Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dominio da linguaxe xurídica.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil, da existencia en Galicia dun sistema sucesorio propio e do consecuente carácter subsidiario do Código Civil.
- Capacidade de análise crítica das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito do Dereito de Sucesións e dos grandes principios que informan o sistema sucesorio galego fronte ao sistema sucesorio do Código civil (maior liberdade dispositiva formal e material, reforzamento da posición do viúvo, etc....).
PROGRAMA:
Lección 1.- Sucesión mortis causa. 1. Concepto e recoñecemento constitucional. 2. Clases de sucesións. 3. A herdanza. 4. Os sucesores: o herdeiro e o legatario. 5. Momentos do fenómeno sucesorio: apertura da sucesión, vocación e delación da herdanza. 6. Transmisión do ius delationis. 7. Capacidade para suceder. Incapacidades relativas e indignidade. 8. Acrecemento na sucesión mortis causa. 9. O dereito de representación.
Lección 2.- Sistemas de adquisición da herdanza. 1. A herdanza xacente. 2. Aceptación da herdanza. 3. O dereito de deliberar. 4. O beneficio de inventario. 5. Efectos da aceptación. 6. A acción de petición de herdanza.7. Responsabilidade do heredeiro por débedas e cargas da herdanza. 8. Alleación da herdanza. 9. A repudiación. O artigo 1101 do Código civil. 10. A comunidade hereditaria: réxime xurídico.
Lección 3.- A partición da herdanza. 1. Partición: concepto e natureza xurídica. 2. Clases de partición no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia 3. Operacións particionais: inventario, valoración, liquidación, formación de lotes e adxudicación de bens. 4. A colación. 5. Efectos da partición. 6. Evicción e saneamento. 7. Modificación e ineficacia da partición.
A SUCESIÓN VOLUNTARIA
Lección 4.- A sucesión testada. 1. Testamento: concepto, contido e caracteres. 2. Capacidade para testar. 3. Clases de testamentos. 5. Testamentos comúns: aberto, pechado, hológrafo. 6. O testamento mancomunado. 7. O testamento por comisario. 8. O Rexistro de Actos de Derradeira Vontade.
Lección 5.- Institución de herdeiro. 1. Formas de designación. 2. Substitucións hereditarias: concepto e tipos: as substitucións vulgar, pupilar e exemplar. 3. Substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.
Lección 6.- O legado. 1. Elementos persoais e reais do legado. 2. Tipos de legados regulados polo Código civil. 3. A adquisición do legado. 4. A entrega do legado. 5. Responsabilidade do legatario. 6. Ineficacia do legado. 7. O modo testamentario. 8. Disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia.
Lección 7.- Execución testamentaria. 1. A testamentaría: concepto, caracteres e clases. 2. Facultades, deberes, prohibicións e responsabilidade do testamenteiro. 3. Interpretación do testamento: criterios legais, interpretación integrativa e proba extrínseca. 4. Ineficacia do testamento. 5. Nulidade do testamento: causas, acción e efectos. 6. Revogación. 7. Caducidade dos testamentos.
Lección 8. Os pactos sucesorios.- 1. O contrato sucesorio: concepto e clases. 2. A prohibición dos pactos sucesorios no Código civil. 3. A sucesión contractual no Dereito civil de Galicia. 4. Disposicións comúns aos pactos admitidos en Galicia. 5. O pacto de mellora e a mellora de labrar e posuír. 6. O pacto de apartación. 7. O usufruto do cónxuxe viúvo no Dereito civil de Galicia.
A LEXITIMA
Lección 9.- Lexítimas e reservas. 1. As reservas e o dereito de reversión. 2. A lexítima no Código Civil e na Lei de Dereito civil de Galicia: diferenzas. 3. A lexítima dos descendentes no Código civil. A mellora e a delegación da facultade de mellorar. 4. A lexítima dos ascendentes no Código civil. 5. A lexítima do cónxuxe viúvo no Código civil. 6. A lexítima dos descendentes na Lei de Dereito civil de Galicia 8. A lexítima do cónxuxe viúvo na Lei de Dereito civil de Galicia.
Lección 10.- Cálculo e protección da lexítima. 1. O cálculo da lexítima. 2. A imputación de doazóns, legados e pactos sucesorios. 3. A indispoñibilidade da lexítima. 4 Intanxilibidade cuantitativa: Accións de suplemento e de reducións disposicións e pactos sucesorios inoficiosos. 5. Intanxibilidade cualitativa da lexítima: prohibición de cargas e gravames. 6. O usufruto universal do cónxuxe viúvo como gravame da lexítima. 7. Pagamento en metálico. 6. Preterición. 8. Desherdamento.
SUCESIÓN LEGAL
Lección 11.- A sucesión legal. 1. Sucesión legal, intestada ou ab intestato: concepto e fundamentos. 2. Supostos de apertura da sucesión intestada. 3. Orde de suceder e principios reitores. 4. Sucesión intestada a favor do Estado e das Comunidades Autónomas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, Manual de Derecho Civil. Derecho de Sucesiones. Bercal, Madrid. ültima edición
BUSTO LAGO, J. M. (Dir.), ÁLVAREZ LATA, N., PEÑA LÓPEZ, F., Curso de Derecho civil de Galicia, -Colección: Manuales universitarios-, Barcelona, Atelier, 2015.
DÍEZ-PICAZO, L. e GULLÓN, A. Sistema de Derecho Civil. Vol. IV. Derecho de Familia/Derecho de Sucesiones. Tecnos. Madrid, última edición.
LACRUZ BERDEJO, J. L. Elementos de Derecho Civil V. Sucesiones. Dykinson. Madrid, última edición.
LASARTE ÁLVAREZ, C. Principios de Derecho Civil. Tomo VII. Derecho de Sucesiones. Marcial Pons. Madrid, última edición.
RIVAS MARTÍNEZ, J.J. Derecho de Sucesiones: Común y Foral. Dykinson, 2009.
AA. VV. Derecho de Sucesiones y Régimen económico familiar de Galicia: comentarios a los Títulos IX y X y Disposición Adicional Tercera de la Ley de Derecho Civil de Galicia. Colegio Notarial de Galicia, 2007.
AA. VV. Comentarios a la Ley de Derecho Civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio (Coordinados por REBOLLEDO VARELA, Á. L.). Thomson Aranzadi. Cizur Menor (Navarra) 2008.
AA. VV., Tratado de Derecho de Sucesiones. Código Civil y normativa autonómica. Dir. C. Gete-Alonso y Calera. Civitas-Thomson, 2011
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
CARBALLO FIDALGO, M., La legítima en la Ley de Derecho Civil de Galicia, Estudios jurídicos en memoria del Prof. José Manuel Lete del Río. MP: García Rubio (coord). Thomson Civitas, 2009
DÍAZ MARTÍNEZ, ANA, De la herencia yacente a la aceptación tácita : reclamaciones patrimoniales de terceros, Aranzadi, 2010.
ESPEJO LERDO DE TEJADA, M., La legítima en la sucesión intestada en el Código Civil, Pons, 1996.
GARCÍA-BERNARDO LANDETA, A. La legítima en el Código Civil. Colegios Notariales de España, 2006.
GARCÍA RUBIO, M.P, La distribución de toda la herencia en legados. Civitas, 1989
GONZÁLEZ PORRAS, J.M., Manual de sucesión intestada, Tirant lo Blanch, 2011
HERRERO OVIEDO, M., El renacer de los pactos sucesorios, en Estudios de Derecho de Familia y Sucesiones. Editor, Santiago Álvarez González, 2009.
JORDANO BAREA, J.B., Interpretación del testamento. Bosch, 1958
JORDANO FRAGA, F., Indignidad sucesoria y desheredación (algunos aspectos conflictivos de su recíproca interrelación), Comares, 2004.
MADRIÑÁN VÁZQUEZ, M., El derecho de representación en la sucesión testada, Thomson, 2009
NIETO ALONSO, A., Sustitución fideicomisaria de residuo, usufructo testamentario de disposición y donación, La Ley, 2014.
REQUEIXO SOUTO, Pactos de atribución particular "post mortem" : ámbito del artículo 1271, ap. 2.º, del Código Civil, Anuario de derecho civil, t. 65, p. 1745
TORRES GARCÍA, T., La legítima en el Código Civil, en Estudios de Derecho de Familia y Sucesiones. Editor, Santiago Álvarez González, 2009.
TORRES GARCÍA, T./GARCÍA RUBIO, M.ª P., La libertad de testar: El principio de igualdad, la dignidad de la persona y el libre desarrollo de la personalidad en el Derecho de sucesiones, Fundación Coloquio Jurídico Europeo, Madrid, 2014.
- Dominio da linguaxe xurídica, en particular, en materia de Dereito de sucesións.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos
básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións sucesorias.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciáis e percepción das
orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflictivas no ámbito do dereito de sucesións e dos grandes principios que o informan.
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de Dereito de sucesións, singularmente con textos legais (en particular co Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e coa Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais e doutrina da DXRN.
- Decatarse da debida relevancia do Dereito civil de Galicia, de xeito salientable, no eido do Dereito de sucesións.
- Aprender as sinaladas diferencias entre o Dereito sucesorio resultante da aplicación do Código civil e da Lei de Dereito civil de Galicia.
- Ter presente a importancia da liberdade de testar no Dereito civil de Galicia e as consecuencias que de aí derivan.
GRUPOS A (PROF. REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. CARBALLO FIDALGO) e C (PROF. ANTONIA NIETO ALONSO)
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenvolvemento das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, así como actividades relacionadas coas aulas interactivas.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho situado la Área de Dereito Civil, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
No apartado observacións farase referencia ás características particulares da metodoloxía da ensinanza no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalación
-------
Co manexo nas clases dos textos legais e da xurisprudencia recaída nestas materias, analizaranse os contidos mínimos da materia, nun intento de trasladar o coñecemento das institucións cunha visión práctica delas. Neste sentido, resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas materias máis discutidas e as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os Tribunais.
Fomentarase a participación agrupando os alumnos e polarizando a súa intervención como representantes das partes en conflito.
Impartiranse técnicas de redacción de documentos característicos das institucións sucesorias, como testamentos, pactos sucesorios ou escrituras particionales.
Para coñecer a adaptación da metodoloxía docente en caso de pasar aos escenarios 2 e 3, por efectos da COVID-19, consúltese o apartado "Observacións", baixo o epígrafe "Plan de continxencia".
GRUPO A. Profesor Rebolledo Varela
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe dos alumnos/as a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua supoñerá o 30% (3 puntos) da cualificación final, e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo. As actividades das clases interactivas representarán o 20% (ata 2 puntos) da nota final, e o 10% restante (1 punto) corresponde ao resultado dunha proba presencial, a metade do cuatrimestre, sobre os coñecementos e competencias adquiridas ata ese momento polo alumnado.
A proba final, que supoñerá o 70% (7 puntos) da cualificación final, será presencial e terá unha parte teórica (40% da nota: 2,8 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da parte teórica o alumno/a non poderá utilizar textos legais ou calquera outro material de apoio. Para a realización da parte práctica poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico.
Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno que non participase nas actividades de avaliación continúa, para superar a materia deberá obter na proba final unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios que para a avaliación en primeira oportunidade. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
No apartado Observacións farase referencia ás características particulares do sistema de avaliación da aprendizaxe no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalación.
______________________________________________________________________________________________
GRUPO B. Profa. Carballo Fidalgo
A avaliación da materia levaráse a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua suporá o 30% da cualificación final, e consistirá na realización de actividades prácticas diversas, individuais ou en grupo, desenvoltas no curso das aulas interactivas. Valoraráse a estrutura e corrección formal das prácticas entregadas, o manexo correcto da xurisprudencia e da doutrina e a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a.
A proba final, na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos e a súa aplicación práctica, representará o 70% da nota final. O alumno deberá obter nesta proba una cualificación mínima de 2,8 puntos para superar a materia.
A cualificación final determinaráse sumando a nota correspondente ao exame final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou superior. O alumno que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicaráse en ambas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que, segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 5 de xuño de 2012 (artigo 5.2), "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
ADAPTACIÓN AOS ESCENARIOS 2 E 3
Para coñecer a adaptación do sistema de avaliación en caso de pasar aos escenarios 2 (Distanciamento) ou 3 (Peche das instalacións), por mor da COVID-19, consúltese o apartado “Observacións”.
______________________________________________________________________________________________
GRUPO C. PROF. ANTONIA NIETO ALONSO
- Na realización da proba final o alumno/a non poderá utilizar texto legal ningún. Para a superación da materia en todo caso é necesario acadar na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Para os efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e de Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso durante as clases interactivas así como a asistencia ás clases serán valoradas; por tanto,para que o alumno figure como non presentado na correspondente convocatoria será necesario que non asistise as clases, non realizase as actividades interactivas nin realizase o exame.
PLAN DE CONTINXENCIA (COVID):
En caso de pasar a los escenarios 2 y 3, por causa de pandemia, por favor, consulte el Sistema de evaluación que se seguiría, en el apartado OBSERVACIONES, el epígrafe PLAN DE CONTINGENCIA.
Considéranse necesarias 45 horas de presenza do alumno na aula á que haberá que sumar 67.5 horas de traballo persoal do alumno para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
Para facilitar o estudo desta materia é recomendable contar con coñecementos en materia de Dereito Procesual Civil e Dereito Rexistral, así como ter superado as materias de Introdución ao Dereito Civil e Dereito da persoa, Dereitos Reais, Dereito de Obrigas e Responsabilidade Civil, Dereito de contratos e Dereito de Familia.
Ademais, tamén é recomendable:
- A asistencia regular a clase
- A participación activa dos alumnos na clase
- O estudo diario da materia.
- Utilización do horario de titorías para solucionar dúbidas sobre a explicación teórica e sobre a resolución dos problemas prácticos
É imprescindible dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia) e asistir ás clases co material lexislativo correspondente á lección impartida.
GRUPO A. PROF. REBOLLEDO VARELA
Plan de continxencia (COVID-19)
Metodoloxía de ensino
En caso de pasar ao escenario 2, estarase ao disposto pola Facultade de Dereito sobre impartición das clases, combinando os sistemas presencial e on-line. Será esencial para unha aprendizaxe adecuada que o alumnado dispoña dun manual da asignatura de entre os recomendados con referencia ao dereito común. É responsabilidade do alumnado dispoñer do manual desde o inicio do curso.
No caso de que sexa preciso pasar ao escenario 3, as clases expositivas se impartirán de xeito síncrono a través da plataforma Microsoft Teams, no horario oficial que corresponda. Respecto de a docencia interactiva, poñerase a disposición do alumnado, a través do aula virtual (Moodle), cuns días de antelación, as actividades propostas e os alumnos/as deberán dedicar á súa realización polo menos 1 hora e media na semana que corresponda e entregalas no prazo que se sinale a través do instrumento "Tarefas" de Moodle. As prácticas poñeranse en común e resolveranse, a través de Teams, nunha clase de hora e media, no horario oficial da última interactiva da semana (o xoves). Será esencial para unha aprendizaxe adecuada que o alumnado dispoña dun manual da asignatura de entre os recomendados con referencia ao dereito común. É responsabilidade do alumnado dispoñer do manual desde o inicio do curso.
Sistema de avaliación
No escenario 2 e para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito: 1. As actividades interactivas de avaliación continua realizadas polos alumnos terán un valor de 3 puntos. 2. A actividade de avaliación continua resolta presencialmente polo alumnado a metade do cuadrimestre (de ser posible facela, aínda que sexa en grupos reducidos e en distinto horario) terá un valor de 3 puntos. 3. A proba final de carácter presencial terá un valor de 4 puntos, e terá unha parte teórica (40% da nota: 1,6 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 2,4 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da parte teórica o alumno/a non poderá utilizar textos legais ou calquera outro material de apoio. Para a realización da parte práctica poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico. De non poder realizarse a actividade de avaliación continua resolta presencialmente, a proba final presencial terá un valor de 7 puntos: a parte teórica (40% da nota: 2,8 puntos) e a parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos). No caso de que a proba final teña que realizarse de forma non presencial, a proba final telemática consistirá na contestación síncrona de forma oral por parte de alumno/á través da plataforma Microsoft Teams ás preguntas que se lle formulen tamén oralmente.
No escenario 3 e para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito: 1. As actividades interactivas de avaliación continua realizadas polos alumnos terán un valor de 3 puntos. 2. A actividade de avaliación continua resolta presencialmente polo alumnado a metade do cuadrimestre (de ser posible facela, aínda que sexa en grupos reducidos e en distinto horario) terá un valor de 3 puntos. 3. A proba final telemática terá un valor de 4 puntos. Dita proba final telemática consistirá na contestación síncrona de forma oral por parte de alumno/á través da plataforma Microsoft Teams ás preguntas que se lle formulen tamén oralmente. De non poder realizarse a actividade de avaliación continua resolta presencialmente, a proba final telemática terá un valor de 7 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
Para os alumnos con dispensa de docencia o 100% da cualificación seguirá sendo determinado pola proba final.
______________________________________________________________________________________________
GRUPO B. PROFA. CARBALLO FIDALGO
Plan de continxencia (COVID-19)
Metodoloxía de ensino
En caso de pasar ao escenario 2, estarase ao disposto pola Facultade de Dereito sobre impartición das clases, combinando os sistemas presencial e on-line. Será esencial para unha aprendizaxe adecuada que o alumnado dispoña dun manual da asignatura de entre os recomendados con referencia ao dereito común. É responsabilidade do alumnado dispoñer do manual desde o inicio do curso.
No caso de que sexa preciso pasar ao escenario 3, as clases expositivas se impartirán de xeito síncrono a través da plataforma Microsoft Teams, no horario oficial que corresponda. Respecto á docencia interactiva, poñeránse a disposición do alumnado, a través da Aula Virtual, cuns días de antelación, as actividades propostas e os alumnos/as deberán dedicar á súa realización polo menos 1 hora e media na semana que corresponda e entregalas no prazo que se sinale a través do instrumento "Tarefas" de Moodle. As prácticas poñeranse en común e resolveranse, a través de Teams, nunha clase de hora e media, no horario oficial da última interactiva da semana (venres da semana correspondente). Será esencial para unha aprendizaxe adecuada que o alumnado dispoña dun manual da asignatura de entre os recomendados con referencia ao dereito común. É responsabilidade do alumnado dispoñer do manual desde o inicio do curso.
Sistema de avaliación
No escenario 2 e no escenario 3 manténse o sistema mixto de avaliación continua (realización de actividades prácticas) e proba final (de carácter telemático). En ambos escenarios, a avaliación continua representará o 40% da nota final e a cualificación obtida na proba final representará o 60% da nota final. Para superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 1.6 sobre 4 na avaliación continua e obter unha cualificación mínima de 2.4 sobre 6 na proba final.
A proba final consistirá na formulación dunha serie de cuestións de resposta libre, breve e razoada, que se realizará a través da aula virtual da materia.
Para a avaliación da segunda oportunidade seguiránse os mesmos criterios que para a primeira. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicaráse en ambas convocatorias.
Para os alumnos con dispensa de docencia o 100% da cualificación seguirá sendo determinado pola proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
______________________________________________________________________________
GRUPO C. PROF. ANTONIA NIETO ALONSO
«PLAN DE CONTINXENCIA»
Segundo o documento Directices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso Académico 2020-2021 —que desenvolve o acordo de Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020—.
Cómpre salientar, dentro dos escenarios 2 e 3, os apartados metodoloxía da ensinanza e sistema da avaliación da aprendizaxe (o resto dos apartados será común para os tres escenarios).
A) METODOLOXÍA DA ENSINANZA:
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO:
A docencia presencial convivirá coa virtual; pero sempre mantendo os horarios programados. Será a o Decanato da Facultade de Dereito quen defina as fórmulas de convivencia de ambas as modalidades de docencia.
Na docencia interactiva pod erase combinar a presencialidade física e telemática.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS:
A docencia, tanto expositiva como interactiva será completamente virtual.
NOTAS COMÚNS PARA O CASO DE DESENROLARSE A DOCENCIA EN REMOTO, ESCENARIOS 2 E 3:
— A docencia será impartida de xeito síncrono (profesor e alumno encóntranse realizando ao mesmo tempo a comunicación, na que se produce unha coincidencia temporal).
— As actividades a realizar serán variadas, combinando tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo.
— Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumno, incluíndo elementos de autoavaliación (sobre a materia xa explicada polas profesoras).
— O seguimento das actividades propostas farase a través das ferramentas: “Tarefas” e “Cuestionario” do Campus Virtual da USC.
— Advírtase que as plataformas que se empregarán son: a Aula Virtual da USC, Microsoft Teams e o correo electrónico institucional da USC.
B) SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO:
Con carácter xeral, a cualificación final resultará de combinar a avaliación continua formativa con unha proba final que será preferentemente de carácter PRESENCIAL, se as circunstancias o permiten.
A valoración da avaliación continua —a participación nas clases on line, a realización de prácticas (interactivas) —que se entregará a través da ferramenta «tarefas» do Campus Virtual da USC— e as autoavaliacións a través de cuestionarios, por exemplo— é do 40 % da cualificación final (máximo 4 puntos). A valoración da proba final escrita é do 60 % da cualificación final (6 puntos como máximo).
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS:
Con carácter xeral, a cualificación final resultará de combinar a avaliación continua formativa con unha proba final que será preferentemente de carácter telemático —a través de un cuestionario: exame tipo test obxectivo, ou ben, segundo as circunstancias, un exame oral; sen prexuízo de combinar cuestionario telemático e proba oral [para acadar as máximas cualificacións, de xeito que, nese caso, non sexa suficiente a proba tipo test]—.
A valoración da avaliación continua —a participación nas clases on line, a realización de prácticas (interactivas) —que se entregarán a través da ferramenta «Tarefas» do Campus Virtual da USC— e as autoavaliacións a través de cuestionarios, por exemplo— é do 40 % da cualificación final (máximo 4 puntos). A valoración da proba final escrita é do 60 % da cualificación final (6 puntos como máximo).
Para a avaliación da segunda oportunidade seguiránse os mesmos criterios que para a primeira. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicaráse en ambas convocatorias.
Para os alumnos con dispensa de docencia o 100% da cualificación seguirá sendo determinado pola proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Angel Luis Rebolledo Varela
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Carballo Fidalgo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814654
- Correo electrónico
- marta.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonia Nieto Alonso
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814742
- Correo electrónico
- antonia.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Aula 5 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 2 |
04.06.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
04.06.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
04.06.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
25.06.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
25.06.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
25.06.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |