Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
GRUPO A
A finalidade docente xira ao redor do coñecemento das institucións básicas do proceso civil e de familiarizar ao alumnado co funcionamento práctico dos procesos declarativos ordinarios na súa primeira/única instancia.
Dun xeito máis concreto, preténdese a aprendizaxe polo alumnado dos conceptos máis relevantes que integran as devanditas institucións e, en particular, dos principios que as inspiran, os suxeitos que interveñen no proceso civil, os posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método de solución de conflitos e a forma (fases) na que se desenvolva. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, e polo tanto hai que posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións. Trátase tamén de que o alumnado adquira un dominio da linguaxe xurídica procesual, unha destreza no manexo dos textos procesuais de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos da súa interpretación e aplicación, así como as habilidades necesarias para a resolución de supostos prácticos cun nivel básico, unha adecuada capacidade de análise e de síntese, de xestión e selección da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións, de aprendizaxe autónomo, de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, e de inclinar a súa sensibilidade cara a temas da realidade social cotiá relacionados coa materia.
Grupo "B":
Unha vez adquiridos os coñecementos xerais da materia "Organización Xudicial e Proceso" débese profundar no estudo dos conflitos e as súas solucións no campo privado, que ocupan unha boa parte das experiencias vividas pola comunidade. Desta maneira, a finalidade docente da materia DEREITO PROCESUAL CIVIL I é introducir ao alumnado no coñecemento das institucións básicas do proceso civil e familiarizalo co funcionamento teórico-práctico dos procesos declarativos ordinarios na primeira e/ou única instancia.
Máis concretamente, preténdese que o alumnado:
a) Aprenda e manexe con fluidez os conceptos e institucións máis relevantes que integran o ordenamento procesual civil, como son os principios que inspiran o proceso civil, os suxeitos que interveñen nel, os posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método de solución de conflitos, os presupostos procesuais e as actividades previas ao proceso, as fases dos procesos declarativos ordinarios e as actuacións procesuais propias de cada fase, desde a interposición da demanda ata a sentenza. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, polo que hai que posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións. Así, no mundo dos tribunais, para gañar un proceso, non só hai que ter razón, senón tamén demostrala, polo que sendo a Lei de Axuizamento Civil a norma básica en materia procesual (de aplicación directa no proceso civil e supletoria nas restantes ordes xurisdicionais), o seu coñecemento teórico e aplicabilidade práctica deveñen necesarios.
b) Adquira un dominio da terminoloxía e vocabulario procesual, unha destreza no manexo dos textos procesuais de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos da súa interpretación e aplicación; e afágase tanto ao traballo constante individual como en grupo.
c) Obteña as habilidades necesarias para a correcta redacción dos escritos de uso máis habitual no proceso civil e para a intervención nas actuacións orais propias das principais audiencias das que consta a tramitación procesual; e que tamén sexa capaz de resolver supostos prácticos cun nivel de complexidade básico.
d) Empregue as ferramentas de búsqueda de información xurídica tradicionais e modernas, alcance unha adecuada capacidade de análise e de síntese, de xestión e selección da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións, de aprendizaxe autónoma, de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, e de inclinar a súa sensibilidade cara a temas da realidade social cotiá relacionados coa materia.
Grupo C
A finalidade docente xira ao redor do coñecemento das institucións básicas do proceso civil e de familiarizar ao alumnado co funcionamento práctico dos procesos declarativos ordinarios na súa primeira/única instancia.
Dun xeito máis concreto, preténdese a aprendizaxe polo alumnado dos conceptos máis relevantes que integran as devanditas institucións e, en particular, dos principios que as inspiran, os suxeitos que interveñen no proceso civil, os posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método de solución de conflitos e a forma (fases) na que se desenrola. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, e polo tanto hai que posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións.
Trátase tamén de que o alumnado adquira un dominio da linguaxe xurídica procesual, unha destreza no manexo dos textos procesuais de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos da súa interpretación e aplicación, así como as habilidades necesarias para a resolución de supostos prácticos cun nivel básico, unha adecuada capacidade de análise e de síntese, de xestión e selección da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións, de aprendizaxe autónomo, de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, e de inclinar a súa sensibilidade cara a temas da realidade social cotiá relacionados coa materia.
GRUPO A
PARTE PRIMEIRA: O PROCESO CIVIL. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.
Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento.1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, de 7 de xaneiro: A) O modelo de xustiza civil; B) Estrutura e contido básico.- 2. A Lei de axuizamento civil de 1881: preceptos vixentes.- 3. Os principios do proceso civil.- 4. Os principios do procedemento.
Lección 2: A competencia. 1. A xurisdición e a competencia dos tribunais da orde xurisdicional civil.- 2. Competencia obxectiva.- 3. Competencia funcional.- 4. Competencia territorial.- 5. O reparto de asuntos.
Lección 3: As partes procesuais. 1. As partes procesuais: A) Concepto. Dualidade de posicións; B) Capacidade para ser parte e capacidade procesual; C) Lexitimación; D) Postulación.- 2. Pluralidade de partes: A) Concepto; B) Litisconsorcio; C) A intervención procesual.- 3. Sucesión procesual.
Lección 4: O obxecto do proceso civil. 1. O obxecto do proceso.- 2. A ampliación do obxecto procesual: os supostos de acumulación.- 3. As cuestións prexudiciais.- 4. As cuestións incidentais.
Lección 5: Tipoloxía dos procesos civís. 1. Procesos declarativos: A) Tipoloxía e liñas xerais da LAC; B) Os procesos declarativos ordinarios: ámbito e fases; C) Os procesos declarativos ordinarios con especialidade: liñas xerais da LAC; D) Os procesos declarativos especiais: liñas xerais da LAC.- 2. Proceso cautelar: liñas xerais da LAC.- 3. Proceso de execución: tipoloxía e liñas xerais da LAC.
PARTE SEGUNDA: OS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS.
Lección 6: Actos previos ao proceso. 1. O acto de conciliación.- 2. As dilixencias preliminares.- 3. Outras actuacións previas (reclamación administrativa previa, medidas cautelares, aseguranza da proba, etc.).- 4. Mediación.
Lección 7: A fase de alegacións. 1. A demanda: A) Concepto; B) A pretensión; C) Documentos; D) Admisión, inadmisión e efectos.- 2. Posicións do demandado ante a demanda: A) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar; B) A rebeldía; C) A falta de contestación á demanda; D) O acto procesual de contestación á demanda; E) A reconvención.- 3. Outros actos de alegación.
Lección 8: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista. 1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: A) Comparecencia das partes. B) Funcións.- 3. Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. O xuízo e a vista nos xuízos ordinario e verbal: A) Principios reitores; B) Comparecencia e suspensión; C) Desenvolvemento ou estrutura.
Lección 9: A fase probatoria (I). 1. A proba: concepto, natureza, clases e medios.- 2. A proba ilícita.- 3. O obxecto da proba.- 4. A valoración da proba.- 5. As presuncións.- 6. A carga da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. Aseguranza e anticipación da proba.
Lección 10: A fase probatoria (II). 1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. As dilixencias finais.
Lección 11: La fase de conclusións e a finalización da primeira instancia. 1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza.- 3. A cousa xulgada.- 4. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 5. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.
Lección 12: Os custos do proceso civil. 1. Os gastos da xustiza.- 2. Os gastos procesuais.- 3. As costas procesuais.- 4. As taxas xudiciais.- 5. Os depósitos para recorrer.
Os contidos da materia son comúns aos tres posibles escenarios de docencia, sen prexuízo de que as condicións específicas dos diversos escenarios fagan necesaria algunha eventual e concreta modificación. Das devanditas modificacións, que en ningún caso supoñerán unha ampliación dos contidos nin unha alteración substancial dos mesmos, o alumnado será, no seu caso, puntualmente informado.
Grupo "B":
Os contidos mínimos desta materia agrúpanse en nove leccións que fan referencia as áreas temáticas e descritores que figuran no Plan de Estudos do Grao en Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
PARTE PRIMEIRA: O PROCESO CIVIL. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS E TIPOS DE PROCESOS
Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento. Tipos de procesos civís.
1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, de 7 de xaneiro: a) O modelo de xustiza civil actual; b) Estrutura e contido básico; c) As súas principais reformas; d) Os Anteproxectos de Lei de Medidas de Eficiencia Procesual e de Medidas de Eficiencia Organizativa do Servizo Público de Xustiza.- 2. Os principios do proceso civil e do procedemento.- 3. Tipos de procesos civís: a) Os procesos declarativos, de execución e cautelar; b) Os procesos ordinarios e especiais, plenarios e sumarios; Os procesos declarativos ordinarios: O xuízo ordinario e o xuízo verbal.
PARTE SEGUNDA:OS PRESUPOSTOS PROCESUAIS
Lección 2: Os presupostos procesuais.
1. Presupostos procesuais do órgano xurisdicional: a) Xurisdición e competencia civil xenérica; b) Competencia obxectiva, funcional e territorial. O seu tratamento procesual; c)O reparto de asuntos.- 2. Presupostos procesuais das partes: a) Concepto e clases; b) Capacidade para ser parte e capacidade procesual. Supostos especiais. Tratamento procesual; c) Postulación: Representación procesual e defensa técnica. Tratamento procesual.- 3. Lexitimación.- 4. Pluralidade de partes: Litisconsorcio e intervención procesual.- 5. Sucesión procesual.- 6. A Administración e o Ministerio fiscal como parte.- 7. Os presupostos procesuais do obxecto procesual.
PARTE TERCEIRA: O OBXECTO PROCESUAL
Lección 3: O obxecto do proceso civil.
1. Concepto, fundamento e relevancia.- 2. A pretensión: a) Elementos identificadores: b) Clases de pretensións.- 3. A ampliación do obxecto procesual: a) Acumulación de pretensións inicial e sucesiva; b) Acumulación de procesos.- 4. Os actos de disposición do obxecto procesual.- 5. As cuestións prexudiciais.- 6. As cuestións incidentais.
PARTE CUARTA: ACTOS PREVIOS, PREPARATORIOS E ASEGURATORIOS DO PROCESO E DA PROBA
Lección 4: Actos previos, preparatorios e aseguratorios do proceso e da proba.
1. A mediación.- 2. O acto de conciliación.- 3. As dilixencias preliminares.- 4. A proba anticipada e o aseguramento da proba.- 5. As medidas cautelares previas.- 6. Outras actuacións previas.- 7. A actividade negocial previa como requisito de procedibilidade (ALMEPSPJ).
PARTE QUINTA: A PRIMEIRA INSTANCIA DOS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS
Lección 5: A fase de alegacións.
1. Os actos de alegación: delimitación e obxecto.- 2. A demanda: a) Concepto e notas esenciais; b) Estrutura e requisitos; c) Documentos; d) Admisión; e) Efectos procesuais e materiais.- 3. Posicións do demandado ante a demanda: a) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar; b) A rebeldía; c) A falta de contestación á demanda; d) O acto procesual de contestación á demanda: contido; e) A reconvención e as excepcións reconvencionais.- 3. Outros actos de alegación.
Lección 6: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista.
1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: a) Fundamento; b) Presupostos e requisitos; c) Finalidades.- 3 Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. A mediación intraxudicial.- 5. O xuízo e a vista nos procesos ordinario e verbal: A) Finalidade e notas esenciais; b) Comparecencia e suspensión; d) Desenvolvemento e estrutura.
Lección 7: A fase probatoria.
1. A proba: concepto, natureza e clases.- 2. A proba ilícita.- 3. O obxecto da proba.- 4. A carga da proba.- 5. Os medios de proba.- 6. A valoración da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. As presuncións.
Lección 8: Os medios concretos de proba.
1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. Medios de proba innominados.- 8. As dilixencias finais.
Lección 9: A fase de conclusións e a finalización da primeira instancia.
1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza: a) Nocións xerais; b) Formación interna; c) Requisitos internos e externos.- 3. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 4. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.- 5. A cousa xulgada.- 6. Os custos do proceso civil: a) Gastos da xustiza e taxas xudiciais; b) Gastos e custas procesuais; c) Os depósitos para recorrer; d) As multas.
O contido da materia complétase co correspondente PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS (PRÁCTICAS), determinado nun calendario propio. O seu contido concreto será facilitado aos alumnos ao principio do curso, e consistirá basicamente na realización de casos prácticos, escritos procesuais, simulacións de actuacións procesuais orais, exposicións de temas, etc.
Grupo C
PARTE PRIMEIRA: O PROCESO CIVIL. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.
Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento.
1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, de 7 de xaneiro: A) O modelo de xustiza civil; B) Estrutura e contido básico.- 2. A Lei de axuizamento civil de 1881: preceptos vixentes.- 3. Os principios do proceso civil.- 4. Os principios do procedemento.
Lección 2: A competencia.
1. A xurisdición e a competencia dos tribunais da orde xurisdicional civil.- 2. Competencia obxectiva.- 3. Competencia funcional.- 4. Competencia territorial.- 5. O reparto de asuntos.
Lección 3: As partes procesuais.
1. As partes procesuais: A) Concepto. Dualidade de posicións; B) Capacidade para ser parte e capacidade procesual; C) Lexitimación; D) Postulación.- 2. Pluralidade de partes: A) Concepto; B) Litisconsorcio; C) A intervención procesual.- 3. Sucesión procesual.
Lección 4: O obxecto do proceso civil.
1. O obxecto do proceso.- 2. A ampliación do obxecto procesual: os supostos de acumulación.- 3. As cuestións prexudiciais.- 4. As cuestións incidentais.
Lección 5: Tipoloxía dos procesos civís.
1. Procesos declarativos: A) Tipoloxía e liñas xerais da LAC; B) Os procesos declarativos ordinarios: ámbito e fases; C) Os procesos declarativos ordinarios con especialidade: liñas xerais da LAC; D) Os procesos declarativos especiais: liñas xerais da LAC.- 2. Proceso cautelar: liñas xerais da LAC.- 3. Proceso de execución: tipoloxía e liñas xerais da LAC.
PARTE SEGUNDA: OS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS.
Lección 6: Actos previos ao proceso.
1. O acto de conciliación.- 2. As dilixencias preliminares.- 3. Outras actuacións previas (reclamación administrativa previa, medidas cautelares, aseguranza da proba, etc.).- 4. Mediación.
Lección 7: A fase de alegacións.
1. A demanda: A) Concepto; B) A pretensión; C) Documentos; D) Admisión, inadmisión e efectos.- 2. Posicións do demandado ante a demanda: A) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar; B) A rebeldía; C) A falta de contestación á demanda; D) O acto procesual de contestación á demanda; E) A reconvención.- 3. Outros actos de alegación.
Lección 8: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista.
1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: A) Comparecencia das partes. B) Funcións.- 3. Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. O xuízo e a vista nos xuízos ordinario e verbal: A) Principios reitores; B) Comparecencia e suspensión; C) Desenvolvemento ou estrutura.
Lección 9: A fase probatoria (I).
1. A proba: concepto, natureza, clases e medios.- 2. A proba ilícita.- 3. O obxecto da proba.- 4. A valoración da proba.- 5. As presuncións.- 6. A carga da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. Aseguranza e anticipación da proba.
Lección 10: A fase probatoria (II).
1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. As dilixencias finais.
Lección 11: La fase de conclusións e a finalización da primeira instancia.
1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza.- 3. A cousa xulgada.- 4. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 5. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.
Lección 12: Os custos do proceso civil.
1. Os gastos da xustiza.- 2. Os gastos procesuais.- 3. As costas procesuais.- 4. As taxas xudiciais.- 5. Os depósitos para recorrer.
Os contidos da materia son comúns aos tres posibles escenarios de docencia, sen prexuízo de que as condicións específicas dos diversos escenarios fagan necesaria algunha eventual e concreta modificación. Das devanditas modificacións, que en ningún caso supoñerán unha ampliación dos contidos nin unha alteración substancial dos mesmos, o alumnado será, no seu caso, puntualmente informado.
GRUPO A
Bibliografía básica
A bibliografía está comprendida por un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución, da LOPX e da Lei de Axuizamento Civil, coas súas normas complementarias. Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
Para acceder aos textos legais máis relevantes, debidamente actualizados, pode empregar: https://www.boe.es/buscar/ayudas/legislacion_actualizada.php.
Entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proveerse dende o comezo do curso de, alomenos, un dos manuais da materia. Nótese que todos os recomendados, están dispoñibles na biblioteca da Universidade.
Entre os manuais que se recomendan, saliéntanse:
*MORENO CATENA e CORTÉS DOMÍNGUEZ, “Derecho Procesal Civil. Parte General”, Tirant lo Blanch”, Valencia (última edición).
*GIMENO SENDRA, “Derecho Procesal Civil I”, Edicións xurídicas Castillo de Luna (última edición).
Bibliografía complementaria
Ademais da bibliografía que se vaia salientando a medida que agromen os debates na clase:
* CARNELUTTI, Cómo nace el derecho, edición Temis, 2018. Esta edición está dispoñibles na biblioteca da Universidade.
Grupo "B":
Bibliografía BÁSICA.
Comprende:
- Un manual actualizado da materia (edición 2021).
- Un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei orgánica do poder xudicial e da Lei de axuizamento civil, coas súas normas complementarias.
- As notas tomadas polos alumnos durante as clases expositivas e interactivas (presenciais ou virtuais).
Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
Entre os manuais que se recomendan, pola súa sistemática e actualización, atópase, en primeiro lugar, o dos profesores Cortés Domínguez e Moreno Catena, "Derecho Procesal Civil. Parte General", Ed. Tirant lo Blanch (última edición); e, en segundo lugar, o dos profesores Gómez Colomer y Barona Vilar (coordinadores), “Proceso Civil" (Derecho Procesal II), Ed. Tirant el Blanch (última edición).
Bibliografía COMPLEMENTARIA.
Outros manuais de interese son os dos profesores:
Asencio Mellado (director), Derecho Procesal Civil. Parte General, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
Armenta Deu, Lecciones de Derecho Procesal Civil, Ed. Marcial Pons (última edición).
Gimeno Sendra, Díaz Martínez, Calaza López, Derecho Procesal Civil. Parte General, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
Nieva Fenoll, Derecho Procesal II. Proceso Civil, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
Oliva Santos, Diez-Picazo, Vega Torres, Curso de Derecho Procesal Civil I. Parte General, Ed. Ramón Areces (última edición).
Ortells Ramos (director), Derecho Procesal Civil, Ed. Aranzadi (última edición).
Manuais de outros autores (última edición).
Bases de datos: Os estudantes poden acceder a xurisprudencia e a outros recursos (lexistativos e doutrinais) a través das bases de datos máis habituais, por medio dos servizos da biblioteca que proporciona a USC. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on Line; La Ley Digital, etc.
Grupo C
Bibliografía básica:
Comprende un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei orgánica do poder xudicial e da Lei de axuiz
GRUPO A
Preténdese que o alumnado de Dereito Procesual Civil I adquira as seguintes competencias:
a) Instrumentais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Comunicación oral e escrita fluída.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético e deontolóxico.
b) Interpersoais:
- Traballo en equipo.
- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
c) Sistémicas:
- Aprendizaxe autónomo.
- Adaptación a novas situacións. Creatividade.
- Liderado. Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e pola excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental.
- Espírito de superación.
d) Específicas:
- Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- Percibir o carácter unitario do ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Comprender as distintas normas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do ordenamento.
- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais en Dereito.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito.
Grupo "B":
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán valorar os feitos sociais conforme as principais normas procesuais que resulten de aplicación, ter a capacidade necesaria para comprender cuestións xurídicas relacionadas co proceso civil, expoñer as posibles resolucións dun caso concreto e de actuar cun compromiso ético e deontolóxico.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarano coa terminoloxía procesual civil e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases prácticas interactivas obterá unha visión global do proceso civil e dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos e realizar actuacións procesuais orais básicas, o que lle facilitará tamén as competencias necesarias para expor os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
En definitiva, dun xeito máis detallado preténdese que o alumnado adquira as seguintes competencias:
a) Instrumentais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Comunicación oral e escrita fluída.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético e deontolóxico.
b) Interpersoais:
- Traballo en equipo.
- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
c) Sistémicas:
- Aprendizaxe autónomo.
- Adaptación a novas situacións. Creatividade.
- Liderado. Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e pola excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental.
- Espírito de superación.
d) Específicas:
- Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- Percibir o carácter unitario do ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Comprender as distintas normas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do ordenamento.
- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais en Dereito.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito.
Grupo C
Preténdese que o alumnado de Dereito Procesual Civil I adquira as seguintes competencias:
a) Instrumentais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Comunicación oral e escrita fluída.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético e deontolóxico.
b) Interpersoais:
- Traballo en equipo.
- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
c) Sistémicas:
- Aprendizaxe autónomo.
- Adaptación a novas situacións. Creatividade.
- Liderado. Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e pola excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental.
- Espírito de superación.
d) Específicas:
- Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- Percibir o carácter unitario do ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Comprender as distintas normas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do ordenamento.
- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais en Dereito.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito.
GRUPO A
A planificación docente da materia persegue un axeitado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumno ou a alumna poida adquirir unha perspectiva completa da materia.
Clases EXPOSITIVAS: o seu obxecto non é o de referir integramente o contido do programa, o que soamente sería posible de forma moi esquemática e, conseguintemente de utilidade dubidosa. Por iso, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a materia. Porén, nelas procurarase salientar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma, ou de actualidade e/ou polémica, que son precisamente aqueles que máis frecuentemente se preguntan nos exames. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual, e para a axeitada comprensión da materia.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade formular os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, ademais de contribuír a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global de todo o proceso civil.
TITORÍAS: as consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderanse por parte da/o docente encargado da materia no horario que se indique.
En canto á modalidade de celebración das clases expositivas, interactivas e titorías, estarase ao disposto nas directrices emanadas polos órganos de goberno da Universidade.
En relación á metodoloxía de ensino ante os posibles escenarios 2 e 3, véxase o apartado observacións.
Grupo "B":
A planificación docente da materia persegue un adecuado equilibrio dos seus fundamentos teórico-xurídicos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva básica e adecuada da materia.
Unha correcta metodoloxía do Dereito Procesual Civil I trata de conseguir a participación activa do alumnado (motivación do estudantado), que non pode limitarse a desempeñar un papel pasivo como mero receptor de datos, senón que debe contar cos medios necesarios para que a universidade se converta no medio idóneo no que manifestar as súas inquietudes formativas, co que se propicia tamén que a relación profesorado-alumnado sexa máis estreita e enriquecedora para ambos.
Nesta materia perséguese tamén que o alumnado manexe axeitadamente as fontes da disciplina, profundice nelas e complete e aclare as dúbidas con apoio na doutrina e na xurisprudencia. Trátase de mostrar os camiños polos que ha de discorrer posteriormente un coñecemento máis detallado e concreto da materia, e cuxo entendemento lle será de utilidade ao longo da súa vida profesional.
Durante o cuadrimestre facilitaráselle ao alumnado, a través do Servizo de Reprografía da Facultade de Dereito, ou do Campus Virtual da USC, material documental de apoio para a aprendizaxe dos contidos e complemento imprescindible das explicacións teóricas e prácticas. Tamén se utilizarán os medios técnicos instalados nas aulas para facilitar a comprensión da materia.
De maneira máis concreta, a planificación está baseada fundamentalmente nas clases expositivas, clases interactivas e consultas ou titorías:
A) Clases expositivas.
Sen a pretensión de referir integramente o contido do programa da materia, agás naquelas partes que sexa difícil estudar polos manuais e a lexislación ao uso, trátase de que as explicacións do profesor poidan servir de guía para o estudo do devandito programa e para a comprensión de toda a materia, propoñendo un periódico intercambio de ideas, de interpretacións e de informacións, así como formulando constantemente preguntas ao alumnado sobre as cuestións abordadas.
De tal forma que seguir as devanditas explicacións poida servirlle ao alumno/a para facilitar o estudo do manual e da lexislación ao uso, pois permiten delinear mediante a exposición sistemática e clara as liñas mestras do ordenamento procesual civil, dos seus principios e institucións; adquirir capacidade de análise, de síntese, de organización, planificación, xestión da información, comunicación oral e escrita, razoamento crítico; e destacar a relación da materia coa realidade e analizar cuestións baixo distintas perspectivas e entender as de máis difícil comprensión.
Semanalmente, impartiranse dúas clases expositivas cunha duración de 90 minutos cada unha (excepción feita do establecido no apartado seguinte respecto das clases interactivas), de acordo co horario oficial publicado pola Facultade de Dereito.
A asistencia habitual ás clases expositivas, xunto coa participación activa nas devanditas clases (p.e., colaborando na exposición do temario, nas actividades que propoña o profesor como respostas ás cuestións que se formulen, etc.) será valorada polo profesor positivamente de cara á nota final, segundo o indicado no apartado desta Guía relativa ao “Sistema de Avaliación”. Para tal efecto, semanalmente controlarase a asistencia mediante procedementos aleatorios.
B) Clases interactivas.
As clases prácticas interactivas teñen como finalidade primordial expor os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas (a clase expositiva é pois soporte da clase práctica); ademais de contribuír a completar o programa da materia para que o alumnado obteña unha visión global do proceso civil de declaración no relativo aos seus conceptos fundamentais e o seu funcionamento na primeira ou única instancia.
Traerase ás aulas a realidade coa que se vai enfrontar o alumno/a na súa vida profesional dende a óptica da xudicatura ou da avogacía, polo que o réxime destas prácticas basearase na realización de exercicios de aplicación do dereito positivo a supostos de feito, na elaboración de documentos procesuais e outros traballos de contido práctico, e no desenvolvemento de actuacións procesuais en vivo ou simuladas, que serán obxecto de estudo previo e posterior análise. En definitiva, trátase de "aprender facendo".
Con estas actividades o/a alumno/a adquirirá capacidade de análise e de síntese, de xestión e de información, de organización e de planificación, de resolución de problemas, de negociación e de conciliación; facilidade de comunicación oral e escrita; traballo en equipo, razoamento crítico, toma de decisións; e capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
Impartiranse as clases prácticas que corresponden á materia conforme establece o plan de estudos. A data na que se realizará cada actividade práctica será a fixada no calendario académico aprobado pola Xunta da Facultade. Procurarase, na medida do posible, que o contido das prácticas verse sobre os contidos xa analizados nas clases expositivas.
O contido básico das prácticas está programado polo profesor dende o comezo do curso e serán:
- 1ª semana: Leccións 1, 2 e 3
- 2ª semana: Lección 4
- 3ª semana: Lección 5
- 4ª semana: Leccións 6, 7, 8 e 9
As prácticas realizaranse polo alumnado dentro e fóra do horario lectivo, segundo os casos, e requiren un traballo individual do alumnado (en ocasións tamén en grupo). Para tal efecto, o profesor orientará aos alumnos/as acerca do manexo de fontes legais, doutrinais e xurisprudenciais, que constitúen os materiais básicos para a resolución de casos prácticos, a elaboración de documentos procesuais e a comprensión das actuacións procesuais que se van presenciar ou realizar. As prácticas realizadas polos alumnos/as serán resoltas na clase, entregadas polos asistentes a cada sesión e cualificadas polo profesor.
As clase s prácticas serán impartidas polo mesmo profesor das clases expositivas ou, eventualmente, poderán contar coa participación de profesionais colaboradores da Escola de Práctica Xurídica para dar un maior realismo as mesmas.
Para participar nas clases interactivas é imprescindible acreditar unha asistencia habitual ás clases expositivas dun mínimo do 80%.
A realización das prácticas computará na nota final da materia sempre e cando a asistencia a estas fose superior ao 80% das sesións programadas. Nas prácticas que supoñan, ademais da asistencia e participación na clase, a entrega dalgún tipo de traballo, só poderán entregar o devandito traballo os alumnos/as que asistiran ás sesións nas que se levou a cabo a devandita práctica. A data de entrega dos diferentes traballos será fixada polo profesor ao remate de cada sesión práctica.
Ao longo do cuadrimestre realizaranse un total de catro grupos de prácticas que serán desenvolvidas nun total de oito sesións interactivas, durante catro semanas. A cualificación de cada grupo de prácticas oscilará entre cero e dez puntos. Dependendo da media, a nota final resultante sumará ata un máximo dun 15% da cualificación final da materia, sempre que a nota do exame escrito u otral sexa de catro ou máis puntos.
C) Consultas.
As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ó alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que suscite o seu estudo. Posibilitan tamén a mellora da comunicación oral, da capacidade de xestión da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións e do manexo das fontes xurídicas.
Atenderanse por parte do profesor encargado da materia no horario que se indique na primeira clase e no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurñidica e da Área. Para consultas fóra do devandito horario, os interesados poderán concertar a oportuna cita na hora de clase ou de titoría.
Excepcionalmente, establecerase un apoio titorial periódico para aqueles alumnos/as que encontren unha especial dificultade na aprendizaxe da materia manifestada no número de convocatorias esgotadas, na indecisión á hora de presentarse ao exame, etc.), tendente a proporcionarlles a orientación necesaria para que adquiran os coñecementos suficientes para superar a materia. Este apoio titorial extraordinario debe solicitarse por escrito ao profesor da materia antes de transcorridas a tres primeiras semanas de clase. O profesor, en función das dispoñibilidades, procurará atender todas as solicitudes presentadas.
D) Metodoloxía nos Escenarios 2 e 3 COVID-19.
Para coñecer a metoloxía que se empregará nestes dous escenarios debe dirixirse ao apartado "Observacións" deste documento.
Grupo C
A planificación docente da materia persegue un adecuado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva completa da materia.
Clases EXPOSITIVAS: O seu obxecto non é o de referir integramente o contido do programa, o que só sería posible de forma moi esquemática e, por conseguinte, de utilidade dubidosa. Por iso, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a materia. Con todo, nelas procúrase destacar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma ou de actualidade polémica, que son precisamente aquelas que máis frecuentemente se preguntan nos exames. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións das docentes poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual e para a comprensión adecuada da materia. A asistencia con regularidade ás actividades lectivas programadas, salvo casos excepcionais debidamente autorizados, é un dereito, pero tamén un deber do alumnado (art. 33 dos Estatutos da USC). Terase en conta a asistencia a clase e a activa participación á hora da cualificación final.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade expor os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, ademais de contribuír a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global de todo o proceso civil. Así as cousas, o réxime das prácticas basearase na realización de exercicios de aplicación do Dereito positivo a supostos de feito e outros traballos de contido práctico. Serán propostas polas profesoras con antelación suficiente, e deberán ser realizadas polo alumnado, no seu caso, fóra do horario lectivo. Serán entregadas polos asistentes a cada sesión e resoltas en clase. Igualmente, ás tarefas programadas nas sesións interactivas corresponderalles unha porcentaxe da cualificación final.
Nas sesións interactivas, a presencialidade é obrigatoria, sempre que o escenario docente e as condicións sanitarias o permitan. Neste sentido, estarase ás directrices emanadas polos órganos de goberno da Universidade.
TITORÍAS: As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderanse por parte das docentes no horario que se indique.
As titorías, como regra xeral, terán carácter presencial. Con todo, de ser necesario, poderanse programar titorías por vía telemática.
En relación á metodoloxía de ensino ante os posibles escenarios 2 e 3, véxase o apartado observacións.
GRUPO A
O alumnado poderá optar entre o exame escrito e o exame oral. Para superar o exame e ter a condición de aprobado/a, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes. O exame escrito consistirá en dar resposta a unha serie de preguntas de extensión variable.
A realización do exame en forma oral está suxeita á dispoñibilidade horaria da/o docente e esixe que o alumno ou alumna o solicite durante o prazo do calendario de exames. Ademais de oral, será un exame público que se axustará aos criterios xerais de avaliación xa descritos. Esta modalidade inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.
En canto á valoración das diversas actividades docentes:
-Exame final presencial oral ou escrito: 7 puntos.
-Realización das actividades prácticas: 3 puntos (a sumar tan só no caso de ter superado o exame final).
O/A docente encargado/a da materia publicará as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. Fóra destes prazos regulamentarios é tamén posible, previa petición, revisar o exame de cara a unha futura convocatoria.
A concesión á alumna ou ao alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no decurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que a/o docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doutrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, estabelecerase polas canles telemáticas que a/o docente e a/o alumna/o estabelezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame oral ou escrito (ao igual que acontece co alumnado non exento) de sete puntos.
A efectos da normativa de permanencia, só se considera actividade avaliable o exame final.
Con respecto ao sistema de avaliación ante os posibles escenarios 2 e 3, véxase o apartado observacións.
Grupo "B":
1. Materia obxecto de exame.
Ao ser unha materia cuadrimestral, só se realizará un exame final.
A materia correspondente ao exame comprende a totalidade das leccións que figuran no programa oficial.
A esixencia de coñecementos será proporcional ao grao de profundidade que resulta das explicacións realizadas polo profesor nas clases expositivas e interactivas e da bibliografía recomendada para o seu estudo, de acordo co establecido nos apartados anteriores.
2. Datas de exame.
Conforme ao establecido pola Xunta da Facultade de Dereito, os exames escritos terán lugar nas datas, horas e aulas aprobadas e que figuran nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito para o grupo "A".
3. Modalidades de exame.
Como norma xeral, o alumnado poderá optar entre o exame escrito e o exame oral, de acordo coas normas que se detallan a continuación. Corresponderá a cada alumno/a a decisión final sobre a forma na que desexa examinarse, aínda que no caso do exame oral estará suxeito á disposición de datas e cantidade de alumnos/as que queiran examinarse baixo esta modalidade. En todo caso, animarase especialmente a todos aqueles que destacasen ao longo do curso á realización do exame oral.
A) Regras para a realización do exame.
O alumnado deberá acreditar a súa identidade, para o que acudirán ao exame provistos do seu DNI, carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.
No exame poderá utilizarse o programa oficial e as leis (en edición orixinal) relacionadas coa materia. Non obstante, calquera anotación ou comentario contido no programa, estea ou non relacionado coas preguntas do exame, suporá a expulsión automática do alumno/a.
Ao exame non poderá accederse con teléfono móbil.
Os exames escritos deberán realizarse con bolígrafo, preferentemente de tinta negra ou escura, coidando a ortografía, sintaxe e precisión da linguaxe; a caligrafía terá que ser clara e pulcra.
B) Exame escrito.
Constará de catro partes:
- A primeira parte consistirá en responder a vinte preguntas tipo test, sen apoio documental e durante un máximo de 30 minutos. Esta parte terá carácter eliminatorio no caso de non acertarse, polo menos, o 60% das preguntas, polo que impedirá realizar as restantes partes do exame. De non superar esta parte, a cualificación final será unicamente a correspondentes ao resultado alcanzado en pregúntalas test e nas clases interactivas.
- A segunda parte consistirá en responder a nove preguntas curtas (cun mínimo e máximo de 5-10 lineas por resposta), para o que se dispoñerá de 45 minutos. O alumnado deberá sintetizar tanto conceptos como institucións esenciais do programa da materia e responder de maneira breve, clara e concisa ó que se lle pregunta, con apoio lexislativo.
- A terceira parte consistirá no desenvolvemento, durante 30 minutos, dun tema xeral, seleccionado polo profesor entre os contidos da materia. O tema poderá responder a epígrafes do programa ou formularse como preguntas de relación ou conexión entre distintos contidos comprendidos na materia obxecto de exame. Na pregunta de desenvolvemento esixirase unha exposición lóxica, intelixible e lingüisticamente correcta da resposta, tendo en conta especialmente a capacidade de relacionar distintos contidos do programa. Trátase de comprobar a claridade de ideas e expositiva do alumno/a, o manexo adecuado da terminoloxía procesual e da lexislación, xurisprudencia e doutrina, así como a súa capacidade de relación.
- A cuarta parte consistirá en resolver un caso práctico e/ou realizar un escrito procesual, para o que o alumnado poderá utilizar os textos legais (en orixinal) que estime convenientes, pero non auxiliarse doutro material didáctico ou bibliográfico. Con todo, calquera anotación ou comentario contido no material anterior, estea ou non relacionado coas preguntas do exame, supoñerá a expulsión automática alumno/a. Dispoñerase de 30 minutos.
C) Exame oral.
A realización do exame de forma oral, suxeita á dispoñibilidade horaria e do profesor, esixe que cada alumno/a o solicite por escrito, que deberá presentar persoalmente ante o profesor, cunha antelación mínima de dez días á data fixada para o comezo do período oficial de realización de exames na Facultade.
As datas habilitadas polo profesor para esta modalidade de exame estarán comprendidas entre o primeiro día do período oficial de exames e a data fixada pola Xunta da Facultade de Dereito para o exame escrito da materia.
O exame oral realizarase seguindo a orde de inscrición, será público e axustarase aos criterios xerais de avaliación previstos para o exame escrito. O número de preguntas oscilará entre un mínimo de sete e un máximo de dez, dependendo do grao de resposta do alumno/a. A puntuación máxima que se pode obter é de sete puntos e medio, aínda que dúas preguntas sen contestar ou máis de tres suspensas con claridade impedirá aprobar o exame. Quen se inscribiu nesta modalidade de exame e non se presente na data establecida, non poderá concorrer con posterioridade ao exame escrito na mesma convocatoria.
Esta modalidade inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a comprensión, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.
As notas publicaranse conxuntamente coas cualificacións dos exames escritos.
4. Criterios de cualificación.
Para superar o exame escrito e ter a cualificación de aprobado esíxese un coñecemento xeral de toda a materia do ex ame e equilibrado de cada unha das suas partes.
Non será posible superar a materia cando o exame demostre que o/a alumno/a descoñece partes esenciais do programa. Para tales efectos, o exame escrito divídese en catro partes: a) Test, 2 puntos; b) Preguntas curtas, 3 puntos; c) Pregunta de desenvolvemento, 1 punto; e) Caso práctico, 1,5 puntos. Por tanto, aínda que a nota final do exame (sumando as catro partes) alcance a cifra de cinco, esixirase que o/a alumno/a obteña en cada unha das partes do exame escrito, polo menos, un terzo da nota máxima que é posible obter en cada parte, salvo na primeira parte que deberá obter un mínimo do 60% (sendo eliminatoria).
Aprobar o exame escrito (ou oral) será requisito para superar a materia. Con todo, teranse en conta as cualificacións superiores a catro cando se evidencie un excelente traballo nas clases interactivas e expositivas.
A nota final que determinará o rendemento académico do cada alumno/a en relación coa materia será a que resulte de sumar as puntos obtidos no exame escrito (ou, de ser o caso, no exame oral) e a cualificación alcanzada nas clases interactivas (prácticas, casos prácticos e simulacións), que será dun máximo de 1,5 puntos; xunto coas exposicións e traballos realizados nas clases expositivas e a asistencia ás clases, ata un máximo dun punto. Todo iso nas seguintes proporcións:
- 75% exame escrito ou oral.
- 25% clases interactivas (prácticas, casos prácticos, simulacións) e exposicións e traballos realizados nas clases expositivas (incluídas as asistencias).
Esta nota (25%) só se sumará á do exame se o alumno obtivo no devandito exame unha cualificación de 4 ou máis puntos, demostrando un coñecemento equilibrado da materia.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Grao e de Máster, todas as actividades realizadas ao longo do semestre durante as clases interactivas e expositivas serán valoradas. Por tanto, para que o/o alumno/para figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade interactiva nin asista ao exame.
5. Revisión de exames.
En cumprimento da normativa da USC, o profesor encargado da materia publicará, no taboleiro de anuncios da área de Dereito Procesual ou da EPX, as listas coas cualificacións de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame, con indicación da data e horario no que cada alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro de anuncios.
6. Réxime para o alumnado con exención de docencia.
A concesión ao alumno/a da exención de docencia supoñerá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvolvidas no transcurso das sesións interactivas) pola resolución de casos prácticos e outras tarefas que o docente considere de interese.
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polas canles telemáticas que o docente e o alumno/a establezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame oral ou escrito de sete puntos.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), tendo en conta que a realización destas tarefas será obxecto de avaliación, a nota final do estudante que realizase algún caso práctico e/ou o exame será a que lle corresponda, e en ningún caso de "non presentado".
7. Sistema de avaliación Escenarios 2 e 3 COVID-19.
Para ver o sistema de avaliación nestes dous escenarios debe dirixirse ao apartado "Observacións" deste documento.
Grupo C
O exame final de Dereito Procesual Civil I será oral. Ademais do dominio dos contidos, esta modalidade de exame inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.
Para superar o exame e ter a condición de aprobado, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha dos seus partes.
VALORACIÓN DAS DIVERSAS ACTIVIDADES DOCENTES
Exame final: 7 puntos.
Realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa: 3 puntos (a sumar tan só no caso de superar o exame final).
A efectos da normativa de permanencia só considerarase actividade avaliable o exame final.
Con respecto ao sistema de avaliación ante os posibles escenarios 2 e 3, véxase as apartado observacións.
REVISIÓN DE EXAME
A docente responsable da materia publicará as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. Fóra deses prazos regulamentarios é tamén posible, previa petición, revisar o exame para unha futura convocatoria.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
A concesión ao alumno da exención de docencia supoñerá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvolvidas no transcurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que as docentes estimen oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doctrinales, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polas vías telemáticas que as docentes e o alumno exento establezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame oral (do mesmo xeito que acontece co alumnado non exento) de sete puntos.
GRUPO A
A materia de Dereito Procesual Civil I ten asignados no Plan de Estudos do Grao en Dereito un total de 4,5 créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante en orde a superar a materia depende, loxicamente, das propias capacidades de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase que para afrontar cun mínimo de garantías a aprendizaxe e o sistema de avaliación desta materia, o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais sería, de media, o seguinte: 45 horas de presenza do alumno na aula (entre asistencia a clases expositivas, interactivas e titorías de grupo reducido), ás que habería que sumar 67,5 horas de traballo persoal para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
Grupo "B":
A materia de Dereito Procesual Civil I ten asignados no Plan de Estudos do Grao en Dereito un total de 4,5 créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase que para afrontar cun mínimo de garantías a aprendizaxe e o sistema de avaliación desta materia, o tempo medio de distribución do traballo de cada alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte: considéranse necesarias 45 horas de presenza do alumno na aula (entre asistencia a clases expositivas, interactivas e titorías de grupo reducido), ás que haberá que sumar 67,5 horas de traballo persoal do alumno para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
Grupo C
A materia de Dereito Procesual Civil I ten asignados no Plan de Estudos do Grao en Dereito un total de 4,5 créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante en orde a superar a materia depende, loxicamente, das propias capacidades de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase que para afrontar cun mínimo de garantías a aprendizaxe e o sistema de avaliación desta materia, o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais sería, de media, o seguinte: 45 horas de presenza do alumno na aula (entre asistencia a clases expositivas, interactivas e titorías de grupo reducido), ás que habería que sumar 67,5 horas de traballo persoal para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
GRUPO A
Presupóñense e enténdense imprescindibles para a axeitada comprensión dos contidos da materia, os coñecementos básicos de ORGANIZACIÓN XUDICIAL E PROCESO. Igualmente, considéranse convenientes os coñecementos das materias DEREITO CIVIL e DEREITO MERCANTIL.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión axeitada da materia. Así mesmo, é recomendable para o estudo da materia, cumprir debidamente coas encomendas formuladas, xa que teñen como finalidade, entre outras, a de contribuír a completar o programa para que o alumnado obteña unha visión global de toda a materia.
Por último a este mesmo respecto, o alumnado debe seguir as indicacións docentes salientadas a través do Campus virtual, do Teams e do Correo electrónico, de conformidade cos tempos marcados polo profesorado. Máis en concreto: forma parte do ámbito de responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que a docente poida efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, Teams, correo electrónico).
Para finalizar, téñase presente que todas estas mesmas consideracións resultan igualmente vixentes en relación con todas aquelas actividades que, no seu caso, se desenvolvan baixo as modalidades docentes dos escenarios 2 e 3.
Grupo "B":
Para cursar esta materia debe terse superado con anterioridade a materia de “Organización xudicial e proceso”. Así mesmo, para o bo aproveitamento e comprensión da materia é recomendable ter cursado as materias básicas do plan de estudos adscritas ás areas de “Dereito Civil” e de “Dereito Mercantil”.
A axeitada preparación da materia "Dereito Procesual Civil I" aconsella a asistencia do alumnado ás clases co material lexislativo correspondente a cada lección e cunha lectura previa dos epígrafes (e das fontes recomendadas) da lección do programa que se vai explicar. A este respecto, o complemento das notas (que non ditado de apuntamentos) recollidas nas clases, xunto coa lectura dun manual e da lexislación correspondente demostrou bos resultados, xa que o/a estudante non só aprenderá o temario senón que, ademais, será capaz de razoalo, ao establecer as conexións entre as diferentes partes que integran o programa.
É tamén recomendable para o estudo da materia a asistencia ás clases prácticas interactivas, en canto teñen como finalidade formular os problemas máis relevantes que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, así como completar o programa da materia. A experiencia acumulada durante anos demostra que aqueles alumnos/as que asisten de xeito habitual ás exposicións da clase obteñen mellores resultados.
O alumnado non debe encontrar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente:
a) Obtén dende o primeiro día de clase todos os materiais da disciplina.
b) Trata de introducirse e comprender a terminoloxía procesual civil, aínda que isto supoña para el un esforzo adicional ao principio.
c) É capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo da materia sen omitir ningunha lección do programa, e de preguntar habitualmente nas titorías as cuestións que non entenda ou acerca das que teña dúbidas, evitando tentar aprender de memoria cuestións que previamente non fosen comprendidas de xeito correcto.
d) Ademais, é moi útil prestar atención ás noticias dos medios de comunicación e interpretalas coas ensinanzas do curso.
Grupo C
Para cursar esta materia debería terse superado con anterioridade a materia de “Organización xudicial e proceso”. Así mesmo, para o bo aproveitamento e comprensión da materia é recomendable ter cursado as materias de “Dereito Civil” e de “Dereito Mercantil”.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia e participación activa do alumnado nas actividades académicas presenciais. Neste sentido, a lectura do material lexislativo e dos epígrafes e fontes bibliográficas recomendadas, unido aos materiais e indicacións fornecidos polas docentes e as notas que, como complemento, o alumnado poida tomar, permitirá aos discentes, non só coñecer os contidos da materia, senón, o que é máis importante, asimilalos en profundidade, establecendo conexións entre as diferentes partes que integran o programa.
Idénticas consideracións en canto á conveniencia dun seguimento continuado na materia e á importancia da participación do alumnado nas actividades programadas poden efectuarse en relación con todas aquelas que, no seu caso, se desenvolvan baixo a modalidade online nos escenarios 2 e 3.
Neste sentido, é preciso lembrar que, como se sinalaba supra, entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proverse desde o inicio do curso de, polo menos, un dos manuais recomendados da materia. Asemade, tamén é responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que as docentes poidan efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, Teams, correo electrónico).
É tamén recomendable para o estudo da materia a asistencia e participación nas clases interactivas (de novo, sexa cal for a modalidade en que se desenvolvan). E iso porque estas teñen como finalidade formular os problemas máis relevantes que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, así como completar o programa da materia.
A experiencia acumulada durante un bo número de anos demostra que aqueles alumnos que asisten de maneira habitual ás exposicións da clase obteñen mellores resultados. O alumnado non debería atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co devandito anteriormente, obtén desde o primeiro día de clase os materiais da disciplina, trata de introducirse e comprender a terminoloxía procesual (aínda que isto lle supoña un esforzo adicional ao principio), é capaz de dedicar un tempo de cada día lectivo ao estudo da materia sen omitir ningunha lección do programa, e de preguntar habitualmente nas titorías as cuestións que non entenda ou nas que teña dúbidas, evitando tentar aprender de memoria cuestiones que previamente non fosen comprendidas de maneira correcta. Ademais, é moi útil prestar atención ás noticias e interpretalas cos ensinanzas do curso.
GRUPO A
Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022.
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza
A finalidade das sesións expositivas, das sesións interactivas e das titorías no escenario 2 será idéntica que a referida supra para el escenario 1. A docencia (expositiva e interactiva) impartirase presencialmente, así como vía Teams, vía Campus Virtual e Correo electrónico (para os supostos de non presencialidade), de acordo cos mecanismos arbitrados polo centro. O específico uso dunha ou outra e o carácter síncrono ou asíncrono das diferentes actividades dependerá do tipo de actuación concreta que en cada momento se vaia desenvolver, así como das circunstancias concorrentes.
En todo caso, o volume de información e o tempo dedicado ás actividades será proporcionado á carga docente da materia.
Será preciso para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual, do Teams e do correo electrónico, así como empregar os recursos dispoñibles a través das Bibliotecas da Universidade (considerando o marco previsto no escenario).
Cómpre insistir: o seguimento das actividades (programación de entregas, no seu caso, listaxes de participación, etc.) efectuarase a través do Campus Virtual, de Teams e do correo electrónico.
En relación ás titorías, priorizarase a súa programación por vía telemática.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Sempre que as circunstancias o permitan, a avaliación terá lugar segundo o previsto anteriormente no apartado “Sistema de avaliación”. De non ser posible o anterior, as actividades e a proba final terán lugar telematicamente a través do Campus Virtual, de Teams ou do Correo electrónico.
En todo caso, en canto á específica valoración das actividades e da proba, ao relativo á exención da docencia e á normativa de permanencia haberá que estar ao indicado supra.
En relación ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Escenario 3
Metodoloxía da ensinanza
A finalidade das sesións expositivas, das sesións interactivas e das titorías no escenario 3 será idéntica que a referida supra para o escenario 1. Con todo, cabe facer mención ás seguintes consideracións en canto á metodoloxía.
No escenario 3, a docencia desenvolverase completamente de maneira virtual. Así as cousas, a actividade levarase a cabo a través das ferramentas que ofrece o Campus virtual, a plataforma Microsoft Teams e o Correo electrónico. O uso concreto dunha ou outra e o carácter síncrono ou asíncrono da actividade dependerá do tipo de actuación concreta que en cada momento se vaia a desenvolver, así como das circunstancias concorrentes.
En todo caso, o volume de información e o tempo dedicado ás actividades será proporcionado á carga docente da materia.
Será preciso para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual, do Teams e do correo electrónico, así como empregar os recursos dispoñibles a través das Bibliotecas da Universidade (considerando o marco previsto no escenario).
Cómpre insistir: o seguimento das actividades (programación de entregas, no seu caso, listaxes de participación, etc.) efectuarase a través do Campus Virtual, de Teams e do correo electrónico.
En relación ás titorías, a súa programación desenvolverase exclusivamente por vía telemática.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
No escenario 3, as actividades e a proba final terán lugar, en todo caso, de maneira telemática a través do Campus Virtual, de Teams ou do Correo electrónico. As súas concretas características determinaranse en atención ás circunstancias concorrentes por entón e informarase debidamente ao alumnado.
En todo caso, en canto á específica valoración das actividades e da proba, ao relativo á exención da docencia e á normativa de permanencia haberá que estar ao indicado supra.
En relación ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Grupo "B":
Dado que o profesor, na súa condición de director da Escola de Práctica Xurídica, ten despacho, ademais de na área de Dereito Procesual (primeiro piso), na sede da devandita Escola (planta soto da Facultade), as comunicacións que realice o profesor encargado da materia expoñeranse habitualmente no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica.
As titorías serán tamén atendidas, preferentemente, no despacho de que dispón o profesor na Escola de Práctica Xurídica, os xoves e venres, durante as tres horas seguintes ao remate das clases.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e virtual):
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, virá condicionada polas indicacións que establezan as autoridades competentes; previsiblemente, parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña.
2. A actividade docente non presencial desenvolverase a través das ferramentas que ofrece o campus virtual e a plataforma Microsoft Teams. O uso concreto dunha ou outra e o carácter síncrono ou asíncrono da actividade dependerá do tipo de actuación concreta que en cada momento se vaia a desenvolver, así como das circunstancias concorrentes.
3. As actividades para realizar polo alumnado (exposicións de temas, responder a preguntas do docente, realización de escritos, simulacións, etc.) efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual, en función de onde se atope o alumnado en cada momento (presencial ou virtualmente).
4. O alumnado poderá dirixirse ao docente a través do correo electrónico.
5. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docente e alumnado, priorizándose a súa programación por vía telemática.
6. De non ser posible a realización do exame final escrito da materia de maneira presencial para todo o alumnado ou para quen desexe acollerse a esa modalidade, o exame final efectuarase oralmente a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docente e alumnado.
7. Con respecto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas e probas e de conformidade coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, lémbrase ao alumnado que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
B) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, virá condicionada polas indicacións que establezan as autoridades competentes; previsiblemente, a docencia impartirase a docencia a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docente e alumnado: campus virtual, Microsoft Teams. O uso concreto dunha ou outra e o carácter síncrono ou asíncrono da actividade dependerá do tipo de actuación concreta que en cada momento se vaia a desenvolver, así como das circunstancias concorrentes.
3. As actividades para realizar polo alumnado (exposicións de temas, responder a preguntas do docente, realización de escritos, simulacións, etc.) efectuaranse e entregarán de maneira virtual.
4. O alumnado poderá dirixirse ao docente a través do correo electrónico.
5. As titorías realizaranse exclusivamente por vía telemática.
6. O exame final efectuarase oralmente a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docente e alumnado.
7. Con respecto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas e probas e de conformidade coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, lémbrase ao alumnado que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
PLAN DE CONTINXENCIA GRUPO C
Metodoloxía de ensino no escenario 2
A finalidade das sesións expositivas, das sesións interactivas e das titorías no escenario 2 será idéntica que a referida supra para o escenario 1. Con todo, cabe facer mención ás seguintes consideracións en canto á metodoloxía.
No escenario 2 a docencia presencial da materia coexistirá coa virtual, de conformidade coas fórmulas de convivencia establecidas pola Facultade de Dereito.
A actividade docente non presencial desenvolverase a través das ferramentas que ofrece o campus virtual e a plataforma Microsoft Teams. O uso concreto dunha ou outra e o carácter síncrono ou asíncrono da actividade dependerá do tipo de actuación concreta que en cada momento se vaia a desenvolver, así como das circunstancias concorrentes.
Xunto con iso, o alumnado poderá dirixirse ás docentes a través do correo electrónico.
Procurarase en todo momento que nas sesións interactivas se desenvolvan actividades de traballo individual con outras que fomenten o traballo colaborativo, potenciando, no posible, a aprendizaxe autónoma do alumnado. As tarefas correspondentes ás sesións interactivas programaranse seguindo o calendario académico, indicando en cada caso a data de entrega en atención ás propias características de cada exercicio.
En todo caso, o volume de información e o tempo dedicado ás actividades non presenciais será proporcionado á carga docente da materia.
En relación ás titorías, priorizarase a súa programación por vía telemática.
Sistema de avaliación no escenario 2
Sempre que as circunstancias o permitan, o exame final no escenario 2 será presencial. En tal suposto, o exame final de Dereito Procesual Civil I será oral. Ademáis do dominio dos contidos, esta modalidade inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a argumentación e a construcción lóxica e ordeada do discurso.
Se, pola contra, as circunstancias non o aconsellasen, a proba final será telemática. As súas concretas características determinaranse en atención ás circunstancias concorrentes por entón e informarase delas ao alumnado con antelación suficiente.
Sexa cal for a modalidade (presencial ou telemática), para superar o exame e ter a condición de aprobado, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes.
En todo caso, as actividades docentes valoraranse do seguinte modo:
Exame final: 7 puntos.
A proba final da materia constitúe un complemento da avaliación continua (representada polos 3 puntos correspondentes á realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa).
Realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa: 3 puntos (a sumar tan só no caso de superar o exame final).
As actividades desenvolvidas presencialmente e as efectuadas en remoto ponderaranse de maneira proporcionada en atención ás características de cada proba e ao seu peso no conxunto da avaliación.
A efectos da normativa de permanencia só se considerará actividade avaliable o exame final.
Con respecto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas e probas e de conformidade coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, lémbrase ao alumnado que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Metodoloxía de ensino no escenario 3
A finalidade das sesións expositivas, das sesións interactivas e das titorías no escenario 3 será idéntica que a referida supra para o escenario 1. Con todo, cabe facer mención ás seguintes consideracións en canto á metodoloxía.
No escenario 3, a docencia desenvolverase completamente de maneira virtual. Así as cousas, a actividade docente non presencial se levará a cabo a través das ferramentas que ofrece o campus virtual e a plataforma Microsoft Teams. O uso concreto dunha ou outra e o carácter síncrono ou asíncrono da actividade dependerá do tipo de actuación concreta que en cada momento se vaia a desenvolver, así como das circunstancias concorrentes.
Procurarase en todo momento que nas sesións interactivas se desenvolvan actividades de traballo individual con outras que fomenten o traballo colaborativo, potenciando, no posible, a aprendizaxe autónoma do alumnado. As tarefas correspondentes ás sesións interactivas programaranse seguindo o calendario académico, indicando en cada caso a data de entrega en atención ás propias características de cada exercicio.
En todo caso, o volume de información e o tempo dedicado ás actividades non presenciais será proporcionado á carga docente da materia.
En relación ás titorías, a súa programación desenvolverase exclusivamente por vía telemática.
Sistema de avaliación no escenario 3
No escenario 3 a proba final será, en todo caso, telemática. As súas concretas características determinaranse en atención ás circunstancias concorrentes por entón e informarase delas ao alumnado con antelación suficiente.
Sexa como for, para superar o exame e ter a condición de aprobado, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes.
As actividades docentes valoraranse do seguinte modo:
Exame final: 7 puntos.
A proba final da materia constitúe un complemento da avaliación continua (representada polos 3 puntos correspondentes á realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa).
Realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa: 3 puntos (a sumar tan só no caso de superar o exame final).
As actividades desenvolvidas presencialmente e as efectuadas en remoto ponderaranse de maneira proporcionada en atención ás características de cada proba e ao seu peso no conxunto da avaliación.
A efectos da normativa de permanencia só se considerará actividade avaliable o exame final.
Con respecto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas e probas e de conformidade coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, lémbrase ao alumnado que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Lotario Vilaboy Lois
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814634
- Correo electrónico
- lotario.vilaboy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Alonso Salgado
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- cristina.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Raquel Castillejo Manzanares
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814637
- Correo electrónico
- raquel.castillejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego, Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán, Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 3 |
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 3 |
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
18.01.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
18.01.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
18.01.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
07.07.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 4 |
07.07.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 4 |
07.07.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 4 |