Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento do réxime xurídico dos títulos valor e outros medios de pagamento e de crédito, así como dos principais contratos do tráfico mercantil.
- Estudo do Dereito Concursal.
INTRODUCCIÓN: A ACTIVIDADE XURÍDICA EXTERNA DA EMPRESA
TEMA PRELIMINAR.- A empresa e a súa actividade económica: perspectiva xurídica da actividade externa. Os contratos do empresario. Medios e instrumentos de pago das operacións mercantis. Crisis na actividade do empresario: o Dereito concursal.
PARTE PRIMEIRA: OS CONTRATOS DO EMPRESARIO
TEMA 1.-Os contratos mercantis: concepto e caracteres esenciais. réximen legal da contratación mercantil: as obligacións mercantis. A contratación cos consumidores. A contratación electrónica. Clases de contratos mercantis.
TEMA 2.- Contratos de cambio e auxiliares: o comercio tradicional. A compraventa mercantil: concepto e delimitación. Contido do contrato: o incumplimento e os seus efectos. Transmisión do riesco. Ventas mercantis especiais. Contratos afines a compraventa.
TEMA 3.- O contrato de comisión: concepto e rasgos básicos. Contido do contrato de comisión: obligacións das partes. Extinción do contrato. O contrato de mediación ou corretaxe.
TEMA 4.- Contratos de distribución e afins: o comercio integrado. Características xenerais: clases de contratos de distribución. O contrato de concesión mercantil: rasgos característicos. O contrato de establecimento oficial: a distribución selectiva. O contrato de franquicia: concepto e elementos esenciais.Contratos de mediación.
TEMA 5.- O contrato de axencia: concepto e caracteres. Contido do contrato de axencia: obligacións das partes. Extinción do contrato: a indemnización por clientela.
TEMA 6.- Contratos de prestación: os arrendamentos mercantis. O arrendamiento de cousas: principales modalidades contractuais. O arrendamento de obra: os contratos de inxeñería. O arrendamento de servicio: principais modalidades. Contratos afines o arrendamiento mercantil: os contratos publicitarios.
TEMA 7.- Os contratos de financiación e garantía. Contratos de financiación no bancaria: o préstamo mercantil e contas en participación. Contratos de financiación bancaria: instrumentos de financiación do inmovilizado e do circulante. Os contratos de garantía.
TEMA 8.- Os contratos de transporte e depósito. Concepto e clases de transporte. O transporte terrestre de mercancías: elementos do contrato de transporte. Contido do contrato: dereitos e obligacións das partes. Responsabilidade do porteador. O contrato de depósito.
TEMA 9.- Contratos de seguro. Concepto e clases de seguros. O contrato de seguro: elementos. Contido do contrato: obligacións das partes. Seguros de danos en particular. Seguros de persoas.
PARTE SEGUNDA: MEDIOS E INSTRUMENTOS DE PAGO
TEMA 10.- O pago das operacións mercantis. Peculiaridades nos pagos mercantis. Principais medios de pago. O pago a través de efectos mercantis. Réximen xeral dos efectos mercantis: a categoría dos títulos-valor. Lei cambiaria e do cheque.
TEMA 11.- A letra de cambio: orixen, evolución histórica e principais funciones económicas. O pagaré cambiario: función e distinción de figuras afíns. O cheque: función e modalidades.
TEMA 12.- O libramento de efectos mercantis. A emisión da letra de cambio: requisitos formais. O modelo oficial de letra de cambio: problemática fiscal. A emisión do pagaré: mencións esenciais. A emisión do cheque: requisitos previos e mencións esenciais.
TEMA 13.- A circulación dos efectos mercantis: modalidades. Circulación da letra: O endoso. Efectos do endoso: traslación, lexitimación e garantía. Forma do endoso. Endosos limitados. Circulación do pagaré. Circulación do cheque.
TEMA 14.- A aceptación dos efectos mercantis. A aceptación da letra: concepto, forma e efectos da aceptación. Responsabilidade do emisor do pagaré. Responsabilidade do banco librado no cheque.
TEMA 15.-O aval dos efectos mercantis. O aval da letra de cambio. O aval do pagaré. O aval do cheque.
TEMA 16.- O pago dos efectos mercantis. O pago da letra de cambio: clases de pago. Pago ordinario da letra: presupostos e efectos. A falta de pago da letra: O pago extraordinario. Responsabilidade cambiaria. O pago do pagaré. O pago do cheque.
TEMA 17.- Accións e excepcións cambiarias. Accións na letra de cambio: A acción directa e a acción de regreso. Importes a reclamar. O procedimento cambiario. Excepcións a acción cambiaria. Accións do tenedor do pagaré. Accións do tenedor do cheque. Outras accións: acción causal e a acción de enriquecimento.
TEMA 18.- Pagos a través de dinero bancario. Intermediación bancaria nos pagos. Principais operacións: tarxetas bancarias, transferencias de fondos, domiciliacións. Pagos en operacións de comercio exterior: o crédito documentario. Outras operacións.
PARTE TERCEIRA: DEREITO CONCURSAL
TEMA 19 .- O Dereito concursal. Problemática jurídica da crisis económica do empresario. O Dereito concursal español: evolución e situación actual. Institucións concursais vixentes.
TEMA 20.- Fase de apertura do concurso. Presuposto obxetivo do concurso: a insolvencia do deudor. Solicitude da declaración de concurso: concurso voluntario e concurso necesario. A declaración de concurso. Efectos da declaración de concurso.
TEMA 21.- Fase de tramitación do concurso. A administración concursal. Informe da administración concursal. Determinación da masa activa: reintegración e reducción da masa activa. Determinación da masa pasiva: créditos concursais e créditos contra la masa. Clasificación dos créditos concursais.
TEMA 22.- Fase de solución do concurso. O convenio cos acreedores. A proposta de convenio. A xunta de acreedores. Aprobación xudicial do convenio. Eficacia do convenio. A liquidación do patrimonio do deudor. Calificación e conclusión do concurso.
- Bibliografía básica:
Código de Comercio y Legislación Mercantil Complementaria, edición actualizada
- Bibliografía complementaria:
- Broseta Pont/Martinez Sanz, Manual de Derecho Mercantil, II, Tecnos
- Ménendez, A. (Dir.), Lecciones de Dercho mercantil, Civitas.
- Jiménez Sánchez, Coordinador, Derecho Mercantil, Vol. II, Ariel.
- Sánchez Calero, Instituciones de Derecho Mercantil, Vol. II. Thomson Aranzadi.
- Uría / Menéndez, Curso de Derecho Mercantil II, Civitas.
- Vicent Chuliá, Introducción al Derecho Mercantil, Tirant lo Blanch.
É preciso que os alumnos utilicen edicións actualizadas.
-Comprensión e resolución dos distintos problemas xurídicos do tráfico externo da empresa, tanto na súa referencia ao emprego de títulos e documentos mercantís como dos contratos do empresario.
-Capacidade para asesorar os empresarios durante a fase de negociación dun contrato.
-Capacidade para asesorar os empresarios nunha situación de insolvencia ou durante un proceso concursal.
-Capacidade para elaborar e presentar una decisión xuridicamente fundamentada.
O profesor desenvolverá a explicación teórica das diferentes leccións do programa nas clases expositivas. Nembargantes, alomenos un tercio das leccións do programa poderán ter que ser preparadas polo estudante sen explicación previa.
Nas clases interactivas os alumnos resolverán casos prácticos e outras actividades propostas polo profesor, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas clases teóricas.
GRUPOS A-B
1.- A nota virá determinada pola cualificación obtida nun único exame final escrito (90% da nota final, polo tanto un 9 sobre 10) e a cualificación obtida mediante a asistencia e participación nas clases interactivas (10% da nota final, polo tanto, un 1 sobre 10).Como complemento da nota final poderá terse en conta tamén a asistencia asidua e participación nas clases expositivas, así como a asistencia a seminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC
2.- O exame final escrito consistirá nun test sobre o conxunto do programa e nun caso práctico sobre títulos-valores.
A puntuación máxima que se poderá obter en cada unha das partes será de 4, 5 puntos.
3.- Durante o exame non se poderá empregar o programa, nin a guía docente, nin ningún outro material.
4.- A asistencia e participación nas clases interactivas terá unha valoración dun 10% sobre a nota final, polo que a nota máxima a obter coas mesmas será de 1 punto sobre 10. Só se terá en conta a valoración das clases interactivas cando no exame final escrito se acade, alomenos, unha puntuación global de 4 puntos e un mínimo de 2 puntos en cada unha das partes (test-caso práctico de letra).
Conforme á normativa da USC, a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será a de “suspenso”, salvo que o estudante non realice nengunha actividad académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso no que constará como “non presentado” (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello social da USC). Dado que a asistencia e participación nas clases interactivas desta asignatura é avaliable, eso implica que o alumno que asista ás clases interactivas non poderá figurar como non presentado (incluso aínda que só asista a unha soa clase interactiva).
5.- Para superar a asignatura será preciso alcanzar alomenos unha nota de 5 puntos (entre o exame e, no seu caso, a valoración das clases interactivas).
GRUPO C
1.- A nota virá determinada pola cualificación obtida nun único exame final escrito (90% da nota final, polo tanto un 9 sobre 10) e a cualificación obtida mediante a asistencia e participación nas clases interactivas (10% da nota final, polo tanto, un 1 sobre 10). Como complemento da nota final poderá terse en conta tamén a asistencia asidua e participación nas clases expositivas, así como a asistencia a seminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC
2.- O exame final escrito consistirá nun test sobre o conxunto do programa. A puntuación máxima que se poderá obter co test será de 9 puntos.
3.- Durante o exame non se poderá empregar o programa, nin a guía docente, nin ningún outro material.
4.- A asistencia e participación nas clases interactivas terá unha valoración dun 10% sobre a nota final, polo que a nota máxima a obter coas mesmas será de 1 punto sobre 10. Só se terá en conta a valoración das clases interactivas cando no exame final escrito se acade, alomenos, unha puntuación global de 4 puntos. Como complemento á cualificación das clases interactivas poderase ter en conta a asistencia a serminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC.
Conforme á normativa da USC, a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será a de “suspenso”, salvo que o estudante non realice nengunha actividad académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso no que constará como “non presentado” (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello social da USC). Dado que a asistencia e participación nas clases interactivas desta asignatura é avaliable, eso implica que o alumno que asista ás clases interactivas non poderá figurar como non presentado (incluso aínda que só asista a unha soa clase interactiva).
5.- Para superar a asignatura será preciso alcanzar alomenos unha nota de 5 puntos (entre o exame e, no seu caso, a valoración das clases interactivas).
RÉXIME ESPECIAL PARA OS ALUMNOS CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnos que teñan recoñecida pola USC a exención de docencia nesta materia, deberán facer o exame final escrito nas mesmas condicións que os demáis estudantes.
O punto que os demáis estudantes poden acadar coa asistencia e participación nas clases interactivas, estes estudantes poderán obtelo mediante a realización dun traballo práctico sobre unha das materias da asignatura.
O traballo deberá entregarse aos profesores responsables da asignatura o día do exame final escrito antes do comenzo da proba. O traballo presentado fora de prazo non se terá en conta na evaluación.
O tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno. Non obstante, calcúlase como media, que será necesario dedicar 67.5 horas de traballo propio, que se sumarán ás horas de clase.
Recoméndase encarecidamente o manexo directo do Código de Comercio e da lexislación mercantil complementaria.
“Plan de Continxencia coas adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3".
Metodoloxía da ensinanza
- Escenario 2:
No escenario 2 está previsto que a docencia presencial conviva coa virtual, correspondendo a cada Centro definir as fórmulas de convivencia de ambas as modalidades de docencia. Por tanto, a metodoloxía docente neste escenario adaptarase ás instrucións técnicas fixadas polo Centro.
- Escenario 3:
Se por mor da pandemia da Covid-19 suspendésese a docencia presencial, as clases expositivas seguiranse impartindo a través de audios que se irán subindo á aula virtual, en correlación cos días de clase.
Respecto a as clases interactivas, estas realizaranse a través de medios telemáticos que será oportunamente indicados polo profesorado responsable na aula virtual con antelación ao comezo da correspondente semana de clases prácticas. As clases interactivas neste escenario poderanse desenvolver, xa sexa a través de sesións por Microsoft teams, ou ben mediante a resolución de casos prácticos que deberán ser entregados a través da aula virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
-En caso de estar no escenario 2:
Aplicarase o sistema de avaliación previsto para o escenario 1, salvo que as autoridades académicas, en razón da situación sanitaria, determinen a conveniencia de non realizar probas presenciais. Neste último caso aplicarase o sistema de avaliación previsto para o escenario 3.
- En caso de estar no escenario 3:
- Dado que no escenario 3 non se poderán realizar exames presenciais, a nota virá determinada pola cualificación obtida nun exame oral realizado a través da plataforma Microsoft Teams (90 % da nota final, por tanto, un 9 sobre 10) e a cualificación obtida coa docencia interactiva (10 % da nota final, por tanto, un 1 sobre 10). Como complemento da nota final tamén se poderá ter en conta a asistencia asidua e a participación nas clases expositivas –a condición de que esta fose posible en algures do curso-, así como a asistencia a seminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC.
Con antelación suficiente á data prevista para a realización do exame, publicaríanse na aula virtual da materia as instrucións pertinentes: normas técnicas para o uso da plataforma para utilizar, orde de chamamento dos alumnos para a realización do exámen, etc.
- Respecto a as clases interactivas, a avaliación dependerá do sistema que se utilizou para realizar a práctica: a) se a práctica desenvolveuse de forma síncrona a través da plataforma Microsoft teams, valorarase a asistencia e participación na respectiva sesión.
b) se a práctica desenvolveuse mediante a resolución e entrega dun caso práctico, valorarase a súa realización e o contido das respostas. Lémbrase que “Para vos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
Réxime especial para os alumnos con exención de docencia
Se por mor dá pandemia dá Covid-19 non puidesen realizarse exames presenciais, o exame tipo test e ou caso práctico previstos para ou escenario 1, substituiranse por unha única proba oral realizada por medios telemáticos ca que se poderá obter a cualificación máxima de 10 puntos
Ángel Fernández-Albor Baltar
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814702
- Correo electrónico
- angel.fernandez-albor [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Framiñan Santas
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814622
- Correo electrónico
- javier.framinan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Galego | Sala de Conf. Lete del Rio |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Galego | Sala de Conf. Lete del Rio |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Galego | Sala de Conf. Lete del Rio |
15:00-16:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
15.01.2021 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
15.01.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
09.07.2021 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 4 |
09.07.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 4 |
09.07.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 4 |