Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Recoñecer as materias propias do Dereito civil e os seus principios informadores
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil
- Iniciación no uso da linguaxe xurídica
- Habilidade no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas
- Capacidade de análise crítica das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en relación aos problemas básicos propios da disciplina
GRUPO A (Prof.ª ANTONIA NIETO ALONSO), GRUPO B (Prof. JAVIER LETE ACHIRICA), GRUPO C (Prof.ª JULIA AMMERMAN YEBRA)
PARTE I. INTRODUCIÓN AO DEREITO CIVIL
Lección 1. O Dereito civil
1.1. O Dereito civil: aproximación ao seu concepto e contido actual
1.2. O Código civil español: estrutura, contido e valoración
1.3. A Constitución de 1978 e o seu significado para o Dereito civil
1.4. A influencia dos cambios sociais e tecnolóxicos no Dereito civil
Lección 2 . A pluralidade lexislativa en materia de Dereito civil
2.1. A pluralidade de Dereitos civís españois. - A repartición de competencias en materia de lexislación civil ex art. 149.1.8 CE
2.2. Desenvolvemento lexislativo dos Dereitos civís autonómicos. - O Dereito civil de Galicia
Lección 3. As fontes do Dereito civil
3.1. As fontes do Dereito: a Constitución española e as fontes do Dereito no CC e nos Dereitos civís autonómicos. Especial referencia ao Dereito civil de Galicia
3.1.1. A lei
3.1.2. O costume
3.1.3. Os principios xerais do Dereito
3.1.4. O valor da xurisprudencia
3.1.5. Os tratados internacionais
3.2. O Dereito da UE no sistema español de fontes. Especialmente, a Directiva e o Regulamento
Lección 4. Os límites temporais e espaciais das normas civís
4.1. Os límites temporais das normas xurídicas. - Retroactividade e irretroactividade das normas. - O Dereito transitorio.- O Dereito temporalmente limitado por razóns excepcionáis (Covid-19).
4.2. Os límites espaciais das normas xurídicas: referencia ao dereito interrexional y ao Dereito internacioanl privado.
Lección 5. O proceso de aplicación da norma civil
5.1. O proceso de aplicación da norma civil: a interpretación. - Elementos e clases de interpretación
5.2. O proceso de aplicación da norma civil: a integración. - O recurso á analoxía.- A equidade na aplicación dasnormas.
Lección 6. Os efectos das normas
6.1. A eficacia das normas no Título preliminar do Código civil
6.2. A ignorancia da lei e o erro de dereito
6.3. A exclusión voluntaria da lei aplicable
6.4. A nulidade dos actos contra lei
6.5. A fraude de lei e figuras afíns
PARTE II. DEREITO DA PERSOA
Lección 7. A persoa física
7.1. A capacidade da persoa física.
7.2. O estado civil
7.3. O Rexistro civil. A Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro civil
7.4. Comezo da personalidade: o nacemento. Protección xurídica do nasciturus: o nondum concepti. Os embrións e o Dereito.
7.5. Extinción da personalidade xurídica: a morte
7.6. A idade e a súa significación xurídica. O cómputo da idade
7.7. A maior idade e a emancipación do menor
7.8. O menor de idade: capacidade natural do menor e dereitos do menor. O interese do menor.
Lección 8. O apoio ás persoas con discapacidade
8.1. As persoas con discapacidade. Referencia á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU de 2006.
8.2. A reforma da lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidadexurídica. Principios xerais.
8.3. Medidas de apoio ás persoas con discapacidade
8.3.1. Medidas de apoio voluntarias: medidas preventicvas e autocuratela.
8.3.2. Medidas de apoio informais: a garda defeito.
8.3.3. Medidas xudiciais: a curatela e o defensor xudicial.
8.4. O procedemento de provisión de medidas xudiciais de apoio ás persoas con discapacidade.
Lección 9. A nacionalidade e a veciñanza civil
9.1. A nacionalidade
9.1.1. Concepto, significado e criterios de atribución. A proba da nacionalidade
9.1.2. Adquisición da nacionalidade española
9.1.3. Perda e recuperación da nacionalidade española
9.1.4. A dobre nacionalidade
9.2. A veciñanza civil
Lección 10. O domicilio, a ausencia e a declaración de falecemento
10.1. O domicilio: concepto e significado no ordenamento e en especial no ámbito civil
10.2. A ausencia e a ausencia declarada. A súa regulación na Lei de Dereito civil de Galicia
10.3. A declaración de falecemento
Lección 11. Os dereitos da personalidade
11.1. Os dereitos da personalidade: a súa relación cos dereitos fundamentais. Características dos dereitos da personalidade
11.2. Enumeración
11.2.1. Dereito á vida
11.2.2. Dereito á integridade física e moral
11.2.3. Dereito á identidade. O dereito ao nome. A identidade sexual: as novas orientacións sobre o sexo das persoas
11.2.4. Os dereitos á liberdade. Liberdade persoal, ideolóxica, relixiosa, de culto, liberdade de expresión e liberdade de información
11.2.5. Dereito á honra, intimidade, a propia imaxe e a voz: a súa tutela civil. Dereito á protección de datos
11.2.6. O dereito a non ser discriminado. Especial consideración á discriminación por razón de xénero
Lección 12. A persoa xurídica. Especial referencia ás asociacións e fundacións
12.1. A persoa xurídica: concepto e clases
12.2. A persoa xurídica no Código civil e a lexislación específica
12.3. O dereito de asociación e o de fundación: o seu marco constitucional
12.4. Réxime xurídico da asociación
12.5. Réxime xurídico das fundacións. As fundacións de interese galego
Lección 13. A representación
13.1. A representación: concepto e clases
13.2. A representación voluntaria. Especial referencia aos poderes preventivos e a outras directivas anticipadas
13.2.1. O poder de representación: contido, límites, exercicio e extinción
13.2.2. A relación representativa
13.2.3. A figura do representante sen poder e o falsus procurator
13.2.4. A ratificación
13.3. A representación indirecta
13.4. A representación legal
PARTE III. RELACIÓN XURÍDICA, DEREITO SUBXECTIVO E AUTONOMÍA PRIVADA
Lección 14. A relación xurídica
14.1. A relación xurídica
14.2. O dereito subxectivo
14.3. O exercicio dos dereitos e os seus límites. A boa fe e o abuso do dereito
14.4. O obxecto da relación xurídica: cousas e bens
Lección 15. O transcurso do tempo
15.1. O tempo no Dereito civil: regras de cómputo
15.2. A prescrición.
15.2.1. A prescrición extintiva no Código civil: orzamentos e fundamento
15.2.2. Obxecto da prescrición extintiva
15.2.3. Comezo do prazo prescriptivo e o seu cómputo. Os prazos legais de prescrición
15.2.4. Interrupción e suspensión da prescrición extintiva. Renuncia á prescrición
15.3. A caducidade
Lección 16. O negocio xurídico
16.1. O negocio xurídico
16.1.1. A autonomía privada.
16.1.2. Feito e acto xurídico. O acto xurídico en sentido estrito: clasificacións e efectos. O negocio xurídico: concepto
16.1.3. Clasificación dos negocios
16.1.4. O negocio como acto e o negocio como norma
16.1.5. O negocio xurídico e a relación negocial. O obxecto, a forma e a causa do negocio xurídico
16.1.6. A esencia do negocio xurídico: vontade e declaración de vontade. O valor xurídico do silencio
16.2. Eficacia e ineficacia do negocio xurídico. Modalidades de ineficacia: nulidade, anulabilidade, rescisión, revogación, resolución e desistencia
Recoméndase consultar a ÚLTIMA EDICIÓN das obras seguintes:
-ALBALADEJO GARCÍA: Derecho civil I. Edisofer.
- BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO: Manual de Derecho civil. Derecho privado y Derecho de la persona. Madrid, Bercal.
- CARRASCO PERERA, Derecho Civil: introducción, derecho de la persona, derecho subjetivo, derecho de propiedad, Tecnos, Madrid.
- DIEZ-PICAZO Y GULLÓN, Sistema de Derecho Civil, vol. I, Tecnos, Madrid.
- GARCÍA RUBIO, Introducción al Derecho Civil, Cálamo, Barcelona.
- LACRUZ BERDEJO; Elementos de Derecho Civil I, vol. I, vol. II y vol. III, Dykinson.
- LASARTE ÁLVAREZ, Principios de Derecho Civil, tomo I, Marcial Pons, Madrid.
- OLIVA BLÁZQUEZ, F./VÁZQUEZ-PASTOR JIMÉNEZ, L. (coords.), Derecho civil I. Parte General y Derecho de la persona, Ed Tirant lo Blanch, Valencia.
- OTERO CRESPO, M./ VALIÑO CES, A./PÉREZ RIVAS (Dirs.), Manual de Conceptos jurídicos básicos, Ed. Colex, A Coruña, 2021.
Grupo A (Prof.ª ANTONIA NIETO ALONSO). GRUPO C (Prof.ª JULIA AMMERMAN YEBRA)
Recoméndase a Bibliografía xa sinalada e ADVÍRTESE que:
Será imprescindible para a axeitada preparación da materia que os estudantes estean en posesión dun manual en calquera dos seus formatos, papel ou dixital, cando estean dispoñibles na Biblioteca da USC (BUSC), o que se poñerá en coñecemento dos alumnos oportunamente. Agora ben, de ser posible, é preferente e facilita o estudo dispoñer dun manual en papel. Así mesmo, é necesario que o estudante dispoña dun Código civil, dunha Lei de Dereito civil de Galicia e dunha Lei de Axuizamento Civil, en calquera formato. As profesoras facilitarán estes textos legais a través da Aula Virtual da USC. É moi recomendable, ante unha eventual situación de confinamento, que os alumnos se fagan cun manual da materia e coa devandita lexislación xa os primeiros días do curso académico.
A) Competencias xerais (CX)
a) Instrumentais:
CX1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CX2.- Capacidade de organización e planificación
CX5.- Capacidade de obtención e xestión información
CX6.- Capacidade de resolución de problemas
CX7.- Capacidade de decisión
CX8.- Razoamento crítico
CX9.- Compromiso ético e deontolóxico
b) Interpersoais:
CX10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CX12.- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
CX13.- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
c) Sistémicas:
CX14.- Aprendizaxe autónoma
CX15.- Adaptación a novas situacións
CX16.- Creatividade
CX17.- Liderado
CX19.- Iniciativa e espíritu emprendedor
CX20.- Motivación pola calidade á excelencia profesional
CX21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CX22.- Espíritu de superación
B) Competencias específicas (CE):
CE1.- Utilizar os principios de libertade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
GRUPO A (Prof.ª ANTONIA NIETO ALONSO), GRUPO B (Prof. JAVIER LETE ACHIRICA), GRUPO C (Prof.ª JULIA AMMERMAN YEBRA)
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que a profesora adquire o principal protagonismo, pero non exclusivo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o estudante realizará e protagonizará exposicións públicas, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. A profesora explicará na aula os conceptos e cuestións esenciais da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumno deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na materia. O desenvolvemento das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o aprendido nas clases de tipo expositivo. Para elo, o estudante deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas pola profesora. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, coa Aula Virtual da Universidade, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta Aula Virtual será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois en ela atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, así como as actividades relacionadas coas aulas interactivas.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola Facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
A profesora realizará as titorías no seu despacho situado la Área de Dereito Civil, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Microsoft Teams.
Co manexo nas clases dos textos legais e da xurisprudencia recaída ao respecto, analizaranse os contidos mínimos da materia, nun intento de trasladar o coñecemento das institucións xurídicas cunha visión práctica delas. Neste sentido, resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas materias máis discutidas e as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendidas polos Tribunais e pola doutrina científica.
Fomentarase a participación agrupando aos alumnos e polarizando a súa intervención como representantes das partes en conflito.
GRUPO A (Prof.ª ANTONIA NIETO ALONSO). GRUPO C (Prof.ª JULIA AMMERMAN YEBRA)
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba final.
A avaliación continua suporá o 30% da cualificación final, e consistirá na realización de actividades prácticas diversas, individuais ou en grupo, desenvoltas no curso das aulas interactivas. Valorarase a estrutura e corrección formal das prácticas entregadas, o manexo correcto da xurisprudencia e da doutrina e a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno. Tamén se valorará, xunto á asistencia ás clases, a participación axeitada tanto nas clases expositivas coma nas clases interactivas.
A proba final, na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos e a súa aplicación práctica, representará o 70% da nota final. O alumno deberá obter nesta proba una cualificación mínima de 3 puntos (sobre 7) para superar a materia e para que se sume a nota das actividades interactivas. Non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser, alomenos de 5. O alumno que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico aplicarase en ambas convocatorias. En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Advírtese que no caso de que en algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido ao respecto pola Normativa de avaluación deo rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
NOTA IMPORTANTE:
Lémbrase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Master" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2: "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de 'suspenso', salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como 'non presentado' ". Por tanto, o alumno que entregue algún traballo avaliable ou se presente ao exame será cualificado, de non superar a materia, como suspenso, e só terá a cualificación de non presentado o alumno que non entregue ningún traballo avaliable, nin se presente ao exame.
No caso de exención de docencia, a cualificación corresponderase coa obtida no exame final (100% da nota).
GRUPO B (Prof. JAVIER LETE ACHIRICA)
Todas as actividades realizadas durante o curso académico serán medibles e avaliables de acordo cos seguintes criterios:
1. Avaliación contínua: asistencia e participación activa nas clases e realización de actividades programadas nas interactivas: 30% da cualificación final.
3. Proba final oral: 70% da cualificación final. Será preciso aprobar a proba final para superar a materia.
A proba final será presencial e oral. As actividades de Avaliación contínua poderán ser presenciais ou virtuais, segundo as circunstancias. Para o caso das virtuais, estará operativa a Aula Virtual da USC e a aplicación Teams.
Solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos casos de tarefas colectivas. As profesoras arbitrarán os mecanismos que consideren convintes para asegurar a citada autoría (preguntas individuais sobre os traballos entregados, sobre o temario ou sobre o xeito en que teñen sido realizados).
Advírtese que no caso de que en algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido ao respecto pola Normativa de avaluación deo rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
O total do volume de traballo ideal do alumno é de aproximadamente 150 horas (6 créditos x 25 horas = 150 horas). Para un óptimo aproveitamento este traballo ha de ser constante ao longo do semestre.
- Asistir e participar activamente na clase.
- Contar cun ou varios manuais de consulta e apoio, e dispor dos materiais normativos actualizados
- Levar o material lexislativo correspondente a cada lección.
- Lectura das fontes recomendadas, previa ás clases.
- Adicar especial atención ao estudo dos conceptos e normas xurídicas salientados polas profesoras. Dito estudo deberá ser constante e con espírito crítico.
- Empregar o horario de titorías para solucionar dúbidas.
Antonia Nieto Alonso
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814742
- Correo electrónico
- antonia.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Lete Achirica
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814739
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julia Ammerman Yebra
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julia.ammerman [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ernesto Francisco Sarrion Hernandez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- ernesto.sarrion [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
16:00-17:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego, Castelán | Salón de Actos |
17:00-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego, Castelán | Salón de Actos |
Venres | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán, Galego | Salón de Actos |
16.01.2024 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
16.01.2024 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
16.01.2024 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
21.06.2024 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
21.06.2024 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
21.06.2024 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |