Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Filosofía do Dereito
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Reflexionar criticamente sobre o fenómeno xurídico.
• Aprender a manexar ideas e argumentos útiles para comprender, analizar e valorar o dereito, tanto no seu concepto teórico e ideal ético como nas súas manifestacións actuais e históricas.
• Pensar e debater sobre problemas filosóficos básicos do dereito.
• DESCRITORES: A Filosofía do dereito e o fenómeno xurídico. Ontoloxía e axioloxía xurídicas. Problemas filosóficos básicos do dereito. Metodoloxía, ciencia e argumentación xurídicas.
• TEMARIO:
A FILOSOFÍA DO DEREITO E O FENÓMENO XURÍDICO
1. A Filosofía do dereito e o fenómeno xurídico.
ONTOLOXÍA XURÍDICA
2. A idea do dereito.
3. O pensamento xurídico no século XIX.
4. O pensamento xurídico no século XX.
5. Concepcións actuais sobre o Dereito.
METODOLOXÍA, CIENCIA E ARGUMENTACIÓN XURÍDICAS
6. Coñecemento do dereito e metodoloxía xurídica.
7. Linguaxe e dereito.
8. Razón e dereito. A argumentación xurídica.
9. Lóxica e dereito.
AXIOLOXÍA XURÍDICA. PROBLEMAS FILOSÓFICOS BÁSICOS DO DEREITO
10. Os valores xurídicos.
11. Cuestións de legalidade e lexitimidade.
12. Deontoloxía das profesións xurídicas.
Obras de referencia
-HART, H.L.A., El concepto de Derecho [1961], Buenos Aires: Abeledo-Perrot, 1990 (2ª ed.).
-KELSEN, H., Teoría Pura del Derecho [1960, 2ª ed.], México: Porrúa, 1991.
-MILL, J.S., Sobre la libertad [1859], Madrid: Alianza, 1970.
-RAWLS, J., Teoría de la justicia [1971], México: FCE, 1979.
-ROSS, A., Sobre el Derecho y la Justicia [1953, 1958], Buenos Aires: Eudeba, 1994 (5ª ed.).
Coleccións introdutorias
-CASANOVAS, P. e MORESO, J.J. (eds.), El ámbito de lo jurídico, Barcelona: Crítica, 1994.
-COLEMAN, J. e SHAPIRO, S. (eds.), The Oxford Handbook of Jurisprudence and Philosophy of Law, Oxford: Oxford University Press, 2002.
-DÍAZ, E. e COLOMER, J.L. (eds.), Estado, justicia, derechos, Madrid: Alianza Editorial, 2002.
-FABRA J.L. et al. (eds.), Enciclopedia de Filosofía y Teoría del Derecho, México D.F.: UNAM, 2015, 3 vols. Accesible en http://biblio.juridicas.unam.mx/libros/libro.htm?l=3875; .... =3796; .... =3876.
-GARZÓN VALDÉS, E. e LAPORTA, F.J. (eds.), El Derecho y la justicia, Madrid: Trotta-CSIC-BOE, 1996.
Manuais
-AA.VV., Base de conocimiento jurídico iustel (sección de filosofía del Derecho), www.usc.es; Biblioteca, Bases de datos.
-ATIENZA, M., El sentido del Derecho, Barcelona: Ariel, 2001.
-DÍAZ, E., Curso de Filosofía del Derecho, Madrid: Marcial Pons, 1998.
-FASSÒ, G., Historia de la Filosofía del Derecho, vol. 3 [1970], Madrid: Pirámide, 1996.
-HERNÁNDEZ MARÍN, R., Historia de la Filosofía del Derecho contemporánea, Madrid: Tecnos, 1989 (2ª ed.).
-LARENZ, K., Metodología de la Ciencia del Derecho [1979], Barcelona: Ariel, 1994 (2ª ed.).
-LEGAZ Y LACAMBRA, L., Filosofía del Derecho, Barcelona: Bosch, 1978 (5ª ed.).
-PÉREZ LUÑO, A. E., Lecciones de filosofía del derecho: presupuestos para una filosofía de la experiencia jurídica, Sevilla: Mergablum, 2002 (3ª ed.).
-TRUYOL SERRA, A., Historia de la Filosofía del Derecho y del Estado, vol. 3, Madrid: Alianza, 2004.
Estudos e monografías
-ALEXY, R., Teoría de los derechos fundamentales [1986], Madrid: Centro de Estudios Constitucionales, 2007 (2ª ed.).
-APARISI MIRALLES, Á., Ética y deontología para juristas, Pamplona: EUNSA, 2006.
-ATIENZA, M., Curso de argumentación jurídica, Madrid: Trotta, 2013.
-BOBBIO, N., Contribución a la Teoría del Derecho [1950-1981], trad. A. Ruiz Miguel, Madrid: Debate, 1990.
-COTTERRELL, R., Introducción a la Sociología del Derecho [1984], introd. de A.E. Pérez Luño, Barcelona: Ariel, 1991.
-DWORKIN, R., Los derechos en serio [1978], Barcelona: Ariel, 1984.
-FERRAJOLI, L., Derecho y razón [1989], Madrid: Trotta, 1995.
-GONZÁLEZ VICÉN, F., Estudios de Filosofía del Derecho, La Laguna: Universidad de La Laguna, 1979.
-HABERMAS, J., Facticidad y validez [1992,1994], Madrid: Trotta, 1998.
-HART, H.L.A., Derecho, libertad y moralidad [1963], Madrid, Universidad Carlos III de Madrid – Dykinson, 2006.
-MARTÍNEZ ZORRILLA, J., Metodología jurídica y argumentación, Madrid: Tecnos, 2010.
-RAZ, J., Razón práctica y normas [1975, 1990], trad. de J. Ruiz Manero, Madrid: Centro de Estudios Constitucionales, 1991.
-SEGURA ORTEGA, M., La racionalidad jurídica, Madrid: Tecnos, 1998.
-WESTON, A., Las claves de la argumentación [1992], Barcelona: Ariel, 2005 (10ª ed.).
• Capacidade de comprensión, de análise e de síntese.
• Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais.
• Capacidade de obtención e xestión da información.
• Argumentación e deliberación; capacidade de diálogo.
• Aprendizaxe autónoma.
• Razoamento crítico.
• Creatividade.
• Aplicación de coñecementos e contextualización.
• Compromiso ético e deontolóxico.
• Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
• Sensibilidade pola realidade social, económica e ambiental.
• Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
• Percibir a interrelación do dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
• Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do ordenamento.
a na análise do ordenamento.
• Clases expositivas na aula de explicación do programa.
• Clases interactivas en grupos reducidos, con exposicións e/ou debates.
• Titorías solicitadas polos estudantes de acordo co profesor ou no horario establecido.
• Seminarios de estudo e debate organizados por iniciativa dos alumnos ou profesores.
• Uso do Campus Virtual e outras tecnoloxías da información e das comunicacións como apoio á docencia.
• Lectura, reflexión e estudo autónomo.
AVISO: para os escenarios 2 ou 3 da previsión da USC relativa á covid-19 véxase o apartado de Observacións. No caso de que a docencia deba ser total ou parcialmente telemática será mediante texto e audio.
• Exame final escrito nas datas establecidas pola Facultade, ou exame oral se as circunstancias o requiren,
• A avaliación do aproveitamento, asistencia e participación nas clases interactivas, así como dos exercicios asociados a elas, representará o 20% da cualificación da materia, pero será requisito para superala aprobar o exame final. Ao alumnado con exención de docencia no se lle aplicará o porcentaxe das clases interactivas na súa avaliación.
• Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final e, no caso de facer este, tamén a participación activa nas clases interactivas e a presentación de traballos. Quen non se presente ao exame final figurará en actas como "non presentado".
• Coordinaranse os procedementos de avaliación de tódolos grupos da materia.
AVISO: Se o exame final presencial non se puidese realizar (caso dos escenarios 2 ou 3 da previsión da USC relativa á covid-19), o exame sería telemático e preferentemente oral. Non obstante, se as condicións da suspensión da docencia presencial o permiten, poderá establecerse un procedemento de avaliación continua sustitutivo do exame final.
TRABALLO DO ALUMNO: 112,5 horas
PRESENCIAL NA AULA: 47 horas.
-33 horas expositivas (22 clases de 90 minutos).
-12 horas interactivas (8 clases de 90 minutos).
-2 horas de exame.
NON PRESENCIAL: 65,5 horas.
-Estudio e reflexión: 40 horas.
-Preparación de exposicións e debates: 12 horas.
-Lecturas e traballos: 13,5 horas.
• Atender ás explicacións de clase, participar nos debates, aclarar as dúbidas en clases e titorías e estudar todas as leccións do programa.
• Dedicar todos os días un tempo a repasar e pensar o tratado e aprendido nas clases.
• Ler os textos recomendados e outros axeitados ao temario, e reflexionar sobre eles.
• Discutir e comentar cos profesores, compañeiros e amigos o contido da materia.
• Sobre todo: distinguir o importante, asegurarse de entendelo, e asimilalo para ser quen de aproveitalo con eficacia no razoamento persoal, a discusión verbal e a exposición escrita.
• Haberá materiais do curso no Campus Virtual.
• No caso de suspensión total ou parcial da docencia presencial (escenarios 2 ou 3 da previsión da USC relativa á covid-19), a actividade docente desempeñarase nos medios que proporcione a Universidade, tales como o Campus Virtual e a plataforma Microsoft Teams. O momento e demáis circunstancias da eventual suspensión determinarán a metodoloxía docente e a avaliación, que poderá basearse en elaborar ensaios titorizados. Se fose necesario e as condicións técnicas o permiten, impartirase docencia teórica e interactiva telemática con texto e audio no horario asignado á materia. En todo caso, haberá docencia asíncrona no Campus Virtual coa aportación de materiais e indicacións para o seu estudo. Procurarase utilitar material docente de acceso libre e gratuito en Internet, pero poderá ser aconsellable adquirir algún manual ou libro en edición comercial. Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado con elementos de retroalimentación ou autoavaliación no Campus Virtual; e farase un seguimento da participación e dos coñecementos con controis periódicos.
Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Filosofía do Dereito
- Teléfono
- 881814725
- Correo electrónico
- joaquin.rodriguez-toubes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Segura Ortega
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Filosofía do Dereito
- Teléfono
- 881814731
- Correo electrónico
- manuel.segura [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Galego | Aula 3 |
Martes | |||
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
20.05.2021 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
20.05.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
20.05.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |
22.06.2021 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
22.06.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |