Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminología e vocabulario técnico pertinente sexa capaz de:
- Describir as bases histórico-dogmáticas e constitucionais do Dereito Administrativo.
- Describir os Ordenamentos xurídico-administrativos e as súas relacións.
- Identificar os suxeitos do Dereito Administrativo e describir os seus réximes xurídicos.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumno:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios legislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinales, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia na que os contidos e fontes cambian a gran velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
1. As bases do Dereito Administrativo: delimitación conceptual, evolución histórica e configuración constitucional.
2. O Ordenamento administrativo e a interconexión entre Ordenamentos.
a. As fontes do Dereito administrativo nun estado complexo. Sistema de relacións entre o ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. O ordenamento da UE.
b. A potestade lexislativa do executivo.
c. O Regulamento: natureza, relacións lei-regulamento, tipoloxía, procedemento de elaboración, requisitos de validez, control dos regulamentos.
3. Os suxeitos do Dereito Administrativo.
a. A Administración Pública como persoa xurídica. Tipoloxía de entes públicos. Administracións territoriais. Administración instrumental. O exercicio privado de funcións públicas.
b. Principio de legalidade. Potestades regladas e discrecionais. Discrecionalidade técnica. Conceptos xurídicos indeterminados.
c. Principios da organización administrativa.
d. Os órganos administrativos e as súas relacións. Elementos dos órganos, órganos colexiados, relacións entre órganos e fórmulas de traslado de competencias e colaboración.
e. A teoría do administrado. Capacidade. Posicións do cidadán ante a Administración.
Bibliografía básica:
- SÁNCHEZ MORÓN, M. Derecho Administrativo: Parte General, última edición.
- COSCULLUELA MONTANER, Luis: Manual de Derecho Administrativo. Parte general, Civitas, Cizur Menor, última edición.
- ESTEVE PARDO, José: Lecciones de Derecho administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- FERNÁNDEZ FARRERES, Germán: Sistema de Derecho Administrativo, Civitas, Cizur Menor, última edición.
- GAMERO CASADO, Eduardo y FERNÁNDEZ RAMOS, Severiano, Manual Básico de Derecho Administrativo, Tecnos, Madrid, última edición.
Bibliografía complementaria:
- GARCÍA DE ENTERRÍA, Eduardo, y FERNÁNDEZ, Tomás-Ramón: Curso de Derecho Administrativo, I, Civitas, Cizur Menor, última edición.
- PARADA VÁZQUEZ, Ramón: Derecho Administrativo, I, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- SÁNCHEZ MORÓN, Miguel: Derecho Administrativo. Parte general, Tecnos, Madrid, última edición.
- SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso: Principios de Derecho Administrativo General, I, Iustel, Madrid, última edición.
Base de datos de legislación y jurisprudencia Westlaw-Aranzadi (http://www.bugalicia.org)
A) Competencias xerais (CG):
CG1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CG2.- Capacidade de organización e planificación
CG5.- Capacidade de obtención e xestión da información
CG6.- Capacidade de resolución de problemas
CG7.- Capacidade de decisión
CG8.- Razonamiento crítico
CG9.- Compromiso ético e deontológico
CG10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CG12.- Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional
CG13.- Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad
CG14.- Aprendizaxe autónoma
CG15.- Adaptación a novas situacións
CG16.- Creatividade
CG17.- Liderado
CG19.- Iniciativa e espírito emprendedor
CG20.- Motivación pola calidade e a excelencia profesional
CG21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CG22.- Espírito de superación
B) Competencias específicas (CE):
CE1.- Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamiento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamiento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razonamiento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
Na impartición da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- Lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- Clases prácticas.
A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
GRUPO A (PROFESOR LUIS MIGUEZ MACHO)
- A realización dun exame teórico, escrito ou oral, a elección do alumno, que constará de catro preguntas de desenvolvemento (80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas (20% da cualificación final).
GRUPOS B E C (PROFESORA ANDREA GARRIDO JUNCAL e PROFESOR ALEJANDRO VILLANUEVA TURNES)
- A realización dun exame teórico escrito (80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas (20% da cualificación final).
TODOS OS GRUPOS
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Traballo presencial na aula:
Docencia expositiva: 30
Docencia interactiva: 10
Tutorías en grupo reducido: 5
Total horas de traballo presencial na aula: 45
Traballo persoal do alumno:
Estudo individual ou en grupo: 45
Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 15
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 2,5
Asistencia a conferencias: 5
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5
- Asistir á clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
PLAN DE CONTINXENCIA
GRUPO A (PROFESOR LUIS MIGUEZ MACHO)
- No ESCENARIO 2 non se prevé a necesidade de modificacións na metodoloxía da ensinanza nin no sistema de avaliación da aprendizaxe.
- No ESCENARIO 3 e, en todo caso, se non fose posible impartir docencia presencial nin avaliar presencialmente, aplicaranse as seguintes modificacións da metodoloxía da ensinanza e do sistema de avaliación da aprendizaxe:
- As clases expositivas gravaranse e poranse á disposición dos alumnos no campus virtual.
- As clases interactivas substituiranse pola entrega dos correspondentes exercicios a través da ferramenta "Tarefa" do campus virtual.
- O exame final realizarase a través da ferramenta "Cuestionario" do campus virtual. O exame constará de oito preguntas de desenvolvemento nas que o alumno deberá poñer en relación distintas partes do programa. Manterase a posibilidade de facer o exame de maneira oral a través da aplicación "Teams".
GRUPOS B e C (PROFESORA ANDREA GARRIDO JUNCAL e PROFESOR ALEJANDRO VILLANUEVA TURNES)
- No ESCENARIO 2 non se prevé a necesidade de modificacións na metodoloxía da ensinanza nin no sistema de avaliación da aprendizaxe.
- No ESCENARIO 3 e, en todo caso, se non fose posible impartir docencia presencial nin avaliar presencialmente, aplicaranse as seguintes modificacións da metodoloxía da ensinanza e do sistema de avaliación da aprendizaxe:
- As clases expositivas gravaranse e poranse á disposición dos alumnos no campus virtual.
- As clases interactivas substituiranse pola entrega dos correspondentes exercicios a través da ferramenta "Tarefa" do campus virtual.
- O exame final realizarase a través da ferramenta "Cuestionario" do campus virtual.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Luis Miguez Macho
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814755
- Correo electrónico
- luis.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Andrea Garrido Juncal
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814696
- Correo electrónico
- andrea.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Noelia Betetos Agrelo
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- noelia.betetos.agrelo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alice De Nuccio
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alice.de [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Salón de Actos |
Martes | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Salón de Actos |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
12.01.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
12.01.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
12.01.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
05.07.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
05.07.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
05.07.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |