Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
GRUPO A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo):
- Coñecemento especializado do Dereito de familia en España e na Unión Europea, da súas normas, da súa interpretación xurisprudencial e dos seus retos actuais.
-Introdución da perspectiva de xénero no estudo do Dereito de familia.
-Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, parellas de feito, crises matrimoniais e de parella, relacións entre pais, mais e fillos, novos modelos de paternidade e maternidade, etc.).
-Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares e nas súas posibles solucións xudiciais e extraxudiciais.
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de familia, singularmente con textos legais (en particular o Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e a Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais.
__________________________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
- Coñecemento especializado do Dereito de familia.
- Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, parellas de feito, crises matrimoniais e de convivencia, filiación).
- Correcto manexo das normas legais vixentes e das orientacións xurisprudenciais actuais sobre os problemas básicos propios da disciplina.
- Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares: desenvolvemento dos procesos matrimoniais, problemática das accións de filiación...
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de familia, singularmente con textos legais (en particular o Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e a Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais.
GRUPO C: Prof. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ
- Coñecemento especializado do Dereito de familia en España e na Unión Europea, da súas normas, da súa interpretación xurisprudencial e dos seus retos actuais.
-Introdución da perspectiva de xénero no estudo do Dereito de familia.
-Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, parellas de feito, crises matrimoniais e de parella, relacións entre pais, mais e fillos, novos modelos de paternidade e maternidade, etc.).
-Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares e nas súas posibles solucións xudiciais e extraxudiciais.
__________________________________________________________________________________________________
PROGRAMA DEREITO DE FAMILIA
GRUPO A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo):
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. A familia e o Dereito de familia: a evolución de ambos conceptos; os cambios na familia e a súa repercusión no Dereito galego, español e europeo. Especial referencia ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos, á Constitución española, o Código civil e á Lei de Dereito civil de Galicia.
2. Os dereitos fundamentais dos membros da familia e, de xeito especial, a repercusión do principio de igualdade. O interese do menor. O papel do Dereito de danos no Dereito de familia.
3. A violencia nas relacións familiares e a súa incidencia no Dereito civil.
4. A familia e a ética do cuidado. En especial, a familia como apoio ás persoas con discapacidade.
5. Os retos do Dereito de familia ante los cambios sociais e tecnolóxicos.
RELACIÓNS HORIZONTÁIS
Lección 2.- O matrimonio
1. O matrimonio no sistema español.
2. Requisitos do matrimonio. O expediente matrimonial. Especial referencia aos matrimonios forzados e aos matrimonios de conveniencia.
3. Condicións persoais. Especial referencia aos matrimonios entre persoas do mesmo sexo e aos matrimonios das persoas con discapacidade.
4. A forma de celebración do matrimonio.
5. Os dereitos e os deberes dos cónxuxes.
Lección 3. A nulidade, a separación e o divorcio
1. A nulidade do matrimonio.
2. A separación.
3. A disolución por morte e por declaración de falecemento.
4. O divorcio: solicitude, modalidades e procedementos extraxudiciais.
5. Efectos comúns á nulidade, a separación e o divorcio. O papel da autonomía da vontade dos cónxuxes nos efectos das crisis matrimoniais.
6. Dereitos e obrigas patrimoniais tralo divorcio dos cónxuxes.
Lección 4. As parellas non casadas
1. As relacións de parella informais e formalizadas.
2. A situación lexislativa en España e a incidencia do Dereito europeo.
3. As solucións xurisprudenciais no Dereito estatal.
4. A situación no Dereito civil de Galicia.
Lección 5. Os réximes económicos matrimoniais
1. A organización económica do matrimonio: concepto de réxime económico do matrimonio e situación normativa en España e en Europa.
2. A regulación no Código civil español. Réxime matrimonial primario, réxime supletorio, outros réximes típicos.
3. O papel da autonomía da vontade dos cónxuxes: as capitulacións matrimoniais.
4. As doazóns por razón de matrimonio no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia.
Lección 6. A sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros. Responsabilidade por débedas privativas.
4. Xestión e administración.
5. Disolución e liquidación.
Lección 7. Outros réximes económicos
1. O réxime de separación. En especial, a compensación polo traballo para a casa.
2. O réxime de participación.
3. A situación económica das parellas de feito.
RELACIÓNS VERTICÁIS
Lección 8. A relación de filiación
1. A filiación no Código civil.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da maternidade.
4. Determinación da paternidade matrimonial.
5. Determinación da paternidade non matrimonial.
6. As accións de filiación: accións de reclamación e de impugnación.
Lección 9. A adopción
1. As relacións verticais fora da familia de orixe: relacións de cuidado, acollemento e adopción.
2. A filiación adoptiva.
3. Adopción nacional e internacional.
4. A regulación no Código civil: requisitos persoais, procedemento, impugnación e extinción.
5. A regulación do Dereito galego: a disputa competencial.
Lección 10. As técnicas de reprodución humana asistida e as novas formas de maternidade e paternidade
1. Os novos paradigmas da maternidade e da paternidade. O papel da verdade biolóxica.
2. A filiación que xurde de técnicas de reprodución asistida. Especial referencia ás mulleres soas e ás relacións de parella entre persoas do mesmo sexo.
3. A maternidade subrogada.
4. O recoñecemento do terceiro xénero e o non xénero. A sua repercusión nas relacions de filiación.
Lección 11. A responsabilidade parental
1. As relacións das mais e os pais con fillos menores de idade. O principio do superior interese do menor.
2. A patria potestade no Código civil. Contido persoal e patrimonial.
3. Exercicio da patria potestade. Especial referencia á situación de pais e mais que non conviven: a custodia dos fillos, vivenda e os alimentos dos fillos menores de idade.
4. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
OUTRAS RELACIÓNS DE PARENTESCO
Lección 12. A obriga legal de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e caracteres dos alimentos legais.
2. Presupostos de nacemento da obrigación alimenticia.
3. La prestación de alimentos.
4. Modificación e extinción da obrigación de alimentos.
__________________________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. A familia e o Dereito de Familia: a súa evolución
2. A familia na Constitución española de 1978.
3. Os cambios na concepción da familia e a súa repercusión na modificación da lexislación civil.
4. Principio de igualdade, interese superior do menor, violencia doméstica e de xénero e a súa incidencia no Dereito de Familia.
5. Desenvolvemento autonómico do Dereito de familia: a lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia.
.
O MATRIMONIO
Lección 2.- O matrimonio
1. Matrimonio: concepto, natureza e carácteres.
2. O sistema matrimonial español vixente.
3. Promesa de matrimonio.
4. Requisitos do matrimonio: capacidade e impedimentos.
5. A celebración do matrimonio e as súas modalidades.
6. Efectos do matrimonio: dereitos e deberes dos cónxuxes.
A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DO MATRIMONIO
Lección 3.- Sistema de organización económica do matrimonio
1. Determinación do réxime económico no Dereito español.
2. O réxime económico no Código Civil.
3. O réxime matrimonial primario.
4. Capitulacións matrimoniais: concepto e significado, forma e contido.
5. Doazóns por razón de matrimonio.
6. O réxime económico familiar no Dereito civil de Galicia: os pactos previos sobre liquidación da sociedade de gananciáis.
Lección 4.- Sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros.
4. Responsabilidade por débedas privativas.
Lección 5.- Xestión e administración da sociedade de gananciais
1. Xestión e administración.
2. Disolución e liquidación.
3. O réxime de separación de bens.
4. O réxime de participación nas ganancias: liquidación.
INEFICACIA, DISOLUCIÓN E CRISES MATRIMONIAIS
Lección 6.- As crises matrimoniais
1. Nulidade do matrimonio.
2. Separación do matrimonio.
3. Disolución do matrimonio.
4. Disolución por divorcio.
5. Efectos comúns á separación, nulidade e divorcio: medidas na fase preliminar e medidas durante o procedemento.
6. Efectos das sentencias: convenio regulador e medidas xudiciais supletorias.
7. Dereito de compensación económica e indemnización.
8. Os pactos previos sobre as consecuencias das crisis matrimoniais.
9. A mediación familiar.
AS UNIÓNS DE FEITO
Lección 7.- As unións extramatrimoniais ou de feito (a convivencia more uxorio)
1. As unións de feito: desenvolvemento lexislativo autonómico e tratamento xurisprudencial.
2. Efectos persoais e p atrimoniais da convivencia.
3. Cesamento da convivencia: efectos.
4. As lexislacións autonómicas sobre as unións de feito: doutrina do Tribunal Constitucional.
5. A regulación das unións de feito no Dereito civil de Galicia.
RELACIÓNS PATERNO-FILIAIS
Lección 8.- A Filiación
1. Nocións fundamentais e clases.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da filiación matrimonial.
4. Determinación da filiación non matrimonial.
5. Accións de filiación
Lección 9.- Filiación adoptiva e técnicas de reprodución asistida
1. Filiación e técnicas de reprodución asistida.
2. Adopción: requisitos persoais e procedemento.
3. Efectos: impugnación e extinción da adopción.
Lección 10.- Patria potestade
1. Concepto, evolución histórica e natureza.
2. Suxeitos: os menores e o interese do menor
3. Exercicio: a complexidade dos proxenitores non convivintes e as discrepancias sobre as decisión que afectan aos menores
4. Contido persoal e patrimonial.
5. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
6. Protección dos menores ante o incumprimento dos deberes da patria potestade: declaración de desamparo, tutela ex lege, garda e acollemento
.
ALIMENTOS ENTRE PARENTES
Lección 11.- A obriga de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e carácteres.
2. Contido: suxeitos e obxecto da prestación alimenticia.
3. Nacemento, modificación e extinción da obriga de alimentos.
__________________________________________________________________________________________________
GRUPO C. PROFESORA MARIA PAZ GARCÍA RUBIO/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. A familia e o Dereito de familia: a evolución de ambos conceptos; os cambios na familia e a súa repercusión no Dereito galego, español e europeo. Especial referencia ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos, á Constitución española, o Código civil e á Lei de Dereito civil de Galicia.
2. Os dereitos fundamentais dos membros da familia e, de xeito especial, a repercusión do principio de igualdade. O interese do menor. O papel do Dereito de danos no Dereito de familia.
3. A violencia nas relacións familiares e a súa incidencia no Dereito civil.
4. A familia e a ética do cuidado. En especial, a familia como apoio ás persoas con discapacidade.
5. Os retos do Dereito de familia ante los cambios sociais e tecnolóxicos.
RELACIÓNS HORIZONTÁIS
Lección 2.- O matrimonio
1. O matrimonio no sistema español.
2. Requisitos do matrimonio. O expediente matrimonial. Especial referencia aos matrimonios forzados e aos matrimonios de conveniencia.
3. Condicións persoais. Especial referencia aos matrimonios entre persoas do mesmo sexo e aos matrimonios das persoas con discapacidade.
4. A forma de celebración do matrimonio.
5. Os dereitos e os deberes dos cónxuxes.
Lección 3. A nulidade, a separación e o divorcio
1. A nulidade do matrimonio.
2. A separación.
3. A disolución por morte e por declaración de falecemento.
4. O divorcio: solicitude, modalidades e procedementos extraxudiciais.
5. Efectos comúns á nulidade, a separación e o divorcio. O papel da autonomía da vontade dos cónxuxes nos efectos das crisis matrimoniais.
6. Dereitos e obrigas patrimoniais tralo divorcio dos cónxuxes.
Lección 4. As parellas non casadas
1. As relacións de parella informais e formalizadas.
2. A situación lexislativa en España e a incidencia do Dereito europeo.
3. As solucións xurisprudenciais no Dereito estatal.
4. A situación no Dereito civil de Galicia.
Lección 5. Os réximes económicos matrimoniais
1. A organización económica do matrimonio: concepto de réxime económico do matrimonio e situación normativa en España e en Europa.
2. A regulación no Código civil español. Réxime matrimonial primario, réxime supletorio, outros réximes típicos.
3. O papel da autonomía da vontade dos cónxuxes: as capitulacións matrimoniais.
4. As doazóns por razón de matrimonio no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia.
Lección 6. A sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros. Responsabilidade por débedas privativas.
4. Xestión e administración.
5. Disolución e liquidación.
Lección 7. Outros réximes económicos
1. O réxime de separación. En especial, a compensación polo traballo para a casa.
2. O réxime de participación.
3. A situación económica das parellas de feito.
RELACIÓNS VERTICÁIS
Lección 8. A relación de filiación
1. A filiación no Código civil.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da maternidade.
4. Determinación da paternidade matrimonial.
5. Determinación da paternidade non matrimonial.
6. As accións de filiación: accións de reclamación e de impugnación.
Lección 9. A adopción
1. As relacións verticais fora da familia de orixe: relacións de cuidado, acollemento e adopción.
2. A filiación adoptiva.
3. Adopción nacional e internacional.
4. A regulación no Código civil: requisitos persoais, procedemento, impugnación e extinción.
5. A regulación do Dereito galego: a disputa competencial.
Lección 10. As técnicas de reprodución humana asistida e as novas formas de maternidade e paternidade
1. Os novos paradigmas da maternidade e da paternidade. O papel da verdade biolóxica.
2. A filiación que xurde de técnicas de reprodución asistida. Especial referencia ás mulleres soas e ás relacións de parella entre persoas do mesmo sexo.
3. A maternidade subrogada.
4. O recoñecemento do terceiro xénero e o non xénero. A sua repercusión nas relacions de filiación.
Lección 11. A responsabilidade parental
1. As relacións das mais e os pais con fillos menores de idade. O principio do superior interese do menor.
2. A patria potestade no Código civil. Contido persoal e patrimonial.
3. Exercicio da patria potestade. Especial referencia á situación de pais e mais que non conviven: a custodia dos fillos, vivenda e os alimentos dos fillos menores de idade.
4. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
OUTRAS RELACIÓNS DE PARENTESCO
Lección 12. A obriga legal de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e caracteres dos alimentos legais.
2. Presupostos de nacemento da obrigación alimenticia.
3. La prestación de alimentos.
4. Modificación e extinción da obrigación de alimentos.
_________________________________________________________________________________________________
GRUPOS A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo) e C (María Paz García Rubio/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ)
É imprescindible para a preparación axeitada da materia que os estudantes estean en posesión dun Manual en cualquera dos seus formatos, papel ou dixital, en algúns casos dispoñibles na BUSC; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, da Lei de Dereito Civil de Galicia e da lexislación complementaria, igualmente en cualquera formato.
As profesoras poderán agregar lecturas recomendadas de traballos monográficos relacionados con un tema concreto publicados en libros ou en revistas especializadas que procurarán poñer a disposición dos estudantes na medida das súas posibilidades.
Manuais
- BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, R. (coordinador): Manual de Derecho Civil. Derecho de Familia. Bercal, Madrid.
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid.
- LACRUZ BERDEJO, J. L. y otros, Elementos de Derecho civil, tomo IV: Derecho de familia, Dykinson, Madrid.
- Curso de Derecho Civil I Bis Derecho de Familia 5ª Edición 2019 Concepción Rodríguez Marín, Julia Ruiz-Rico Ruiz- Morón, Guillermo Orozco Pardo, Francisco Javier Sánchez Calero - 2019 5ª edición - Tirant lo Blanch - Manuales de Derecho Civil y Mercantil
- Derecho de Familia 2ª Edición 2017 César Hornero Méndez, Ángel Manuel López y López, Francisco Infante Ruiz, Lucía Vázquez-Pastor Jiménez, Francisco OLIVA BLÁZQUEZ, Leonor AGUILAR RUIZ, Eugenio Pizarro Moreno, Reyes Sánchez Lería, M.ª Rosario VALPUESTA FERNÁNDEZ, María SERRANO FERNÁNDEZ, Juan Pablo Pérez Velázquez, Laura LÓPEZ DE LA CRUZ - 2017 - 235 páginas - 2ª edición - Tirant lo Blanch -
Bibliografía complementaria para o Grupo C:
- AMMERMAN YEBRA, J, Las madres solas ante los tribunales, la administración y las leyes ¿se perpetúa la discriminación?, III Premio de Investigación Rosario Valpuesta 2017, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
-REBOLLEDO VARELA, Á. L. (Coord.), Comentarios a la Ley de Derecho civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio, Thomson Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2008.
VALPUESTA FERNÁNDEZ, R. La disciplina constitucional de la familia en la experiencia europea, Tirant lo Blanch, Valencia, 2012.
SOLÉ I RESINA, J., Persona, familia y género, Barcelona, Atelier, 2022.
GRUPO B : Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
BIBLIOGRAFIA BASICA:
É imprescindible para a preparación adecuada da materia que o estudantado estea en posesión dun Manual; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, a Lei de Dereito Civil de Galicia e a lexislación complementaria.
ÚLTIMAS EDICIÓNS:
- BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, R. (coordinador): Manual de Derecho Civil. Derecho de Familia. Bercal, Madrid.
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid,
- LACRUZ BERDEJO, J. L. e outros, Elementos de Derecho civil, tomo IV (Familia). Ed. Dykinson. Madrid.
- LASARTE ALVAREZ, Principios de Derecho Civil. Tomo VI (Derecho de Familia). Marcial Pons, Madrid.
GRUPOS A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo) e C (Profª. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ)
- Aprender a utilizar con solvencia a linguaxe xurídica propia do Dereito de familia, de maneira inclusiva e sen caer en estereotipos de xénero.
- Adquirir destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos y en la utilización de los instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas, utilizando no posible a perspectiva de xénero.
- Comprender e aplicar a realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións familiares.
- Saber identificar as materias especialmente conflitivas no ámbito do Dereito de familia, os dereitos e os deberes dos seus membros e os grandes principios que o informan (igualdade, liberdade, interese superior do menor…).
- Adquirir capacidade de análise crítico das decisións legais e xurisprudenciais en materia de Dereito de familia, incidindo na perspectiva de xénero.
_______________________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
- Dominio da linguaxe xurídica.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos
básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións familiares.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciáis e percepción das
orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflictivas no ámbito do dereito de familia e dos grandes principios que o informan (igualdade entre cónxuxes, liberdade, interese do menor...).
GRUPOS A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo) e C (Prof. M.ª Paz GARCÍA RUBIO/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ)
A ensinanza inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario oficial publicado.
As clases expositivas e interactivas serán preferentemente presenciais, aínda que se poderán utilizarlos recursos virtuais dispoñibles en casos puntuais ou cando as profesoras o consideren convinte.
As titorías serán preferentemente virtuais, por correo electrónico ou por Teams.
Clases expositivas
Consistirán na explicación do tema por parte das profesoras, no seu caso, co apoio dun esquema escrito que, unha vez finalizada a explicación completa, se porá á disposición dos estudantes na Aula Virtual.
As clases teóricas serán dirixidas polas profesoras, que fomentarán a participación dos estudantes, interpelándoos de xeito directo e traballando a súa capacidade argumentativa.
Clases interactivas
Impartiranse co grupo dividido en dous subgrupos. A súa vez, poderán formar equipos máis pequenos en cada un dos grupos para a realización de tarefas colectivas.
Nestas clases, que serán preferentemente presenciais, levaranse a cabo algunhas das seguintes actividades:
1. Resolución dun ou de máis casos prácticos
2. Resolución de hipóteses e problemas.
3. Redacción dunha demanda e dunha contestación á demanda.
4. Presentación dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes.
5. Redacción dun ensaio corto sobre unha lectura recomendada, un comentario de sentencia ou un problema legal específico.
6. Discusión dun tema de actualidade relacionado co Dereito de obligas e a responsabilidade civil.
7. Realización de test de autoavaliación.
________________________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, así como actividades relacionadas coas aulas interactivas.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho situado la Área de Dereito Civil, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
Grupo A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo)
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo.
A proba teórico-práctica final, na que se avaliarán o dominio dos conceptos teóricos adquiridos e a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final (70%). O alumno deberá obter nesta proba un mínimo de 3,5 puntos.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou superior. O alumno que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7). Non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha calificación de 0.
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase a mesma en ambas as dúas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Cómpre advertirlles expresamente aos alumnos que, consonte a normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, xa que logo, a nota final do estudante que as cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Para aqueles alumnos aos que se lles concedera a exención de docencia, a cualificación da materia será a obtida no examen final, que se puntuará neste caso sobre 10.
____________________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe do alumnado a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua supoñerá o 30% (3 puntos) da cualificación final, e deriva dos traballos e prácticas que se realizarán nas aulas interactivas, valorándose a estrutura dos mesmos e asemade a manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral.
A proba final, que supoñerá o 70% (7 puntos) da cualificación final, será presencial e terá unha parte teórica (40% da nota: 2,8 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da parte teórica o alumnado non poderá utilizar textos legais ou calquera outro material de apoio. Para a realización da parte práctica poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico.
Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno que non participase nas actividades de avaliación continúa, para superar a materia deberá obter na proba final unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios que para a avaliación en primeira oportunidade. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións"
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumnado poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
____________________________________________________________________________________________
GRUPO C: Prof. M.ª PAZ GARCÍA RUBIO/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ
Todas as actividades realizadas durante o ano académico serán avaliables de conformidade cos seguintes criterios:
1. Avaliación continúa: asistencia e participación activa nas clases e realización de actividades programadas nas interactivas: 30% da cualificación final.
2. Proba final: 70% da cualificación final. Será preciso aprobar a proba final para superar a materia.
A proba final será presencial. As actividades de avaliación continua poderán ser presenciais ou virtuais, segundo as circunstancias. Para o caso das virtuais, estará operativa o Aula Virtual da USC e la aplicación Teams.
Solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do ou da estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza en casos de tareas colectivas. As profesoras arbitrarán os mecanismos que consideren convintes para asegurar a citada autoría (preguntas individuais sobre os traballos entregados, sobre o temario ou sobre o modo en que foron realizados).
Advírtese que no caso de que nalguna das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do ou da estudante, será de aplicación o recollido ao respecto pola Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudantes e da revisión das cualificacións, coa aplicación das pertinentes sancións.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O/a estudante poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
GRUPOS A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo) e C ( M.ª PAZ GARCÍA RUBIO/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ):
/
- Horas de traballo presencial na aula: 45 h.
- Horas de traballo en equipo para a preparación de interactivas e actividades encomendadas polas profesoras: 15 h.
- Horas de traballo individual de cada estudante: 80 h.
__________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
Docencia expositiva 22,5/30 Estudio individual ou en grupo: 55
Docencia interactiva: 17,5/10
Preparación de presentaciones orais, debates e similares: 5
Titorías grupo reducido: 5
Resolución de casos prácticos e outros traballos: 7,5
Total horas de traballo presencial na aula: 45.
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5/69
GRUPOS A (Profs. Mónica García Goldar e Marta Carballo Fidalgo) e C ( M.ª PAZ GARCÍA RUBIO/ERNESTO SARRIÓN HERNÁNDEZ):
- Os estudantes deben utilizar os materiais da disciplina dende o comezo do curso; vólvese a reiterar que é preciso que conten cos textos legáis e con un Manual de referencia que resulta imprescindible e non é substituible polos apuntes de clase.
- A asistencia ás clases presenciais é necesaria para aclarar os conceptos, incluir las novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas expostas.
- Os estudantes deben estar atentos á Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o profesor considere útiles e pode ser vehículo de comunicación entre as profesoras e os estudantes.
- O tempo adicado a estudar debe ser o máis continuo posible. Recoméndase facer un seguimento, ao menos semanal, do que se explica nas clases e levar a cabo as tarefas indicadas indicadas polas profesoras con dedicación e continuidade.
- É convinte utilizar as titorías se ben tamén se poden plantexar en clase todas as dúbidas ou problemas de comprensión que xurdan en torno ás materias estudadas.
- Debe evitarse a memorización de cuestións, conceptos ou respostas que non se teñan comprendido previamente.
- Os estudantes deben realizar traballos en equipo de apoio mutuo e aprendizaxe de habilidades propias do grupo. Lembre que tamén é unha actividade avaliable.
-É moi importante que os estudantes teñan superadas as materias de Dereito civil correspondentes aos semestres anteriores.
___________________________________________________________________________________________
GRUPO B: Prof. Ángel L. Rebolledo Varela
Asistencia regular ás aulas como medio para obter un enfoque práctico da materia e simplificar o seu estudo.
No mesmo sentido, recoméndase a asistencia ás clases para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaran e interiorizaran.
Lectura das fontes bibliográficas e xurisprudenciais recomendadas.
Dedicación especial á análise do Dereito positivo, en particular da normativa contida no Código civil, a Lei de Axuizamento Civil e a Lei de Dereito Civil de Galicia. Aconséllase asistir á clase co material lexislativo correspondente a cada lección.
Angel Luis Rebolledo Varela
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Carballo Fidalgo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814654
- Correo electrónico
- marta.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paz Garcia Rubio
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814648
- Correo electrónico
- mpaz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonia Nieto Alonso
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814742
- Correo electrónico
- antonia.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Julia Ammerman Yebra
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julia.ammerman [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Ernesto Francisco Sarrion Hernandez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- ernesto.sarrion [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Galego, Castelán | Aula 5 |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Galego, Castelán | Aula 5 |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán, Galego | Aula 3 |
16.01.2023 10:00-13:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
16.01.2023 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
16.01.2023 16:00-18:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
16.06.2023 10:00-13:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
16.06.2023 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
16.06.2023 16:00-18:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |