Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Usando os coñecementos adquiridos nas materias de Microeconomía, Macroeconomía, Estatística e Econometría, pretendese profundar na comprensión de diversos aspectos que caracterizan as relacións económicas entre países ou zonas xeográficas, e que podemos agrupar en dúas categorías: i) entender os determinantes das relacións comerciais, o tipo de bens e servizos que se comercian, a súa influencia sobre o benestar relativo dos habitantes dos diferentes países ou zonas xeográficas, e os efectos da política comercial sobre todo isto; ii) estudar as implicacións financeiras da existencia de comercio entre países con diferentes moedas: a determinación das taxas de cambio e volume de comercio a curto e longo prazo, a aparición e sostibilidade de desequilibrios comerciais e financeiros co exterior, a interacción entre as políticas macroeconómicas e o comercio exterior, ou as implicacións da creación de unións monetarias.
Combinarase a presentación de teorías e modelos coa análise de datos e evidencia empírica e comentarios de textoss sobre aspectos de comercio e finanzas internacionais, interpretados á luz das teorías presentadas.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
PARTE I. TEORÍA DO COMERCIO INTERNACIONAL
Prerrequisitos:
• Teoría da produción en competencia perfecta, monopolio e competencia monopolística
• Equilibrio xeral
• Teoremas fundamentais do benestar
• Estatística descritiva. Regresión Lineal
• Álxebra e cálculo
Tema 1. O modelo Ricardiano da vantaxe comparativa tecnolóxica e modelo de factores específicos
1.1 O concepto de vantaxe comparativa
1.2 O modelo Ricardiano:
1.2.a Comercio con un solo factor
1.2.b Comercio con dous factores
1.3 O modelo de factores específicos:
1.3a Distribución a renda
1.3b Movilidade internacional de factores
Tema 2. O modelo Heckscher-Ohlin da vantaxe comparativa de recursos
2.1 Modelo con dous factores
2.2 Patróns de comercio
2.3 Ganancias de benestar
2.4 Distribución da renda
Tema 3. Economías de escala internas e comercio intra-industrial internacional
3. 1 Competencia monopolítistica
3.2 Comercio intra-industrial e produtividade
3.3 A ecuación da gravidade
3.4 Deslocalización e externalización de partes da cadea de valor
Tema 4. A política comercial
4.1 Tarifas e cotas á importación en competencia perfecta
4.2 Tarifas e cotas á importación en competencia imperfecta
4.3 Subsidios e cotas á exportación
4.4 Dumping e políticas para combatilo
4.5 Protección a industrias incipientes
PARTE II. MACROECONOMÍA INTERNACIONAL
Prerrequisitos:
• Contabilidade nacional nunha economía aberta
• Equilibrio e determinación dos tipos de cambio no modelo IS-LM dunha economía aberta (Modelo de Mundell-Fleming)
• Teoría do consumo intertemporal
• Mercado de divisas e tipos de cambio
Tema 5. A Balanza de pagamentos:
5.1 Definición, evidencia empírica e desaxustes
5.2 Sostibilidade de déficits persistentes na balanza por conta corrente
5.3 Una teoría intertemporal da balanza por conta corrente
Tema 6. Tipo de cambio real e condicións de paridade
6.1 Lei de prezo único
6.2 Paridade de poder adquisitivo
6.3 Limitacións: Barreiras comerciais e bens non comerciables
6.4 Determinación do tipo de cambio real:
6.4.a Modelo con bens non comerciables
6.4.b Modelo de Balassa-Samuelson
Tema 7. Política macroeconómica e tipo de cambio nominal
7.1 Política monetaria e tipo de cambio nominal
7.2 Déficit fiscal e déficit exterior
7.3 Rixideces nominais, política cambiaria e desemprego
7.4 A macroeconomía da débeda externa. Crises cambiarias
Tema 8. Unións monetarias
8.1 Teoría das áreas monetarias óptimas
8. 2 Aplicación: Europa versus Estados Unidos
Escenario 2 (distanciamento):
Dependendo do momento no que este escenario se poña en marcha, o contido reducirase propocionalmente ao tempo restante e buscando que o que se mantén cubra os aspectos esenciais das competencias formativas da materia. Partindo desta base, os contidos candidatos a ser eliminados do programa son os correspondentes aos epígrafes 1.3, 3.2, 3.3, 4.3, 4.4, 4.5, Temas 5 e 8.
Escenario 3 (peche das instalacións):
Os contidos modifícanse do mesmo xeito que no escenario 2.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Krugman, P. Obstfeld, M. y Melitz, M. (2016): Economía Internacional. Teoría y Política. (10ª edición), Pearson Education.
Feenstra, R. C. y A. M. Taylor (2011): Comercio Internacional. Editorial Reverté.
Feenstra, R. C. y A. M. Taylor (2011): Macroeconomía Internacional. Editorial Reverté.
Harms, P. (2016): International Macroeconomics, Mohr Siebeck.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Mankiw N. G. (2020): Macroeconomía, 10ª Edición. Antoni Bosch
Eichengreen, B. (2012): Implications of the Euro's Crisis for International Monetary Reform. Journal of Policy Modelling, 34 (4), pp. 541-548
Eichengreen, B. (2000): La Globalización del Capital. Antoni Bosch
Obstfeld M. and Rogoff, K (2001): Six Major Puzzles in International Macroeconomics: Is there a Major Cause?. NBER Macroeconomics Annual
Rodrik, D. (2012): La Paradoja de la Globalización. Antoni Bosch
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (normalidade adaptada):
Intentarase proporcionar aos estudantes o acceso a través da aula virtual á bibliografía recomendada ou ao mellor substituto dispoñible.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Posuir e comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica, incluíndo ás suas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
• Posuir os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecer e comprender a economía internacional: os intercambios internacionais como elemento condicionante da asignación de recursos e da estabilidade macroeconómica.
• Capacidade para entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
• Capacidade para identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
• Habilidade para aprender de xeito autónomo.
• Redactar proxectos.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise da economía internacional.
• Dominio dos principais modelos da teoría do comercio internacional.
• Capacidade de analizar os efectos das operacións económicas internacionais.
• Capacidade de avaliar os resultados das políticas comerciais e macroeconómicas.
• Capacidade de aplicar modelos teóricos á interpretación de dados económicos.
Escenario 1 (normalidade adpatada):
As aulas de pizarra en grupo grande serán expositivas e consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán dedicadas a representar e explicar de forma simplificada os distintos modelos de comercio e finanzas internacionais que forman parte do programa. Usando as ferramentas matemáticas de álxebra, cálculo e optimización, así como a dedución lóxica, explicarase como manexar os diferentes modelos de cara a unha comprensión das relacións económicas internacionais. As aulas de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito amosarlle ao estudante o método e a forma como traballa un analista económico, neste caso aplicado ao ámbito das relacións comerciais e financeiras internacionais. Estas habilidades terán que ser postas en práctica polos estudantes posteriormente nas aulas interactivas e durante o tempo dedicado a traballar de forma autónoma.
As aulas interactivas están destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas aulas tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos, que permita a interacción de forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, métodos e técnicas de análise introducidas nas aulas expositivas. En estas aulas interactivas tamén se realizará un seguimento do traballo dos estudantes con finalidade de contribuír á avaliación, mediante probas que se realizaran, na medida do posible nas aulas de informática usando a USC Virtual.
O traballo na aula combinará as exposicións teóricas nas aulas expositivas con aulas interactivas para a resolución de exercicios e a análise crítica de tales exercicios ou casos prácticos. O Traballo individual ou en grupo do estudante estará orientado a preparar o traballo da aula interactiva e afirmar e aplicar os seus coñecementos na resolución de exercicios e análise crítica de lecturas recomendadas.
Algunhas lecturas serán en Inglés.
Nas aulas interactivas o estudante terá que defender e debater o resultado dese traballo individual ou en equipo. A organización do traballo en equipo estará suxeita a regras que garantan a participación activa en todas actividades, de todos os membros de cada equipo.
Usaremos a USC Virtual como unha ferramenta de apoio para a docencia. A través da USC Virtual, os estudantes terán acceso a material de traballo e todo tipo de anuncios relevantes para a marcha do curso; realizaranse probas que servirán para a súa avaliación continua; os estudantes tamén poderán usar esta ferramenta como forma de interactuar ente eles e cos profesores.
Tamén usaremos a plataforma corporativa Teams e as súas ferramentas para comunicarnos, responder preguntas de xeito interactivo e todo tipo de actividades que fomenten a interacción dos estudantes co profesor e entre sí. Moitas destas actividades realizadas serán avaliables, o que se irá indicando sobre a marcha.
As titorías serán a través de Teams.
Escenario 2 (distanciamento):
As clases expositivas pasarán a desenvolverse na plataforma corporativa Stream mediante vídeos que o profesor deixará gravados a disposición dos estudantes. As clases interactivas reorganizaranse de acordo tanot coa normativa aplicable no momento que pasemos a estar neste escenario, como cos medios materiais e organizativos que faciliten a Universidade e a Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
Escenario 3 (peche das instalacións):
A lóxica de desenvolvemento será a mesma que no escenario 1 pero agora as clases pasarán a desenvolverse completamente a distancia a través da USC Virtual, Teams e Stream. A aplicación desta adaptación prevista no escenario 3 estará supeditada á normativa aplicable así como aos medios materiais e organizativos que faciliten a Universidade e a Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
A cualificación final será resultado dun proceso de avaliación continua que ponderará un 40% e un exame final escrito que ponderará un 60%.
A avaliación continua realizarase a través de probas escritas ao longo do curso. Estas probas realizaranse a través da USC Virtual nas aulas de ordenadores ou, se isto non fose posible, na aula convencional mediante o uso de do teléfono móvil personal. Só se isto non fose posible, as probas realizaranse en papel.
As probas de avaliación continua combinarán preguntas tipo test con exercicios a desenvolver, análise de datos, ou textos a comentar, que serán entregados aos estudantes con antelación para que os teñan traballados no momento de realizar a proba escrita. Serán probas cortas de un máximo de 30 minutos de duración e levaranse a cabo en horas de clase. A cualificación da avaliación continua será unha nota entre 0 e 10 que resultará de calcular a media de todas as probas realizadas. Tendo isto en conta, a relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación detallada, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
A nota da avaliación continua será ponderada tanto coa cualificación do exame da primeira oportunidade como do exame da segunda oportunidade.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 2 (distanciamento):
A avaliación farase como no escenario 1. Solo no caso de que non fose posible realizar as probas de xeito presencial, realizaranse a distancia de xeito asíncrono a través da USC Virtual e da plataforma corporativa Teams. Isto aplica tamén ao exame final escrito, tanto da primeira como da segunda oportunidade, que poderán dividirse en varias probas.
Escenario 3 (peche das instalacións)
A avaliación farase como nos escenarios 1 e 2, solo que as probas e actividades realizaranse a distancia a través da USC Virtual e da plataforma corporativa Teams. Isto aplica tamén ao exame final escrito, tanto da primeira como da segunda oportunidade, que poderá dividirse en varias probas.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Docencia expositiva: 31 horas.
Docencia interactiva: 17 horas.
Probas de avaliación: 3 horas.
Total horas traballo presencial na aula: 51 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas.
Resolución de exercicios propostos, discusións ou outros traballos: 35 horas.
Preparación de probas: 15 horas.
Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
Para unha comprensión adecuada dos temas, débese asistir á clase con regularidade. Despois de escoitar a presentación dun tema na clase, o alumno debe realizar os exercicios e tarefas asignadas polo profesor de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así porque é necesario tratar as teorías para comprender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión na clase.
No traballo individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante empregar os textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías e non basear o estudo na simple memorización das notas tomadas nas clases.
A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas será de gran axuda para asimilar claramente os conceptos teóricos e poder aplicalos á comprensión de problemas empíricos específicos.
Escenario 2 (distanciamento):
A imposibilidade de asistir a aulas expositivas presenciais implica un maior esforzo por parte dos estudantes en canto a seguimento do material que terá á súa disposición para substituír esas aulas. Por iso se debe facer un uso máis intenso dos medios tecnolóxicos para interactuar co profesor e cos compañeiros. Débese usar o foro da materia na USC virtual facer preguntas e mirar as respostas tanto ás preguntas propias como ás alleas. Debese facer un uso máis intenso, se cabe, das titorías facendo preguntas co servizo de mensaxes da USC virtual ou solicitándolle ao profesor unha titoría en directo a través de Teams, que organizará sesións de titorías, ben sexa personalizadas ou en grupo. Haberá que seguir facendo un uso tamén máis intenso dos materiais de apoio bibliográficos dispoñibeis para este escenario.
Escenario 3 (peche das instalacións):
O que se comenta no escenario 2 segue a ser de aplicación tamén aquí. Simplemente que agora, a interacción deberá facerse tamén a distancia. Pero no que se refire ao estudo da materia, non hai diferencias.
Plan de continxencia:
Ante a ameaza de rebrotes provocados pola COVID-19, a USC ten establecidos tres posibles escenarios para o desenvolvemento do curso: o escenario 1 de normalidade adaptada; o escenario 2 de distanciamento e o escenario 3 de peche das instalacións. Os distintos aspectos da programación, tal como están establecidos na programación, están pensado para o escenario 1. A continuación pasamos a detallar as medidas que adoptaremos, en canto a metodoloxía docente e sistema de avaliación, nos escenarios 2 e 3. Os cambios propostos neste apartado aplicaranse de xeito proporcionado dende o momento en que se active cada un dos posibles escenarios, e deixarán de aplicarse cando se desactive.
1.En caso necesario, a metodoloxía docente adaptarase da seguinte maneira:
1.a. Escenario 2 (distanciamento):
As clases expositivas pasarán a desenvolverse na plataforma corporativa Stream mediante vídeos que o profesor deixará gravados a disposición dos estudantes. As clases interactivas reorganizaranse de acordo tanot coa normativa aplicable no momento que pasemos a estar neste escenario, como cos medios materiais e organizativos que faciliten a Universidade e a Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
1.b. Escenario 3 (peche das instalacións):
A lóxica de desenvolvemento será a mesma que no escenario 1 pero agora as clases pasarán a desenvolverse completamente a distancia a través da USC Virtual, Teams e Stream. A aplicación desta adaptación prevista no escenario 3 estará supeditada á normativa aplicable así como aos medios materiais e organizativos que faciliten a Universidade e a Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
2. En caso necesario, o sistema de avaliación adaptarase da seguinte maneira:
2.a. Escenario 2 (distanciamento):
A avaliación farase como no escenario 1. Solo no caso de que non fose posible realizar as probas de xeito presencial, realizaranse a distancia de xeito asíncrono a través da USC Virtual e da plataforma corporativa Teams. Isto aplica tamén ao exame final escrito, tanto da primeira como da segunda oportunidade, que poderán dividirse en varias probas.
2.b. Escenario 3 (peche das instalacións)
A avaliación farase como nos escenarios 1 e 2, solo que as probas e actividades realizaranse a distancia a través da USC Virtual e da plataforma corporativa Teams. Isto aplica tamén ao exame final escrito, tanto da primeira como da segunda oportunidade, que poderá dividirse en varias probas.
Antonio Rodriguez Sampayo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811554
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:45-13:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 |
17:45-19:45 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
Xoves | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula de Informática 7 |
17:15-18:45 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula de Informática 1 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula de Informática 3 |
11:15-12:45 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
24.05.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.05.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
24.05.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
24.05.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
24.05.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
24.05.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
07.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |