnos terán un valor de 3 puntos. 2. A actividade de avaliación continua resolta presencialmente polo alumnado a metade do cuadrimestre (de ser posible facela, aínda que sexa en grupos reducidos e en distinto horario) terá un valor de 3 puntos. 3. A proba final telemática terá un valor de 4 puntos. Dita proba final telemática consistirá na contestación síncrona de forma oral por parte de alumno/á través da plataforma Microsoft Teams ás preguntas que se lle formulen tamén oralmente. De non poder realizarse a actividade de avaliación continua resolta presencialmente, a proba final telemática terá un valor de 7 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
Para os alumnos con dispensa de docencia o 100% da cualificación seguirá sendo determinado pola proba final.
__________________________________________________________________________
GRUPO B Profs. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO E ANTONIA NIETO ALONSO
«PLAN DE CONTINXENCIA»
Escenario 2. DISTANCIAMENTO
Se as circunstancias derivadas da pandemia do Covid-19 nos colocan nun escenario 2 (Distanciamento), os obxectivos e o programa da materia serán os indicados para o escenario 1. A docencia expositiva e interactiva será de carácter mixto, presencial ou virtual, segundo as proporcións que decidan as autoridades da Facultade de Dereito, utilizando para a parte non presencial a Aula Virtual e a plataforma Teams. Respetaranse os horarios marcados no plan docente anual. As titorías serán telemáticas, vía correo electrónico, Aula Virtual ou plataforma Teams.
As profesoras procurarán aos estudantes os materiais necesarios ou convintes para a preparación da materia, pero segue sendo imprescindible o uso dun Manual e dos textos legais, en calquera dos seus formatos; para evitar problemas derivados da continxencia de confinamento ou das dificultades de acceso á Biblioteca, deben facerse con eles ao comezo do curso.
A Avaliación da materia será, como no escenario 1, mixta, combinando a avaliación continúa coa prueba final que será presencial ou virtual en función do que decidan as autoridades da Facultade; neste caso o valor da Avaliación contínua será do 40 % e o da proba final do 60%. Será preciso aprobar a prueba final para superar a materia.
Como no escenario 1, solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos supostos de tarefas colectivas. Por elo será preferente a prueba final oral e individualizada. As profesoras poderán estabrecer outras esixencias para asegurar a autoría das actividades e probas que se realicen por escrito.
Advírtese que no caso de que algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
Escenario 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS:
Se as circunstancias derivadas da pandemia do Covid nos colocan no escenario 3, os obxectivos e o Programa da materia serán os mesmos do escenario 1. A docencia expositiva e interactiva será de carácter virtual, utilizando a Aula Virtual e a plataforma Teams.
Respetaranse os horarios marcados no plan docente anual. As titorías serán telemáticas, vía correo electrónico, Aula Virtual ou plataforma Teams.
As profesoras procurarán aos estudantes materiais convintes para a preparación da materia, pero segue sendo imprescindible o uso dun Manual e dos textos legais, en cualquera dos seus formatos; para evitar problemas derivados da continxencia do confinamento deben facerse con eles ao comezo do curso.
A Avaliación da materia será virtual e como nos escenarios 1 e 2, mixta, combinando a avaliación contínua coa proba final, preferentemente oral; neste caso o valor da Avaliación contínua será do 50 % e o da proba final do 50%. Será preciso aprobar ambas partes para superar a materia.
Como nos escenarios 1 e 2, solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante, ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos casos de tarefas colectivas. Por elo serán preferentes a prueba final oral e individualizada. As profesoras poderán establecer outras esixencias para asegurar a autoría das actividades e probas que se realicen por escrito.
Advírtese que no caso de que algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
________________________________________________________________________________________________________
GRUPO C: PROF. ANTONIA NIETO ALONSO E MARÍA PAZ GARCÍA RUBIO
«PLAN DE CONTINXENCIA»
Segundo o documento Directices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso Académico 2020-2021 —que desenvolve o acordo de Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020—.
Cómpre salientar, dentro dos escenarios 2 e 3, os apartados metodoloxía da ensinanza e sistema da avaliación da aprendizaxe (o resto dos apartados será común para os tres escenarios).
A) METODOLOXÍA DA ENSINANZA:
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO:
A docencia presencial convivirá coa virtual; pero sempre mantendo os horarios programados. Será a o Decanato da Facultade de Dereito quen defina as fórmulas de convivencia de ambas as modalidades de docencia.
Na docencia interactiva poderase combinar a presencialidade física e telemática.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS:
A docencia, tanto expositiva como interactiva será completamente virtual.
NOTAS COMÚNS PARA O CASO DE DESENROLARSE A DOCENCIA EN REMOTO, ESCENARIOS 2 E 3:
— A docencia será impartida de xeito síncrono (profesor e alumno encóntranse realizando ao mesmo tempo a comunicación, na que se produce unha coincidencia temporal).
— As actividades a realizar serán variadas, combinando tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo.
— Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumno, incluíndo elementos de autoavaliación (sobre a materia xa explicada polas profesoras).
— O seguimento das actividades propostas farase a través das ferramentas: “Tarefas” e “Cuestionario” do Campus Virtual da USC.
— Advírtase que as plataformas que se empregarán son: a Aula Virtual da USC, Microsoft Teams e o correo electrónico institucional da USC.
B) SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO:
Con carácter xeral, a cualificación final resultará de combinar a avaliación continua formativa con unha proba final que será preferentemente de carácter PRESENCIAL, se as circunstancias o permiten.
A valoración da avaliación continua —a participación nas clases on line, a realización de prácticas (interactivas) —que se entregará a través da ferramenta «tarefas» do Campus Virtual da USC— e as autoavaliacións a través de cuestionarios, por exemplo— é do 40 % da cualificación final (máximo 4 puntos). A valoración da proba final escrita é do 60 % da cualificación final (6 puntos como máximo).
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS:
Con carácter xeral, a cualificación final resultará de combinar a avaliación continua formativa con unha proba final que será preferentemente de carácter telemático —a través de un cuestionario: exame tipo test obxectivo, ou ben, segundo as circunstancias, un exame oral; sen prexuízo de combinar cuestionario telemático e proba oral [para acadar as máximas cualificacións, de xeito que, nese caso, non sexa suficiente a proba tipo test]—.
A valoración da avaliación continua —a participación nas clases on line, a realización de prácticas (interactivas) —que se entregarán a través da ferramenta «Tarefas» do Campus Virtual da USC— e as autoavaliacións a través de cuestionarios, por exemplo— é do 40 % da cualificación final (máximo 4 puntos). A valoración da proba final escrita é do 60 % da cualificación final (6 puntos como máximo).
Para a avaliación da segunda oportunidade seguiránse os mesmos criterios que para a primeira. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicaráse en ambas convocatorias.
Para os alumnos con dispensa de docencia o 100% da cualificación seguirá sendo determinado pola proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Angel Luis Rebolledo Varela
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Paz Garcia Rubio
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814648
- Correo electrónico
- mpaz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonia Nieto Alonso
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814742
- Correo electrónico
- antonia.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego, Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego, Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán, Galego | Aula 5 |
Venres | |||
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego, Castelán | Aula 5 |
27.01.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
27.01.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
27.01.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
07.07.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
07.07.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
07.07.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |