Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Transmitir e fomentar o coñecemento no campo do Dereito civil, en especial no Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
2. Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de Obrigas e de responsabilidade civil., singularmente cos textos legais e as decisións xurisprudenciais.
3. Proporcionar ao estudante unha información e unha formación sobre o contido da materia que lle permitan resolver con corrección teórica e argumentación axeitada os problemas xurídicos reais.
4. Proporcionar ao estudante as habilidades necesarias para afrontar de forma axeitada os problemas da práctica xurídica real, tanto na elaboración das normas, coma na resolución de casos prácticos ou no consello profesional.
5. Conseguir un primeiro nivel na preparación de profesionais especializados no ámbito do Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
GRUPO A PROF. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO
GRUPO C. PROFs: Mª PAZ GARCÍA RUBIO/ JAVIER LETE ACHIRICA/ERNESTO SARRION
TEORÍA XERAL DA OBRIGACIÓN
Lección 1.- O Dereito de obrigacións e de contratos.- As fontes xuridicas do Dereito das Obrigacions,Concepto de obrigación. – O crédito e a débeda. – Débeda e responsabilidade como elementos da obrigación. – A obrigación natural.
Lección 2.- O nacemento da relación obrigatoria. - As fontes das obrigacións no Código civil: a lei, os contratos, os cuasicontratos, a responsabilidade civil. - A declaración unilateral de vontade. – O enriquecemento sen causa (remisión).
Lección 3. - Estrutura da relación obrigatoria. - Os suxeitos: acredor e debedor. - Pluralidade de suxeitos: solidariedade e mancomunidade. - A regra de no presunción de solidariedade. - A pluralidade de acredores. - A pluralidade de debedores: débedas conxuntas e débedas solidarias.- Especial consideración da solidariedade pasiva.
Lección 4.- O contido da relación obrigatoria: a prestación e as suas modalidades. Obrigacións de dar, facer e de non facer. – Obrigacións de medios e obrigacións de resultado. - Obrigacións de tracto único e de tracto sucesivo. - Obrigacións específicas e xenéricas. - Obrigacións alternativas. - Obrigacións facultativas. - Obrigacións divisibles e indivisibles.– Obrigacións unilaterais e sinalagmáticas. Obrigacións puras, condicionais e a prazo.
Lección 5.- As obrigacións pecuniarias.-Tipoloxía.- As débedas de diñeiro.- O principio nominalista e as medidas correctivas do nominalismo. As cláusulas de estabilización.- A obrigación de intereses. Clases de intereses. Especialmente os intereses remuneratorios e os intereses moratorios.- O anatocismo
Lección 6. - Pago ou cumprimento. - Os suxeitos do pago. - Pago por terceiro. – A subrogación no pago- Persoas que poden recibir o pago: o pago ao acredor aparente e o pago a un terceiro. - Requisitos de cumprimento: a integridade e identidade do pago.- Lugar e tempo de cumprimento. Cláusulas de vencemento anticipado. - Recibo do pago, gastos e imputación do pago.
Lección 7. -Os subrogados do pago. - A dación en pago - O pago por cesión de bens: clases e efectos. – O ofrecemento de pago e a consignación. - A compensación.
Lección 8.- O incumprimento da obrigación: concepto xenérico e modalidades- Os criterios de imputación ao debedor: dolo, culpa, risco contractual e a responsabilidade polos auxiliares no cumprimento.- A exoneración do debedor: en especial a forza maior.- As cargas de colaboración do acredor.
Lección 9. - Remedios ante o incumprimento. – A pretensión de cumprimento.. A reparación e a substitución da prestación.- A redución do prezo.- O dereito a suspender o cumprimento.- A resolución: concepto e presupostos. Exercicio da facultade resolutoria e efectos da resolución. – A indemnización por danos e prexuízos. A liquidación anticipada do dano. O deber do acredor de mitigar o dano. – Incumprimento verus modificación sobrevida das circunstancias e a dificultade extraordinaria para cumprir
Lección 10. - Protección do dereito de crédito. - O principio de responsabilidade patrimonial universal. - As garantías da obrigación: concepto, natureza e tipos de garantía. a pena convencional – As arras - A fianza. - A acción subrogatoria: concepto, natureza, presupostos de exercicio e efectos. - Acción directa. - Fraude aos acredores e acción revogatoria ou pauliana.
Lección 11.- Realización do crédito e insolvencia. - A modificación das obrigacións: tipoloxía. - O cambio de acredor e as súas formas: cesión de créditos e subrogación no crédito. - Cambios do debedor: asunción de débeda. - As causas de extinción das obrigacións.- A condonación.- A confusión. - A novación.
FONTES NON CONTRACTUÁIS
ENRIQUECEMENTO SEN CAUSA
Lección 12.- Enriquecemento sen causa.- Concepto, tipoloxía e reflexo no Código Civil.- Condictio por prestación (condictio indebiti, en particular) .- Condictio por intromisión Condictio por impensas.- A acción de enriquecemento sen causa: compatibilidade ou subsidiariedade.
RESPONSABILIDADE CIVIL EXTRACONTRACTUAL
Lección 13.- O acto ilícito como fonte de obrigacións. – O fundamento da responsabilidade civil. - As funcións da responsabilidade civil. - A responsabilidade civil derivada do delito.
Lección 14.- Os presupostos da responsabilidade civil. - Comportamento danoso: o autor. – O dano: concepto, tipoloxía, valoración e deber de mitigalo - A relación de causalidade: causalidade fisica e xurídica. - Interferencias na relación causal. A pluralidade de causantes e o dano causado por un membro indeterminado do grupo. - A culpa como criterio de imputación: significado e evolución. - Especial referencia á chamada capacidade de culpa.
Lección 15.- Responsabilidade obxectiva: concepto e evolución. - Supostos de responsabilidade obxectiva no Código Civil. - Suposicións de responsabilidade obxectiva nas leis especiais. Á responsabilidade civil por danos causados o medio ambiente. - Remisión á responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
Lección 16. - A responsabilidade polo feito doutro. - A responsabilidade civil dos padres, titores e dos que prestan apoio ás persoas con discapacidade. – A responsabilidade civil do empleador polas actividades dos seus empregados. – A responsabilidade civil dos propietarios ou directores de centros educativos.
Lección 17. - Responsabilidade por danos causados por produtos defectuosos. - Concepto de produto.- Suxeitos responsables. - Suxeitos protexidos. - Concepto de produto defectuoso.- Danos indemnizables. - Causas de exención: referencia especial aos riscos de desenrolo. - Á responsabilidade civil e a intelixencia artificial.
Lección 18. Responsabilidade civil profesional. - A responsabilidade civil dos profesionais da saúde. - A responsabilidade civil dos profesionais do dereito. – A responsabilidade civil dos docentes e dos centros educativos.
GRUPO B. PROFª ANA DÍAZ MARTÍNEZ
PROGRAMA DEREITO DE OBRIGACIÓNS E RESPONSABILIDADE CIVIL
TEORÍA XERAL DA OBRIGACIÓN
Lección 1.- O Dereito de obrigacións na sistemática do Dereito civil. - Concepto de obrigación. - O dereito de crédito e a débeda. - Débeda e responsabilidade como elementos da obrigación. - As obrigacións naturais.
Lección 2.- A constitución da relación obrigatoria: as fontes das obrigacións. - As fontes do Código Civil: a lei, os contratos, os cuasicontratos, a responsabilidade civil. - A declaración unilateral de vontade. - O enriquecemento inxusto ou sen causa.
Lección 3.- Estrutura da relación obrigatoria. - Os suxeitos: acredor e debedor. - Pluralidade de suxeitos: a distinción entre solidariedade e mancomunidade. - A regra de non presunción de solidariedade. - A pluralidade de acredores. - A pluralidade de debedores: débedas mancomunadas e débedas solidarias.
Lección 4.- O obxecto da relación obrigatoria: a prestación. - Clases de obrigacións. - Obrigacións de dar, facer e non facer. - Obrigacións de medios e de resultado. - Obrigacións de tracto único e de tracto sucesivo. - Obrigacións específicas e xenéricas. - Obrigacións alternativas. - Obrigacións facultativas. - Obrigacións divisibles e indivisibles. - Obrigacións unilaterais e bilaterais. - Obrigacións puras, condicionais e a termo. - Obrigacións pecuniarias.
Lección 5.- A dinámica da obrigación: o pagamento ou cumprimento. - O obxecto do pagamento. - Os suxeitos do pagamento. - O pagamento por terceiro. - Persoas que poden recibir o pagamento: o pagamento ao acredor aparente e o pagamento a un terceiro. - Os requisitos do cumprimento: a exactitude da prestación. - Lugar e tempo do cumprimento, proba do pagamento, gastos e a imputación do pagamento.
Lección 6.- Os subrogados do cumpriment o. - O ofrecemento do pagamento e a consignación. - A dación en pagamento - O pagamento por cesión de bens.
Lección 7.- O incumprimento da obrigación. - A mora do debedor. - A mora do acredor. - O incumprimento definitivo. - A imposibilidade da prestación. - A prestación non conforme. - Os criterios de imputación e a responsabilidade contractual. - A imputación do incumprimento ao debedor: a culpa e o dolo. - A exoneración do debedor: o caso fortuíto e a forza maior.
Lección 8.- As consecuencias e remedios do incumprimento. - A pretensión de cumprimento e a de indemnización de danos e prexuízos. - O dereito a resolver o contrato: concepto, presupostos e efectos da resolución. - A modificación convencional da responsabilidade do debedor.
Lección 9.- Protección do dereito de crédito. - O principio de responsabilidade patrimonial universal. - As garantías da obrigación: concepto, natureza e tipos de garantía. - A cláusula penal. - As arras. - O dereito de retención. - A fianza e outras garantías persoais: remisión. - A acción subrogatoria. - A acción directa. - A fraude de acredores e a acción revogatoria ou pauliana.
Lección 10.- A realización do crédito e a insolvencia: concorrencia de acredores e insuficiencia do patrimonio do debedor. - A modificación das obrigacións: tipoloxía. - O cambio de acredor e as súas formas: cesión de créditos e subrogación no crédito. - Os cambios de debedor: a asunción da débeda.
Lección 11.- As causas de extinción das obrigacións. - A compensación. - A confusión. - A remisión da débeda. - A perda da cousa ou imposibilidade da prestación. - A novación. - A mutua disensión, a desistencia unilateral, a condición resolutoria e o termo final.
FONTES NON CONTRACTUAIS
ENRIQUECEMENTO SEN CAUSA
Lección 12.- Enriquecemento sen causa. - Concepto, tipoloxía e reflexo no Código Civil. - A acción de enriquecemento sen causa.
DEREITO DE DANOS
Lección 13.- O acto ilícito como fonte de obrigación. - A responsabilidade contractual e extracontractual. - Fundamento e funcións da responsabilidade civil. - A responsabilidade civil derivada de delito.
Lección 14.- Os presupostos da responsabilidade civil. - O comportamento danoso. - O dano: concepto, tipoloxía e valoración. - A relación da causalidade. - As interferencias no nexo causal. - A pluralidade de responsables e o dano causado por un membro indeterminado do grupo. - A culpa do axente. - A imputabilidade como elemento da culpabilidade e as causas xustificativas.
Lección 15.- A responsabilidade obxectiva: concepto e evolución. - Supostos de responsabilidade obxectiva no Código Civil. - Supostos de responsabilidade obxectiva nas leis especiais. - Referencia á responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
Lección 16.- A responsabilidade por feito de outro. - A responsabilidade civil de pais e titores. - A responsabilidade civil do empresario por actividades dos seus auxiliares. - A responsabilidade civil dos titulares de centros docentes.
Lección 17.- A responsabilidade por danos causados polos produtos defectuosos. -Concepto de produto defectuoso. - Suxeitos responsables. - Suxeitos protexidos. - Danos resarcibles. - Causas de exoneración: especial referencia aos riscos de desenvolvemento.
Lección 18.- A responsabilidade civil profesional. - A responsabilidade civil dos profesionais sanitarios. - A responsabilidade civil dos profesionais xurídicos.
É imprescindible para a preparación axeitada da materia que os estudantes estean en posesión dun Manual en cualquera dos seus formatos, papel ou dixital, en algúns casos dispoñibles na BUSC; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, da Lei de Dereito Civil de Galicia e da lexislación complementaria, igualmente en cualquera formato.
Os profesores poderán agregar lecturas recomendadas de traballos monográficos relacionados con un tema concreto publicados en libros ou en revistas especializadas que procurarán poñer a disposición dos estudantes.
BIBLIOGRAFÍA
Os estudantes poderán usar calquera dos seguintes manuais
- Albiez Dorhmann K.J./ Castillo Parrilla J.A, Teoría General de Obligaciones y Contratos. Contratos en particular. Derecho civil II. Granada, Fleming 2019.
-Bercovitz Rodríguez-Cano (coord.): Manual de Derecho Civil. Obligaciones, Madrid, Bercal, 2021.
-Carrasco Perera, Cordero Lobato y Marín López: Derecho de obligaciones y contratos en general, Madrid, Tecnos, 4ª. ed, 2019.
- Díez-Picazo L. / Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil, Vol. II, T. 1. El contrato en general. Las relaciones obligatorias, 11ª. ed., Tecnos, Madrid, 2016.
-Díez-Picazo L. / Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil Vol. II, T. 1, . Contratos en particular. Casi contratos. Enriquecimiento sin causa. Responsabilidad extracontractual, 12ª edición, Tecnos, Madrid, 2018.
- Lete del Río, J.M. / Lete Achirica, J., Derecho de obligaciones, vol. I, 2ª. edición, Thomson / Aranzadi, Cizur Menor (Navarra),2022.
- Martínez de Aguirre y Aldaz, C. (coord.), Curso de Derecho Civil (vol. I). Teoría general de las obligaciones y el contrato, 5ª. ed., Edisofer, Madrid, 2018.
- Martínez de Aguirre y Aldaz, C. (coord.), Curso de Derecho Civil (vol. II). Contratos y responsabilidad civil, 5ª ed., Edisofer, Madrid, 2020.
- Roca Trías, E., Derecho de daños: textos y materiales, 8ª. ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2020.
- Yzquierdo Tolsada, M., Responsabilidad civil extracontractual. Parte general, 6ª. ed., Dykinson, Madrid, 2020.
Dispoñibles en liña no servizo BUSC
- Manual de Derecho civil. Derecho civil Patrimonial I, Tirant lo Blanch, 2019.
- Derecho Civil II. Obligaciones y Contratos, 4ª ed. 2019
-Curso de Derecho Civil II Derecho de Obligaciones, Contratos y Responsabilidad por Hechos Ilícitos 9ª Edición 2018 Tirant lo Blanch
Bibliografía complementaria:
Carrasco Perera, Á., Derecho de contratos, 2ª ed. act. y rev.Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2017.
- Díez-Picazo, L., Fundamentos del Derecho civil patrimonial I, Introducción. Teoría del contrato. Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), 2007
Fundamentos del Derecho civil patrimonial II, Las relaciones obligatorias. Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), 2008
Fundamentos del Derecho civil patrimonial V, La responsabilidad Civil extracontractual. Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), 2011.
- D. Looscherders, Derecho de Obligaciones. Parte general. 17ª ed., Traducción española. 17 ed., Madrid, BOE, 2021.
- Morales Moreno, A.M., Estudios de Derecho de Contratos, t I y II, Madrid, BOE, 2022.
CX1: Capacidade de comprensión, análise e síntese
CX2: Capacidade de organización e planificación
CX5: Capacidade de obtención e xestión da información
CX6: Capacidade de resolución de problemas
CX7: Capacidade de decisión
CX8: Razoamento crítico
CX9: Compromiso ético e deontolóxico
CX10: Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CX12: Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
CX14: Aprendizaxe autónoma
CX15: Adaptación a novas situacións
CX16: Creatividade
CX17: Liderazgo
CX19: Iniciativa
CX20: Motivación pola calidade á excelencia profesional
CX21: Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CX22: Espíritu de superación
GRUPO A PROF. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO
A metodoloxía empregada na impartición da materia vén determinada pola distribución da docencia en aulas expositivas – integradas pola totalidade do grupo- e aulas interactivas – para as que se crean dous subgrupos. Ambos tipos de aulas terán carácter presencial.
As aulas expositivas teñen por obxecto a transmisión clara e sintética das ideas fundamentais e dos conceptos básicos que presiden cada un dos temas, a fin de que o alumno/a posúa as ferramentas esenciais que lle permitan afondar de maneira independente no seu estudo. Co manexo dos textos legais e da xurisprudencia máis relevante, na clase analizaranse os contados mínimos de cada materia, nun intento de propiciar o coñecemento das institucións cunha visión práctica das mesmas. Resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas situacións xurídicas máis controvertidas e se exporán as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os tribunais.
As aulas interactivas, acumuladas en catro semanas, teñen por obxecto o desenvolvemento polo alumno/a, co asesoramento e orientación da docente, de diferentes tipos de actividades, individuais e colectivas, que permitan a consolidación dos seus coñecementos teóricos mediante a súa aplicación a supostos da realidade práctica. Asemade, permiten acadar o obxectivo de potenciar a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a. As actividades prácticas propostas facilitaranse a través da Aula Virtual e serán realizadas polos alumnos en horario de clase.
O Campus Virtual -xestionado polo Centro de Tecnoloxías para o Aprendizaxe (CETA)- servirá como ferramenta de apoio á docencia, tanto para facilitar ó estudante a consulta das principais sentenzas e resolucións analizadas no curso das explicacións teóricas como para poñer á súa disposición, con antelación suficiente, as actividades a desenvolver nas aulas interactivas. Poderá ser utilizado como plataforma de entrega polo alumno/a das actividades propostas.
GRUPO B. PROFª DÍAZ MARTÍNEZ
A metodoloxía empregada na impartición da materia vén determinada pola distribución da docencia en aulas expositivas – integradas pola totalidade do grupo- e aulas interactivas – para as que se crean dous subgrupos. Ambos tipos de aulas terán carácter presencial.
As aulas expositivas teñen por obxecto a transmisión clara e sintética das ideas fundamentais e dos conceptos básicos que presiden cada un dos temas, a fin de que o alumno/a posúa as ferramentas esenciais que lle permitan afondar de maneira independente no seu estudo. Co manexo dos textos legais e da xurisprudencia máis relevante, na clase analizaranse os contados mínimos de cada materia, nun intento de propiciar o coñecemento das institucións cunha visión práctica das mesmas. Resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas situacións xurídicas máis controvertidas e se exporán as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os tribunais.
As aulas interactivas, acumuladas en catro semanas, teñen por obxecto o desenvolvemento polo alumno/a, co asesoramento e orientación da docente, de diferentes tipos de actividades, individuais e colectivas, que permitan a consolidación dos seus coñecementos teóricos mediante a súa aplicación a supostos da realidade práctica. Asemade, permiten acadar o obxectivo de potenciar a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a. As actividades prácticas propostas facilitaranse a través da Aula Virtual e serán realizadas polos alumnos en horario de clase.
O Campus Virtual -xestionado polo Centro de Tecnoloxías para o Aprendizaxe (CETA)- servirá como ferramenta de apoio á docencia, tanto para facilitar ó estudante a consulta das principais sentenzas e resolucións analizadas no curso das explicacións teóricas como para poñer á súa disposición, con antelación suficiente, as actividades a desenvolver nas aulas interactivas. Poderá ser utilizado como plataforma de entrega polo alumno/a das actividades propostas.
GRUPO C. PROFs: Mª PAZ GARCÍA RUBIO/ JAVIER LETE ACHIRICA/ERNESTO SARRION
A docencia será presencial. As titorías cos estudantes poderán ser presenciais ou virtuais, neste último caso, poderase utilizar tanto o correo electrónico como as posibilidades que dan a Aula Virtual institucional da USC e a aplicación Microsoft Teams.
A ensinanza inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario oficial publicado.
Clases expositivas
Consistirán na explicación do tema por parte das profesoras, no seu caso, co apoio dun esquema escrito que,unha vez finalizada a explicación completa, se poñerá á disposición dos estudantes na Aula Virtual.Os temas especialmente complexos ou formativos terán un tratamento máis detallado e o profesor escribiraos por completo e poñeraos a disposición dos estudantes na Aula Virtual. En temas menos relevantes, fomentarase a preparación autónoma por parte dos alumnos, sen prexuízo da revisión por parte do profesor.
Clases interactivas
Impartiránse co grupo dividido en dous subgrupos. A súa vez, poderán formar equipos máis pequenos en cada un dos grupos para a realización de tarefas colectivas.
Nestas clases, que serán presenciais, levaranse a caco algunas das seguintes actividades:
1. Resolución dun ou de máis casos prácticos
2. Resolución de hipóteses e problemas.
3. Redacción dunha demanda e dunha contestación á demanda.
4. Presentación dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes.
5. Redacción dun ensaio corto sobre unha lectura recomendada, un comentario de sentencia ou un problema legal específico.
6. Discusión dun tema de actualidade relacionado con el Dereito de familia
7. Realización de test de autoavaliación.
GRUPO A (PROF. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO)
Sistema de avaliación: valorarase a participación nas aulas, a entrega de actividades e o exame final.
A cualificación do exame, de carácter escrito, terá en conta o dominio dos coñecementos teóricos e a súa aplicación práctica. A esta proba corresponden 7 puntos posibles sobre o total da nota (70%), calculada sobre un máximo de 10 puntos.
A cualificación da asistencia e das actividades, con un máximo de 3 puntos (30%), súmase á nota obtida no exame a partir dunha puntuación mínima neste de 3 puntos. É necesario reunir un mínimo de 5 puntos para acadar o aprobado. Pero non poderá aprobarse a asignatura cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
Réximen para o alumnado con exención de docencia: a asistencia substituiráse pola entrega dun traballo académico.
Esta forma de avaliación é única para a primeira e segunda oportunidade. Para posteriores matrículas non se gardará nengunha nota.
NOTA IMPORTANTE:
Segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
Igualmente e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Para que o alumno figure como non presentado será necesario que non asista alomenos a un 80% das clases nin realice ningunha actividade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
GRUPO B (ANA DÍAZ MARTÍNEZ)
A avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final. A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo. As actividades das aulas interactivas terán un peso do 20% na nota final (0,5 puntos por semana de aulas interactivas) e o 10% restante dependerá da asistencia activa e participación nas aulas, tanto interactivas coma expositivas.
A proba teórica-práctica final, na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,8 puntos (sobre 7). Non será posible aprobar a materia cun exame no que a resposta a unha pregunta quede en branco ou sexa cualificada cun 0.
A cualificación obtida se determinará engadindo a correspondente ao exame (sempre que alcance a mínima exixible) e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno que non participara nas aulas ao longo de todo o cuadrimestre debe obter no exame una nota mínima de 5 (sobre 7). Para a parte práctica do exame debe levarse e utilizarse a lexislación indicada nas aulas pola profesoras, especialmente o Código Civil.
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade de exame. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas oportunidades. En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera dos dous grupos de actividades referidos será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
Para aqueles alumnos aos que se lles concedera a exención de docencia, a cualificación da materia será a obtida no exame final, que se puntuará neste caso sobre 10.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
GRUPO C (Mª PAZ GARCÍA RUBIO/ JAVIER LETE ACHIRICA/ ERNESTO SARRIÓN)
Todas as actividades realizadas durante o curso académico serán medibles e avaliables de acordó cos seguintes criterios:
1. Avaliación contínua: asistencia e participación activa nas clases e realización de actividades programadas nas interactivas: 30% da cualificación final.
3. Proba final: 70% da cualificación final. Será preciso aprobar a proba final para superar a materia.
A proba final será presencial. As actividades de Avaliación contínua poderán ser presenciais ou virtuais, segundo as circunstancias. Para o caso das virtuais, estará operativa a Aula Virtual da USC e a aplicación Teams.
Solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos casos de tarefas colectivas. As profesoras arbitrarán os mecanismos que consideren convintes para asegurar a citada autoría (preguntas individuais sobre os traballos entregados, sobre o temario ou sobre o xeito en que teñen sido realizados).
Advírtese que no caso de que en algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido ao respecto pola Normativa de avaluación deo rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
ADVÍRTESE EXPRESAMENTE aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na Universidade de Santiago de Compostela para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera dos tres grupos de actividades referidos será obxecto de avaliación e, xa que logo, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
En el caso de concesión de exención de docencia, o/a alumno/a terá que realizar un exame final que representará o 100 % da súa cualificación.
- Traballo presencial na aula (clases expositivas, interactivas, titorías e exames): 72 h.
- Traballo persoal do alumno (estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas): 75 horas.
- Os estudantes deben utilizar os materiais da disciplina dende o comezo do curso; vólvese a reiterar que é preciso que conten cos textos legáis e con un Manual de referencia que resulta imprescindible e non é substituible polos apuntes de clase.
- A asistencia ás clases presenciais é necesaria para aclarar os conceptos, incluir las novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas expostas.
- Los estudantes deben estar atentos á Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o profesor considere útiles e pode ser vehículo de comunicación entre os profesores e os estudantes.
- O tempo adicado a estudar debe ser o máis contínuo posible. Recoméndase facer un seguimento, ao menos semanal, do que se explica nas clases e levar a cabo as tarefas indicadas indicadas polo profesor con dedicación e continuidade.
- É convinte utilizar as titorías se ben tamén se poden plantexar en clase todas as dúbidas ou problemas de comprensión que xurdan en torno ás materias estudadas.
- Debe evitarse a memorización de cuestións, conceptos ou respostas que non se teñan comprendido previamente.
- Os estudantes deben realizar traballos en equipo de apoio mutuo e aprendizaxe de habilidades propias do grupo. Lembre que tamén é unha actividade avaliable.
-É moi importante que os estudantes teñan superadas as materias de Dereito civil correspondentes aos semestres anteriores.
Julio Ignacio Iglesias Redondo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julioignacio.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Diaz Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814743
- Correo electrónico
- ana.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Paz Garcia Rubio
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814648
- Correo electrónico
- mpaz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Lete Achirica
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814739
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Madriñan Vazquez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814741
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ernesto Francisco Sarrion Hernandez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- ernesto.sarrion [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
10:00-11:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
17:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
17.01.2024 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
17.01.2024 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
17.01.2024 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
18.06.2024 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
18.06.2024 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
18.06.2024 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |